Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O curso ten como propósito introducir o alumno aos conceptos e ao método de análise da economía e capacitalo para aplicar o razoamento económico no estudo de problemas de asignación de recursos ao nivel dos axentes económicos individuais, dos mercados e da economía no seu conxunto. En liña con este propósito xeral, o curso persegue os seguintes obxectivos específicos. Primeiro, que o alumno adquira unha perspectiva ampla das cuestións que aborda a economía. Segundo, que coñeza os conceptos, modelos e resultados básicos que se empregan en cada unha das distintas áreas da economía. Finalmente que, mediante o emprego de modelos sinxelos, o alumno se familiarice coas ferramentas e o método de análise da economía así como coa súa aplicación á análise do comportamento do consumidor e da empresa e ao estudo do funcionamento das economías de mercado.
Pensar e traballar como un economista.
Como funciona o mercado: a oferta e a procura.
O resultado do mercado: a eficiencia.
Variábeis económicas e a súa medida.
Produción e alocación de recursos
O diñeiro e os prezos.
Bibiografía básica:
Mankiw, N. G. (2015), Principios de Economía. 7a. edición, Cengage Learning
Bibliografía complementaria:
Fernández Díaz A., D., Fischer, S. y Dornbusch, R. (2006), Economía, 8a. edición, McGraw-Hill.
Graue, Ana. (2009). Fundamentos de Economía. Pearson.
Krugman, P., Wells, R. y Olney, M. (2015), Fundamentos de Economía. 3ª edición, Ed. Reverté.
Lipsey, Richard y Chrystal, Alec. (1999), Introducción a la Economía Positiva. 13a. edición, McGraw-Hill.
Mochón, Francisco y Castejón Rafael. (2005), Economía, Teoría y Política. 5a. edición, McGraw-Hill
Phelps, Edmund S. (1993). Economía política : un texto introductorio, Antoni Bosch, Barcelona
Samuelson, Paul y Nordhaus, William. (2010), Economía. 19a. edición, McGraw-Hill
Stiglitz, Joseph. y Walsh, Carl. (2009), Microeconomía. Barcelona, 4ª edición. Editorial. Ariel
Stiglitz, Joseph y Walsh, Carl. (2004), Macroeconomía. Barcelona, 3ª edición. Editorial. Ariel
Tugores J. y otros (1993) Introducción a la Economía. Problemas y Cuestiones. 2ª edición. Vincens Vives.
Zabaleta,A. y Castejón, R. (2009). Introducción a la Economía. 2ª edición. Prentice-Hall.
Competencias da titulación ás que contribue a materia:
. Posuir os coñecimentos analíticos básicos para estudar economía e adquirir as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando.
. Coñecer e comprender analiticamente a nivel básico o concepto de escaseza e a asignación de recursos, o sistema de prezos, así como o papel que xogan na economía tanto os mercados e dos gobernos en economía.
. Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado coma no público.
. Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole económica tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita coma dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan en economía.
. Achegar racionalidade á análise e á descrición de calquera aspecto da realidade económica.
. Capacidade de análise e síntese.
. Estimulación intelectual.
Competencias específicas da materia:
. Familiaridade co método económico.
. Coñecimento dos conceptos básicos da análise económica: racionalidade, mercados e governo.
. Aplicación da análise económica a problemas actuais.
. Capacidade de identificación dos principios fundamentais da análise económica que caracterizan aos problemas económicos reais.
. Capacidade de redución dos problemas económicos reais a representacións simplificadas (modelos) sobre a base dos conceptos básicos da análise económica.
. Manexo das ferramentas básicas para a análise de modelos formais: Uso tanto da matemática elemental coma do razoamento lóxico e a representación gráfica, na análise de problemas económicos.
. Comprender analiticamente as teorías do consumo e da produción, equilibrio competitivo, mercados non competitivos, eficiencia económica e teoría do benestar.
. Definición e medición de variables económicas como produción, emprego e inflación.
A materia non ten docencia
O sistema de avaliación, como norma
xeral, consistirá nun exame final dos contidos da materia, realizado nas datas
establecidas no calendario oficial, que suporá o 100% da cualificación.
Este sistema de avaliación aplica tanto á oportunidade ordinaria como á extraordinaria de recuperación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
a materia non ten docencia
“A materia
ten 6 ECTS equivalentes a 150 horas”.
Recomendacións previas: álxebra e cálculo a nivel de Bacharelato. Destreza no razoamento dedutivo e indutivo.
A materia non ten docencia
A guía docente detallada do curso (na que se describe de forma pormenorizada o sistema de avaliación), as guías docentes para cada tema, os boletíns de exercicios e o resto do material de apoio proporcionaranse a través da aula virtual do curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Fernando Del Rio Iglesias
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Correo electrónico
- fernando.delrio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
15.01.2026 09:00-12:00 | Grupo de exame | Aula C |
17.06.2026 16:00-19:00 | Grupo de exame | Aula 08 |