Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 14 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 18 Total: 36
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ao completar a materia, o estudante poderá:
- Comprender como a área de operacións contribúe á competitividade da empresa.
- Coñecer cales son as decisións da área de operacións.
- Comprender as diferenzas entre a produción de bens e a prestación de servizos e a súa influencia nas decisións na área de operacións.
- Tomar decisións na área de operacións de xeito informado, considerando as súas implicacións competitivas e comprendendo as relacións entre elas.
- Coñecer as principais tecnoloxías empregadas na área de operacións.
Organización da produción e xestión de operacións.
A contribución competitiva das operacións.
Decisións de operacións.
Básica
HEIZER, J. y RENDER, B. (2015): Dirección de la producción y de operaciones. Decisiones estratégicas (11ª ed.). Prentice Hall.
HEIZER, J. y RENDER, B. (2015): Dirección de la producción y de operaciones. Decisiones tácticas (11ª ed.). Prentice Hall.
Complementaria
DOMÍNGUEZ MACHUCA, J.A. y OTROS (1995): Dirección de operaciones. Aspectos estratégicos en la producción y los servicios. McGraw-Hill.
DOMÍNGUEZ MACHUCA, J.A. y OTROS (1995): Dirección de operaciones. Aspectos tácticos y operativos en la producción y los servicios. McGraw-Hill.
FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. y otros (2006): Estrategia de Producción. Mc. Graw Hill
C3. Manexar métodos numéricos para resolver determinados problemas
C5. Identificar as áreas funcionais da empresa e o seu funcionamento
C8. Utilizar as habilidades adquiridas no grao para identificar problemas e desenvolver solucións efectivas na xestión empresarial.
HD2. Xestionar información procedente de distintas fontes que permitan adquirir novos coñecementos e
aplicalos para responder a retos, resolver problemas e tomar decisións.
HD3. Planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
HD8. Usar ferramentas de cálculo e análise, de distintos tipos de linguaxes e de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CP2. Interpretar a información relevante utilizando as técnicas de análise e ferramentas dispoñibles para dar apoio á toma de decisións empresariais
CP8. Desenvolver a análise estratéxica da empresa e a súa contorna para tomar decisións nas distintas áreas funcionais
A docencia impartirase de forma virtual utilizando como apoio as plataformas corporativas da USC: Moodle (Campus Virtual) e MS Teams. O estudo e aprendizaxe desta materia apoiarase nas seguintes actividades:
(a) Estudo autónomo por parte do estudantado dos materiais didácticos correspondentes a cada unidade temática, que o profesorado porá a disposición dos estudantes no Campus Virtual.
(b) Realización por parte do estudantado de actividades prácticas preferentemente de carácter individual (resolución autónoma de problemas,
estudios de casos).
(c) Participación dos estudantes en actividades de traballo en grupo asíncronos (foros de discusión). Eses foros de discusión permitirán aos estudantes manifestar os seus puntos de vista e opinións, buscando a interacción e o debate compartido.
O traballo autónomo do estudantado será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías. Fixarase unha hora de titoría semanal cuxo horario será informado a través do Campus Virtual ao comezo de curso. Estas titorías desenvolveranse preferentemente a través da plataforma MS Teams.
Exame final de contidos: proba de carácter obrigatorio na que se valorarán todos os resultados da aprendizaxe. Incluirá preguntas obxectivas (test) e preguntas de desenvolvemento.
Peso na cualificación final: 100%.
A proba final terá carácter presencial.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O estudantado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación conseguida fose superior.
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no "Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión de cualificacións".
A materia é de 4,5 créditos. As 112,5 horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
- Docencia virtual asíncrona 36 horas
- Titorías virtuais síncronas 14 horas
- Exame 4 horas
- Traballo autónomo do estudante: 58,5 horas
Alejo Becerra Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824460
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
26.05.2026 15:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 1 |
30.06.2026 15:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 1 |