Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Análisis historico e teórico da complejidade do concepto de montaxe e do seu papel como motor creativo e ideolóxico do arte cinematográfico. Coñecementos do desenvolvemento histórico da montaxe desde o Modo de Representación primitivo ata a configuración do montaxe analítico clásico. Adquirir as bases teóricas para a análise da montaxe analítico, narrativo, "transparente" do cine da época clásica. Coñece as particularidades ideolóxicas e estéticas. Comprensión do papel do son.
Análise formal e valoración razoada do traballo de montaxe en calquera película, desde a época primitiva ata os exemplos máis destacados do clasicismo, dende a montaxe intelectual de Eisenstein ata a secuencia de planos neorrealista.
TEMARIO. CONTIDOS TEÓRICOS E PRÁCTICOS
PRIMEIRA PARTE.
TEMA 1. INTRODUCIÓN. O PRINCIPIO DA MONTAXE: TEORÍA E HISTORIOGRAFÍA.
Os significantes da montaxe cinematográfica. Noción, tipos e cambios de plano. Rupturas espaciais e temporais. O cadro e o campo. A angulación. Os movementos de cámara. Definición tradicional e definición ampla da montaxe: montaxe/posta en escena/escritura. Partes do filme de medida superior ao plano. Partes do filme de medida inferior ao plano. Partes do filme que non coinciden coa división de planos. Funcións sintácticas. Funcións semánticas. Funcións rítmicas.
SEGUNDA PARTE.
TEMA 2. O CINE DOS PRIMEIROS TEMPOS E O XURDIMENTO DA MONTAXE CINEMATOGRÁFICA: DA MOSTRACIÓN Á NARRACIÓN (1895-1914).
O "Modo de Representación Primitivo" (Nöel Burch): mostración, policentrismo e exterioridade. As paixóns de Cristo e o boxeo ou a semiosis externa. "Unha gran forma narrativa": as películas de persecución e os inicios da linealización dos significantes. O xurdimento do sintagma alternante. Relevo, tridimensionalidad: construíndo un espazo habitable. Cecil B. De Mille. David W. Griffith na American Biograph e a emerxencia do cine narrativo clásico. Historia da relación de miradas. O "atraso" do movemento de cámara.
Contidos prácticos. Modelos de filmes para analizar:
La salida de los obreros de la Fábrica (1895, Lumière).
Histoire d’un crime (1901, Ferdinand Zecca/Pathé).
Stop Thief! (1900, Williamson).
The Country Doctor (1909, D. W. Griffith).
Cabiria (1914, Giovanni Pastrone).
TEMA 3. A MONTAXE ANALÍTICA E O PERÍODO SILENTE (1915-1927).
Un modelo de montaxe á marxe da modernidade e a "descomposición" da linguaxe?: os paradoxos históricos da montaxe analítica. Descompoñer, recompoñer. Unha "forma" fílmica propia para construír espazo, tempo e acción. O borrado das pegadas da enunciación: a "transparencia" do sistema. Dickens como paradigma. Unha montaxe narrativa: a "secuencia clásica". A sistemática do raccord. David W. Griffith. A montaxe en torno ao home: Charles Chaplin. A resistencia naturalista ou a "imaxe pulsión": a hipertrofia escópica en Erich Von Stroheim: Avaricia (1925).
Contidos prácticos. Modelos de filmes para analizar:
La marca del fuego (1914, Cecil B. deMille).
El nacimiento de una nación (1914, David W. Griffith).
Intolerancia (1916, David W. Griffith).
El circo (1925, Charles Chaplin).
Avaricia (1924, E. Von Stroheim).
TEMA 4. MONTAXE CINEMATOGRÁFICA E VANGARDA. Que é a vangarda? Vangarda e cinema. O impresionismo francés: Jean Epstein, Germaine Dulac. Abel Gance. Buñuel/Dalí e o surrealismo cinematográfico. O cinema e a República de Weimar: “Expresionismo” alemán ou unha montaxe “hermético-metafórico”?. O cinema soviético: Sergei M. Eisenstein e a escola de montaxe. Experimentacións sonoras: M, el vampiro de Düsseldorf (Fritz Lang, 1931).
Contidos prácticos. Modelos de filmes para analizar:
El gabinete del Doctor Caligari (1919, Robert Wiene).
El último (1924, F.W. Murnau)
Scherben (1921, Lupu Pick)
La Souriante Madame Beudet (1923, Germaine Dulac)
Variété (1925, E. A. Dupont)
Octubre (Sergei M. Eisenstein, 1927)
El hombre de la cámara (1929, Dziga Vertov)
Un perro andaluz (1928, Luis Buñuel).
TEMA 5. TRANSFORMACIÓNS DA MONTAXE CLÁSICA COA CHEGADA DO SONORO: AS COMBINACIÓNS AUDIOVISUAIS. A crise da primeira montaxe sonora e os achados de Alfred Hitchcock. Blackmail (1929): análise comparada da montaxe da versión muda e da sonora. Un universo diegético pleno. Montaxe e estilo: análise de exemplos. O Chaplin sonoro. A mirada como problema e a crise da montaxe clásica: Vertigo (1958) e o manierismo hitchcockiano. John M. Stahl, Douglas Sirk e as dúas versións de Imitación a la vida, 1934 e 1958). O primeiro telefilm en EE. UU. Psicosis, 60) e o fin dun modelo.
Contidos prácticos. Modelos de filmes para analizar:
Blackmail (1929, Alfred Hitchcock)
Ángel (1937, Ernst Lubitsch)
La diligencia (1939, John Ford)
La loba (1941, William Wyler)
Luna nueva (1940, Howard Hawks).
Ciudadano Kane (1940, Orson Welles)
Imitación a la vida (versiones de1934 y 1958, John M. Stahl y Douglas Sirk)
Vertigo (1958, Alfred Hitchcock)
Psicosis (1960, Alfred Hitchcock)
El hombre del oeste (1958, Anthony Mann)
Breakdown (1955, Alfred Hitchcock, telefilm para CBS).
TEMA 6. POSGUERRA E MODERNIDADE EN EUROPA. Jean Renoir e as orixes da plástica neorrealista. Roberto Rossellini. Paisá (1946). A achega teórica de André Bazin. Profundidade de campo e plano secuencia. A escritura neorrealista e o cinema moderno. Reflexividad e metacine: Vida en sombras (Lorenzo Llobet-Gràcia, 1948).
Contidos prácticos. Modelos de filmes para analizar:
El crimen del Sr. Lange (J. Renoir)
La regla del juego (1939, J. Renoir).
Ossesione (1942, L. Visconti).
Paisá (1945, R. Rossellini).
Ladrón de bicicletas (1948, V. de Sica).
Vida en sombras (1948, L. Llobet-Gràcia)
TEMA 7. NOVAS FORMAS, NOVAS MONTAXES. Robert Bresson e as “Notas sobre o cinematógrafo”. Antonioni e a “imaxe-tempo” deleuziana: A aventura (1960). Antecedentes teóricos. O impacto da idea de autoría. Jean Luc Godard, a cultura dos anos 60 e a modernidade cinematográfica. Montaxe e ausencia: En el balcón vacío (1962, Jomí García Ascot). A paleta significante de Basilio Martín Patino: Nueve cartas a Berta (1966). François Truffaut e a pantasma materna. A radical excentricidade da modernidade ibérica ou unha “imaxe-tempo” castiza e descoyuntada: Fernando Fernán-Gómez.
Contidos prácticos. Modelos de films para analizar:
Un condenado a muerte se ha escapado (1956, Robert Bresson)
Al final de la escapada (1959, J. L. Godard).
La aventura (1960, M. Antonioni).
El año pasado en Marienbad (1961, A. Resnais).
En el balcón vacío (1962, Jomí García Ascot)
El mundo sigue (1963, Fernando Fernán-Gómez)
Dos o tres cosas que se de ella (1966, J. L. Godard).
Nueve cartas a Berta (1966, Basilio Martín Patino).
TEMA 8. ESCRITURA/POSTA EN ESCENA/MONTAXE NALGÚNS MESTRES DO CINEMA ASIÁTICO. Yasujiro Ozu. Kenji Mizoguchi. Akira Kurosawa. Satyajit Ray.
Contidos prácticos. Modelos de films para analizar:
Cuentos de la luna pálida de agosto (1953, Kenji Mizoguchi).
El mundo de Apu (1959, Satyajit Ray).
Vivir (1952, Akira Kurosawa).
Primavera tardía (1949, Yasujiro Ozu).
TEMA 9. OUTRAS MONTAXES POSCLÁSICAS. Federico Fellini, R. W. Fassbinder. Ingmar Bergman. Theo Angelopoulos, Orson Welles, Chris Marker, Victor Erice. Andrei Tarkovsky. Martin Scorsese.
Contidos prácticos. Modelos de filmes para analizar:
Los comulgantes (1962, I. Bergman)
Roma 1962, F. Fellini)
Las amargas lágrimas de Petra Von Kant (1972, R. W. Fassbinder).
El espíritu de la colmena (1973, Víctor Erice).
Fraude (1973, Orson Welles).
Stalker (1974, Andrei Tarkovsky)
Sans soleil (1982, Chris Marker)
Casino (1995, Martin Scorsese)
La mirada de Ulises (1995, Theo Angelopoulos).
TEMA 10. MONTAXES PARA UN NOVO SÉCULO. Elexía polo cinema do século XX: Histoire(s) du cinèma (Jean Luc Godard). Capas de tempo superpuestas ou a montaxe de Edward Yang (Yi-Yi, 2000). David Cronenberg e a forma fílmica da psicose (Spider, 2002). Pedro Almodóvar e o reflexivo collage posmoderno (Hable con ella, 2002). O renacer do relato ou de volta á melodrama: En la ciudad de Sylvia (José Luís Guerín, 2007).
Contidos prácticos. Modelos de filmes para analizar:
Histoire(s) du cinèma (Años 80 y 90, Jean Luc Godard)
Yi-Yi (2000, Edward Yang)
Spider (2002, David Cronenberg )
Hable con ella (2002, Pedro Almodóvar)
En la ciudad de Sylvia (2007, José Luis Guerín).
BÁSICA
Amiel, Vincent. (2005). Estética del montaje. Madrid: Adaba.
Aumont Jacques (2020). Buenos Aires: La marca.
Pinel, Vincent. (2004). El montaje. El espacio y el tiempo del film. Barcelona: Paidós, Los Pequeños cuadernos de Cahiers du Cinéma.
*Gardies, René (eds.). (2014). Comprender el cine y las imágenes. Buenos Aires: La Marca.
Villain, Dominique (1994). El montaje. Madrid: Cátedra.
*Lectura obligatoria.
COMPLEMENTARIA
Aumont, Jacques, Marie, Michel e Vernet, Marc. (1985) Estética del cine. Barcelona: Paidós.
Aumont, Jacques e Marie, Michel. (1990). Análisis del film. Barcelona: Paidós.
Bazin, André. (1996). ¿Qué es el cine? Madrid: Rialp.
BettetiniI, Gianfranco. (1977). Producción significante y puesta en escena. Barcelona: Gustavo Gili.
Bordwell, David e Thompson, Kristin (1995). El arte cinematográfico. Barcelona: Paidós.
Bordwell, David, Thompson, Kristin e Staiger, Janet. (1997) El cine clásico de Hollywood. Estilo y modo de producción hasta 1960. Barcelona: Paidós.
Burch, Noël (1970). Praxis del cine. Madrid: Fundamentos.
Burch, Nöel. (1982). Pour un observateur lontain. Forme et signification dans le cinéma japonais. París: Cahiers du cinéma-Gallimard.
Burch, Nöel (1986). El tragaluz del infinito. Madrid: Cátedra.
Casetti, Francesco. (1989). El film y su espectador. Madrid: Cátedra.
Casetti, Francesco. (1995). Teorías del cine. Madrid: Cátedra.
Castro de Paz, José Luis. (1999). El surgimiento del telefilm. Barcelona: Paidós.
Castro de Paz, José Luis. (1999) Vértigo/De entre los muertos. Barcelona: Paidós.
Costa, Antonio. (1990). Saber ver el cine. Barcelona: Paidós.
Deleuze, Gilles. (1984). La imagen-movimiento. Estudios sobre cine 1. Barcelona: Paidós.
Deleuze, Gilles. (1987). La imagen tiempo. Estudios sobre cine 2. Barcelona: Paidós.
Jost, François. (2002). El ojo-cámara. Entre el film y la novela. Buenos Aires: Catálogos.
Jost, François & Gaudreault, André. (1995). El relato cinematográfico. Barcelona: Paidós.
Mitry, Jean. (1978). Estética y psicología del cine. México: Siglo XXI.
Reisz, Karel & Millar, Gavin,. (2003). Técnica del montaje cinematográfico. Barcelona: Plot.
Trufffaut, François. (1974). El cine según Hitchcock. Madrid: Alianza.
Zunzunegui, Santos (1989). Pensar la imagen. Madrid: Cátedra.
Zunzunegui, Santos. (1994). Paisajes de la forma: ejercicios de análisis de la imagen. Madrid: Cátedra.
Zunzunegui, Santos. (1996) La mirada cercana. Microanálisis fílmico. Barcelona: Paidós: 1996.
COMPETENCIAS.
BÁSICAS E XERÁIS
CG1 - Aprender e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das diferentes liñas de comunicación, con
perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razonados.
CG3 - Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e abstracción, tanto na
definición e plantación de problemas como na búsqueda das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
CG4 - Fortalecer as capacidades comunicativas, tanto a nivel escrito como oral, orientado a públicos especializados e non
especializada.
CB2 - Que os estudantes sepan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúen as
competencias que suelen demostrarse polo medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro de
a zona de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio)
for emitting juicios que incluyan unha reflexión sobre relevant topics of social indole, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializada
CB5 - Que os han desarrollado aquellas habilidades de estudiantes necesarias para emprender estudios posteriores
cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade para xestionar a información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciación e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
ESPECÍFICAS
CE04 - Capacitar para o desenvolvemento profesional das actividades de produtor, director, director e editor de produtos
audiovisuais
CE05 - Capacitar profesionalmente para o desenvolvemento da sonorización na produción audiovisual
CE06 - Coñecer os fundamentos da animación audiovisual
Metodoloxía da ensinanza
METODOLOXÍA DO ENSINO
Dúas sesións semanais de contido teórico con complementos prácticos puntuais. Unha sesión semanal destinada ao visionado dalgún dos filmes incluídos entre os modelos para analizar, posible recapitulación analítica sobre o visionado. Realización de exercicios analíticos periódicos de cada película visionada por parte dos alumnos co obxectivo de incorporar unha reflexión activa sobre a materia. Facilitarase ao alumno bibliografía sobre aspectos específicos non incluída nos listados previos. Existirá unha lectura obrigatoria de entre a bibliografía básica recomendada.
A asistencia ás clases expositivas e interactivas será obrigatoria.
Están previstas actividades en remoto, a través del campus virtual.
A cualificación dependerá dunha proba teórica e analítica da materia, oral ou escrita, a partir das explicacións facilitadas en clase e as achegas bibliográficas seleccionadas polo profesor, e baseado na análise dun filme ou fragmento deste. A puntuación deste apartado significará o 50% da nota final. O 50% restante dependerá da avaliación dos exercicios analíticos obrigatorios desenvolvidos ao largo do período lectivo, así como da asistencia e participación nas sesións de laboratorio. Como norma básica para obtener unha calificación de aprobado, deberase conseguir unha nota mínima de 5 puntos no exame teórico. Só neste caso terase en conta a nota obtida nos traballos analíticos de carácter obrigatorio.
Para poder presentarse á proba será necesario realizar todos e cada un dos exercicios de análise, segundo os criterios expostos en clase.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia. que consitirá na realización dos traballos e a lectura obrigatoria dalgún libro máis da bibliografía.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 20
Traballos con textos: análise, síntese e discusión: 4
Prácticas: 20
Exame final: 3
Titorías de traballo de curso: 1.5
Actividades de avaliación: 1.5
Exame final: 2
Estudo autónomo individual ou en grupo: 40
Lecturas recomendadas: 12
Planificación do seminario. Procura, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.): 50
O alumno deberá levar a cabo un seguimento regular e un estudo cotián da materia a medida que esta vai sendo abordada na aula, sesión a sesión. Recoméndase tamén desenvolver con asiduidade os exercicios de análises dos filmes visionados, así como emprender pausada e regularmente as lecturas obrigatorias e recomendadas.
Jose Luis Castro De Paz
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816546
- Correo electrónico
- joseluis.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 5 |
17:00-18:00 | Expositivo 1 | Castelán | Aula 5 |
22.01.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
22.01.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
25.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 8 |