Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Proporcionar aos alumnos os rudimentos da Macroeconomía e a Facenda Pública, de xeito que poidan acadar unha visión de conxunto do papel económico do Estado.
- Conceptos básicos. Nocións previas de Macroeconomía e Sector Público. Operacións financeiras e demais formas de actuación do Sector Público. O presuposto público: estrutura, magnitudes fundamentais e técnicas presupostarias. Fallos do mercado e fallos colectivos.
I. FUNDAMENTOS DA ECONOMÍA PÚBLICA E A ACTIVIDADE FINANCIEIRA
Fundamentación da Actividade Pública. Erros de mercado
. As funcións da facenda pública
. Eficiencia económica e mercados competitivos
. Tipos de intervención: instrumentos
Sector Público e orzamento
· O Orzamento do Sector Público
. concepto e ciclo orzamentario
. contido orzamentario: clasificación e fórmulas orzamentarias
. o orzamento en España
Elección Colectiva e Comportamento do Sector Público
II. O GASTO PÚBLICO
Gasto Público. Eficiencia e Equidade
Análise económica do gasto público
Saldos orzamentarios
III. INGRESO PÚBLICO
Estructura Tributaria
Principios de Imposición
Análise económico da imposición
O sistema impositivo. Análise dos distintos impostos
Outros ingresos públicos
- ALBI, E. Et al. (2017): Economía Pública I y II, Ed. Ariel, Barcelona. (dispoñibles en versión eBook)
- Bustos, A. (2010): Lecciones de Hacienda Pública, Colex. (dispoñible en versión eBook)
- Caamaño, J. (2007): El control del gasto bajo un prisma de Gestión Pública: análisis teórico y aplicaciones a la IGAE, Instituto de Estudios Fiscales (IEF).
- Cadaval, M. (2011): El gasto público. Unidad didáctica 2. USC.
- Corona, J. F. e Díaz, A.(2005): Introducción a la Hacienda Pública, Ariel.
- Costa, M.; Durán, J. M.; Espasa, M.; Esteller, A. e Mora, A. (2005): Teoría Básica de los impuestos: un enfoque económico, Thomson, Civitas.
- Escuela de Hacienda Pública (1995): Manual de Hacienda Pública, IEF.
- García Villarejo, A. e Salinas Sánchez, J. (1996): Manual de Hacienda Pública, Tecnos.
- Moldes Teo, E.(1987): Elección pública: hacia una teoría de los fallos colectivos, IEF.
- Rosen, H. S.(2007): Hacienda Pública, McGraw-Hill.
- Comprender o complexo papel das institucións públicas nas economías mixtas, así como asimilar e aplicar a problemas concretos os conceptos básicos e principais achegas da Facenda Pública (e, por extensión, da Economía Pública e a Política Económica).
- Coñecer os mecanismos financeiros fundamentais do Sector Público en termos presupostarios, e comprender a estrutura económica das rendas, así como o funcionamento baixo a perspectiva económica dos impostos máis significativos.
- Entender a importancia económica da regulación pública e introducirse na aplicación da análise económica ao Dereito.
- Calcular diversas macromagnitudes mediante a aplicación das identidades da contabilidade nacional, deflactar as cifras económicas, e determinar os diversos saldos da balanza de pagamentos internacionais dun país.
- Manexar con soltura os presupostos do Estado, Comunidades Autónomas e Corporacións Locais, e adquirir unha cultura mínima sobre o Déficit Público, Estabilidade presupostaria, efectos sobre os cambios do IPC, tipos de xuro, valor do euro, paridades adquisitivas, etc.
- Aplicar á regulación pública e en xeral ao sistema xurídico as ferramentas da análise económica.
- Comprender a problemática económica das principais áreas de provisión de bens e servizos públicos, e dos principais programas de transferencias públicas aos axentes privados.
- Manexar os elementos de cuantificación máis relevante e comúns a todos os sistemas tributarios nos impostos sobre a renda persoal, Sociedades e Impostos sobre vendas, así como aplicar tarifas impositivas alternativas, agrupacións de rendas, actualización de rendas, tipos de mínimos exentos, etc.
- Identificar as accións de política económica susceptibles de conter a inflación / xerar emprego / estimular o crecemento económico..., e os seus posibles efectos adversos sobre os demais obxectivos macroeconómicos.
- Manexar Internet para obter datos económicos e fiscais de Eurostat, OCDE, FMI, BCE, BE, INE, etc.
Metodoloxía da ensinanza
ESCENARIO 1.DOCENCIA PRESENCIAL.
O traballo nas aulas parte da explicación de cada tema do programa por parte do profesorado. Irá precedida dunha presentación-esquema do mesmo e dos obxectivos a conseguir. O alumnado poderá dispoñer previamente dun esquema detallado dos contidos de cada tema. Plantéxanse, en calquer caso, como clases participativas, adicando as clases interactivas a análise e debate dos resultados das actividades propostas para cada tema que o alumnado debe ter realizado previa e persoalmente.O tipo de actividade proposta variará en función dos contidos de cada tema: preguntas de avaliación da aprendizaxe de contidos, casos prácticos construidos a partires de exemplos reais, comentarios críticos de textos, análise de datos, etc....As titorías serán prioritariamente presenciais (persoais e de aula). Toda a información da asignatura, incluida a guía docente da materia, estará a disposición do alumnado na aula virtual da material.
Para outros escenarios derivados da situación da pandemia Covid, aplicaranse as directrices recollidas no Plan de Continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-2022, aprobado no Consello de Goberno do día 30 de abril de 2021. En particular para esta materia, aparece contemplado no apartado de Observacións.
Sistema de avaliación
Nesta materia con avaliación continua valorarase o esforzo continuado do alumnado ao longo do curso, basicamente, e a título indicativo:
- A participación na aula: preguntas, respostas ás preguntas do profesorado, etc.
- Grado de cumplimento e calidade das actividades realizadas das propostas en cada tema
- Se procederá, se fora necesario en función dos pobres resultados das actividades anteriores, a utilizar como elemento de valoración algunha proba, de curta duración, sobre un ou varios temas do programa.
Expónse a continuación o escenario 1. Para outros escenarios derivados da situación da pandemia Covid, aplicaranse as directrices recollidas no Plan de Continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-2022, aprobado no Consello de Goberno do día 30 de abril de 2021. En particular para esta materia, aparece contemplado no apartado de Observacións.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A efectos de aplicación do previsto no artigo 5.2 da normativa da USC sobre permanencia nas titulacións de grao e máster, entenderase que o estudante non realizou ningunha actividade académica avaliable cando non se presente ao exame final da materia, constando nese caso como "non presentado".
ESCENARIO 1.
Avaliación contínua e avaliación final: aplicarase ao alumnado que asista regularmente a clase, seguindo o establecido ao respecto na memoria da titulación.
Neste caso téñense en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do curso (valorando aspectos tales como o cumprimento das actividades que se propoñan, a claridade e capacidade expositiva, o dominio de conceptos propios da materia, a participación activa e colaborativa e, no seu caso, probas de curta duración), e tamén a avaliación final:
- avaliación continua: 30%
- avaliación final: 70% (examen final presencial).
Para a segunda oportunidade, para cada opción de avaliación manterase o mesmo sistema de avaliación.
Aqueles alumnos que teñan "exención de docencia" serán avaliados 100% pola súa nota de exame.
Horas de clases presenciais: 60
Estudo personalizado: 90
O alumno, dende o primeiro día de clase, debe intentar introducirse e comprender a terminoloxía económica, inda que isto supoña un esforzo adicional nas primeiras semanas de clase. Asemade, recoméndaselle ordenar, repasar os apuntamentos tomados na clase e preguntar en clases e titorías as cuestións que non entenda.
PLAN DE CONTINXENCIA
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
ESCENARIO 2. COMBINACIÓN DE DOCENCIA PRESENCIAL E VIRTUAL, EN FUNCIÓN DAS DIRECTRICES QUE ESTABLEZA O DECANATO OU A REITORÍA PARA ESTE ESCENARIO E EN FUNCIÓN DAS MEDIDAS SANITARIAS ESTABLECIDAS NESE MOMENTO.
Combinarase o traballo nas aulas presencias, coa explicación online a través da plataforma Teams, respetando os horarios oficiais establecidos para esta materia (docencia síncrona). Na docencia virtual, tamén plantéxanse como clases participativas, adicando as clases interactivas a análise e debate dos resultados das actividades propostas para cada tema que os alumnos deben ter realizado previa e persoalmente. O tipo de actividade proposta variará en función dos contidos de cada tema: preguntas de avaliación da aprendizaxe de contidos, casos prácticos construidos a partires de exemplos reais, comentarios críticos de textos, análise de datos, etc....A docencia nas clases interactivas poderá ser síncrona ou asíncrona. Toda a información da asignatura, incluida a guía docente da materia, estará a disposición do alumnado na aula virtual da material. As titorías serán prioritariamente por vía telemática (a través da plataforma TEams), estando habilitados un Foro de Dúbidas e un Foro de Comentarios da asignatura.
ESCENARIO 3.- DOCENCIA VIRTUAL.
A docencia desenvolverase a través das canles que están habilitadas a través do campus virtual, respetando os horarios oficiais establecidos para esta materia (docencia síncrona). Así, o profesorado subirá de forma paulatina e según a orde establecida nesta guía docente, todo o material normativo e explicativo de cada un dos apartados do temario, así como o material das sesións interactivas. Na docencia virtual, tamén plantéxanse como clases participativas, adicando as clases interactivas a análise e debate dos resultados das actividades propostas para cada tema que os alumnos deben ter realizado previa e persoalmente. O tipo de actividade proposta variará en función dos contidos de cada tema: preguntas de avaliación da aprendizaxe de contidos, casos prácticos construidos a partires de exemplos reais, comentarios críticos de textos, análise de datos, etc....A docencia nas clases interactivas poderá ser síncrona ou asíncrona. Cada semana se atenderán as titorías no horario oficial establecido (tamén a través dun convite no campus virtual no Foro de dúbidas) para que o alumnado teña a posibilidade de formular dúbidas e cuestións. Será fundamental seguir a materia día a día e a medida que o material esté a disposición do alumnado, pois só en nese caso se poderá superar o curso con éxito.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
Nesta materia con avaliación continua valorarase o esforzo continuado do alumnado ao longo do curso, basicamente, e a título indicativo:
- A participación na aula: preguntas, respostas ás preguntas do profesorado, etc.
- Grado de cumplimento e calidade das actividades realizadas das propostas en cada tema
- Se procederá, se fora necesario en función dos pobres resultados das actividades anteriores, a utilizar como elemento de valoración algunha proba, de curta duración, sobre un ou varios temas do programa.
Expóñense a continuación os escenarios 2 e 3 a contemplar.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A efectos de aplicación do previsto no artigo 5.2 da normativa da USC sobre permanencia nas titulacións de grao e máster, entenderase que o estudante non realizou ningunha actividade académica avaliable cando non se presente ao exame final da materia, constando nese caso como "non presentado".
Aqueles alumnos que teñan "exención de docencia" serán avaliados 100% pola súa nota de exame.
ESCENARIO 2
Opción 1: avaliación contínua e avaliación final: aplicarase ao alumnado que asistan regularmente a clase (presencial e virtual), seguindo o establecido ao respecto na memoria da titulación.
Neste caso téñense en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do curso (valorando aspectos tales como o cumprimento das actividades que se propoñan, a claridade e capacidade expositiva, o dominio de conceptos propios da materia, a participación activa e colaborativa e, no seu caso, probas de curta duración), e tamén a avaliación final:
- avaliación continua: 30%.
- avaliación final: 70% (examen final): O exame será presencial ou telemático de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou a Reitoría e as medidas sanitarias establecidas nese momento no escenario 2.
Para a segunda oportunidade, para cada opción de avaliación manterase o mesmo sistema de avaliación.
ESCENARIO 3
Opción 1: avaliación contínua e avaliación final: aplicarase ao alumnado que asistan regularmente a clase virtual, seguindo o establecido ao respecto na memoria de titulación do Máster de Estudos Internacionais.
Neste caso téñense en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do curso (valorando aspectos tales como o cumprimento das actividades que se propoñan, a claridade e capacidade expositiva, o dominio de conceptos propios da materia, a participación activa e colaborativa e, no seu caso, probas de curta duración), e tamén a avaliación final:
- avaliación continua: 30%
- avaliación final: 70% (examen final): O exame será telemático.
Para a segunda oportunidade, para cada opción de avaliación manterase o mesmo sistema de avaliación.
Rosa Maria Regueiro Ferreira
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811574
- Correo electrónico
- rosamaria.regueiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Juan Jose Verdes Gomez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- juanjose.verdes.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Galego | Salón de Actos |
11:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 1 |
17:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 1 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Galego | Salón de Actos |
10:30-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 1 |
16:30-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 1 |
Venres | |||
09:00-10:30 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Galego | Salón de Actos |
10:30-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Castelán | Aula 1 |
16:30-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 1 |
31.05.2022 10:00-13:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Salón de Actos |
31.05.2022 13:00-16:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Salón de Actos |
31.05.2022 16:00-19:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Salón de Actos |
29.06.2022 10:00-13:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Salón de Actos |
29.06.2022 13:00-16:00 | Grupo B - horario de mañá (G-O) | Salón de Actos |
29.06.2022 16:00-19:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Salón de Actos |