Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Administrativo
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
En primeiro lugar, en relación cos obxectivos relacionados co coñecemento, prioritariamente perséguese que o alumno, empregando a terminoloxía e o vocabulario técnico pertinente sexa capaz de manexar os conceptos teóricos máis importantes en relación coas formas e os medios da actividade administrativa.
En segundo lugar, dentro dos obxectivos que se refiren ao desenvolvemento de competencias, perséguese que o alumno:
- Manexe correctamente as ferramentas de busca de información xurídica, tradicionais (repertorios lexislativos e xurisprudenciais, fontes doutrinais, etc.) e modernas (bases de datos e buscadores especializados).
- Sexa capaz de seleccionar e sistematizar a información obtida.
- Estea en condicións de planificar e conducir o propio aprendizaxe e a actualización de coñecementos, no seo dunha materia cuxos contidos e fontes cambian a grande velocidade.
- Resolva supostos prácticos de dificultade media.
- Emita informes técnicos.
Parte I. As formas de actividade administrativa
I.- As formas da actividade administrativa. Evolución histórica e criterios clasificatorios.
II.- A actividade administrativa de limitación.
III.- A actividade de fomento.
IV.- A actividade de servizo público.
V.- A actividade administrativa sancionadora.
Parte II. Os bens públicos
VI.- O réxime común dos bens públicos.
VII.- O dominio público. Caracterización xeral.
VIII.- A utilización do dominio público.
IX.- O dominio público. Tratamento particular.
X.- Os bens patrimoniales.
XI.- Os bens comunais.
XII.- Outros bens de especial interese.
Parte III. O sistema español de emprego público
XIII.- O emprego público en xeral.
XIV.- Xestión, organización e planificación do emprego público.
XV.- A carreira funcionarial.
XVI.- Os dereitos dos funcionarios.
XVII.- Deberes, incompatibilidades e réxime de responsabilidade dos empregados públicos.
GRUPO A (PROFESORA DIANA SANTIAGO IGLESIAS)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA INDISPENSABLE:
- Sánchez Morón, M., Derecho Administrativo. Parte General, Tecnos, Madrid, última edición.
TÓDOLOS GRUPOS:
- Sánchez Morón, M., Derecho Administrativo. Parte General, Tecnos, Madrid, última edición.
- Esteve Pardo, J., Lecciones de Derecho Administrativo, Marcial Pons, Madrid, última edición.
- Santamaría Pastor, J. A., Principios de Derecho Administrativo, Iustel, Madrid, última edición.
- Parada Vázquez, R., Derecho Administrativo, Marcial Pons, Madrid, última edición.
- García de Enterría, E. y Fernández Rodríguez, T. R., Curso de Derecho Administrativo, Civitas, Madrid, última edición.
- Sánchez Morón, M., Derecho de la Función Pública, Tecnos, Madrid, última edición.
- Sánchez Morón, M., Los bienes públicos. Régimen jurídico, Tecnos, Madrid, última edición.
- Martín Rebollo, L., Legislación Administrativa Aranzadi, Madrid, última edición.
- Base de datos de lexislación e xurisprudencia Westlaw-Aranzadi.
Competencias xerais:
- CG1, Capacidade de comprensión, análise e síntese.
- CG2, Capacidade de organización e planificación.
- CG5, Capacidade de obtención e xestión da información.
- CG6, Capacidade de resolución de problemas.
- CG7, Capacidade de decisión.
- CG8, Razoamento crítico.
- CG9, Compromiso ético e deontolóxico.
- CG10, Traballo en equipo, incluidos os equipos de carácter interdisciplinar.
- CG12, Capacidade de relación interpersonal nun contexto profesional.
- CG13, Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade.
- CG14, Aprendizaxe autónomo.
- CG15, Adaptación a novas situacións.
- CG16, Creatividade.
- CG17, Liderazgo.
- CG19, Iniciativa e espíritu emprendedor.
- CG20, Motivación pola calidade e a excelencia profesional.
- CG21, Sensibilidade cara temas da realidade social, económica e ambiental.
- CG22, Espíritu de superación.
Competencias específicas:
- CE1, Utilizar os principios de liberdade, igualdade, xustiza, e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do Ordenamento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais.
- CE2, Percibir o carácter unitario do Ordenamento xurídico e conseguir a necesaria visión sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos.
- CE3, Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade.
- CE4, Comprender axeitadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, personais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito.
- CE5, Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica.
- CE6, Comprender as distintas formas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual.
- CE7, Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas.
- CE8, Adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Ordenamento.
- CE9, Comprender y coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na súa xénese e bases conceptuais.
- CE11, Adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluida e técnica, utilizando términos xurídicos precisos, claros e comprensibles.
- CE12, Adquirir a capacidade de analizar e resolver os problemas que suscite a práctica e a
aplicación do Dereito.
Na impartición da materia empregaranse os siguientes métodos docentes:
- lección maxistral programada con implicación dos alumnos.
- as clases prácticas.
GRUPO A (PROFESORA DIANA SANTIAGO IGLESIAS)
A avaliación dos alumnos levarase a cabo a través dos seguintes instrumentos:
- A realización dun exame teórico-práctico suporá, como mínimo, un 80% da cualificación final.
- A resolución de casos prácticos, exposicións orais ou outras actividades programadas pola profesora, que poderá supoñer ata un 20% da cualificación final, sempre que se superase o exame.
GRUPOS B E C (PROFESOR FERNANDO DE ABEL VILELA)
A avaliación do estudantado levarase a cabo mediante un exame final escrito sobre os contidos do programa da asignatura. Tal exame representará o 90% da cualificación. A participación activa nas aulas interactivas valorarase cun 10% da cualificación final.
--------------------------------------------------
TODOS OS GRUPOS
Para os efectos do previsto no artigo 5.2 da Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia só se considera actividade académica avaliable o exame final, polo que ós alumnos que non concorran a ningunha das dúas oportunidades oficiais do mesmo se lles fará constar na acta a mención de "Non presentado".
Os alumnos que teñan concedida exención de docencia poderán suplir a falta de asistencia e participación nas clases interactivas coa elaboración e presentación dunha memoria de prácticas de acordo coas instruccións que lles imparta o profesor nas correspondentes titorías.
Total de horas de traballo presencial na aula: 60 hrs.
Total de horas de traballo persoal do alumno: 90 hrs.
Ter cursado as materias de Dereito Administrativo I.
Metodoloxía da ensinanza e sistema de avaliación da aprendizaxe no suposto de que se activen os escenarios 2 e 3 das Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura para o curso 2020-2021 (https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/web/descargas/20_…):
GRUPO A (PROFESORA DIANA SANTIAGO IGLESIAS)
- As aulas expositivas que non se poidan impartir presencialmente realizaranse de xeito telemático, empregando a plataforma Teams ou similiar e utilizando como material de apoio o manual indicado na bibliografía baixo o título "bibliografía básica indispensable": Sánchez Morón, M., Derecho Administrativo. Parte General, Tecnos, Madrid, última edición.
- En canto ás aulas interactivas, comunicaranse os traballos a realizar a través do campus virtual ou dos medios que se habiliten ao efecto.
-En caso de non poder realizar a proba teórico-práctica de avaliación presencialmente, a mesma será substituida por unha proba telemática a través do Campus Virtual, da plataforma Teams ou doutro medio habilitado ao efecto.
ACONSÉLLASE DISPOR DENDE O INICIO DO CUADRIMESTRE DA BIBLIOGRAFÍA BÁSICA INDISPENSABLE.
GRUPOS B E C (PROFESOR FERNANDO DE ABEL VILELA)
-Facilitaranse aos alumnos por escrito e a través do campus virtual os contidos das aulas expositivas que non se poidan impartir presencialmente. En canto ás aulas interactivas, igualmente se comunicarán os traballos a facer a través do campus virtual.
-En caso de non poder realizar o exame de avaliación presencialmente, o mesmo será substituido por un traballo final de avaliación, cuxa temática e condicións de realización se comunicarán a través do campus virtual.
-Os alumnos acehegarán, xunto con dito traballo, un segundo documento - resumo dos traballo realizados non presencialmente no contexto das aulas interactivas.
Fernando Adolfo De Abel Vilela
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Teléfono
- 881814756
- Correo electrónico
- fernandoadolfod.abel [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luis Miguez Macho
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Teléfono
- 881814755
- Correo electrónico
- luis.miguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
José Antonio Sarmiento Méndez
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Correo electrónico
- xa.sarmiento [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Diana Santiago Iglesias
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Teléfono
- 881814682
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Andrei Quintia Pastrana
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Correo electrónico
- a.quintia [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Alice De Nuccio
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Correo electrónico
- alice.de [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 2 |
Martes | |||
10:30-12:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 2 |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 5 |
10:00-11:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 2 |
15:00-16:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 5 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 5 |
15:00-16:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 5 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 5 |
15:00-16:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 5 |
31.05.2021 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Salón de Actos |
31.05.2021 13:00-15:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Salón de Actos |
31.05.2021 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Salón de Actos |
01.07.2021 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Salón de Actos |
01.07.2021 13:00-15:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Salón de Actos |
01.07.2021 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Salón de Actos |