Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 26 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
No curso de Microeconomía preténdese ofrecer unha visón completa, pero alcanzable, dos procesos de elección dos axentes económicos e do funcionamento dos mercados en equilibrio parcial. Isto supón, en primeiro lugar, analizar a conduta das unidades económicas individuais, é dicir, o proceso de toma de decisións económicas, facendo fincapé nos obxectivos e restricións. De seguido, trátase de explicar cómo se resolve o problema da distribución de bens e servizos, mediante a interacción no mercado de axentes económicos individuais que actúan racionalmente.
Neste contexto, os conceptos de racionalidade, restricións e equilibrio constitúen os principios organizadores da análise. Nesta materia estudaremos os procesos de toma de decisión dos consumidores e produtores así como o funcionamento do mercado para a determinación de prezos e cantidades de bens e servizos intercambiados consumidas e producidas. Neste curso estudaremos unicamente o funcionamento dun mercado perfectamente competitivo. Cabe sinalar que a análise do funcionamento do mercado farémola dende unha perspectiva de equilibrio parcial, analizando o funcionamento dun mercado ou, como moito, algúns aspectos da interacción que se produce entre un número reducido de mercados, quedando para cursos posteriores a análise da interacción dos diferentes mercados que constitúen unha economía, perspectiva coñecida como de equilibrio xeral. A análise do funcionamento dun mercado realizarase tanto dende unha perspectiva positiva como normativa. Dende un punto de vista positivo, partindo dunha serie de supostos sobre o comportamento dos axentes produtores e consumidores, así sobre o funcionamento do mercado, do que se trata é de determinar os prezos e a cantidade vendida, así como as variacións nos prezos e nas cantidades cando varían algún dos elementos do entorno (renda dos consumidores, melloras tecnolóxicas, número de produtores, horizonte da análise, etc.). Dende un punto de vista normativo, faremos unha análise sobre a capacidade dun mercado para xerar benestar nos axentes que nel participan. Esta análise desenvólvese en torno ao concepto de eficiencia e serve para analizar a capacidade do mercado perfectamente competitivo para xerar benestar social.
Outro obxectivo, neste caso transversal, é familiarizar ó alumno co uso dos modelos e as técnicas da microeconomía na análise dos problemas de elección, de funcionamento dun mercado e da análise do benestar derivado das transaccións. Faremos énfase na comprensión dos problemas a través do uso de modelos matemáticos e abordaremos a análise mediante a álxebra, o cálculo, o razoamento lóxico e gráfico. Aínda que o que se pretende e ir ao cerne dos problemas, sintetizando e simplificando a súa presentación co fin de poder extraer e comprender os elementos esenciais, continuamente presentaremos exemplos e exercicios cos que ilustrar as teorías.
Programa da parte teórica:
Tema 1: O consumidor racional. Restricións e preferencias (9 horas)
1.1 A restrición orzamentaria do consumidor
1.2 As preferencias do consumidor
1.3 As curvas de indiferenza. A Relación Marxinal de Substitución
1.4 Exemplos de preferencias: bens substitutivos, complementarios, neutrais, males e bens discretos
1.5 Preferencias e función de utilidade
Tema 2: Elección óptima e demanda (9 horas)
2.1 A maximización da utilidade
2.2 Variacións na renda e elección óptima. Curva de Engel
2.3 Variacións nos prezos e elección óptima. Ecuación de Slutsky
2.4 Medición do benestar: excedente do consumidor
Tema 3: Aplicacións da teoría da demanda (10 horas)
3.1 A demanda de mercado
3.2 Elección con renda endóxena. A compra e a venda
3.3 Oferta de traballo
3.4 Elección intertemporal
Tema 4: Tecnoloxía, produción e minimización de custos e as curvas de custos (9 horas)
