Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 17 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coa materia de “Modelos de toma de decisións” preténdese que o alumnado adquira os coñecementos necesarios para comprender a importancia da toma de decisións nas empresas. Esta materia ten que proporcionar ao alumnado unha visión global dunha serie de técnicas para a toma de decisións empresariais, así como que coñeza e aplique a toma de decisións a diferentes situacións empresariais complexas. Terán que comprender o concepto de incerteza e como o proceso de toma de decisións reducirá a incerteza ante a maioría dos problemas que xorden nas empresas. E, finalmente, o alumnado terá que desenvolver as habilidades necesarias para a toma de decisións empresariais.
Polo tanto, ao rematar a materia, o alumnado será capaz de:
- Coñecer o modelo básico de maximización da utilidade suxeito a restricións orzamentarias.
- Comprender o efecto da incerteza nas decisións individuais.
- Coñecer os elementos esenciais da teoría de xogos cooperativos e non cooperativos.
- Aplicar os coñecementos de programación á simulación do comportamento do consumidor.
- Aplicar a información obtida dos datos á predición do comportamento do consumidor.
- Simular interaccións cooperativas e non cooperativas de axentes a través dun ordenador, para predicir o resultado.
Teoría da utilidade. Elección sen incerteza. Utilidade baixo a incerteza. Sesgos cognitivos: economía do comportamento
Teoría de xogos simultánea con información completa. Equilibrio de Nash. Xogos consecutivos con información completa. Xogos con información incompleta. Xogos cooperativos. Solución de xogo cooperativo.
Bibliografía básica:
Pérez, J.; Jimeno, J.L.; Cerda, E. (2004), Teoría de Juegos, Pearson-Prentice Hall.
Pindyck, R, y Rubinfeld, D. (2018), Microeconomía, 9ª edición, Editorial Pearson, Madrid.
Bibliografía complementaria:
Aguado Franco, J.C. (2007), Teoría de la decisión y de los juegos, Delta publicaciones, Madrid.
Binmore, K. (2007), La teoría de juegos. Una breve introducción, Alianza Textos. Economías.
Core Team (2020): La Economía, https://www.core-econ.org/the-economy/book/es/text/0-3-contents.html
Davis, M.D. (1997), Introducción a la teoría de juegos, Alianza Editorial, Madrid.
Dixit, A. y Nalebuff, B. (2010), El arte de la estrategia, Antoni Bosh Editor.
Gardner, R. (1994), Juegos para empresarios y economistas, Antoni Bosh Editor.
Gibbons, R. (1997), Un primer curso de teoría de juegos, Antoni Bosh Editor.
Kahneman, Daniel (2012), Pensar rápido, pensar despacio, Debate, Barcelona.
Perloff, J.M. (2018): 8ª edición, Microeconomía. Ed. Pearson.
Varian, H. R. (2015), Microeconomía Intermedia. Un Enfoque Actual, 9ª edición, Editorial Antoni Bosch, Barcelona.
Vega Redondo, F. (1999), Economía y juegos, teoría y aplicaciones, Antoni Bosch Editor.
Ao rematar a materia, o alumnado poderá ter as seguintes competencias:
- Competencias básicas
CB1.- Que o alumnado demostrou posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se atopa habitualmente nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos desde a vangarda da súa área de estudo.
CB2. - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúe as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. - Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre cuestións relevantes de carácter social, científico ou ético.
CB4. - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a públicos tanto especializados como non especializados.
CB5. - Que o alumnado teña desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
- Competencias xerais
CG1. - Adquirir un conxunto de coñecementos teóricos e prácticos en relación co proceso de creación e xestión de empresas na era dixital.
CG5. - Capacidade para analizar o comportamento dos axentes económicos e o funcionamento dos mercados e o seu papel nos procesos de transformación dixital.
- Habilidades transversais
CT5. - Capacidade para resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á práctica.
CT9. - Capacidade de aprendizaxe autónoma e de autoavaliación.
CT10. - Capacidade para utilizar ferramentas de cálculo e tecnoloxías da información e da comunicación.
- Competencias específicas
CE1. - Comprender os aspectos fundamentais da contorna social e económica a nivel macro e micro, con especial atención ao comportamento do consumidor e á evolución dos sectores produtivos, no marco global da nova economía e da sociedade da información.
CE6. - Desenvolver a análise estratéxica da empresa e do seu contorno para tomar decisións estratéxicas e tácticas nas diferentes áreas funcionais, e ser capaz de formular unha estratexia tecnolóxica que sustente un negocio.
CE13. - Identificar fontes de información fiables, elaborar e interpretar dita información utilizando técnicas de análise e ferramentas matemáticas, estatísticas e tecnolóxicas adecuadas para apoiar a toma de decisións.
A docencia clasificarase en docencia teórica e docencia práctica. Na docencia teórica o profesor indicará ao alumnado os libros, artigos, capítulos de libros, etc. que considere máis oportunos para o seguimento da materia, explicando os seus aspectos máis relevantes. A docencia práctica consistirá na análise de casos, discusións e debates, resolución de problemas, realización de traballos con ou sen exposición e outras tarefas. Ademais, promoveranse as actividades de grupo que fomenten o traballo colaborativo a través de debates virtuais e/ou presenciais. As titorías individuais ou en grupo reducido teñen como obxectivo orientar ao alumnado nas actividades para desenvolver na materia. Á docencia teórica e práctica engádense as titorías individuais ou en grupo reducido, cuxo obxectivo é orientar ao alumnado nas actividades que ten que desenvolver na materia.
Na Aula Virtual ofrecerase material sobre os contidos teóricos e prácticos da materia. A guía docente detallada do curso (na que se describe de forma pormenorizada o sistema de avaliación, as guías docentes para cada tema, os boletíns de exercicios, material de apoio, actividades complementarias...) proporcionarase a través da aula virtual do curso.
A avaliación da materia ten en conta todas as actividades que se realizarán durante o cuadrimestre, considerando diversos aspectos da adquisición de competencias ás que contribúe.
Avaliaranse todas as competencias sinaladas no apartado correspondente.
A avaliación continua avalía as competencias transversais CT1, CT5, CT9 e as específicas CE1 e CE13.
O sistema de avaliación da materia estará baseado en dous compoñentes:
a) A proba final, que consiste nun exame escrito que se celebrará na data e hora que determine o calendario oficial do centro.
b) A participación activa na aula virtual a través de foros e debates e as cualificacións en exames propostos durante as sesións virtuais e/ou presenciais. 2/3 da nota deste apartado corresponderán a exames e 1/3 á valoración doutras actividades, tales como traballos e intervencións dos alumnos e das alumnas en clases virtuais e/ou presenciais.
A cualificación final terá en conta os requisitos anteriores, coa seguinte valoración:
a) O 60 % da puntuación total.
b) O 40 % da puntuación total.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación, e o seu seguimento indicaranse na guía docente da materia que se publicará na aula virtual ao comezo do curso.
A avaliación das actividades contidas no apartado b) terase en conta só para o curso académico correspondente (é dicir, para a convocatoria de maio e a de xullo) e non se manterá para cursos posteriores.
Asistencia: para que a calificación obtida mediante la evaluación continua sexa tida en conta na nota final da materia non haberá un requisito mínimo de asistencia a clase.
Ao alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia, seguindo o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster, avaliarase cunha proba final específica para este caso que suporá o 100% da cualificación.
Seguindo a normativa oficial, a cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na Normativa para a avaliación do rendemento académico do alumnado e a revisión das cualificacións”.
Traballo presencial e virtual na aula:
Clases teóricas: 14 horas
Clases prácticas: 22 horas
Total 36 horas
Tutorías (grupos reducidos): 2 horas
Exame e revisión: 3 horas
Traballo persoal do alumno:
Estudo autónomo, individual ou en grupo: 18 horas
Elaboración de exercicios: 40 horas
Preparación de exames: 13,5 horas
Total: 112,5 Horas
A materia de Modelos de Toma de Decisións require o manexo de conceptos rigorosos e precisos dentro dun modelo lóxico-matemático de interrelacións. Non é necesario o dominio de técnicas matemáticas avanzadas, pero si a súa plena comprensión e tamén se recomenda un estudo ordenado e sistemático da materia. Recoméndase realizar o estudo dos temas de forma continuada ao longo do cuadrimestre, partindo do razoamento de todas as estratexias que axuden a superar con éxito a materia.
Yago Atrio Lema
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Correo electrónico
- yago.atrio.lema [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Venres | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Seminario 1 |
15.01.2026 15:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 1 |
11.06.2026 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 1 |