Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Financeiro e Tributario
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Interpretación e aplicación das normas xurídicas tributarias e financeiras
-Análise e resolución de supostos de feito reais
-Redacción de documentos xurídicos
-Utilización de novas tecnoloxías no campo xurídico-tributario
-Traballo colaborativo.
-Profundización no sistema conceptual propio do Dereito Tributario.
-Coñecemento das fontes para:
o Argumentar loxicamente.
o Profundizar no coñecemento.
o Actualizar e auto-xestionar o propio coñecemento.
Interrelación do Dereito Tributario co resto do ordenamento, especialmente co Dereito Público.
Plasmación práctica das soluciones aos problemas (escritos, formularios, etc.)
O tributo: concepto e clases. Impostos, taxas e contribucións especiais. Figuras afines.
Dereito tributario constitucional:
o Principios constitucionais tributarios
o Distribución de competencias tributarias: financiamento autonómica e local. O Dereito Financeiro e a Unión Europea.
As fontes do Dereito Tributario: cuestións específicas:
o Problemas específicos das fontes en materia tributaria
o A aplicación espacial e temporal das normas tributarias:
Retroactividade da normativa tributaria.
Internacionalización e Sistema Tributario. Introdución á fiscalidade internacional.
A relación xurídico-tributaria. Concepto. Obriga tributaria principal e obrigas accesorias.
Obrigas tributarias entre particulares.
A obriga tributaria:
o Nacemento da obriga tributaria: feito impoñible. Exencións.
o Suxeitos da obriga tributaria: contribuíntes, substitutos, responsables. Outros obrigados
tributarios.
o Cuantificación da obriga tributaria: base impoñible, base liquidable, tipo de gravame, cota e débeda.
o Extinción da obriga tributaria: pago, prescrición, compensación. Outros modos de extinción.
o Garantías da obriga tributaria.
A potestade sancionadora en materia tributaria
Outros ingresos públicos: ingresos non tributarios.
O gasto público: o orzamento
MANUAIS
ALONSO GONZÁLEZ/ CASANELLAS/ TOVILLAS: Lecciones de Derecho financiero y tributario ;. Ed. Atelier. ultima edición.
CASADO OLLERO, LOZANO SERRANO, MARTÍN QUERALT y TEJERIZO LÓPEZ, Curso de Derecho Financiero y Tributario, Tecnos, Madrid, última edición.
MARTÍNEZ LAGO, M.A., GARCÍA DE LA MORA, L. y ALMUDÍ CID, J.M. Lecciones de Derecho Financiero y Tributario, IUSTEL, última edición.
MENÉNDEZ MORENO, A., Derecho Financiero y Tributario, Parte general, Lecciones de Cátedra, Lex Nova, última edición.
MERINO JARA; LUCAS DURAN: Derecho financiero y tributario Parte General: lecciones adaptadas al EEES. Editorial Tecnos, ultima edición.
MERINO JARA, I (Director): Procedimientos tributarios: aspectos prácticos. Bosch fiscalidad.
NAVARRO FAURE, A.: MARTIN LOPEZ; MARTINEZ GINER: Manual de Derecho Financiero y Tributario Parte General:. Tirant lo blanch, ultima edición.
PÉREZ ROYO, F., Derecho Financiero y Tributario. Parte General, Civitas, Madrid, última edición
COLECCIÓNS LEXISLATIVAS: Versións actualizadas:
- Código Tributario, Aranzadi, Pamplona
- Derecho Financiero y Tributario. Normas básicas, Lex Nova, Valladolid
- Derecho Financiero y Tributario, Ariel, Madrid.
- Códigos BOE.
Direccións de interese:
http://www.agenciatributaria.es/ Agencia Estatal de Administración Tributaria.
http://www.boe.es/ Boletín Oficial del Estado.
http://www.tribunalconstitucional.es/. Tribunal Constitucional.
http://www.aedaf.es/ Asociación Española de Asesores Fiscales.
http://www.europa.eu.int/ Información sobre la Unión Europea
http://www.europa.eu.int/eur-lex/es/index.html Repertorio de Derecho de la Unión Europea
Ao longo do seu proceso formativo o alumno deberá:
-Chegar ao coñecemento teórico dos conceptos básicos dos tributos.