4.1 Restricións tecnolóxicas da empresa. Función de produción e rendementos de escala
4.2 Produto marxinal e relación marxinal de substitución técnica.
4.3 Maximización de beneficios e minimización de custos
4.4 Función de custos e rendementos de escala
4.5 Función de custos e produtividade marxinal
Tema 5: Maximización de beneficios, oferta da empresa, oferta da industria e equilibrio en competencia perfecta (8 horas)
5.1 A decisión de oferta de unha empresa competitiva
5.2 A oferta da industria e o equilibrio de mercado na industria cun número dado de empresas
5.3 A oferta da industria e o equilibrio de mercado na industria con libre entrada
5.4 Excedente do produtor. A eficiencia de Pareto en equilibrio parcial e a súa relación co equilibrio
Programa da parte práctica:
Actividades de clase do Tema 1: Resolución de problemas, realización de probas e discusión de lecturas. (Duas clases interactivas)
Actividades de clase do Tema 2: Resolución de problemas, realización de probas e discusión de lecturas. (Duas clases interactivas)
Actividades de clase do Tema 3: Resolución de problemas, realización de probas e discusión de lecturas. (Tres clases interactivas)
Actividades de clase do Tema 4: Resolución de problemas, realización de probas e discusión de lecturas. (Duas clases interactivas)
Actividades de clase do Tema 5: Resolución de problemas, realización de probas e discusión de lecturas. (Duas clases interactivas)
Bibliografía básica
Varian, H. (2011), Microeconomía Intermedia. 8ª edición. Barcelona: Antoni Bosch.
Bibliografía complementaria
Acemoglu, D., D. Laibson y J. A. List (2017), Economía. Barcelona: Antoni Bosch.
Ahijado, M. et al. (1995), Preguntas de test de elección múltiple para acompañar a Microeconomía. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces.
Antelo, M. (2015), Curso práctico de microeconomía intermedia, Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC.
Bergstrom, T. y H. Varian (2001), Ejercicios de Microeconomía Intermedia. 5ª edición, Antoni Bosch.
Carrasco, A. De la Iglesia, C., E. Gracia, E. Huergo y L. Moreno (2003), Microeconomía Intermedia: Cuestiones y problemas. Madrid: McGraw—Hill.
García E. Y R. Mª Pérez (Coord.) (2004), Cuestiones Tipo Test de Microeconomía Intermedia. Madrid: Prentice Hall.
Gimeno, J. A. y Guirola, J. M. (1995), Introducción a la economía : libro de prácticas : microeconomía. Madrid : McGraw-Hill.
Goolsbee, A., S. Levitt y Ch. Syverson (2015), Microeconomía. Barcelona: Editorial Reverté.
Gravelle, H. y R. Rees (2005), Microeconomía. 3ª edición. Madrid: Pearson Educación.
Nicholson, W. (2004): Teoría microeconómica. Principios básicos y aplicaciones. 8ª edición. Madrid: Thomson Editores.
Varian, H. (1993): Análisis Microeconómico. 3ª edición. Barcelona: Antoni Bosch.
C1. Coñecer os conceitos, modelos e métodos da análise da Microeconomia.
HD2. Manexar con precisión e clareza a comunicación oral e escrita para transmitir coñecimentos, resultados, problemas e solucións.
HD4. Desenvolver a capacidade de aprendizaxe autónoma.
DH9. Utilizar as técnicas máis usadas em Economía para representar formalmente modelos e teorías económicas.
CP4. Producir estudos e relatórios sobre cuestións económicas, con elevado grao de autonomia e obter deles conclusións úteis para a compreensión e resolución de problemas de natureza económica.
As aulas de pizarra en grupo grande serán expositivas e consistirán basicamente en leccións impartidas polo profesor, dedicadas á exposición dos contidos teóricos e á resolución de problemas ou exercicios. Estas sesións estarán dedicadas a representar e explicar de forma simplificada a realidade económica, usando os conceptos de equilibrio e racionalidade individual. Usando as ferramentas matemáticas de álxebra, cálculo e teoría de xogos, así como a dedución lóxica, explicarase como facer análise económica usando estes modelos para entender a economía real. As aulas de pizarra, ademais de transmitir coñecementos, teñen como propósito amosarlle ao estudante o método e a forma como traballa un analista económico. Estas habilidades terán que ser postas en práctica polos estudantes posteriormente nas aulas interactivas e durante o tempo dedicado a traballar de forma autónoma.
As aulas interactivas están destinadas a propoñer e resolver aplicacións da teoría, problemas, exercicios, e a analizar lecturas que ilustren as teorías. Estas aulas tamén servirán para facer unha revisión dos coñecementos adquiridos, que permita a interacción de forma crítica e a discusión de dúbidas expostas polos estudantes sobre os conceptos, métodos e técnicas de análise introducidas nas aulas expositivas. En estas aulas interactivas tamén se realizará un seguimento do traballo dos estudantes con finalidade de contribuír á avaliación.
O traballo na aula combinará as exposicións teóricas nas aulas expositivas con aulas interactivas para a resolución de exercicios e a análise crítica de tales exercicios e lecturas. O Traballo individual ou en grupo do estudante estará orientado a preparar o traballo da aula interactiva e afirmar e aplicar os seus coñecementos na resolución de exercicios.
Usaremos a USC Virtual como unha ferramenta de apoio para a docencia. A través da USC Virtual, os estudiantes terán acceso a material de traballo e todo tipo de anuncios relevantes para a marcha do curso. Os estudiantes tamén poderán usar esta ferramenta como forma de interactuar ente eles e cos profesores.
O sistema de avaliación da aprendizaxe é presencial e diaria.
A avaliación continua da materia ten en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre considerando distintos aspectos da adquisición de competencias a que contribúe, así como outros aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa. Realizarase exercicios, exames parciais, comentarios de texto e/ou traballos propostos polo profesor, valorándose especialmente a participación activa do alumnado. As diversas actividades faranse tanto na aula virtual como na física.
A calificación final da asignatura obterase de promediar a nota de avaliación continua (50%) e a nota do exame final (50%).
De non superarse a materia na primeira oportunidade, a puntuación obtida no apartado de avaliación continua manterase para a segunda oportunidade. Na segunda oportunidade de xuño/xullo farase un exame que ponderará un 60% frente á nota da avaliación continua que contará un 40%.
A cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
Ao alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliarase cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Traballo presencial na aula
Aulas en grupo grande 31 horas
Aulas en grupo reducido 17 horas
Avaliación final 3 horas
TOTAL 51 horas
Traballo persoal do estudiante
Estudio autónomo, individual ou en grupo 40 horas
Resolución de exercicios ou outros traballos 35 horas
Preparación de exames 15 horas
TOTAL 95 horas
Esta é unha materia introdutoria na que se pon o alumno/a en contacto cun gran número de conceptos fundamentais sobre o comportamento e a resposta a incentivos por parte dos axentes económicos así como sobre o funcionamento dun mercado e o papel da competencia. Para avanzar adecuadamente na aprendizaxe da materia, é esencial que o alumno/a adquira un ritmo de traballo constante e que combine o estudo da teoría coa solución de exercicios prácticos.
O nivel de formalización matemática do curso é moi básico e inclúe álxebra, calculo diferencial e optimización. O propósito é que o alumno se concentre na comprensión dos conceptos e de que se exercite na práctica da análise económica a través do emprego de modelos sinxelos. O emprego dos conceptos e a utilización de modelos ilustraranse por medio exemplos numéricos e análise gráfica. A pesar da simplicidade das técnicas, na medida en que os conceptos e métodos de análise que se presentan no curso son novos, a materia pode entrañar para algúns estudantes un nivel de dificultade meirande do esperado. Por conseguinte, é sumamente importante que o alumno/a (sobre todo aquel ao que se lle faga mais difícil a materia) se exercite no manexo dos conceptos e dos modelos a través de exercicios prácticos. Así mesmo, será de grande utilidade para o estudante que se asegure de que adquire un domino das ferramentas matemáticas antes mencionadas e das técnicas de análise gráfica que se empregan durante o curso.
Para unha comprensión adecuada da materia, débese asistir regularmente á aula. Unha vez escoitada a presentación dun tema na aula expositiva, o estudante debe realizar os exercicios e tarefas encomendadas polo profesor, de xeito sistemático, sen permitir a acumulación de traballo. Isto é así por dúas razóns: i) é preciso manexar as teorías para poder entender os exercicios e contribuír á súa resolución e discusión nas aulas interactivas; ii) o programa ten un carácter secuencial de tal xeito que ter asimilados os conceptos de un tema facilita a comprensión do seguinte.
No estudio individual ou en grupo, así como na resolución dos exercicios, é importante o manexo dos textos recomendados e non basear o estudio na simple memorización dos apuntamentos das aulas.
Miguel Perez-Nievas Montiel
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811678
- Correo electrónico
- miguel.perez-nievas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Francisco Xavier Lores Insua
Coordinador/a- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811680
- Correo electrónico
- franciscoxavier.lores [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
José Manuel Amoedo Meijide
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811715
- Correo electrónico
- jm.amoedo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 30 |
Mércores | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 30 |
15:00-16:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 30 |
Xoves | |||
11:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 10 |
Venres | |||
18:00-19:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 30 |
01.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula 09 |
01.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula 09 |
01.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |
01.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 09 |
01.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 09 |
01.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 09 |
01.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 09 |
01.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula 09 |
01.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
01.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
01.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
01.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
01.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
01.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
01.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
01.06.2026 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula A |
03.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
03.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
03.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
03.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
03.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
03.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
03.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula A |
03.07.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |