Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia Animación e Xestión Sociocultural forma parte do itinerario Acción Cultural e Desenvolvemento Comunitario no Grao en Educación Social, integrándose no bloque formativo “Políticas sociais, culturais e educativas”. Este bloque oriéntase á capacitación do alumnado para inserirse profesionalmente nos servizos educativos, culturais e de benestar, promovendo e concretando procesos socioeducativos que incrementen o desenvolvemento persoal e grupal, a participación social a solidariedade e, en definitiva, maiores cotas de autonomía.
Esta orientación xeral concrétase para esta materia no logro dos seguintes obxectivos:
1. Realizar unha lectura terminolóxica e conceptual da Animación Sociocultural (ASC) e a Xestión Cultural, os seus contidos fundamentais e os ámbitos temáticos conexos (políticas culturais, desenvolvemento comunitario...) desde a perspectiva socioeducativa da Educación Social.
2. Aplicar, cunha visión integrada, os coñecementos da materia e doutras previas, no estudio e diagnóstico sociocultural de diferentes contextos e realidades territoriais e humanas.
3. Integrar as dimensións teórica e práctica da materia no deseño, desenvolvemento e avaliación de programas e proxectos de ASC que contribúan á mellora e cambio social.
4. Integrar as dimensións teórica e práctica da materia, na organización e xestión de iniciativas e servizos socioculturais sustentados na participación comunitaria.
5. Familiarizarse con fontes de documentación e información relevantes para estes ámbitos de estudio, así como tomar contacto con experiencias concretas de ASC e de Xestión Cultural.
6. Promover a reflexión crítica e construtiva nos planos persoal e colectivo, como base para unha participación activa e responsable no proceso formativo.
Os contidos da materia distribúense en tres bloques temáticos que tratan de responder ao QUE, COMO e QUEN do traballo educativo nestes ámbitos de estudo.
- Bloque I: Fundamentos, características e perspectiva histórica da Animación e da Xestión Sociocultural. Aborda as bases epistemolóxicas, definicións e conceptos básicos, así como a referencia histórica. Responde ao cuestionamento sobre o QUE da disciplina.
- Bloque II: A práctica da Animación e da Xestión Sociocultural. Incide nas bases metodolóxicas para a elaboración de programas e proxectos fundamentados na realidade social, achegándose ao COMO traballar desde os principios da Animación Sociocultural. Afonda nalgunhas estratexias e técnicas específicas na perspectiva social, cultural e educativa da Animación e da Xestión.
- Bloque III: Os profesionais, destinatarios e ámbitos de intervención. Trata da formación, funcións, tarefas e competencias profesionais nos ámbitos da Animación e a Xestión Sociocultural, así como as características básicas dos destinatarios e comunidades onde se desenvolven estes procesos. Respondería ao QUEN.
Os bloques sinalados concrétanse nos TEMAS que atenden aos descritores temáticos da materia na memoria de verificación, e se corresponden cos seguintes títulos:
1. Marco teórico e conceptual da Animación e Xestión Sociocultural.
2. As técnicas de foro como estratexias de ASC
3. Culturas. A Axenda 21 da Cultura: un compromiso para o desenvolvemento cultural.
4. Perspectivas, e procesos metodolóxicos na acción sociocultural.
a. Deseño, desenvolvemento (organización e xestión) e avaliación de programas de Animación Sociocultural e de acción
comunitaria.
b. Estratexias e recursos educativos de acción sociocultural.
5. Participación social e Animación Sociocultural.
Transversalmente nos anteriores temas abórdanse os dous seguintes:
6. Destinatarios, problemáticas específicas e ámbitos da acción sociocultural.
7. A/O animadora/or sociocultural: formación e profesionalización.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Barba, M., Morán, M.C., Cruz, L. (2017). Animación sociocultural en prisión. Experiencia en el centro penitenciario de Monterroso. Madrid: Popular
Consello da Cultura Galega (2011) Reflexión estratéxica sobre a cultura galega. Accesible en http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2011_Reflexion-estrat…
CGLU (2015). Cultura 21. Agenda 21 de la cultura.
http://www.agenda21culture.net/images/a21c/nueva-A21C/C21A/C21_015_spa…
Gillet, J.C. (2006) La animación en la comunidad. Un modelo de animación socioeducativa. Barcelona: Graó.
Padula, J.E. (2015). Aproximaciones a la gestión cultural. Gijón: Ediciones Trea
Soler, P. (2012). La animación sociocultural. Una estrategia para el desarrollo y el empoderamiento de comunidades. Barcelona: UOC
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Buades, J., Giménez, C. (2013) (coords.) Hagamos de nuestro barrio un lugar habitable. Manual de intervención comunitaria en barrios. Valencia: Tirant lo Blanch.
Casacuberta, D., Rubio, N., Serra, L. (coords.) (2011). Acción cultural y desarrollo comunitario. Barcelona: Graó
Colombo, A. e Roselló, D. (eds.) (2008) Gestión cultural. Estudios de caso. Ariel: Barcelona.
Consello da Cultura Galega (2018) Diagnose da cultura galega. Datos para unha estratexia cultural no século XXI [recurso electrónico]
Folgueiras, P. Sabariego, M. (2018) Investigación-acción participativa. El diseño de un diagnóstico participativo. REIRE, (Revista d’innovació i Recerca en Educació) 11(1), enero 2018, pp. 16-25 // ISSN: 2013-2255 // http://doi.org/10.1344/reire2018.11.119047
García, T., de Vicente, C. (2020). El Teatro-Foro como herramienta didactica para el cambio educativo. Educación XX1, 23(1), 437-458, doi: 10.5944/educXX1.23347
Lima, J.D. e Sousa, M. de (2011). As fronteiras da Animaçao Sociocultural. Chaves: Intervençao
Marchioni, M. (2014). De las comunidades y de lo comunitario. En Revista Espacios Transnacionales [En línea] No. 3. Julio-Diciembre 2014, Reletran. Disponible en:http://www.espaciostransnacionales.org/tercer-numero/ reflexiones-3/comunidadesycomunitario/
Bermúdez, M.T. (2012). Animación Sociocultural hospitalaria. Oviedo: KRK
Montañés, M. (2011). Metodología y técnica participativa. Teoría y práctica de una estrategia de investigación participativa. Barcelona: UOC
Morata, T. (2016). Pedagogía social comunitaria y exclusión social. Madrid: Popular
Núñez, H. (2016). Evaluación participativa en la acción comunitaria. Madrid: Popular
Núñez, M. (2019). Las Misiones Pedagógicas: un proyecto republicano de Animación, Cabás nº23 junio 2020, págs. 161-183 EOI: eoi.citefactor.org/10.11206/muesca.01.23.008
Pérez, G. e Pérez, Mª V. (2006). Qué es la Animación Sociocultural. Madrid: Narcea.
Pose, H. (2006). La cultura en las ciudades. Un quehacer cívico-social. Barcelona: Graó.
Revista Educativa Hekademos, 20, Año IX, Octubre 2016. Monográfico RIA España. “Animación Sociocultural en España: experiencias prácticas”. http://www.hekademos.com/hekademos/media/articulos/20/Hekademos_20.pdf
Sarrate, M.L. (coord.) (2014). Programas de animación sociocultural. Madrid: UNED [Recurso electrónico]
Serrano, C., Martín, M.P., Castro, C. de (2019) Sociologizando la resiliencia. El papel de la participación socio-comunitaria y política en las estrategias de afrontamiento de la crisis. Revista Española de Sociología, 28.
Teixeira, J. (2009). Diccionario crítico de política cultural: cultura e imaginario. Barcelona: Gedisa.
Universidad del País Vasco (2019) International Conference Sharing Society. El impacto de la acción colectiva colaborativa en la transformación de las sociedades contemporáneas. Libro de resúmenes. Accesible en file:///C:/Users/stq/Downloads/Sharing-Society-abstract-book-web-1%20(1).pdf
Ventosa, V. (coord.) (2008) Los agentes de la animación sociocultural: el papel de las instituciones , de la Comunidad y de los profesionales. Madrid
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
Coñecer as características fundamentais das contornas sociolaborais nos que se enmarcan as políticas culturais, a animación e xestión sociocultural nos planos local, autonómico, nacional e internacional.
Organizar e xestionar proxectos e servizos culturais de animación, favorecendo estruturas e procesos de participación e acción cultural de natureza comunitaria.
Diagnosticar contextos sociais e deseñar, implementar e avaliar programas e estratexias de Animación e xestión Sociocultural contextualizados (ámbitos e destinatarios: medios rurais, urbanos, infancia, mocidade, etc.).
Comprometerse no ámbito específico da Animación e Xestión sociocultural e das Políticas Culturais, coa función profesional emancipadora que lle corresponde á Educación Social.
Respectar e interesarse polas manifestacións culturais de toda índole como expresión da diversidade de interpretacións do sentir e vivir da humanidade, e sensibilizarse coa súa promoción, conservación e difusión.
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBUE A MATERIA
4G Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco ou dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía. Terá un especial significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, aos valores da cultura de paz e á sustentabilidade.
1.2E Analizar criticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que os educadores sociais desenvolven o seu labor profesional.
1.3E Avaliar as circunstancias persoais, institucionais e sociais que constitúen ao ser humano como protagonista da educación e das súas prácticas profesionais, desde a infancia até a vellez.
2.1E Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
2.2E Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
1T Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos lingüísticos, materiais e tecnolóxicos.
2T Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
3T Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e labores nos que participan.
4T Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
5T Manter unha permanente actitude de formación e actualización respecto do seu desempeño profesional, así como das realidades afectadas pola súa práctica.
O desenvolvemento da materia quere fundamentarse na transformación da aula universitaria nun espazo “para” e “de” animación sociocultural, onde se estimulen e animen procesos de implicación e participación activa do alumnado na construción do coñecemento, nunha dinámica de actuación colaborativa e compartida.
Segundo este propósito, o proceso metodolóxico fundamentarase nos principios de contextualización, flexibilidade, participación, actividade e aprendizaxe significativa, combinándose no seu desenvolvemento diversas propostas (estudo individual, exposicións de contido, investigación-acción, foros …) e dinámicas de agrupamento (individual, pequeno grupo e gran grupo). Con carácter xeral:
- As sesións expositivas permitirán abordar os contidos básicos do temario, combinándose no desenvolvemento diversas técnicas e recursos que optimicen os procesos de implicación persoal e grupal, esencia da animación sociocultural. O traballo persoal na lectura de documentos de referencia (dossier) é fundamental para acadar o máximo aproveitamento destas actividades e constituirán un dos eixos do traballo académico.
- As sesións interactivas permitirán afondar nalgún aspecto destacado dos núcleos temáticos. No seu transcurso desenvolveranse diversas actividades prácticas conducentes ao afianzamento dos coñecementos da materia, así como as prácticas en equipo obrigatorias.
- O traballo individual e/ou en equipo de lectura, reflexión e discusión, a redacción de ensaios, elaboración de mapas conceptuais, prácticas avaliativas, consulta e análise de recursos e/ou documentación, son esenciais para incorporar e afianzar os coñecementos da materia.
- As sesións tipo forum (vídeo, libro, disco, teatro, foto...) ou outras dinámicas similares organizadas e desenvolvidas por equipos de alumnas e alumnos, permitirán afondar en problemáticas específicas da Animación e Xestión Sociocultural. Serven como pretexto para o adestramento e capacitación na xeración de procesos de participación comunitaria, así como no respecto e sensibilización con manifestacións culturais de diversa índole.
- As prácticas de campo concretadas en visitas-estudo a institucións (concellos, barrios, centros socioculturais, iniciativas sociais de ámbito cultural …), así como a recepción na aula de profesionais e/ou responsables de iniciativas, son unha actividade esencial para o coñecemento de experiencias e o contraste reflexivo coa práctica real da acción e xestión sociocultural.
Na materia prevese o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo que poderá ser compartida con outras do curso na perspectiva dun traballo interdisciplinar, sendo neste caso abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
- O deseño en equipo dun programa de dinamización e xestión cultural territorializado (PDC), acompaña e culmina o proceso de aprendizaxe que se fai visible na acción pre profesional das educadoras e educadores sociais no ámbito da ASC-XC.
- As titorías persoais ou en grupo, permitirán mellorar o proceso de aprendizaxe, ao posibilitar personalizar o proceso educativo segundo intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.
- Aula virtual. A materia dispón dunha aula na plataforma virtual da USC onde poderán consultarse todos os materiais, prácticas e informacións relativas ao seu desenvolvemento. É indispensable a entrada semanal á mesma para un correcto seguimento da materia.
A avaliación fundaméntase nos principios de participación, auto-responsabilidade e aprendizaxe individual e grupal. Nesta liña, a tarefa avaliadora será integral, continua, colaborativa e formativa, en función das actividades de ensinanza e aprendizaxe propostas que atenden a dúas categorías: obrigatorias e opcionais.
ACTIVIDADES OBRIGATORIAS
a. Asistencia e implicación nas sesións de clases (expositivas e interactivas). É requisito para a avaliación a asistencia ao 80% das sesións de clase.
Participación nas sesións prácticas que se desenvolverán ao longo do cuadrimestre (visitas a institucións e/ou lugares de interese, sesións de tipo forum, exposición dos PDC).
Asistencia e participación na titoría de avaliación do traballo en grupo.
b. Prácticas de aula: Vinculadas ao PDC que se elabora igualmente en grupo.
- Práctica 1. Planificación e desenvolvemento dunha estratexia de forum (voluntaria)
- Práctica 2. Interpretación dos conceptos clave de Animación Sociocultural
- Práctica 3. Puzzle de Aronson: Documento Cultura 21. Agenda 21 de la Cultura e planificación cultural nun territorio
- Práctica 4. Dafo de equipo: potencialidades para enfrontar un programa de ASC
- Práctica 5. Mapa conceptual: participación social. Estratexias e funcións da educadora/or social
Tamén se prevé o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo (visitas-estudo a iniciativas do ámbito, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) que poderá ser compartida con outras materias, nunha perspectiva interdisciplinar; a proposta será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
As prácticas de aula sinaladas só poden ser desenvolvidas en equipo e durante o período de clase, non contemplándose outra modalidade de realización, agás as persoas que teñan concedida oficialmente dispensa de asistencia ou exención de docencia.
c. Elaboración en grupo dun Plan de Dinamización Cultural (PDC) territorial e socialmente contextualizado na realidade galega (concello, barrio, institución …), atendendo á convocatoria simulada dun concurso público. Será avaliado por unha comisión integrada por alumnado e profesora.
O estudo desde e para unha realidade concreta e a presentación na comunidade de referencia de alternativas socioeducativas de mellora, inscribe este traballo na dinámica de aprendizaxe-servizo.
d. Ensaio ou exame. O alumnado optará por unha das modalidades de traballo individual:
- Realización dun exame escrito, na data establecida na convocatoria oficial. A súa modalidade é de preguntas curtas.
- Realización dun ensaio sobre os contidos da materia tomando como referencia o dossier, outros materiais empregados, e o traballo desenvolvido ao longo da mesma.
Para superar a materia e ter en conta as valoracións das outras actividades obrigatorias e optativas, a cualificación mínima no exame deberá ser de aprobado 5.
ACTIVIDADES OPCIONAIS
- Participación na Comisión Avaliadora dos PDC.
- Programación e desenvolvemento en equipo de actividades tipo forum: libro-forum, disco-forum, foto-forum …
- Recensión dun dos libros destacados no apartado de bibliografía xeral.
- Consulta e informe valorativo escrito (3-7 páxinas) dunha páxina web relacionada coa animación e xestión sociocultural.
VALORACIÓN NUMÉRICA
- Actividades a) requisito para proceder á avaliación
- Actividade b) 25% da cualificación
- Actividade c) 35% da cualificación
- Actividade d) 40% da cualificación
- Activ. opcionais ata un 10% a maiores na cualificación
ALUMNADO EXCEPCIONALMENTE DISPENSADO DE ASISTENCIA
Exención parcial
O alumnado con exención parcial de docencia (clases expositivas) seguirá o proceso de avaliación xeral debendo incorporar a maiores unha síntese escrita dos documentos obrigatorios para o estudo de cada tema (dossier). A realización desta actividade será requisito indispensable para ser avaliado. A profesora indicará en titoría as características específicas e prazos para a elaboración de dita síntese.
Dispensa de asistencia
O alumnado excepcionalmente dispensado de asistencia, segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/goberno/secxeral/In…), seguirá o seguinte proceso e criterios de avaliación:
a) Realización individual de todas as prácticas indicadas (20% da cualificación)
b) Realización dunha síntese por cada tema dos documentos obrigatorios (15%)
b) Realización cun grupo de aula do traballo de campo (25%)
c) Exame oficial da materia (40% da cualificación)
A profesora indicará en titoría persoal as características das prácticas (a) e das sínteses (b)
Para proceder á avaliación da materia, será preciso ter realizadas e entregadas no prazo que se estableza (único para todo o alumnado) todas as actividades de avaliación especificadas.
Para superar a materia e ter en conta as valoracións das outras actividades obrigatorias e optativas, a cualificación mínima no exame deberá ser de aprobado 5.
O sistema de avaliación exposto é idéntico en calquera das oportunidades previstas para a superación da materia.
Ao alumnado repetidor conservaráselle os resultados positivos obtidos nas actividades de avaliación durante os dous cursos académicos posteriores á primeira matrícula, non estando exento de realizar as novas actividades que puideran incorporarse.
Os traballos individuais ou en equipo das/os estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS
Clases expositivas 24 horas
Clases interactivas 24 horas
Titorías 2 horas
TRABALLO PERSOAL DO/DA ESTUDANTE
Estudio e preparación de temas 60 horas
Traballo de curso 25 horas
Prácticas e informes 15 horas
Para acadar o máximo aproveitamento da materia aconséllase realizar un traballo continuado procurando desde o inicio unha implicación e participación activa nas diversas actividades que se desenvolven, moitas delas orientadas á avaliación. Isto require ter en conta as seguintes recomendacións para o seu estudio:
- A lectura detida, reflexiva e crítica do programa da materia.
- Realizar e presentar nos prazos que se determinen as actividades individuais e grupais asociadas á dinámica de clase, o que favorecerá unha vinculación continuada cos ritmos establecidos no transcurso da materia.
- Planificar e organizar a axenda de traballo para compatibilizar os requirimentos desta materia cos das demais.
- Realizar lecturas complementarias de libros ou publicacións (revistas especializadas, manuais, léxicos...) recomendados, que posibiliten unha comprensión globalizada dos contidos da materia e dos seus significados para a formación académica e profesional na Educación Social.
- Facer uso das titorías -sexa a nivel individual ou en pequenos grupos- como un dereito dos estudantes asociado a unha mellora significativa das posibilidades de aprendizaxe, ao posibilitar a personalización de opcións metodolóxicas e pedagóxicas segundo intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
As persoas afectadas por algunha situación especial que dificulte o normal seguimento da materia, deberán acreditalo diante da profesora ata o 24 de setembro de 2019.
CORREOS ELECTRÓNICOS
En todo o proceso de comunicación mediante correo electrónico profesora-alumnado, empregarase exclusivamente o enderezo da USC (@rai.usc.es). O alumnado debe establecer as medidas que lle permitan ter un seguimento actualizado deste medio de comunicación.
NORMATIVA APA
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 6ª ed. Washington: APA, 2011-, que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.apastyle.org. Unha guía resumida en castelán pódese atopar na seguinte dirección: http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/centros/ffp/descarg…
USO DO MÓBIL
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL NA ELABORACIÓN DE TRABALLOS
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións que mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
OUTRAS OBSERVACIÓNS
Todas as alumnas e alumnos matriculadas nesta materia, ou pendentes de formalizar administrativamente esta condición, avaliaranse segundo os criterios e actividades sinaladas en calquera das oportunidades previstas.
PLAN DE CONTINXENCIA
Todas as actividades desenvolveranse no horario oficial establecido.
• ESCENARIO 1
METODOLOXÍA DE ENSINANZA
Docencia presencial con desenvolvemento de prácticas de aula e apoio do Campus Virtual. As titorías serán de carácter presencial mantendo as medidas oportunas.
AVALIACIÓN
Realizarase atendendo ás actividades obrigatorias indicadas no programa. O exame desenvolveranse de maneira presencial síncrona.
• ESCENARIO 2
METODOLOXÍA DE ENSINANZA
Sesións expositivas: desenvolveranse en modo telemático síncrono a través das diferentes plataformas que ten habilitadas a universidade (Teams, Campus Virtual, Zoom, etcétera). A profesora informará oportunamente da opción elixida. Estas sesións combinaranse con outras de carácter asíncrono atendendo ao calendario de organización temporal da docencia en ciclos de tres semanas establecido pola Facultade.
Sesións interactivas: desenvolveranse con docencia mixta, presencial e non presencial, cos grupos divididos á metade se fora preciso.
Titorías: realizaranse prioritariamente de modo presencial, e excepcionalmente (casos xustificados) telemáticamente, en ambos casos no horario oficial establecido.
Traballo de campo: Realizarase unha recollida presencial de información de ser posible. De non ser así realizarase, prioritariamente, a través de consulta da páxinas web e doutra información dispoñible na rede, así como entrevistas ou encontros grupais telemáticos.
Visita-estudo: Realizaranse encontros telemáticos con profesionais e/ou iniciativas sociocomunitarias no ámbito da ASC-XC en horario de aulas expositivas ou interactivas.
AVALIACIÓN
Atenderá a todas as actividades obrigatorias indicadas no programa. O exame, de elixilo como opción, neste escenario realizarase de modo telemático.
• ESCENARIO 3
METODOLOXÍA DE ENSINANZA
Todas as actividades desenvolveranse no horario oficial establecido.
Sesións expositivas: desenvolveranse en modo telemático síncrono a través das diferentes plataformas que ten habilitadas a universidade (Teams, Campus Virtual, Zoom, etcétera). A profesora informará oportunamente da opción elixida.
Sesións interactivas: desenvolveranse de modo telemático síncrono no horario establecido oficialmente para cada grupo interactivo. Poderán establecerse sesións asíncronas, cando así o requira o tipo de actividade.
Titorías: realizaranse telemáticamente, no horario oficial establecido.
Traballo de campo. Realizarase, a través de consulta da páxinas web e doutra información dispoñible na rede, así como entrevistas ou encontros grupais telemáticos.
Visita-estudo: Realizaranse encontros telemáticos con profesionais e/ou iniciativas sociocomunitarias no ámbito da ASC-XC en horario de aulas expositivas ou interactivas
AVALIACIÓN
Atenderá a todas as actividades obrigatorias indicadas no programa. O exame neste escenario, de elixilo como opción, realizarase de modo telemático.
Maria Del Carmen Moran De Castro
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813848
- Correo electrónico
- carmen.moran [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Martes | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Z) | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
21.12.2020 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
22.06.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |