Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Comprender o alcance científico e a relevancia disciplinar da Pedagoxía Social no tempo-espazo curricular das Ciencias da Educación e das Ciencias Sociais, así como na formación pedagóxica (xeral e/ou especializada) dos estudantes na súa condición de futuros/as graduados/as en Educación Social; do que se desprende o logro dun saber suficiente acerca dos seus fundamentos terminolóxicos, epistemolóxicos, conceptuais e temáticos.
2. Adquirir os coñecementos teóricos e as capacidades de análise, reflexión e síntese -a nivel persoal e colectivo- que se precisan para unha formación sistemática neste campo, procurando integrar os coñecementos que xa posúen os/as estudantes, complementando a súa formación teórico-práctica noutras materias ou experiencias formativas.
3. Promover actitudes de estudo que posibiliten unha formación permanente e autocrítica, favorecendo o desenvolvemento dun autoconcepto realista en cada alumno/a en relación cos coñecementos e competencias que adquira. Preténdese compatibilizar o traballo individual co colectivo en grupos de diferente composición, mediante unha participación activa e continuada no seo do grupo-aula.
4. Proxectar a materia e as súas achegas científicas, metodolóxicas e profesionais no currículo formativo dos Graduados en Educación Social, procurando que dean resposta ás súas necesidades e expectativas académicas. De igual xeito, deberán converxer coas funcións sociais que se atribúen á Universidade na cualificación e desenvolvemento profesional dos seus estudantes.
5. Incrementar a identificación e o desenvolvemento das competencias socioprofesionais dos/as educadores/as sociais na sociedade -propias e compartidas con outros axentes educativos e sociais-, posibilitando unha reflexión colectiva sobre como se concretan nas distintas áreas ou ámbitos da acción-intervención socioeducativa: nas Administracións Públicas, nos Servizos Sociais, nos equipos multiprofesionais, nas organizacións non gobernamentais, nos movementos cívicos, nos equipamentos educativos e culturais, etc.
O desenvolvemento teórico-conceptual, científico e disciplinar da materia concreta os seus contidos nos seguintes bloques temáticos:
- A identidade da Pedagoxía Social: perspectivas científicas, disciplinar e profesional no contexto das Ciencias Sociais e da Educación.
- A Educación Social como obxecto de estudo da Pedagoxía Social.
- A construción histórico-comparada da Pedagoxía-Educación Social: antecedentes, orixe e desenvolvemento.
- Teoría e teorías na Pedagoxía-Educación Social: modelos paradigmáticos de encadramento e racionalidade teórica.
- Problemáticas, áreas e ámbitos específicos da acción-intervención socioeducativa.
- Os espazos profesionais da Pedagoxía-Educación Social.
- Dimensións políticas e axiolóxica da Pedagoxía-Educación Social: a cidadanía como proxecto e traxecto pedagóxico-social.
- Temas e prácticas transversais para o quefacer dos profesionais da Educación Social.
Básica:
Caballo, M. B. e outros (1996). 131 conceptos clave en Educación Social. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago. Caride, J. A. (2005). Las fronteras de la Pedagogía Social: perspectivas científica e histórica. Barcelona: Gedisa.
Petrus, A. (1997). Pedagogía Social. Barcelona: Ariel.
Melendro, M.; De Juanas, A. e Rodríguez Bravo, E. (2018). Pedagogía Social. Retos y escenarios para la acción socioeducativa. Madrid: UNED.
Complementaria:
Caride, J. A. (2000). Educación Social y Políticas Culturales. Santiago de Compostela: Tórculo Edicións. Caride, J. A. e Vieites, M.F. (coords.) (2006). De la Educación Social a la Animación Teatral. Gijón: Trea.
Colectivo JIPS (2018). Desafíos para la Educación Social en tiempos de cambio. Propuestas de trabajo para la intervención socioeducativa. Málaga: Aljibe.
Cuadernos de Pedagogía (2003). Tema del mes “Otros ámbitos educativos: la Educación Social”, nº 321, pp. 47-76.
Del Pozo, F. (comp.) (2018). Pedagogía social en Iberoamérica: fundamentos, ámbitos y retos para la acción socioeducativa. Barranquilla (Colombia): Universidad del Norte.
Educación Social. Revista de intervención socioeducativa (2018). Monográfico “25 años de Educación Social”, nº 70, pp. 5-181. García Molina, J. (coord.) (2003). De nuevo, la Educación Social. Madrid: Dykinson.
García Molina, J. (2003). Dar (la) palabra: deseo, don y ética en educación social. Barcelona: Gedisa. López Martín, R. (2000). Fundamentos políticos de la Educación Social. Madrid: Síntesis.
March, M. X. e Orte, C. (coords.) (2014). La Pedagogía Social y la escuela: los retos de la institución escolar en el siglo XXI. Barcelona: Octaedro.
Núñez, V. (2002). Educación en tiempos de incertidumbre: las apuestas de la Pedagogía Social. Barcelona: Gedisa.
Ortega, J. (coord., 1999). Educación Social Especializada. Barcelona Ariel. Ortega, J. (coord., 1999). Pedagogía Social Especializada. Barcelona: Ariel. Planella. J. (2014). El oficio de educar. Barcelona: UOC.
Revista de Educación (2005). Monográfico "Educación Social", nº 336, pp. 7-139.
Riera, J. (1998). Concepto, formación y profesionalización del educador social, el trabajador social y el pedagogo social: un enfoque interdisciplinar e interprofesional. Valencia: Nau Llibres.
Románs, M.; Petrus, A. e Trilla, J. (2000). De profesión educador(a) social. Barcelona: Paidós.
Ruiz, C. (coord.) (2003). Educación Social: viejos usos y nuevos retos. Valencia: Universitat de València. Sáez, J. (2003). La profesionalización de los educadores sociales. Madrid: Dykinson.
Sáez, J. (coord.) (2007). Pedagogía Social. Madrid: Pearson Prentice Hall.
Sáez, J. e García, J. (2006). Pedagogía Social: pensar la Educación Social como profesión. Madrid: Alianza Editorial. Úcar, X. (2016). Pedagogías de lo social. Barcelona: UOC.
Úcar, X. (2016). Relaciones socioeducativas. La acción de los profesionales. Barcelona: UOC.
Úcar, X. e Llena, A. (coords.) (2006). Miradas y diálogos en torno a la acción comunitaria. Barcelona: Graó.
UNESCO (2015). Repensar la educación. ¿Hacia un bien común universal?. París: UNESCO. Recuperado de https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000232697
Páxinas web de interese:
http://www.eduso.net
https://recyt.fecyt.es/index.php/PSRI/index
https://www.raco.cat/index.php/EducacioSocial
https://sips-es.blogspot.com/
a) Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
1G. Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos en que se sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar criticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención da Educación Social.
2G. Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e
lingüísticas en que se desempeña o labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
6G. Estar en condicións de tomar decisións relativas á mellora da súa formación e da práctica
profesional, con pleno respecto aos principios deontolóxicos a que se remite a Educación Social, tendo como soporte os valores cívicos e os dereitos humanos.
3T. Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos
coñecementos, tarefas e misións en que participan.
1.1E. Comprender os referentes teórico-conceptuais, históricos, comparados, metodolóxicos e
pedagóxicos da Educación Social e das prácticas que nela promóvense.
6.1E. Identificar académica e profesionalmente aos educadores sociais como profesionais da educación, con funcións e tarefas diferenciadas respecto doutros profesionais da educación e da acción-intervención social.
b) Competencias específicas da materia:
- Coñecer os fundamentos conceptuais, epistemolóxicos e metodolóxicos da Pedagoxía -Educación Social, tomando como soporte os diferentes ámbitos científicos, académicos e profesionais en que se inscribe, con especial énfase nas Ciencias Sociais e da Educación.
- Coñecer os principais referentes teórico-paradigmáticos da Pedagoxía-educación Social, proxectandoos nas realidades sociais (institucionais, comunitarias, etc.) en que desenvolven o seu traballo os educadores e educadoras sociais, así como en pautas de acción socioeducativa que os vinculen a procesos e realidades prácticas.
- Coñecer e articular de xeito coherente a construción histórico-cronolóxica da Pedagoxía Social, ampliando esta perspectiva a unha lectura comparada nos contextos europeo e latinoamericano.
- Coñecer as características fundamentais dos medios sociais e laborais da Pedagoxía-Educación Social, subliñando a importancia das dimensións éticas e política do quefacer socioeducativo e dos dereitos cívicos como un referente básico das prácticas educativas na vida cotiá e na educación da cidadanía.
- Identificar e analizar problemáticas específicas concernentes á formación e profesionalización na Pedagoxía-Educación Social, nas súas áreas e ámbitos de acción-intervención socioeducativa, así como aos diferentes axentes que neles actúan, concedendolle un especial protagonismo aos titulados en Educación Social.
Tratará de favorecer a máxima congruencia posible na explicación e comprensión da materia, dentro e fóra da aula, nos planos individuais e colectivo, valorando os principios de: contextualización, flexibilidade, participación, actividade e aprendizaxe experiencial.
Para tal fin, nos tempos lectivos da materia desenvolveranse múltiples iniciativas e procesos metodolóxico-didácticos que, no fundamental, concrétanse en:
- Sesións expositivas e interactivas por parte do profesorado e/ou dos alumnos, relativas a contidos de natureza teórica-conceptual, previamente determinados no Programa e que serán incorporados ó campus virtual da materia.
- Realización seminarios monográficos, que neste curso académico toman como soporte os contidos do apartado "temas e prácticas transversais para o quefacer dos profesionais da Educación Social".
- Sesións tipo "forum" (vídeo, libro, disco…) que tomen como refire problemáticas específicas da Pedagoxía-Educación Social, en diversos contextos e suxeitas a diferentes perspectivas de análise.
- Dinámicas de traballo grupal, dentro e fóra da aula, a partir da presentación anticipada de textos para a súa lectura, de documentos audiovisuais (vídeo-conferencias, vídeos didácticos, experiencias...), de casos prácticos, etc., pondo especial énfase no papel dos/as educadores sociais no seu tratamento teórico e / ou aplicado.
- Realización de distintas actividades de implicación e participación continuada nos contidos da materia: simulacións, lectura e recensión de libros, elaboración de mapas conceptuais, estudo de casos, redacción de ensaios, prácticas avaliativas, consulta e análise de páxinas Web ou doutros soportes mediáticos, presentación de novidades bibliográficas, organización de "mesas redondas" con profesionais en activo, etc.
- Realización de titorías de seguimento (directas, virtuais, individuais e/ou de grupo).
A materia contará cun dossier documental básico que sirva de apoio e reforzo aos contidos traballados nas clases, tanto de carácter expositivo como interactivo. Asimesmo, os textos estarán dispoñibles na aula virtual; que servirá como espazo de traballo para a difusión de información e materiais, envío de avisos, etc.
No apartado de observacións especifícanse as adaptacións metodolóxicas en función dos escenarios previstos a raíz da crise sanitaria provocada pola COVID-19.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.
Todas as actividades propostas, individuais e/ou colectivas serán avaliadas, de forma que o sistema de avaliación da aprendizaxe poda ser definido en función das seguintes características: formativo, continuo, cooperativo e/ou integral. Como tal, afectará ós obxectivos formulados, ós contidos tratados, á metodoloxía e actividades desenvolvidas polo profesorado e o estudantado, ós recursos didácticos, ás competencias e destrezas procuradas, etc. Nesta perspectiva prevese:
- Elaboración e entrega de traballos escritos individuais e grupais que representarán o 60% da nota final da materia. Un deles será un traballo grupal (30%), así como tres prácticas individuais (30%, dous escritos individuais temáticos e unha memoria autoavaliativa).
- Realización dun exercicio escrito final, coincidindo coas datas que se establezan no calendario oficial de exames da Facultade. Terá unha formulación diversificada no tipo de preguntas e posibles respostas, sen que a súa realización comporte o uso de material de consulta. O seu peso específico equivale a un máximo do 40% da nota final da materia.
- O alumnado poderá realizar de distintos traballos orientados á lectura e presentación de ensaios, comentarios críticos, recensión de libros, etc., de carácter optativo e atendendo ás indicacións proporcionadas polo profesorado, con unha valoración que terá unha ponderación na cualificación final -como máxime- do 10%.
O alumnado con exención de docencia deberá realizar as seguintes actividades:
- Un traballo monográfico seguindo as pautas do profesorado; e terá un peso final na materia do 60%.
- Realización dun exercicio escrito final (40% da nota final), que terá unha formulación diversificada no tipo de preguntas e posibles respostas, sen que a súa realización comporte o uso de material de consulta.
Para obter unha valoración positiva na materia (desde aprobado hasta matrícula de honra), deberán estar realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas anteriormente, así como superar cada una delas. Estes criterios manteranse en todas as convocatorias do curso académico.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá un suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria; segundo se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non poderá ser utilizado para varias materias, excepto naquelas actividades programadas de forma coordinada.
No desenvolvemento metodolóxico dos procesos de ensino-aprendizaxe vinculado ao tempo de estudo e traballo persoal dos estudantes contémplanse as seguintes propostas:
- Lecturas e comentarios de textos.
- Elaboración de mapas conceptuais.
- Elaboración e presentación de documentos audiovisuais.
- Preparación e realización dunha simulación de debate paradigmático.
- Participación na organización e desenvolvemento dos forum.
- Participación na organización e desenvolvemento de seminarios temáticos transversais aos contidos da materia.
- Elaboración e presentación de ensaios ou informes sobre distintos contidos da materia.
A complexidade terminolóxica, conceptual, metodolóxica e práxiológica que caracteriza a materia, en función dos seus obxectivos e contidos, aconsella un traballo continuado na mesma, procurando desde o inicio unha implicación-participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan, moitas delas orientadas á avaliación. En particular, recoméndase:
- Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da materia nos seus diversos apartados para un adecuado seguimento da mesma.
- Realizar e presentar nos prazos que se determinen as actividades asociadas á dinámica de clase, de xeito individual e grupal, reflectida nos traballos escritos que se indiquen. Trátase, en síntese, de manter unha vinculación continuada cos ritmos que se deriven dos procesos de ensino-aprendizaxe promovidos na materia e nas sesións de aula, especialmente as que reciben a denominación de "interactivas".
- Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha axeitada organización no tempo, compatibilizando os requerimentos desta materia cos das demais; por exemplo: na composición e desenvolvemento dos grupos de traballo, na lectura anticipada de textos que hai que comentar en determinadas sesións de clase, na elaboración "continuada" de anotacións conducentes á redacción da memoria autoavaliativa a presentar ao finalizar a materia, na consulta e valoración de materiais ou recursos (páxinas web, revistas, informes…), etc.
- Realizar lecturas complementarias de libros ou publicacións (entre as que cómpre destacar as Revistas especializadas) que sexan recomendadas polas profesoras, que a xeito de Léxicos, manuais, etc., posibilitan unha comprensión globalizada dos contidos da materia e dos seus significados para a formación académica e profesional na Pedagoxía-Educación Social.
- Facer uso das titorías -xa sexa a nivel individual ou colectivo, en pequenos grupos- como un dereito dos estudantes asociados a unha mellora significativa das súas posibilidades de aprendizaxe, personalizando as súas opcións metodolóxicas e pedagóxicas cunha perspectiva diferencial e diferenciadora segundo intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.
COMUNICACIÓN CO PROFESORADO
- A necesidade de que o alumnado empregue necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado.
USO DO MÓBIL
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polos docentes, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outro envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade 'aforro de tinta'.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos
MODELO DE CITACIÓN
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª edición.
PRÁCTICAS DE CAMPO
Na materia prevese a posibilidade de desenvolver, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras materias do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións, etc.) na perspectiva dun traballo interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
Plan de continxencia
Adaptacións metodolóxicas
Escenario 2:
- As sesións expositivas e interactivas que non poidan ser presenciais desenvolveranse de modo síncrono no horario previsto para a materia a través da plataforma teams.
- Readaptaranse as prácticas previstas en función de se é posible ou non a presencialidade, por exemplo, no relativo á exposición dos traballos grupais.
- As titorías, cando non poidan ser presenciais, desenvolveranse a través de correo electrónico e/ou de plataformas virtuais (teams, meet.jit.si, zoom, etc.) ou por Skype.
- Neste escenario, a aula virtual será un soporte imprescindible para o desenvolvemento do traballo da materia.
Escenario 3:
- As sesións expositivas e interactivas desenvolveranse de modo síncrono no horario previsto para a materia a través da plataforma teams.
- Readaptaranse as prácticas previstas para, sen presencialidade, acadar igualmente os obxectivos da materia.
- Readaptaranse as pautas para a exposición do traballo grupal realizándoa a través das plataformas virtuais contempladas para o desenvolvemento da materia (teams, meet.jit.si, zoom, etc.).
- As titorías desenvolveranse a través de correo electrónico, de plataformas virtuais (teams, meet.jit.si, zoom, etc.) e/ou por Skype.
- Neste escenario, a aula virtual será un soporte imprescindible para o desenvolvemento do traballo da materia.
Adaptacións do sistema de avaliación
Escenario 2:
As actividades de avaliación son as contempladas con carácter xeral no programa da materia; pero realizaranse de maneira síncrona ou asíncrona.
Escenario 3:
As actividades de avaliación son as contempladas con carácter xeral no programa da materia, pero realizaranse de maneira síncrona ou asíncrona.
Maria Julia Diz Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813745
- Correo electrónico
- mariajulia.diz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_03 (P - Z) | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Martes | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 (A - Fa) | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 (Fe - O) | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
21.01.2022 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
29.06.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |