Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Civil
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Transmitir e fomentar o coñecemento no campo do Dereito civil, en especial no Dereito de Obrigas e de responsabilidade civil.
2. Lograr que o estudante se familiarice cos textos que conteñen o Dereito positivo en materia de Obrigas e de responsabilidade civil., singularmente cos textos legais e as decisións xurisprudenciais.
3. Proporcionar ao estudante unha información e unha formación sobre o contido da materia que lle permitan resolver con corrección teórica e argumentación axeitada os problemas xurídicos reais.
4. Proporcionar ao estudante as habilidades necesarias para afrontar de forma axeitada os problemas da práctica xurídica real, tanto na elaboración das normas, coma na resolución de casos prácticos ou no consello profesional.
5. Conseguir un primeiro nivel na preparación de profesionais especializados no ámbito do Dereito de Obrigas e de responsabilidade civil.
Grupo A (Isabel Espín Alba) e Grupo B (Marta Madriñán Vázquez).
TEORÍA XERAL DO CONTRATO
Lección 1.- O contrato e a autonomía privada.- A protección dos consumidores e a súa repercusión no Dereito de Contratos.-A unificación europea do Dereito de contratos. -Clasificación dos contratos.
Lección 2.- Os elementos esenciais do contrato.- A capacidade para contratar e as prohibicións de contratar.- O consentimento contractual: a declaración de vontade e as súas formas.- Os vicios do consentimento.- O Obxecto do contrato: requisitos.- A causa do contrato.- Forma e documentación do contrato: significado.
Lección 3.- A formación do contrato: modalidades.- O contrato por negociación: os tratos preliminares.- A responsabilidade precontractual.- A oferta e a aceptación.- A perfección do contrato: momento e lugar.- O precontrato: efectos do seu incumprimento.- O dereito de opción.
Lección 4.- O contido do contrato.- A interpretación do contrato: criterios hermenéuticos.-A integración do contrato.- As condicións xerais da contratación: os requisitos da súa incorporación ao contrato. – Cláusulas abusivas na contratación con consumidores: noción xeral e cláusulas en todo caso abusivas.- A nulidade parcial do contrato.- O control abstracto das cláusulas non negociadas: a acción de cesación.
Lección 5.- A eficacia entre as partes do contrato: o principio de inalterabilidade e irrevogabilidade.- O principio da relatividade do contrato e a súa eficacia respecto a terceiros.- A cesión do contrato.- O subcontrato.- A ineficacia do contrato e as súas diversas categorías.- Os contratos nulos: a conversión.- A anulabilidade e a confirmación do contrato anulable.- A rescisión do contrato.- O desistimento unilateral.
CONTRATOS EN ESPECIAL
Lección 6.- Contrato de compravenda: concepto e caracteres.- Elementos persoais, reais e formais.- A perfección do contrato.- Obrigacións do vendedor.- A conservación e a entrega da cousa vendida: a transmisión da propiedade.- Tempo, forma, lugar, gastos e obxecto da entrega.- A venda de cousa allea e o pacto de reserva de dominio.- A dobre venda.
Lección 7.- Garantía e saneamento na compravenda.- Saneamento por evicción.- Saneamento por vicios e gravames ocultos.- Garantías na venda de bens de consumo.- Obrigacións do comprador.- O pago do prezo: facultade de suspendelo.- As garantías do vendedor ao pago do prezo: a resolución do contrato por incumprimento. - O contrato de permuta.
Lección 8.- A doazón: concepto, natureza xurídica e clases.- Elementos persoais, reais e formais. O problema das doazóns encubertas.- Perfección e efectos da doazón.- A revogación das doazóns: supervivencia ou superveniencia de fillos, incumprimento de cargas e ingratitude.- Redución das doazóns inoficiosas.
Lección 9.- O contrato de arrendamento.- O arrendamento de cousas no Código civil- A lexislación especial en materia de arrendamentos urbanos.- Réxime dos arrendamentos de vivenda e dos arrendamentos para uso distinto do de vivenda na LAU.- Os arrendamentos rústicos na Lei de Dereito civil de Galicia, no Código Civil e na Lei de Arrendamentos Rústicos.- A parcería: natureza e réxime xurídico.
Lección 10- Os contratos de obra e servizos: cuestións xerais. O contrato de servizos: concepto, caracteres e duración. -Contido do contrato: dereitos e obrigacións das partes - A responsabilidade do prestador do servizo.- O contrato de obra: a súa regulación no Código civil- A obra inmobiliaria: a súa regulación na Lei de Ordenación da Edificación.- O contrato de mandato: clases, caracteres e réxime xurídico.
Lección 11. Os contratos de financiamento e garantía.- O contrato de préstamo: consideracións xerais.- O comodato. O préstamo simple ou mutuo.- O préstamo hipotecario.- O crédito ao consumo.- O leasing.- O contrato de fianza: concepto, caracteres e clases.- Efectos: relacións entre acredor e fiador e relacións entre fiador e debedor principal.
Lección 12. -Contrato de depósito: concepto, caracteres e clases.- Depósito voluntario.- O chamado depósito irregular.- Depósito necesario.- Depósito xudicial ou secuestro.- O contrato aparcamento de vehículos.- O contrato de hospedaxe.
Lección 13.- Contrato de sociedade: a sociedade civil e os seus caracteres xurídicos.- Constitución: capacidade, obxecto e forma.- Contido do contrato: funcionamento da sociedade entre socios e con terceiros.- As débedas sociais.- Extinción e liquidación da sociedade.
Lección 14.-Os contratos aleatorios: concepto e clases.- Contrato de xogo e aposta.- A renda vitalicia.- O contrato de vitalicio.- O contrato de alimentos.
Lección 15. - Os contratos encamiñados á resolución de conflitos.- O contrato de transacción.- A institución da arbitraxe.- O convenio arbitral.- A arbitraxe de consumo.
Grupo B (María Paz García Rubio/Javier Lete Achirica)
Lección 1.- O contrato e o seu significado institucional. – A competencia para lexislar en materia de contratos. -A unificación europea do Dereito de contratos. - A liberdade contractual e a boa fe como principios básicos de Dereito de contratos.- O contrato e os dereitos fundamentais, en especial a prohibición de discriminación e aos datos personais. - A protección dos consumidores e a súa repercusión no Dereito de contratos.- Clasificación dos contratos.
Lección 2.- Os chamados elementos esenciais do contrato.- O consentimento contractual: a declaración de vontade e as suas formas. - Os vicios do consentemento.- A capacidade para contratar e as prohibicións de contratar. - O obxeto do contrato: requisitos.- A causa do contrato- Forma e documentación del contrato.
Lección 3.- A formación do contrato: modalidades .- O contrato por negociación: os tratos preliminares. A responsabilidade precontractual- A oferta e a aceptación.-A información precontractual.- Perfección del contrato: momento e lugar.- Outros procedementos de formación do contrato- O precontrato: efectos do seu incumplimento.- O dereito de opción.
Lección 4.- O contido do contrato: valor da publicidade e as declaracións precontractuais- As condicións xerais da contratación – Condiciones xerais e cláusulas abusivas.-.- Os controles das condicións xerais: inclusión, transparencia material e contido. -Efectos da non superación dos controles: non incorporación e consecuencias da declaración de abusividad .- A interpretación e integración do contrato.
Lección 5.- La eficacia entre las partes del contrato: el principio de irrevocabilidad. – La alteración sobrevenida de las circunstancias.- El principio de la relatividad del contrato y la eficacia respecto a terceros.- La cesión del contrato.- El subcontrato.- La ineficacia del contrato y sus diversas categorías.- Los contratos nulos: la conversión.- La anulabilidad y la confirmación del contrato anulable.- La rescisión del contrato.- El desistimiento unilateral.
CONTRATOS EN ESPECIAL
Lección 6.- Contrato de compraventa: su valor institucional.- Elementos personales, reales y formales.- La perfección del contrato.- Obligaciones del vendedor.- Los riesgos en la compraventa. - La entrega de la cosa vendida: la transmisión de la propiedad.- La venta de cosa ajena y el pacto de reserva de dominio.- Tiempo, forma, lugar, gastos y objeto de la entrega.- La doble venta.
Lección 7.- Garantía y saneamiento en la compraventa.- Saneamiento por evicción.- Saneamiento por gravámenes y por vicios ocultos.- Garantías en la venta de bienes de consumo. - Obligaciones del comprador.- El pago del precio: facultad de suspenderlo.- Las garantías del vendedor al pago del precio: la resolución del contrato por incumplimiento. – Las compraventas especiales. – El contrato de leasing. – El contrato de permuta
Lección 8.- La donación.- Concepto y naturaleza jurídica.- Elementos personales: capacidad de las par tes.- Objeto y límites de la donación.- La forma: problemática de las donaciones encubiertas.- Perfección de la donación: la aceptación.- Clases de donaciones.
Lección 9- Efectos de la donación: obligaciones del donante y donatario.- La revocación de las donaciones: supervivencia o superveniencia de hijos, incumplimiento de cargas e ingratitud.- Reducción de las donaciones inoficiosas.- Las liberalidades de uso.
Lección 10.- El contrato de arrendamiento.- El arrendamiento de cosas en el Código civil- Los arrendamientos urbanos: la legislación especial.- Ámbito de aplicación de la LAU.- Arrendamientos de vivienda: duración, renta, derechos y obligaciones de las partes, suspensión, resolución y extinción del contrato. - Arrendamientos para uso distinto del de vivienda.- Disposiciones comunes: fianza y formalización del arrendamiento.- El acceso del arrendamiento al Registro de la Propiedad.- La repercusión del Covid-19 en los contratos de arrendamiento.
Lección 11.- Los arrendamientos rústicos. La cuestión competencial.- Los arrendamientos rústicos en la Ley 2/2006, de Derecho Civil de Galicia.- Los arrendamientos rústicos en el Código Civil y en la Ley de Arrendamientos Rústicos 29/2003.- La aparcería: naturaleza y régimen jurídico.
Lección 12,- El contrato de servicios: concepto - La superación de la regulación del Código civil. -Contenido del contrato: derecho y obligaciones de las partes - La responsabilidad del prestador del servicio. - La duración y extinción del contrato. - Tipología del contrato de servicios.
Lección 13.- El contrato de obra: su regulación en el Código civil y el modelo del DCFR- La obra inmobiliaria: su regulación en la Ley de Ordenación de la Edificación.- La recepción de la obra.- La responsabilidad civil en el contrato de obra inmobiliaria.
Lección 14.- El contrato de préstamo en general.- El comodato: concepto, objeto, contenido y extinción.- El mutuo: concepto, caracteres, capacidad y contenido.- El préstamo con interés.- El préstamo hipotecario.- El crédito al consumo.- El precario.
Lección 15.- Contrato de mandato: concepto y caracteres.- Mandato y representación.- Constitución.- Clases.- Contenido del mandato.- Causas de extinción: la revocación.- El contrato de mediación.
Lección 16- Contrato de depósito: concepto, caracteres y clases.- Depósito voluntario.- El llamado depósito irregular.- Depósito necesario.- Depósito judicial o secuestro.- El contrato de garaje.- El contrato de hospedaje.
Lección 17.- Contrato de sociedad: la sociedad civil y sus caracteres jurídicos.- Constitución: capacidad de las partes, objeto y forma.- Contenido del contrato: funcionamiento de la sociedad entre socios y con terceros.- Las deudas sociales.- Extinción y liquidación de la sociedad.
Lección 18.- Los contratos aleatorios: concepto y clases.- Contrato de juego y apuesta.- La renta vitalicia.- El contrato de vitalicio.- El contrato de alimentos.- Los contratos sobre decisión de controversias jurídicas.- El contrato de transacción.- La institución del arbitraje.- El convenio arbitral.- El arbitraje de consumo.
Grupo A (Isabel Espín Alba) Grupo B (María Paz García Rubio/javier Lete Achirica) y Grupo C (Marta Madriñán Vázquez).
BIBLIOGRAFÍA
É imprescindible para a preparación axeitada da materia que os estudantes estean en posesión dun Manual en cualquera dos seus formatos, papel ou dixital, en algúns casos dispoñibles na BUSC; ademáis, é necesario que dispoñan do Código Civil, da Lei de Dereito Civil de Galicia e da lexislación complementaria, igualmente en cualquera formato.
Ante la eventual situación de confinamento recoméndase que os estudantes se fagan co manual e coa lexislación os primeiros días de curso.
As profesoras poderán agregar lecturas recomendadas de traballos monográficos relacionados con un tema concreto publicados en libros ou en revistas especializadas que procurarán poñer a disposición dos estudantes na medida das súas posibilidades
Manuales:
En papel
- Bercovitz Rodríguez Cano (coord.): Manual de Derecho civil. Contratos, Bercal.
- Díez-Picazo, L. y Gullón Ballesteros, A., Sistema de Derecho civil, vol. II.
- Lacruz Berdejo, J. L. y otros, Elementos de Derecho civil, t. II, vols. 1.º e 2.º, ed. Dikynson.
- Lete del Río, J. M./Lete Achirica, J., Derecho de obligaciones, vol. I y II, ed. Thomson/Aranzadi, Cizur Menor (Navarra).
- Martínez de Aguirre y Aldaz, De Pablo Contreras, Pérez Álvarez, Parra-Lucán, "Derecho Civil II. Derecho de obligaciones", Madrid, Colex.
On line en la BUSC
Derecho civil patrimonial II, 3ª ed., 2019 (López y López y otros)
Manual de Derecho civil patrionial, 3ª ed., 2019 (Lópex y López y otros)
Instituciones de Derecho Civil Contratos en Particular Cuasi Contratos Derecho de Daños, s P. Blasco Gascó - 2016 - 696 páginas - 1ª edición - Tirant Lo Blanch
Derecho Civil II Obligaciones y Contratos 4ª Edición 2019Juan A TAMAYO CARMONA, Raquel Guillén Catalán, María Jesús Monfort Ferrero, Jesús ESTRUCH ESTRUCH, Pedro Chaparro Matamoros, M.ª Luisa ATIENZA NAVARRO, José Ramón De Verda y Beamonte, Mario CLEMENTE MEORO, Luz María Martínez Velencoso, María José REYES LÓPEZ, Salvador Carrión Olmos, Javier PLAZA PENADÉS, Mª Teresa Marín García de Leonardo, Adela SERRA RODRÍGUEZ - 2019 - 633 páginas - 4ª edición - Tirant lo Blanch –
Curso de Derecho Civil II Derecho de Obligaciones, Contratos y Responsabilidad por Hechos Ilícitos 9ª Edición 2018Luis Moreno Quesada, Julia Ruiz-Rico Ruiz- Morón, José Miguel OSSORIO SERRANO, Juan Ossorio Morales, Ramón HERRERA CAMPOS, Bernardo MORENO QUESADA, José Manuel GONZÁLEZ PORRAS, José GONZÁLEZ GARCÍA, Francisco Javier Sánchez Calero - 2018 - 588 páginas - 9ª edición - Tirant lo Blanch -
Los profesores recomiendan como lecturas complementarias:
-Carrasco Perera, Ángel, Derecho de Contratos, Thomson/Aranzadi, Cizur Menor (Navarra), 2ª ed., 2017.
- Díez-Picazo, L., Fundamentos de Derecho civil y patrimonial, vol. 1, (Introducción. Teoría del contrato) y II (Teoría general de la obligación).
- Bercovitz Rodríguez Cano, R., Tratado de contratos, t .I, 3ª ed. Valencia, Tirant lo Blanch, 2020. (on line en BUSC)
- O alumno debe de alcanzar un nivel capaz de poñerlle en condicións de coñecer e familiarizarse cos principios xerais que informan o ordenamiento xurídico en materia contractual.
- Capacitarlle para illar unha norma ou un conxunto de normas aplicables a un determinado suposto de feito e para que manexe as técnicas interpretativas.
- Facerlle capaz de valorar os feitos sociais conforme á norma e contrastar esa valoración coa que deles adoita facer a jurisprudencia ou a doutrina.
- Para rematar, expoñer os problemas e resultados coa debida claridade e sencillez.
- Valorarase como destrezas complementarias a súa manexo das fontes tanto en formato tradicional, como no seu acceso en formato electrónico.
CX1: Capacidade de comprensión, análise e síntese
CX2: Capacidade de organización e planificación
CX5: Capacidade de obtención e xestión da información
CX6: Capacidade de resolución de problemas
CX7: Capacidade de decisión
CX8: Razoamento crítico
CX9: Compromiso ético e deontolóxico
CX10: Traballo en equipo, incluídos os equipos de carácter interdisciplinar
CX12: Capacidade de relación interpersoal nun contexto profesional
CX14: Aprendizaxe autónoma
CX15: Adaptación a novas situacións
CX16: Creatividade
CX17: Liderazgo
CX19: Iniciativa
CX20: Motivación pola calidade á excelencia profesional
CX21: Sensibilidade cara a temas da realidade social, económica e ambiental
CX22: Espíritu de superación
Grupo A (Isabel Espín Alba), e Grupo C (Marta Madriñán Vázquez).
La docencia incluye clases expositivas, clases interactivas y tutorías, según calendario
- Clases expositivas: Impartiranse ao grupo completo. A clase maxistral constitúe o instrumento básico no ensino das disciplinas xurídicas. Sen embargo, dado o sistema operante na actualidade, producirase de forma imprescindible unha separación do modelo tradicional (dogmático, informativo e meramente receptivo para o alumno) optando así por impartir clases máis dinámicas e activas, que incite ao estudante á reflexión e lévelle a buscar máis aló dos conceptos ou das ideas percibidas oralmente.
-As clases interactivas completarán as leccións sistemáticas, construídas polo profesor e expostas con claridade e sinxeleza, co exame de decisións xurisprudenciais ou de datos de orde sociolóxica, económico ou político que o docente considere de interese e que fomenten a participación do alumno. En devanditas clases interactivas utilizaranse esporadicamente outras técnicas de ensino. Entre esas técnicas destacamos como idóneas para a nosa disciplina, entre outras:
- A discusión colectiva (consiste nun intercambio de ideas e información sobre temas e cuestións concretas e conflitivas nas que o profesor actuará como mero moderador).
- A resolución de casos prácticos e os seminarios ou tratamento monográficos de problemas concretos.
- Exposición dun tema previamente preparado por un grupo de estudantes, pero que non sexa obxecto de explicación pola profesora.
Na situación ordinaria descrita como Escenario 1, a docencia será esencialmente presencial. As tutorías cos estudantes poderán ser presenciales ou virtuales; neste último caso poderase utilizar tanto o correo electrónico como as posibilidades que dan a aula Virtual e a aplicación Teams.
GRUPO B (JAVIER LETE/ Mª PAZ GARCÍA RUBIO)
Consistirán na explicación do tema por parte das profesoras, no seu caso, co apoio dun esquema escrito que,unha vez finalizada a explicación completa, se poñerá á disposición dos estudantes na Aula Virtual.
As clases teóricas serán dirixidas polas profesoras, que fomentarán a participación dos estudantes, interpelándoos de xeito directo e traballando a súa capacidade argumentativa.
En principio o grupo asistirá de xeito completo; se as circunstancias epidemiolóxicas o esixen poderá haber rotación de estudantes de conformidade coas pautas marcadas na Facultade de Dereito.
Clases interactivas
Impartiránse co grupo dividido en dous subgrupos. A súa vez, poderán formar equipos máis pequenos en cada un dos grupos para a realización de tarefas colectivas.
Nestas clases, que serán preferentemente presenciais, levaranse a caco algunas das seguintes actividades:
1. Resolución dun ou de máis casos prácticos
2. Resolución de hipóteses e problemas.
3. Redacción dunha demanda e dunha contestación á demanda.
4. Presentación dun tema previamente preparado por un grupo de estudantes.
5. Redacción dun ensaio corto sobre unha lectura recomendada, un comentario de sentencia ou un problema legal específico.
6. Discusión dun tema de actualidade relacionado con el Dereito de familia
7. Realización de test de autoavaliación.
No apartado Observacións farase referencia ás características particulares da metodoloxía da ensinanza no caso de darse, ben o escenario 2: Distanciamento, ben o escenario 3: Peche das instalación.
Grupo A (Isabel Espín Alba)
Todas as actividades realizadas ao longo do curso serán avaliables de acordo cos eeguientes criterios:
1º. Asistencia e participación activas nas clases, e realización das actividades propostas: cuestionarios, casos ou supostos presentados como resultado das clases: 30% da nota final.
2º. Exame presencial escrito: 70% da nota final.
A cualificación final será o resultado da suma dos dous criterios (1º e 2º). En todo caso será necesario aprobar o exame escrito cunha nota mínima de 3,5, para poder sumar as notas obtidas conforme o primeiro criterio.
Esta é a forma de avaliación para as dúas convocatorias: ordinaria e extraordinaria. Para ese efecto, a cualificación do 1º criterio correspondente á avaliación continua ao longo do cuatrimestre (asistencia, participación e actividades) considerarase nas dúas convocatorias e non serán obxecto de recuperación. O alumno que suspenda a primeira oportunidade poderá recuperar a nota do exame escrito na segunda oportunidade.
Advírtese expresamente aos alumnos que de acordo coa normativa de permanencia vigente na USC para os estudos de Grado e Master (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades referidas será obxecto de avaliación e, por iso, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de NON PRESENTADO.
No caso de concesión de exención de docencia, o alumno terá que realizar un exame final que representará o 100% da súa calificación.
GRUPO B (JAVIER LETE ACHIRICA/ Mª PAZ GARCÍA RUBIO
Todas as actividades realizadas durante o curso académico serán medibles e avaliables de acordó cos seguintes criterios:
1. Avaliación contínua: asistencia e participación activa nas clases e realización de actividades programadas nas interactivas: 30% da cualificación final.
3. Proba final: 70% da cualificación final. Será preciso aprobar a proba final para superar a materia.
A proba final será presencial e preferentemente oral. As actividades de Avaliación contínua poderán ser presenciais ou virtuais, segundo as circunstancias. Para o caso das virtuais, estará operativa a Aula Virtual da USC e a aplicación Teams.
Solo se avaliarán actividades nas que se garantice a autoría individual do estudante ou, no seu caso, do grupo ao que pertenza nos casos de tarefas colectivas. As profesoras arbitrarán os mecanismos que consideren convintes para asegurar a citada autoría (preguntas individuais sobre os traballos entregados, sobre o temario ou sobre o xeito en que teñen sido realizados).
Advírtese que no caso de que en algunha das actividades ou na proba final se probe unha actuación fraudulenta por parte do estudante, será de aplicación o recollido ao respecto pola Normativa de avaluación deo rendimento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións, con aplicación das pertinentes sancións.
RÉXIME PARA O ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
O 100% da cualificación será a determinada polo exame final. O alumno/a poderá asistir ao longo de todo o curso académico ás titorías que precise.
NOTA IMPORTANTE: NORMATIVA DE PERMANENCIA:
Advírtase que segundo a "Normativa sobre permanencia nas titulacións de Grao e Máster" aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (5 de xuño de 2012): artigo 5.2 "A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera os obxectivos establecidos será de "suspenso", salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, en cuxo caso constará como "non presentado".”
No apartado Observacións farase referencia ás características particulares do sistema de avaliación da aprendizaxe no caso de darse, ben o escenario 2: Distanciamento, ben o escenario 3: Peche das instalación.
GRUPO C (Marta Madriñán Vázquez):
Todas as actividades realizadas ao longo docurso serán avaliables de acoerdo cos eiguientes criterios:
1º. Asistencia e participación activas nas clases, e realización das actividades propostas: cuestionarios, casos ou supostos presentados como resultado das clases: 30% da nota final.
2º. Exame presencial escrito: 70% da nota final.
A cualificación será o resultado da suma dos dous criterios (1º e 2º). En todo caso será necesario aprobar o exame escrito cunha nota mínima de 3,5, para poder sumar as notas obtidas conforme o primeiro criterio.
Esta é a forma de avaliación para as dúas convocatorias: ordinaria e extraordinaria. Para ese efecto, a cualificación do 1º criterio correspondente á avaliación continua ao longo do cuatrimestre (asistencia, participación e actividades) considerarase nas dúas convocatorias e non serán obxecto de recuperación. O alumno que suspenda a primeira oportunidade poderá recuperar a nota do exame escrito na segunda oportunidade.
Para os efectos do previsto no artigo 5.2 da Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia só se considera actividade académica avaliable o exame final, polo que aos alumnos que non concorran a ningunha das dúas oportunidades oficiais do mesmo faráselles constar na acta a mención de Non presentado.
No caso de concesión de exención de docencia, o alumno terá que realizar un exame final que representará o 100% da súa calificación.
Grupo A (Isabel Espín Alba), Grupo B (María Paz García Rubio/Javier Lete Achirica) y Grupo C (Marta Madriñán Vázquez).
O total do volume de traballo ideal do alumno é de aproximadamente 150 horas (6 créditos x 25 horas = 150 horas). Para un óptimo aproveitamento este traballo ha de ser constante ao longo do semestre.
Grupo A (Isabel Espín Alba), Grupo B (María Paz García Rubio/Javier Lete Achirica) e Grupo C (Marta Madriñán Vázquez)
- Recoméndase ao alumno que dende o comezo se faga con todos os materiais da disciplina, en especial os textos legais e un manual de consulta que actúe como referencia.
- É imprescindible a asistencia ás clases, tanto teóricas como interactivas, para aclarar conceptos, incluír as novidades da disciplina, consultar dúbidas e tomar notas sobre as ideas que se captaron e interiorizado.
- Intentarase que o tempo adicado ao estudo sexa o máis continuo e estandarizado posible. Debe facerse un seguimiento polo menos semanal do explicado nas clases e realizar as tarefas indicadas polo profesor con dedicación e continuidade.
- É recomendable preguntar nos horarios de tutorías ou, preferiblemente, nas clases, todas as dúbidas ou problemas de comprensión que se susciten en torno aos temas estudados. Non se recomenda a aprehensión de memoria de cuestións que previamente non se comprenderon de forma correcta.
- Recoméndase a utilización do Aula Virtual, onde se publicarán os materiais complementarios que o/a profesor/a considere de utilidade.
- O traballo en equipo, esencial para os alumnos, debe ser solidario e constructivo. Se recueda que tamén é unha actividade avaliable.
OBSERVACIÓNS SOBRE Os POSIBLES ESCENARIO DE DOCENCIA NO MARCO DAS DIRECTRICES PARA O DESENVOLVEMENTO DUNHA DOCENCIA PRESENCIAL SEGURA. CURSO 2020-2021
GRUPO A (Isabel Espín Alba)
Escenario 1: normalidad adaptada.
A docencia desenvolverase de acordo cos parámetros indicados supra no corpo desta programación docente.
En todo caso, débese advertir aos estudantes que si nos atopamos co inicio da docencia no escenario 1 e, posteriormente, pásase a calquera dos outros dous escenarios, non se permitirá a recuperación de actividades de avaliación continua que non se entregaron en tempo e forma durante o período de normalidad adaptada. Así mesmo, teñan en conta que a proba final escrita do escenario 1 será oral en todo caso na modalidade telemática do escenario 3; e tamén no escenario 2, si as Directrices do Centro non contemplan a posibilidade dun exame final presencial.
Escenario 2: distanciamiento
Corresponderá ao Centro definir as fórmulas de convivencia das dúas modalidades de docencia. No seu momento, cando o Centro determine tales fórmulas faranse as adaptacións oportunas a esta programación.
En liñas xerais manterase a mesma programación do Escenario 1, aínda que si as directrices do Centro non contemplan a posibilidade de probas presenciales, o exame final será oral na plataforma MsTeams ou calquera outra que facilite a USC de modo oficial.
Escenario 3: peche das instalacións
As clases serán impartidas de modo síncrono, no horario ordinario de docencia, na plataforma MsTeams ou calquera outra que poida ser facilitada pola USC de modo oficial.
O estudante debe dispoñer dun dos Manuais indicados na bibliografía.
Sistema de avaliación:
Todas as actividades realizadas ao longo do curso serán evaluables de acordo cos seguintes criterios:
1º. Asistencia e participación activas nas clases, e realización das actividades propostas: cuestionarios, casos ou supostos presentados como resultado das clases: 40% da nota final.
2º. Proba telemática final oral, por medio de MsTeams ou calquera outro recurso que poida ser facilitado pola USC de modo oficial: 60% dá nota final.
A cualificación final será o resultado da suma dos dous criterios 1º e 2º. En todo caso, para superar a materia será necesario aprobar tanto a avaliación continua (criterio 1º) como a proba telemática final (criterio 2º). A nota mínima para aprobar a avaliación continua é de 2 (sobre 4) e a nota mínima para aprobar a proba final oral é de 3 (sobre 6)
Esta é a forma de avaliación para as dúas convocatorias: ordinaria e extraordinaria. Para ese efecto, a cualificación do 1º criterio correspondente á avaliación continua ao longo do cuatrimestre (asistencia, participación e actividades) considerarase nas dúas convocatorias e non serán obxecto de recuperación. O alumno que suspenda a primeira oportunidade poderá recuperar a nota do exame oral na segunda oportunidade.
Advírtese expresamente aos alumnos que de acordo coa normativa de permanencia vigente na USC para os estudos de Grado e Master (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades referidas será obxecto de avaliación e, por iso, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de NON PRESENTADO.
No caso de concesión de exención de docencia, o alumno terá que realizar un exame final oral que representará o 100% da súa calificación.
GRUPO B (María Paz García Rubio/Javier Lete Achirica)
Escenario 2. DISTANCIAMENTO
Se as circunstancias derivadas da pandemia do Covid-19 nos colocan nun escenario 2 (Distanciamento), os obxectivos e o programa da materia serán os indicados para o escenario 1. A docencia expositiva e interactiva será de carácter mixto, presencial ou virtual, segundo as proporcións que decidan as autoridades da Facultade de Dereito, utilizando para a parte non presencial a Aula Virtual e a plataforma Teams. Respetaranse os horarios marcados no plan docente anual. As titorías serán telemáticas, vía correo electrónico, Aula Virtual ou plataforma Teams.
Os profesores procurarán aos estudantes os materiais necesarios ou convintes para a preparación da materia, pero segue sendo imprescindible o uso dun Manual e dos textos legais, en calquera dos seus formatos; para evitar problemas derivados da continxencia de confinamento ou das dificultades de acceso á Biblioteca, deben facerse con eles ao comezo do curso.
A Avaliación da materia será, como no escenario 1, mixta, combinando a avaliación continúa coa prueba final, preferentemente oral, que será presencial ou virtual en función do que decidan as autoridades da Facultade; neste caso o valor da Avaliación contínua será do 40 % e o da proba final do 60%. Será preciso aprobar ambas partes para superar a materia.
Como no escenario 1, solo se avaliarán actividades nas que se garantice a autoría individual do estudante ou, no seu caso, do grupo ao que pertenza nos supostos de tarefas colectivas.. Por elo será preferente a prueba final oral e individualizada. As profesoras poderán estabrecer outras esixencias para asegurar a autoría das actividades e probas que se realicen por escrito.
Advírtese que no caso de que algunha das actividades ou na proba final se probe unha actuación fraudulenta por parte do estudante, será de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do rendimento académico dos estudiantes e de revisión das cualificacións, con aplicación das pertinentes sancións.
Escenario 3. PECHE DAS INSTALACIÓNS:
Se as circunstancias derivadas da pandemia do Covid-19 nos colocan no escenario 3, obrigándonos ao confinamento nas nosas casas, os obxectivos e o Programa da materia serán os mesmos do escenario 1. A docencia expositiva e interactiva será de carácter virtual, utilizando a Aula Virtual e a plataforma Teams.
Respetaranse os horarios marcados no plan docente anual. As titorías serán telemáticas, vía correo electrónico, Aula Virtual ou plataforma Teams.
A profesorasprocurará aos estudantes materiais convintes para a preparación da materia, pero sigue sendo imprescindible o uso dun Manual e dos textos legais, en cualquera dos seus formatos; para evitar problemas derivados da continxencia de confinamento deben facerse con eles ao comezo do curso.
A Avaliación da materia será virtual e como nos escenarios 1 e 2, mixta, combinando a avaliación contínua coa proba final, preferentemente oral; neste caso o valor da Avaliación contínua será do 50 % e o da proba final do 50%. Ser necesario aprobar ambas partes para superar a materia.
Como nos escenarios 1 e 2 , solo se avaliarán actividades nas que se garantice a autoría individual do estudante, ou, no seu caso, do grupo ao que pertenza nos casos de tarefas colectivas. Por elo serán preferentes a prueba final oral e individualizada. A profesora poderá establecer outras esixencias para asegurar a autoría das actividades e probas que se realicen por escrito.
Advírtese que no caso de que algunha das actividades ou na proba final se probe unha actuación fraudulenta por parte do estudante, será de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do rendimento académico dos estudiantes e de revisión das cualificacións, con aplicación das pertinentes sancións.
GRUPO C (Marta Madriñán Vázquez)
Escenario 1: normalidad adaptada.
A docencia desenvolverase de acordo cos parámetros indicados supra no corpo desta programación docente.
En todo caso, débese advertir aos estudantes que si nos atopamos co inicio da docencia no escenario 1 e, posteriormente, pásase a calquera dos outros dous escenarios, non se permitirá a recuperación de actividades de avaliación continua que non se entregaron en tempo e forma durante o período de normalidad adaptada.
Escenario 2: distanciamiento
Corresponderá ao Centro definir as fórmulas de convivencia das dúas modalidades de docencia. No seu momento, cando o Centro determine tales fórmulas faranse as adaptacións oportunas a esta programación.
En liñas xerais manterase a mesma programación do Escenario 1, aínda que si as directrices do Centro non contemplan a posibilidade de probas presenciales, o exame final será oral na plataforma MsTeams ou calquera outra que facilite a USC de modo oficial.
Escenario 3: peche das instalacións
As clases serán impartidas de modo síncrono, no horario ordinario de docencia, na plataforma MsTeams ou calquera outra que poida ser facilitada pola USC de modo oficial.
O estudante debe dispoñer dun dos Manuais indicados na bibliografía.
Sistema de avaliación:
Todas as actividades realizadas ao longo do curso serán evaluables de acordo cos seguintes criterios:
1º. Asistencia e participación activas nas clases, e realización das actividades propostas: cuestionarios, casos ou supostos presentados como resultado das clases: 40% da nota final.
2º. Proba telemática final por medio de MsTeams ou calquera outro recurso que poida ser facilitado pola USC de modo oficial: 60% dá nota final.
A cualificación será o resultado da suma dos dous criterios 1º e 2º. En todo caso, para superar a materia será necesario aprobar tanto a avaliación continua (criterio 1º) como a proba telemática final (criterio 2º). A nota mínima para aprobar a avaliación continua é de 2 (sobre 4) e a nota mínima para aprobar a proba final oral é de 3 (sobre 6)
Esta é a forma de avaliación para as dúas convocatorias: ordinaria e extraordinaria. Para ese efecto, a cualificación do 1º criterio correspondente á avaliación continua ao longo do cuatrimestre (asistencia, participación e actividades) considerarase nas dúas convocatorias e non serán obxecto de recuperación. O alumno que suspenda a primeira oportunidade poderá recuperar a nota do exame escrito na segunda oportunidade.
Para os efectos do previsto no artigo 5.2 da Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia só se considera actividade académica avaliable o exame final, polo que aos alumnos que non concorran a ningunha das dúas oportunidades oficiais do mesmo faráselles constar na acta a mención de Non presentado.
No caso de concesión de exención de docencia, o alumno terá que realizar un exame final oral que representará o 100% da súa calificación.
Maria Paz Garcia Rubio
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814648
- Correo electrónico
- mpaz.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Javier Lete Achirica
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814739
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Isabel Espin Alba
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814650
- Correo electrónico
- isabel.espin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marta Madriñan Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814741
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ignacio Varela Castro
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Correo electrónico
- i.varela [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-16:30 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 4 |
Martes | |||
15:00-16:30 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 4 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 4 |
11:00-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
15:00-16:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Castelán | Aula 4 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 4 |
10:30-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Castelán | Aula 4 |
10:30-12:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Castelán | Salón de Actos |
25.05.2021 10:00-12:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Aula 1 |
25.05.2021 13:00-15:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Aula 1 |
25.05.2021 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Aula 1 |
01.07.2021 10:00-12:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Aula 1 |
01.07.2021 13:00-15:00 | Grupo C - horario de mañá (P-Z) | Aula 1 |
01.07.2021 16:00-18:00 | Grupo A - horario de tarde (A-F) | Aula 1 |