-Proceder á resolución de supostos prácticos, tanto de maneira individual como en grupo.
-Procura de materiais: lexislación, consultas, xurisprudencia, etc.
-Aplicación das normas a casos concretos.
-Elaborar traballos en grupo sobre contidos da materia.
-Preparar e tomar parte en debates organizados na clase.
-Realizar probas periódicas de autoevaluación.
-Participar periodicamente nos programas de tutorías.
Horas de teoría e de práctica (seminario). Nas horas teóricas abordaranse os problemas esenciais das diversas cuestións básicas da disciplina e nas horas prácticas afondarase nos seus aspectos concretos a través da análise de resolucións de casos prácticos, comentarios de textos ou calquera outro aspecto que permita achegarse á realidade da actividade financeira nestes aspectos iniciais.
Procurarase desenvolver un programa de titorías personalizado en grupos reducidos.
A actividade presencial poderá complementarse con soporte virtual a través da plataforma USC VIRTUAL a través da que:
-Ofreceranse materiais referidos aos contidos e a supostos prácticos.
-Ofreceranse ligazóns ás fontes básicas de coñecemento.
-Realizaranse probas de autoavaliación
-Habilitaranse métodos de contacto para titorías virtuais.
-Aplicación de novas tecnoloxías específicas da materia.
Estas previsións son aplicables en tanto se permaneza no escenario 1 dos deseñados polas Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura (normalidade adaptada). Se fose preciso pasar aos escenarios 2 ou 3 das devanditas Directrices, deberá terse en conta o sinalado nas apartado Observacións.
Realizarase combinando os seguintes criterios:
-Asistencia participativa
-Participación en debates ou resolución de cuestións expostas polo profesor
-Desenvolvemento e presentación de traballos
-proba de contidos teóricos
En canto a valoración de cada unha das actividades realizadas polo estudante, para outorgar a cualificación final, fixase o seguinte baremo:
1. Exame final: 7 puntos
2. Actividades das clases interactivas: 2,5 puntos
• Participación activa, de xeito oral, nas aulas interactivas, e exercicios de autoavaliación: ata 1 puntos.
• Valoración dos traballos entregados ao profesor e elaborados para a resolución dos casos propostos nas aulas interactivas: ata 1 punto.
• Asistencia ás sesións: ata 0,5 puntos.
3. Valoración global da actividade do alumno: 0,5 puntos. Terase en conta a participación activa na aula e a pertinencia das intervencións.
En todo caso, para aprobar será requisito superar tanto o exame como avaliación das restantes actividades, así como asistir, cando menos, ao 80 % das clases, salvo casos de exención de docencia aprobados pola Xunta de Facultade.
Réxime de avaliación para os alumnos con exención de docencia.
Aqueles alumnos que obteñan o recoñecemento oficial da exención de docencia conforme aos procedementos normativamente previstos, realizarán o mesmo exame e co mesmo valor que os restantes alumnos (6 puntos). Polo que fai á avaliación das actividades desenvolvidas nas clases interactivas presenciais e á valoración global da actividade do alumno (4 puntos), realizarase a través da resolución dun conxunto de supostos prácticos que serán encargados polo profesor. Debe terse en conta que esta norma só se aplica a quen obteña o recoñecemento da exención de docencia e non se configura como un sistema alternativo para que, sen tal recoñecemento, non asista e realice as actividades da docencia interactiva presencial.
Aos efectos da Normativa de Permanencia da USC, son actividades académicas avaliables o exame final, a participación activa nas clases interactivas e, no seu caso, a presentación de traballos.
Estas previsións son aplicables en tanto se permaneza no escenario 1 dos deseñados polas Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura (normalidade adaptada). Se fose preciso pasar aos escenarios 2 ou 3 das devanditas Directrices, deberá terse en conta o sinalado nas apartado Observacións.
Ademais do traballo na aula, calcúlase que o alumno deberá investir
- 60 horas en actividades de estudo persoal ou en grupo.
-15 horas na resolución de casos practicos ou outros traballos.
-5 horas en realizar as lecturas recomendadas.
-5 horas en preparar debates, intervencións orais, seminarios ou similares.
-5 horas para realizar outras actividades propostas polo profesor.
Resulta recomendable coñecer os conceptos xurídicos básicos, especialmente os do campo do Dereito Público (Dereito Administrativo, Dereito Constitucional) e os fundamentos económicos da Facenda Pública.
É aconsellable o traballo diario do alumno para o seguimento adecuado das actividades presenciais.
PLAN DE CONTINXENCIA
Se conforme ás Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura fose necesario actuar nos escenarios 2 ou 3 alí deseñados, produciríanse as seguintes especialidades:
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física):
Docencia: En función das disposicións que adopte o centro, a docencia expositiva realizarase de forma presencial ou non presencial (ou alternando ambos os sistemas), conforme ao horario que no seu caso se estableza polo centro, utilizando, segundo se adapten ao contido temático afectado, mecanismos síncronos ou asíncronos. En canto á docencia interactiva, tamén conforme coas disposicións do centro, impartirase de modo presencial polo menos o 50% da docencia e a través de mecanismos virtuais a restante.
Titorías: Serán en todo caso telemáticas, utilizando as ferramentas máis adecuadas ao caso ( Teams, correo electrónico, etc.)
Avaliación: Seguirase un sistema de avaliación continua formativa que terá un valor do 70% da cualificación da materia, mentres que o 30% restante obterase a través da realización dunha proba final, que será presencial en tanto sexa posible no marco das medidas adoptadas polas autoridades académicas e sanitarias e, se non fose posible, por vía telemática. Na cualificación correspondente á avaliación continua (70% do total), manterase a ponderación existente con carácter xeral na valoración da parte correspondente á docencia expositiva (70%) e interactiva (30%).
En todo caso, é necesario superar ambas as partes da avaliación (avaliación continua e proba final) para aprobar a materia.
Escenario 3: peche das instalacións.
Docencia: tanto a docencia expositiva como a interactiva serás completamente virtuais, combinando mecanismos síncronos ou asíncronos en función dos diferentes contidos, con mantemento dos horarios que, para o caso, aprobe o centro.
Titorías: Serán en todo caso telemáticas, utilizando as ferramentas máis adecuadas ao caso ( Teams, correo electrónico, etc.)
Avaliación: Seguirase un sistema de avaliación continua formativa que terá un valor do 70% da cualificación da materia, mentres que o 30% restante obterase a través da realización dunha proba final telemática. Na cualificación correspondente á avaliación continua (70% do total), manterase a ponderación existente con carácter xeral na valoración da parte correspondente á docencia expositiva (70%) e interactiva (30%).
En todo caso, é necesario superar ambas as partes da avaliación (avaliación continua e proba final) para aprobar a materia.
Juan Jose Nieto Montero
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Teléfono
- 881814674
- Correo electrónico
- j.nieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Cesar Garcia Novoa
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Teléfono
- 881814678
- Correo electrónico
- cesar.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luz Maria Ruibal Pereira
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Teléfono
- 881814768
- Correo electrónico
- luzmaria.ruibal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Manuel Iglesias Casais
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Correo electrónico
- josemanuel.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-19:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 5 |
Martes | |||
18:00-19:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 5 |
Mércores | |||
10:30-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 5 |
12:00-13:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 2 |
16:30-17:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 5 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 5 |
12:00-13:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 2 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 5 |
12:00-13:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 2 |
12.01.2021 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Aula 1 |
12.01.2021 13:00-15:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Aula 1 |
12.01.2021 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Aula 1 |
06.07.2021 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Salón de Actos |
06.07.2021 13:00-15:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Salón de Actos |
06.07.2021 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Salón de Actos |