Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudar a evolución do concepto de familia, para comprender as súas transformacións e a aparición de novas estruturas familiares na sociedade actual.
2. Coñecer as funcións da familia como axente educador e os estilos educativos familiares.
3. Estudar as relacións da unidade familiar coa escola e a comunidade.
4. Analizar os programas, servizos e recursos de intervención socio-educativa familiar que se desenvolven no contexto local, autonómico e nacional.
5. Coñecer o papel da educadora e educador social, como axente mediador no desenvolvemento das relacións entre familia, escola e comunidade e nos procesos de desenvolvemento comunitario.
1. Concepcións e perfiles educativos das familias, as escolas e as comunidades na sociedade contemporánea
2. A familia como axente educador: concepto, estrutura, obxectivos e funcións
3. A institución escolar como comunidade educativa: concepto, estrutura, obxectivos e funcións
4. As comunidades locais como contexto socioeducativo: concepto, estrutura, obxectivos e funcións
5. As relacións familia, escola e comunidade: o papel mediador da educación social
6. Programas, servizos e recursos para a educación familiar e comunitaria
7. A educación social en contextos e programas de educación escolar
8. O educador/a social nas institucións escolares e nos procesos de desenvolvemento comunitario
BÁSICA
Santos Rego, M. A. (Ed.). (2015). La fuerza de la familia en la educación. Síntesis.
Musitu, G., e Cava M. J. (2001). La familia y la educación. Octaedro.
Rodrigo, M. J. e Palacios, J. (Coords.). (2000). Familia y desarrollo humano. Alianza.
COMPLEMENTARIA
Aguilar Ramos, M. C. (2002). Educación familiar: una propuesta disciplinar y curricular. Aljibe.
Arruabarrena, M. I., e Paúl, J. (1997). Maltrato a los niños en la familia. Pirámide.
Bernal, A., Rivas, S., e Urpí, C. (2012). Educación familiar. Pirámide.
Bolívar, A. (2006). Familia y escuela: dos mundos llamados a trabajar en común. Revista de Educación, 339, 119-146.
Cánovas, P., e Sahuquillo, M. P. (2013). La protección del menor en las familias. Edetania: estudios y propuestas socio-educativas, 44, 93-110.
Carmona-Santiago, J., García-Ruiz, M., Máiquez, Mª L., e Rodrigo, M. J. (2021). Colaboración entre familia y escuela y su relación con las competencias sociales y académicas del alumnado de etnia gitana de Canarias. Revista de Educación, 394 (Octubre-Diciembre), 393-408. DOI: 10.4438/1988-592X-RE-2021-394-512
Cea D'ancona, M. A. (2007). La deriva del cambio familiar. Hacia formas de convivencia más abiertas y democráticas. CIS.
Dolto, F. (1999). La educación en el núcleo de la familia. Paidós.
Dowling, E. e Osborne, E. (1996). Familia y escuela. Una aproximación conjunta y sistémica a los problemas familiares. Paidós.
Egido, I. e Bertran, M. (2017). Prácticas de colaboración familia-escuela en centros de éxito de entornos desfavorecidos. Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria, 29, 97-110. DOI: 10. SE7179/PSRI_2017.29.07
Fernández, J., e Fuertes, J. (2007). El acogimiento residencial en la protección a la infancia. Madrid: Pirámide
Gracia Fuster, E., e Musitu, G. (2000). Psicología social de la familia. Paidós.
Lorenzo Moledo, M., Godás, A., Priegue, D., e Santos Rego, M. A. (2010). Familias inmigrantes en Galicia. La dimensión socioeducativa de la integración. Ministerio de Educación.
Musitu, G., Román, J. M., e Gutiérrez, M. (1996). Educación familiar y socialización de los hijos. Idea Books.
Orte-Sociais, C., e Amer-Fernández, J. (2014). Las adaptaciones culturales del Strengthening Families Program en Europa. Un ejemplo de programa de educación familiar basado en evidencia. Estudios sobre Educación, 26, 175-195.
Pérez Díaz, V. (2001). La familia española ante la educación de sus hijos. Fundación La Caixa.
Rodrigo, M. J. (coord.) (2015). Manual práctico de parentalidad positiva. Sintesis
Rodrigo, M. J., Maíquez, M. L., Martín, J. C., e Byrrne, S. (2008). Preservación familiar. Un enfoque positivo para la intervención con familias. Pirámide.
Santos Rego, M. A., Lorenzo Moledo, M., y Míguez Salina, G. (2022). Fondos de Conocimiento familiar e intervención educativa: Comprender las circunstancias sociohistóricas de los estudiantes. Narcea.
PÁXINAS WEB
https://www.educacionyfp.gob.es/mc/cee/actuaciones/junta-de-participaci…
https://www.educacionyfp.gob.es/dam/jcr:e30d7429-ebb9-4830-bdd2-09816fb…
http://www.proyectoscprgijon.es/erasmus/SOFT%20-%20Gu%C3%ADa%20de%20bue…
https://www.berrigasteiz.com/site_argitalpenak/docs/120_diversidad/1202…
Básicas e Xerais
CB1 - Que o alumnado acredite ter e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que adoita atoparse nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos desde á vangarda da súa área de estudo.
CG3 - Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación e avaliación das súas intervención educativas, tendo en conta as circunstancias, necesidades, problemas e expectativas nas que se insire, en relación coas materias coas que traballa e as dinámicas sociais nas que participan.
CG4 - Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñen
CG6 - Ser capaz de tomar decisións sobre a mellora da súa formación e exercicio profesional, con pleno respecto aos principios éticos aos que se refire a Educación Social, tendo como apoio os valores cívicos e os dereitos humanos.
Transversais
CT5 - Manter unha actitude permanente de formación e actualización respecto do seu desempeño profesional, así como das realidades afectadas pola súa práctica
Específicas
CE2.6 - Valorar e axustar o seu exercicio profesional ás esixencias e compromisos éticos da Educación Social
A docencia estruturarase de xeito que se propicie a participación activa do alumnado nos contidos da materia. Para elo, introducirase ao alumnado nos distintos temas a partir, fundamentalmente, da exposición das profesoras e do traballo individual e en grupo, onde o alumnado pasa a ter un papel fundamental na dinámica de ensino-aprendizaxe, analizando e discutindo diferentes aspectos da materia.
De forma máis concreta, as actividades de ensino-aprendizaxe propostas nesta materia son:
- Exposición, aclaración e discusión do programa da materia.
- Introdución e exposición das profesoras sobre os distintos temas.
- Traballo individual e en grupo con materiais que serán entregados previamente (prácticas de aula).
- Recensión individual do libro Santos Rego, M.A. (Ed.) (2015). El poder de la familia en la educación. Síntesis.
Na materia prevese o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións...).
O alumnado con exención de docencia debe informar ás profesoras nun prazo de 15 días dende o comezo das clases para deseñar o plan de traballo:
- Alumnado con exención- Deberán entregar, ademais, o traballo sobre distintos artigos científicos que abarcan os contidos teóricos
- Alumnado con dispensa- Deberán entregar, ademais, o traballo sobre distintos artigos científicos que abarcan os contidos teóricos e un monográfico. Algunhas das actividades prácticas non poderán realizalas.
O Campus Virtual da USC empregarase para informar e achegar determinados materiais de estudo e traballo. Tamén se prevé a súa utilización para a realización de actividades que favorezan a discusión e análise dos contidos da materia.
As citas e referencias bibliográficas que sexan empregadas para a realización da actividades da materia deben seguir as normas APA- Publication Manual of the American Psychological Association (7ª ed.) (APA, 2019). Ligazón para a consulta: https://apastyle.apa.org/style-grammar-guidelines/references/examples
A avaliación recollerá todas as dimensións do proceso de ensino-aprendizaxe de forma conxunta:
- Realización dunha proba obxectiva ao remate do cuadrimestre.
- Valoración da recensión individual.
- Valoración dos traballos recollidos nas sesións de clase.
Todas as actividades individuais e colectivas son obrigatorias.
Para superar a materia é preciso ter superadas a proba final e a recensión así como ter entregadas as prácticas de aula que son todas obrigatorias.
En termos da avaliación continua, realizarase un seguimento da evolución das aprendizaxes do alumnado (programación de entregas, listaxes de participación, etc.) empregando as canles institucionais (Microsoft Teams e Campus Virtual) e, no seu defecto, a través das titorías e o seguimento presencial na aula.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión das cualificacións.
A asistencia a un mínimo do 80% (clases teóricas e interactivas) considerase un requisito para a avaliación e non puntúa. É preceptiva para presentarse á realización de exames. A non asistencia impedirá a superación da materia na oportunidade ordinaria. Con anterioridade á realización do exame publicarase un listado do estudantado que satisfaga este requisito para poder examinarse. Neste caso, para presentarse á oportunidade extraordinaria o estudantado deberá entregar todas as prácticas de aula, a recensión, así como un traballo que definirá a profesora.
A cualificación final da materia calcularase tendo en conta que a proba final suporá o 50% da nota final, as prácticas de aula 20% e a recensión 30%. No caso da oportunidade extraordinaria a proba final suporá o 50% da nota final, as prácticas de aula 20%, a recensión 15% e o traballo 15% (tamén para alumnado con dispensa).
A principio de curso, os/as estudantes poderán solicitar, atendendo ao procedemento establecido, a dispensa de asistencia a clase cando se atope nalgunha das situacións indicadas no artigo 9.3 do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
O alumnado repetidor seguirá o réxime ordinario.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación -Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación da materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Actividades expositivas:24h
Prácticas de aula-seminario: 24h
Traballo individual (estudo e prácticas): 96h
Titorías individuais e grupais: 4h
Avaliación: 2h
a) Asistencia ás clases.
b) Realizar as lecturas previas dos materiais cando o indica a profesora.
c) Ler os apuntamentos cada día e expor as dúbidas á profesora sen demora, nas clases ou nas titorías.
d) Desenvolver unha actitude reflexiva ao redor da materia, e construír os piares dun corpo de coñecementos sobre o campo socioeducativo.
e) Coidar a exposición, redacción e claridade de contidos nas probas escritas, nas actividades e nos exercicios en grupo.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
ASISTENCIA A CLASE
Atendendo ao Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024 e que producirá plenos efectos a partir do curso académico 2025-2026) nesta materia a asistencia é obrigatoria no 80%
CORREOS ELECTRÓNICOS
En todo o proceso de comunicación mediante correo electrónico profesoras-alumnado, empregarase exclusivamente o enderezo da USC (@rai.usc.es). O alumnado debe establecer as medidas que lle permitan ter un seguimento actualizado deste medio de comunicación.
EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE
O ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
USO DO MÓBIL
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula (presencial ou telemática) ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas/os docentes, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo, en cumprimento da normativa de protección de datos (https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos).
NORMATIVA APA
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar na seguinte dirección: https://cutt.ly/Vb9BN8E
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://cutt.ly/wb9NEzs
PROTECCIÓN DE DATOS
Lémbrase a obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Del Mar Lorenzo Moledo
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813758
- Correo electrónico
- mdelmar.lorenzo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Diana Priegue Caamaño
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813906
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
29.05.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
09.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |