Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 14 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 24 Total: 42
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal desta materia é proporcionar ao estudantado os coñecementos necesarios para comprender como se xestiona unha empresa ou organización, tendo en conta os distintos limitantes do administrador con especial énfase nas características da contorna actual.
Tema 1. Concepto de empresa
Tema 2. O enfoque de sistemas: os subsistemas empresariais
Tema 3. Limitantes da actividade empresarial: A contorna da empresa
Tema 4. Limitantes da actividade empresarial: Ética e responsabilidade social
Tema 5. Funcións directivas: planificación, organización, xestión e control
BÁSICA
-Castillo Claver, Ana Mª (2018). “Dirección de empresas”. Ed Pirámide. 1ªedic.
- Gareth R.J.; George, J. (2019). “Administración contemporánea”.Ed. McGrawHill. 10ªedic
-González Domínguez, F.J.; Ganaza Vargas, J.D. (2017). “Fundamentos de economía de la empresa”. 2ªedic.
-Iborra, M; Dasí, A.; Dolz, C.; Ferrer, C. (2014) 2ª edic. Fundamentos de Dirección de Empresas. Conceptos y habilidades directivas. Ed. Paraninfo
- Robbins, S.; Coulter, M.; DeCenzo, D. (2017). "Fundamentos de Administración". Ed. Pearson
- Robbins, S.; Coulter, M. (2018). “Administración”. Ed. Pearson educación.
COMPLEMENTARIA
-Ávila Cano, A.; Mochón Morcillo,, F. (2015). “Economía digital. El nuevo entorno de la empresa”. Ed. García Maroto
editores.
-Koontz, H.; Weihrich, H.; Cannice, M. (2016). “Administración una perspectiva global”. Ed. McGrawHill. 15ªedic
-Olcese, A.; Alfaro, J. (2014). “La responsabilidad social, motor del cambio empresarial”. Ed. McGrawHill1ªedic..
C1. Aplicar habilidades de comunicación efectiva na contorna empresarial e tecnolóxica, tanto en linguas propias como en inglés
C2. Identificar conceptos fundamentais de economía dixital e o seu impacto na organización de empresas.
C5. Identificar as áreas funcionais da empresa e o seu funcionamento
HD2. Xestionar información procedente de distintas fontes que permitan adquirir novos coñecementos e aplicalos para responder a retos, resolver problemas e tomar decisións.
HD3. Planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
HD4. Traballar en equipo, compartindo e poñendo en común os coñecementos, integrando distintas formulacións, mostrando habilidades de negociación, resolución de conflitos e intelixencia emocional.
CP10. Actuar con responsabilidade ética e con respecto polos dereitos e deberes fundamentais, a diversidade e os valores democráticos.
CP9. Abordar os problemas e retos desde diferentes perspectivas con capacidade para adaptarse a situacións e realidades novas
Estudo de materiais didácticos e resolución autónoma de problemas e casos por parte do estudantado correspondentes a cada unidade temática que o profesorado poñerá ao dispor dos estudantes no Campus Virtual.
O traballo autónomo do estudantado será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías. Fixarase unha hora de titoría semanal cuxo horario será informado a través do Campus Virtual ao comezo de curso. Estas titorías desenvolveranse preferentemente a través da plataforma MSTeams.
Exame final de contidos: proba de carácter obrigatorio na que se valorarán os resultados da aprendizaxe. Incluirá preguntas obxectivas (test) e preguntas de desenvolvemento.
Peso na cualificación final: 100%.
Nesta parte avaliaranse todos os resultados de aprendizaxe.
A proba final terá carácter presencial.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O estudantado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación conseguida fose superior.
De acordo con a Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/o participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido no Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
A materia é de 6 créditos.
Docencia virtual asíncrona 48 horas
Titorías virtuais síncronas 14 horas
Exame 4 horas
As titorías son un recurso útil que o estudantado debería utilizar as veces que fose necesario. O acceso ao campus virtual e ao correo institucional para informarse de diferentes cuestións que xurdan ao longo do curso e poder dispoñer e revisar o material complementario, facilita a participación do estudantado e a súa capacidade de adquirir coñecementos.
Begoña Barreiro Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824421
- Correo electrónico
- begona.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
21.05.2026 18:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 1 |
26.06.2026 18:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 1 |