Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado
Áreas: Dereito Administrativo
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
En primeiro lugar, en relación cos obxectivos relacionados co coñecemento, prioritariamente perséguese que o alumno, empregando a terminología e vocabulario técnico pertinente sexa capaz de sinalar os instrumentos xurídicos da actividade administrativa unilateral e bilateral e de describir o seu réxime xurídico.
En segundo lugar, dentro dos obxectivos que se refiren ao desenvolvemento de competencias, perséguese que o alumno:
- Manexe correctamente as ferramentas de busca de información xurídica, tradicionais (repertorios legislativos e xurisprudenciais, fontes doctrinales, etc.) e modernas (bases de datos e buscadores especializados).
- Sexa capaz de seleccionar e sistematizar a información obtida.
- Estea en condicións de planificar e conducir a propia aprendizaxe e a actualización de coñecementos, no seo dunha materia na que os contidos e fontes cambian a gran velocidade.
- Resolva supostos prácticos de dificultade media.
- Emita informes técnicos.
1.- O procedemento administrativo.
a.- Concepto, regulación positiva e principios.
b.- Fases.
2.- O acto administrativo.
a.- Concepto.
b.- Elementos.
c.- Eficacia.
d.- Invalidez.
3.- O silencio administrativo.
a.- Natureza xurídica.
b.- Consecuencias.
4.- A revogación dos actos administrativos.
a.- A revisión de oficio dos actos nulos de pleno dereito.
b.- A revogación dos actos desfavorables ou de gravame.
c.- A rectificación de erros.
5.- Os recursos administrativos.
a.- Concepto e principios.
b.- O recurso de alzada.
c.- O recurso potestaivo de reposición.
d.- Outros procedementos de impugnación.
6.- A actividade xurídica bilateral da Administración.
a.- Os convenios administrativos.
b.- Os contratos do sector público.
7.- A actividade coactiva da Administración.
a.- A execución forzosa dos actos administrativos.
b.- A coacción administrativa directa ou inmediata.
c.- A coacción ilexítima.
Bibliografía básica:
SÁNCHEZ MORÓN, Miguel: Derecho Administrativo. Parte general, Tecnos, Madrid, última edición.
COSCULLUELA MONTANER, Luis: Manual de Derecho Administrativo. Parte general, Civitas, Cizur Menor, última edición.
ESTEVE PARDO, José: Lecciones de Derecho administrativo, Marcial Pons, Madrid, última edición.
FERNÁNDEZ FARRERES, Germán: Sistema de Derecho Administrativo, Civitas, Cizur Menor, última edición.
Bibliografía complementaria:
GARCÍA DE ENTERRÍA, Eduardo, y FERNÁNDEZ, Tomás-Ramón: Curso de Derecho Administrativo, I, Civitas, Cizur Menor, última edición.
PARADA VÁZQUEZ, Ramón: Derecho Administrativo, I, Marcial Pons, Madrid, última edición.
SANTAMARÍA PASTOR, Juan Alfonso: Principios de Derecho Administrativo General, I, Iustel, Madrid, última edición.
Base de datos de legislación y jurisprudencia Westlaw-Aranzadi (http://www.bugalicia.org)
A) Competencias xerais (CG):
CG1.- Capacidade de comprensión, análise e síntese
CG2.- Capacidade de organización e planificación
CG5.- Capacidade de obtención e xestión da información
CG6.- Capacidade de resolución de problemas
CG7.- Capacidade de decisión
CG8.- Razonamiento crítico
CG9.- Compromiso ético e deontológico
CG10.- Traballo en equipo, incluídos os equipos de carácter interdisciplinar
CG12.- Capacidade de relación interpersonal nun contexto profesional
CG13.- Recoñecemento da diversidad e da multiculturalidad
CG14.- Aprendizaxe autónoma
CG15.- Adaptación a novas situacións
CG16.- Creatividade
CG17.- Liderado
CG19.- Iniciativa e espírito emprendedor
CG20.- Motivación pola calidade e a excelencia profesional
CG21.- Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental
CG22.- Espírito de superación
B) Competencias específicas (CE):
CE1.- Utilizar os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo e os valores democráticos e dunha cultura de paz na interpretación do Ordenamiento xurídico, con especial atención aos dereitos fundamentais
CE2.- Percibir o carácter unitario do Ordenamiento xurídico e conseguir a necesaria visión sistemática e de conxunto dos problemas xurídicos
CE3.- Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade
CE4.- Comprender adecuadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación do Dereito
CE5.- Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica
CE6.- Comprender as distintas formas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual
CE7.- Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas
CE8.- Adquirir a capacidade de razonamiento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Ordenamento
CE9.- Comprender e coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na súa xénese e bases conceptuais
CE11.- Adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e técnico, utilizando términos xurídicos precisos, claros e comprensibles
CE12.- Adquirir a capacidade de analizar e resolver os problemas que suscite a práctica e a aplicación do Dereito
CE3.- Percibir a interrelación do Dereito con outras disciplinas científicas e cos problemas da sociedade
CE4.- Comprender adecuadamente os fenómenos políticos, sociais, económicos, culturais, persoais e sociolóxicos, entre outros, considerándoos na interpretación e aplicación da Dereito
CE5.- Adquirir o dominio das técnicas de obtención de información xurídica
CE6.- Comprender as distintas formas de creación do Dereito na súa evolución histórica e na súa realidade actual
CE7.- Manexar e interpretar correctamente as distintas fontes xurídicas
CE8.- Adquirir a capacidade de razoamento e argumentación xurídica cunha conciencia crítica na análise do Ordenamento
CE9.- Comprender e coñecer as principais institucións xurídicas públicas e privadas na súa xénese e bases conceptuais en Dereito
CE11.- Adquirir a capacidade de redactar textos e expresarse oralmente nunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos precisos, claros e comprensibles
CE12.- Adquirir a capacidade de analizar e resolver os problemas que suscite a práctica e a aplicación do Dereito
Na impartición da materia empregaranse os seguintes métodos docentes:
- Lección maxistral programada con implicación dos alumnos.
- Clases prácticas.
A avaliación dos alumnos levarase a cabo a través dos seguintes instrumentos:
GRUPO A (PROFESOR FERNANDO DE ABEL VILELA)
A avaliación levarase a cabo mediante un exame final escrito sobre os contidos do programa da materia. Tal exame representará o 90% da cualificación. A participación activa nas clases interactivas valorarase cun 10% da cualificación final.
GRUPO B (PROFESORA ALBA NOGUEIRA LÓPEZ)
- A realización dun exame teórico, escrito ou oral, a elección do alumno, que constará de catro preguntas de desenvolvemento e un caso práctico (80% da cualificación final).
- A asistencia e a participación activa nas clases interactivas (20% da cualificación final).
GRUPO C (PROFESOR LUIS MIGUEZ MACHO)
- A realización dun exame teórico, escrito ou oral, a elección do alumno, que constará de catro preguntas de desenvolvemento (80% da cualificación final).
- A asistencia e a participación activa nas clases interactivas (20% da cualificación final).
TODOS OS GRUPOS
Para os efectos do previsto no artigo 5.2 da Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia só se considera actividade académica avaliable o exame final, polo que ós alumnos que non concorran a ningunha das dúas oportunidades oficiais do mesmo se lles fará constar na acta a mención de "Non presentado".
Os alumnos que teñan concedida exención de docencia poderán suplir a falta de asistencia e participación nas clases interactivas coa elaboración e presentación dunha memoria de prácticas de acordo coas instruccións que lles imparta o profesor nas correspondentes titorías.
Traballo presencial na aula:
Docencia expositiva 30
Docencia interactiva 10
Tutorías en grupo reducido 5
Total horas de traballo presencial na aula:45
Traballo persoal do alumno:
Estudo individual ou en grupo 45
Resolución de casos prácticos ou outros traballos 15
Preparación de presentacións orais, debates e similares 2,5
Asistencia a conferencias 5
Total horas traballo persoal do alumno: 67,5
- Participar activamente nas clases de natureza práctica.
- Estudar con tempo e regularmente.
- Estudar tendo presentes as bases normativas sobre as que se desenvolven os contidos teóricos.
- Seguir as orientacións bibliográficas facilitadas polo profesor.
- Completar o ensino cos recursos da biblioteca.
Metodoloxía da ensinanza e sistema de avaliación da aprendizaxe no suposto de que se activen os escenarios 2 e 3 das Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura para o curso 2020-2021 (https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/web/descargas/20_…):
GRUPO A (PROFESOR FERNANDO DE ABEL VILELA)
-Facilitaranse aos alumnos por escrito e a través do campus virtual os contidos das aulas expositivas que non se poidan impartir presencialmente. En canto ás aulas interactivas, igualmente se comunicarán os traballos a facer a través do campus virtual.
-En caso de non poder realizar o exame de avaliación presencialmente, o mesmo será substituido por un traballo final de avaliación, cuxa temática e condicións de realización se comunicarán a través do campus virtual.
-Os alumnos acehegarán, xunto con dito traballo, un segundo documento - resumo dos traballo realizados non presencialmente no contexto das aulas interactivas.
GRUPO B (PROFESORA ALBA NOGUEIRA LÓPEZ)
- As clases expositivas que non se poidan impartir presencialmente gravaranse e poranse á disposición dos alumnos no campus virtual ou ben se realizarán por streaming de forma síncrona.
- As clases interactivas que non se poidan impartir presencialmente substituiranse pola entrega dos correspondentes exercicios a través da ferramenta "Tarefa" do campus virtual ou de Teams.
- En caso de que non se poida facer de maneira presencial o exame final, realizarase a través da ferramenta "Cuestionario" do campus virtual. O exame constará de 4 preguntas de desenvolvemento nas que o/a alumno/a deberá poñer en relación distintas partes do programa e un caso práctico. Manterase a posibilidade de facer o exame de maneira oral a través da aplicación "Teams".
GRUPO C (PROFESOR LUIS MIGUEZ MACHO)
- As clases expositivas que non se poidan impartir presencialmente gravaranse e poranse á disposición dos alumnos no campus virtual.
- As clases interactivas que non se poidan impartir presencialmente substituiranse pola entrega dos correspondentes exercicios a través da ferramenta "Tarefa" do campus virtual.
- En caso de que non se poida facer de maneira presencial o exame final, realizarase a través da ferramenta "Cuestionario" do campus virtual. O exame constará de oito preguntas de desenvolvemento nas que o alumno deberá poñer en relación distintas partes do programa. Manterase a posibilidade de facer o exame de maneira oral a través da aplicación "Teams".
Fernando Adolfo De Abel Vilela
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Teléfono
- 881814756
- Correo electrónico
- fernandoadolfod.abel [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Da Alba Nogueira López
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Teléfono
- 881814683
- Correo electrónico
- alba.nogueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luis Miguez Macho
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Teléfono
- 881814755
- Correo electrónico
- luis.miguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Andrei Quintia Pastrana
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Correo electrónico
- a.quintia [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Beltran Puentes Cociña
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Correo electrónico
- beltran.puentes.cocina [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Alice De Nuccio
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Correo electrónico
- alice.de [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
18:00-19:30 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Galego | Aula 4 |
18:00-19:30 | Grupo A2 | Galego, Castelán | Aula 4 |
18:00-19:30 | Grupo A1 | Galego | Aula 4 |
Martes | |||
10:30-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
18:00-19:30 | Grupo A1 | Galego | Aula 4 |
18:00-19:30 | Grupo A2 | Galego, Castelán | Aula 4 |
18:00-19:30 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Galego | Aula 4 |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Galego | Aula 4 |
Venres | |||
10:30-12:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Galego | Aula 4 |
21.05.2021 10:00-12:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Aula 1 |
21.05.2021 13:00-15:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Aula 1 |
21.05.2021 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Aula 1 |
29.06.2021 10:00-12:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Aula 1 |
29.06.2021 13:00-15:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Aula 1 |
29.06.2021 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Aula 1 |