Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 95 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 15 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Apreciar as contribucións da análise económica á comprensión do fenómeno delituoso, e poñelas en perspectiva dentro do máis amplo panorama dos estudos criminolóxicos.
• Familiarizarse cos modelos económicos do comportamento criminal, así como ser capaz de manexalos con propósitos analíticos ou de predición.
• Aplicar tanto o instrumental teórico como os métodos empíricos da economía ao estudo de diversas cuestións relacionadas co delito e coas penas.
• Avaliar economicamente o sistema de xustiza penal e formular propostas de reforma tendentes a aproximalo a un funcionamento óptimo.
A análise económica e a súa aplicación ao Dereito. a) Introdución á análise económica. Metodoloxía. Bases e problemática da "elección racional". Introdución á teoría de xogos. b) A Análise Económica do Dereito (AED). Interrelacións entre Economía e Dereito. Concepto e obxectivos do AED. Evolución histórica e situación actual.
Introdución á análise económica da actividade delituosa. a) A contribución da ciencia económica no ámbito dos estudos criminolóxicos. b) A decisión de delinquir como resultado dun análise custo-beneficio subxectivo. c) As normas penais como xeradoras de incentivos.
Modelos económicos do comportamento criminal. a) O modelo de Becker e outras achegas pioneiras. b) Desviacións do comportamento racional. c) Dinamización dos modelos. d) Aproximacións heterodoxas. e) O "xiro empírico" e a evidencia acumulada sobre os determinantes da actividade delituosa. f) A Economía Comportamental do Delito.
O sistema de Xustiza penal. a) Os custos da actividade delituosa e da aplicación da lei. b) A optimalidade económica do sistema de xustiza penal. c) Funcións, tipos e magnitude das penas. d) Efectos colaterais das penas. e) Introdución á Economía da Xustiza Penal.
Tópicos especiais. a) Homicidio e aborto. b) Terrorismo, crime organizado e corrupción. c) Narcotráfico. d) Delitos de pescozo branco. e) Xogos de azar, prostitución e os chamados "crimes sen vítimas". f) Raza, perfil racial e sistema de xustiza penal. g) Outros tópicos.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
BERMEJO, M. G., Prevención y castigo del blanqueo de capitales. Un análisis jurídico-económico, Marcial Pons, Madrid, 2015.
COOTER, R. e ULEN, T., Derecho y economía, Fondo de Cultura Económica, México, 2016.
MONTERO SOLER, A. e TORRES LÓPEZ, J., La Economía del delito y de las penas: un análisis crítico, Comares, Granada, 1998.
ORTIZ DE URBINA GIMENO, I., Análisis económico y delito: lo que hay y lo que puede haber, Revista de Economía Industrial, Número 398, 2015, páxs. 55-64.
PASTOR PRIETO, S., Sistema jurídico y economía: una introducción al análisis económico del derecho, Tecnos, Madrid, 1989.
POSNER, R. A., El análisis económico del derecho, Fondo de Cultura Económica, México, 2008.
ROEMER, A., Economía del crimen, Limusa, México, 2001.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
BANDRÉS, E. e DÍEZ-TICIO, A., "Delincuencia y acción policial. Un enfoque económico", Revista de Economía Aplicada, Número 27 (vol. IX), 2001, páxs. 5-33.
MARTÍN SEGURA, J. A. e NAVARRO ESPIGARES, J. L., "Metodología econométrica para el análisis económico del delito. Los modelos de datos de panel", Revista Española de Investigación Criminológica, Número 5, Artículo 3, 2007.
MONTANI, E., "Crímenes económicos, derecho penal y economía: prueba de diálogo", Temas de derecho penal económico: empresa y compliance, Anuario de Derecho Penal 2013-2014, páxs. 31-56.
MUÑOZ DE BUSTILLO, R.; MARTÍN MAYORAL, F. e DE PEDRAZA, P., "Desigualdad y delincuencia. Una aplicación para España", Papeles de Trabajo del Instituto de Estudios Fiscales, Número 22, 2007.
PASTOR PRIETO, S., "Heroína y política criminal. Un enfoque alternativo", en La problemática de la droga en España (Análisis y propuestas político-criminales), Edersa, Madrid, 1986, páxs. 225-256.
PASTOR PRIETO, S., ¡Ah de la Justicia! Política Judicial y Economía, Centro de Publicaciones del Ministerio de Justicia, Civitas, Madrid, 1993.
PASTOR PRIETO, S., Análisis económico de la justicia y reforma judicial, Tirant lo Blanch, Valencia, 2016.
PUY FRAGA, P. (ed.), Análisis económico del derecho y la política, Fundación Alfredo Brañas, Santiago de Compostela, 1993.
QUEROL ARAGÓN, N., Análisis Económico del Derecho, Dykinson, Madrid, 2014.
RUGGIERO, V., Los crímenes de la economía: Un análisis criminológico del pensamiento económico, Marcial Pons, Madrid, 2018.
No caso de pasarse a algún dos escenarios con restricións da docencia presencial, o profesor subministrará por medios virtuais os recursos necesarios para o estudo da materia. Isto entenderase sen prexuízo das procuras de materiais e información que poidan corresponder aos alumnos, na realización das tarefas que o profesor lles poña.
Segundo a memoria do Grao, esta materia contribúe ao desenvolvemento por parte do alumno das seguintes competencias:
BÁSICAS E XERAIS
• CG1 - CG Interpersoal: capacidade para colaborar cos demais e relacionarse, tanto con profesionais das diversas facetas da actividade criminolóxica, como dentro de equipos interdisciplinares e multiculturais.
• CG2 - CG Instrumental: capacidade para reflexionar de maneira crítica e construtiva e para argumentar e expresarse organizada e razoadamente.
• CG3 - CG Instrumental: capacidade para identificar e explicar problemas sociais complexos no ámbito da Criminoloxía e para aplicar as estratexias adecuadas para resolvelos, traballando cunha perspectiva sistémica que faga posible a súa consideración analítica e sintética.
• CG4 - CG Instrumental: Adquisición dunha conciencia crítica na análise do ordenamento xurídico, situándose nunha perspectiva plenamente respectuosa cos principios do respecto e a promoción dos dereitos humanos, de igualdade e da accesibilidade universal.
• CG5 - CG Instrumental: capacidade para utilizar os coñecementos que conforman a Criminoloxía como disciplina científica e para identificar e desenvolver un conxunto de estratexias de investigación de metodoloxía cuantitativa e cualitativa, tanto nos ámbitos básicos, como nos aplicados.
• CG6 - CG Instrumental: capacidade para reunir, interpretar e sintetizar datos e informacións (en particular a través da rede informática), dentro da súa área de estudo.
• CG7 - CG Instrumental: capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado, utilizando unha linguaxe (xurídica, médica, psicolóxica, sociolóxica e técnica) correcta.
ESPECÍFICAS
• CE3 - Comprensión básica da organización, estrutura e funcionamento do sistema de execución penal e das medidas alternativas, así como dos métodos e estratexias necesarios para a consecución da reinserción social dos penados e a redución dos efectos perniciosos da prisión.
• CE15 - Coñecemento das novas formas de criminalidade, en especial do crime organizado, profundando nas novas técnicas de investigación criminal e nos seus límites.
• CE17 - Propiciar unha reflexión político-criminal sobre os factores e as causas responsables da aparición dos fenómenos criminais e formular, deseñar e xestionar proxectos e estratexias innovadoras sobre modelos de intervención social e de prevención estrutural e individual.
• CE20 - Tomar conciencia da importancia do Dereito como sistema regulador das relacións sociais.
35 horas de docencia expositiva, 15 de docencia interactiva e 5 de titorías.
Nas horas de docencia expositiva a explicación do profesor poderá apoiarse con presentacións en power-point ou o emprego doutros medios audiovisuais. Nos termos que o profesor estableza, os alumnos terán ocasión de expor as súas dúbidas e puntos de vista, e poderán así mesmo ser interpelados para comprobar o seu grao de seguimento e comprensión do explicado. Cando cumpra, achegaránselles ligazóns da internet ou material de lectura complementario para que poidan profundar na materia e lles sexa máis doada a súa comprensión.
En canto ás horas de docencia interactiva, dedicaranse á realización de exercicios numéricos de aplicación da teoría económica do delito e das penas, manexo de gráficas, emprego de bases de datos, estudo de casos con cifras reais, debates ou calquera outras actividades susceptibles de contribuír aos obxectivos da materia. Será o responsable da docencia quen indique aos seus estudantes cal ha de ser o seu papel no desenvolvemento da devandita docencia interactiva, como van corrixirse as actividades que o requiran, e cal vai ser a súa incidencia na nota final do alumno.
Idioma da docencia: castelán ou galego segundo a preferencia do docente.
Titorías:
Despacho do profesor. Facultade de Dereito. Area de Economía Política e Facenda Pública (2º andar)
Horario predeterminado: As titorías terán lugar previa cita, en horario fixado para cada caso, solicitando as titorías quen estea interesado nas aulas ou por correo electrónico. Aténdense tamén titorías a través de correo electrónico.
Datos de contacto dos profesores:
José Caamaño Alegre. Area de Economía Política e Facenda Pública. Tel. 881814764. E-mail: jose.caamano [at] usc.es (jose[dot]caamano[at]usc[dot]es)
Rosa María Regueiro Ferreira. Area de Economía Política e Facenda Pública. Tel. 881811574. E-mail: rosamaria.regueiro [at] usc.es (rosamaria[dot]regueiro[at]usc[dot]es)
Ao longo do curso manterase aberta unha aula virtual desta materia, na que estará á disposición dos alumnos o material que o profesor estime oportuno subministrarlles por esta canle, e na que se fixarán os traballos a realizar polos alumnos. Xa que logo, o seguimento a través da aula virtual resulta imprescindible para a materia.
Aqueles estudantes matriculados nesta materia poderán acceder mediante a conta de correo da RAI que teñen constituída, introducindo a conta de correo completa e o contrasinal no Campus Virtual da USC (http://www.usc.es/campusvirtual/).
En caso de dúbidas sobre o seu funcionamento, poderase adquirir información nas páxinas virtuais do CETA: http://www.usc.es/ceta.
A organización das titorías para o estudantado comunicarase por cada profesor.
No caso de que dende os órganos competentes da USC se adopten medidas que afecten ao desenvolvemento da docencia nesta materia, en función do disposto nas Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, e fagan necesaria unha adaptación na docencia, adaptarase a docencia aos novos escenarios.
No caso de impoñerse o escenario 2 (distanciamento), a docencia expositiva será realizada de forma virtual asíncrona, mantendo o carácter presencial da docencia interactiva, cos posibles cambios nos horarios dispostos polo decanato en función das dispoñibilidades do espazo. Neste caso priorizarase a docencia dos aspectos máis acaídos, en función das necesidades en cada caso, fomentando o emprego de espazos virtuais cando sexa posible.
En caso de impoñerse o escenario 3 (peche das instalacións) toda a docencia será impartida de forma virtual, adaptándose ás necesidades inherentes a esa situación.
A avaliación basearase, nun 80%, nos exames que efectúen os alumnos; exames que poderán incluír preguntas abertas, preguntas teóricas breves, cuestións tipo test, exercicios numéricos ou calquera outras modalidades que o profesor considere oportunas para avaliar a aprendizaxe teórica e práctica do estudante. O restante 20% da cualificación determinarase en virtude de: a) técnicas de avaliación baseadas na asistencia e participación activa do alumno en clase, seminarios, debates e titorías; e b) probas escritas baseadas na presentación de traballos ou memorias individuais ou en grupo. A repartición da porcentaxe entre ámbalas dúas categorías decidirase polo profesor responsable, sen que a ningunha delas póidaselle outorgar un peso inferior ao 5%.
Con independencia do anterior, a efectos de aplicación do previsto no artigo 5.2 da normativa da USC sobre permanencia nas titulacións de grao e máster, entenderase que o estudante non realizou ningunha actividade académica avaliable cando non se presente ao exame final da materia, e nese caso constará como "non presentado".
Os alumnos que teñan "exención de docencia" será avaliados 100% no exame final.
De se pasar a algún dos escenarios con restricións da docencia presencial, o profesor comunicará oportunamente aos estudantes do seu grupo as modificacións ou adaptacións que haxan de facerse no sistema de avaliación en función do escenario ao que se teña pasado.
Á parte das xa indicadas horas de docencia expositiva e interactiva e titorías, a memoria do Grao contempla 85 horas de actividades individuais e/ou en grupo de estudo e traballo (guiadas e non guiadas), así como 10 horas de asistencia a conferencias.
Ao se tratar dunha materia encadrada no primeiro curso do Grao, é de vital importancia que o alumno evite o "descoido inicial", buscando na asistencia a clase e na comunicación co profesor, as orientacións e o apoio que precise. Os alumnos deberán deixar ao carón a súa posible aversión ao razoamento numérico e concienciarse de que o nivel de matemáticas necesario para superar esta materia resulta perfectamente alcanzable.
En xeral, o carácter profundamente lóxico e sistemático da economía reduce o esforzo memorístico na aprendizaxe, pero precisa dun maior esforzo de comprensión, polo que esta materia non é, desde logo, a mellor candidata para "deixala para última hora". A asistencia regular a clase, o traballo sostido no día a día e a realización dos exercicios a medida que se van estudando os respectivos temas teóricos, constitúen pezas crave na preparación da materia. Outro tanto cabe dicir da consulta de dúbidas e dificultades ao profesor, ben nas propias clases, ben nas súas titorías.
Bibliografía básica e complementaria
No caso de pasarse a algún dos escenarios con restricións da docencia presencial, o profesor subministrará por medios virtuais os recursos necesarios para o estudo da materia. Isto entenderase sen prexuízo das procuras de materiais e información que poidan corresponder aos alumnos, na realización das tarefas que o profesor lles poña.
Metodoloxía da ensinanza
Ao longo do curso manterase aberta unha aula virtual desta materia, na que estará á disposición dos alumnos o material que o profesor estime oportuno subministrarlles por esta canle, e na que se fixarán os traballos a realizar polos alumnos. Xa que logo, o seguimento a través da aula virtual resulta imprescindible para a materia.
Aqueles estudantes matriculados nesta materia poderán acceder mediante a conta de correo da RAI que teñen constituída, introducindo a conta de correo completa e o contrasinal no Campus Virtual da USC (http://www.usc.es/campusvirtual/).
En caso de dúbidas sobre o seu funcionamento, poderase adquirir información nas páxinas virtuais do CETA: http://www.usc.es/ceta.
A organización das titorías para o estudantado comunicarase por cada profesor.
No caso de que dende os órganos competentes da USC se adopten medidas que afecten ao desenvolvemento da docencia nesta materia, en función do disposto nas Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, e fagan necesaria unha adaptación na docencia, adaptarase a docencia aos novos escenarios.
No caso de impoñerse o escenario 2 (distanciamento), a docencia expositiva será realizada de forma virtual asíncrona, mantendo o carácter presencial da docencia interactiva, cos posibles cambios nos horarios dispostos polo decanato en función das dispoñibilidades do espazo. Neste caso priorizarase a docencia dos aspectos máis acaídos, en función das necesidades en cada caso, fomentando o emprego de espazos virtuais cando sexa posible.
En caso de impoñerse o escenario 3 (peche das instalacións) toda a docencia será impartida de forma virtual, adaptándose ás necesidades inherentes a esa situación.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
De se pasar a algún dos escenarios con restricións da docencia presencial, o profesor comunicará oportunamente aos estudantes do seu grupo as modificacións ou adaptacións que haxan de facerse no sistema de avaliación en función do escenario ao que se teña pasado.
Jose Caamaño Alegre
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881814764
- Correo electrónico
- jose.caamano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Rosa Maria Regueiro Ferreira
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811574
- Correo electrónico
- rosamaria.regueiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
13:00-14:30 | Grupo clases expositivas | Galego, Castelán | Aula 17 |
Martes | |||
13:00-14:30 | Grupo clases expositivas | Galego, Castelán | Aula 17 |
Mércores | |||
13:00-14:30 | Grupo clases expositivas | Castelán, Galego | Aula 17 |
23.05.2022 09:00-11:00 | Grupo clases expositivas | Aula 4 |
06.07.2022 09:00-11:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |