Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Social
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A Psicoloxía Social da Educación intenta desenvolver distintos coñecementos que, desde unha psicosocioloxía, explican e describen facetas do comportamento e das situacións onde este se manifesta.
Docencia, investigación e alcance profesional conforman este proxecto coas peculiaridades nas que normalmente discorre o traballo universitario:
– comprensión do alcance disciplinar da Psicosocioloxía no contexto da Educación;
– adquisición e dominio dos coñecementos teórico/metodolóxicos necesarios para aplicar a Psicosocioloxía aos eidos da educación;
– utilización e comprensión das bases metodolóxicas de tal xeito que posibiliten a súa aplicación ás realidades obxecto de estudo;
– análise das aplicacións cientificamente constatadas e contrastadas, adaptándoas ás propias da educación.
Con independencia do comentado anteriormente, a liña de pensamento que guía todo o planeamento disciplinar, discorre pola expectativa de que sexa coñecido o feito psicolóxico, o feito psicosocial e da Psicosocioloxía aplicada. Saber por que e como olla a realidade a Psicoloxía Social e os/as seus profesionais pasa por ser o principal cometido.
A estruturación temática desta materia, no que atinxe á Psicoloxía Social da Educación abarca os seguintes contidos:
CONTIDOS TEÓRICOS:
Conceptualización da materia:
• Ideas básicas sobre a análise do comportamento en situacións sociais.
Procesos psicosociais:
• Cognición social.
• Percepción de persoas e atribución causal.
• Actitudes: actitudes e relacións interpersoais; estereotipos, prexuízos e discriminación; valores.
• Normas sociais.
• Valores.
• influenza social.
CONTIDOS PRÁCTICOS (un total de 12):
• Ensaio (1): Correlación & Causalidade
• Interactiva 2: Percepción e atribución.
• Interactiva 3: Cognición social.
• Interactiva 4: Sentimentos
• Interactiva 5: Ego.
• Interactiva 6: Fracaso.
• Interactiva 7: Empatía & Compaixón.
• Interactiva 8: Aburrir.
• Interactiva 9: Campañas de cambio de atitude.
• Interactiva 10:Recategorización.
• Interactiva 11:Normas sociais.
• Interactiva 12:Valores.
LECTURAS OBRIGATORIAS E OBXECTO DE AVALIACIÓN
• Ovejero Bernal, A., Morales Domínguez, J. F., & Yubero Jiménez, S. (2018). Psicología social de la educación (1ª ed.). Editorial UOC.
• Sabucedo, J.M. y Morales, J. F. (2015). Psicología Social. Madrid: Editorial Médica Panamericana (Disponible en su versión electrónica en https://www.medicapanamericana.com/mx/libro/psicologia-social-sabucedo-…)
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS E LECTURAS DE COMPLEMENTO
• Arias Orduña, A. V., et al. (2012). Psicología social aplicada. Médica Panamericana.
• Blanco, A., Horcajo, J., & Sánchez, F. (2017). Cognición social. Pearson.
• Blouet-Chapiro, Ch., & Ferry, G. (1991). El psicosociólogo en la clase. Paidós.
• Cava, M. J., & Musitu, G. (2002). La convivencia en la escuela. Paidós.
• Fàbregues, S. (2016). Técnicas de investigación social y educativa (1.ª ed. en lengua castellana). Universidad Abierta de Cataluña.
• Fernández Sedano, I., Lois, D., Fuster Ruiz De Apodaca, M. J., Vázquez Botana, A., & Fernández Arregui, S. (2023). Psicología social (Vol. 2). Sanz y Torres.
• Forgas, J. P., Crano, W. D., & Fiedler, K. (Eds.). (2020). Applications of social psychology: How social psychology can contribute to the solution of real world problems (1st ed.). Routledge.
• Gaviria, E., López, M., & Cuadrado, I. (2019). Fundamentos de psicología social. Sanz y Torres.
• Heizen, T., & Goodfriend, W. (2022). Social psychology. SAGE.
• Jiménez Burillo, F. (2022). Escritos sobre psicología social de la ciencia y del conocimiento (A. Blanco & C. M. Alcover, Eds.). Sanz y Torres.
• Morales Domínguez, J. F. (2025). Invitación a la psicología social (1ª ed.). Sanz y Torres.
• Moriano León, J. A., Topa Cantisano, G., Prado Silván Ferrero, M., García Ael, C., & Bustillos López, A. (2023). Psicología social (Vol. 1). Sanz y Torres.
• Sánchez Suricalday, A., & Villajos González, L. (2018). Resolución de conflictos: Habilidades y técnicas para educadores (1.ª ed.). Editorial CCS.
RECURSOS DE INTERESE (formato electrónico e publicacións periódicas)
• Journal of Applied Social Psychology. [Acceso a través da USC]: https://onlinelibrary-wiley-com.ezbusc.usc.gal/journal/10990992
• European Association of Social Psychology (EASP): https://www.easp.eu/
• Sociedad Científica Española de Psicología Social (SCEPS): https://sceps.es/
• Social Psychology Network: https://www.socialpsychology.org/
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG2 - Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG3 - Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación e avaliación das súas intervencións educativas, atendendo ás circunstancias, necesidades, problemáticas e expectativas nas que se insire, en relación aos suxeitos cos que traballa e ás dinámicas sociais das que participan.
CG4 - Promover e desenvolver accións educativas e/o socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT2 - Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
CT3 - Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e labores nos que participan.
CT4 - Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1.2 - Analizar críticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que os educadores sociais desenvolven o seu labor profesional.
En correspondencia cos obxectivos xerais e coas temáticas teórica e práctica, o proceso que haberá que desenvolver pasa pola discusión do programa e das iniciativas suxeridas para a súa aplicación; pola exposición das liñas de traballo que poden ser promovidas desde os contidos teóricos e as clases prácticas. Finalmente, a análise das experiencias aplicadas nos respectivos eidos de intervención.
Para o desenvolvemento de cada módulo –teórico, práctico e aplicado– entregaranse oportunamente os datos contextuais e materiais de traballo previamente especificados.
As actividades de aprendizaxe comprenden os seguintes procesos:
1. Lectura e análise das bases teóricas que delimitan o contido da materia.
2. Elaboración de informes sobre as distintas prácticas realizadas –que intentarán informar o alumnado da procedencia do coñecemento psicosocial e da tecnoloxía máis recorrida–. Os contidos e datas de entrega serán oportunamente especificados. Finalmente, contemplarase a realización dun traballo sobre contidos teóricos.
Os materiais adicionais para as clases expositivas e os que corresponden as tarefas a realizar nas clases interactivas, estarán expostos na aula virtual coa suficiente antelación para cada unha das clases.
Os informes das clases interactivas serán entregados mediante correo electrónico ou en papel seguindo as normas medioambientais.
ASISTENCIA A CLASE E AVALIACIÓN
De acordo co artigo 1.2 do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, a asistencia a clase configúrase como un dereito/deber do estudantado. No caso desta materia:
A asistencia valorarse como un factor máis dentro do sistema de avaliación continua (opción a do artigo 1.2 do regulamento).
A porcentaxe de cualificación final distribúese do seguinte modo:
• 60% exame escrito sobre os contidos da materia e lecturas obrigatorias.
• 40% participación nas clases prácticas e realización de informes.
A participación activa nas actividades presenciais poderá ser tida en conta na cualificación dos informes e prácticas. A asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as estudantes poderán solicitar exención oficial de docencia.
No caso de ausencia xustificada a actividades avaliables, o profesorado establecerá mecanismos alternativos de compensación conforme ao artigo 3 do regulamento.
ESTUDANTADO REPETIDOR
Tal e como establece o artigo 6 do regulamento, o estudantado repetidor que xa teña superado os requisitos de asistencia poderá acollerse a un sistema de avaliación específico. Neste caso, só terá que realizar a proba escrita (exame) nas datas oficiais sinaladas pola Facultade.
DISPENSA DE DOCENCIA
A docencia poderá ser dispensada nos termos establecidos no Título III do regulamento, logo da solicitude formal ante a dirección do centro. A resolución establecerá o sistema de avaliación adaptado, que neste caso será:
• 70% proba escrita.
• 30% traballo monográfico titorizado.
CLÁUSULA COMPLEMENTARIA
O programa da materia axustarase ao disposto no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación - Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
HORAS PRESENCIAIS:
– Teóricas: As correspondentes á docencia expositiva e interactiva.
– Prácticas: As correspondentes á titorización presencial en grupos reducidos.
HORAS NON PRESENCIAIS:
Semanalmente: 1 hora de teoría.
Preparación do exame: 15 horas.
O programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as estudantes poderán solicitar exención oficial de docencia.
– Será de moita axuda resumir os distintos temas teóricos, subliñando os principais contidos referidos aos procesos organizativos.
– Intentar, sempre que sexa posible, exemplificar coas propias experiencias aqueles procesos psicolóxicos implicados nas sesións teóricas.
– Preparar as avaliacións tendo en conta os resumos dos principais contidos teórico-práctico.
– Os alumnos/as repetidores ou non presentados avaliaranse seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.
RECOMENDACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia deberán sen presentados por medios telemáticos a través do campus virtual.
Perspectiva de xénero
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/normativa/proteccion-…
Cristina Gómez Roman
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813796
- Correo electrónico
- cristina.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_03 | - | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
14.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |