Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 17 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Linguaxes e Sistemas Informáticos
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Nesta materia afóndase no coñecemento das novas tecnoloxías presentes nos sectores empresarial e industrial na actualidade. Estes sectores foron obxecto dunha profunda transformación durante o último terzo do século XX por mor da chamada revolución dixital. Dita transformación acelerouse no século XXI grazas a grandes avances en eidos como a robótica, as comunicacións, a ciencia de datos ou a intelixencia artificial. Mediante o estudo desta materia, o estudantado saberá recoñecer as tecnoloxías facilitadoras que están a propiciar a transformación dixital das empresas, así como aquelas que poderían gañar relevancia nun futuro próximo. Ademais, cubriranse os novos modelos conceptuais de industria, tipos de procesos de fabricación e metodoloxías de traballo empresariais que xurdiron grazas á introdución das tecnoloxías dixitais.
Os contidos teóricos da materia irán acompañados dunha parte práctica centrada fundamentalmente no uso da contorna científica de Python para resolver casos simples de analítica de datos e aprendizaxe automática.
Durante o transcurso da materia, perséguese que o estudantado acade os seguintes obxectivos:
- Coñecer as tecnoloxías emerxentes contribuíntes á transformación dixital na empresa e a industria.
- Familiarizarse co concepto de Industria 4.0 e saber identificar as novas metodoloxías de traballo, estruturas organizativas e mecanismos de xestión xurdidos neste eido.
- Aprender os fundamentos básicos dos principais protocolos de comunicación, tanto de uso xeral como específicos da industria e a empresa.
- Saber empregar a linguaxe de programación Python e os seus principais módulos científicos para levar a cabo tarefas de análise de datos e aprendizaxe automática.
Os contidos da materia impartiranse nas sesións expositivas segundo a seguinte estrutura de bloques:
BLOQUE I: NOVAS TECNOLOXÍAS
- Tecnoloxías para a xestión empresarial e do coñecemento.
- Industria 4.0 e tecnoloxías emerxentes.
BLOQUE II: ANALÍTICA DE DATOS
- DataOps, DevOps e MLOps.
- Ciencia de datos con Python: pandas, Matplotlib e scikit-learn.
BLOQUE III: PROTOCOLOS DE COMUNICACIÓN
- Redes informáticas e protocolos de comunicación industriais.
- Tecnoloxías inalámbricas e Internet das Cousas (IoT).
Durante as sesións interactivas da materia desenvolverase un programa de prácticas que servirán para afianzar os coñecementos adquiridos nos Bloques II e III.
Bibliografía básica:
- Enrique Rodal Montero: “Industria 4.0: Conceptos, tecnologías habilitadoras y retos.” 978-84-368-4214-2, Ediciones Pirámide, 2020.
- Wes McKinney: “Python para análisis de datos.” Trad.: Virginia Aranda González, 978-84-4154-683-7, Anaya Multimedia, 3ª edición, 2023. Dispoñible en: https://wesmckinney.com/book/
- Giacomo Veneri, Antonio Capasso: “Hands-On Industrial Internet of Things.” 978-18-3588-746-2, Packt Publishing, 2ª edición, 2024.
Bibliografía complementaria:
- Efraim Turban, Carol Pollard, Gregory Wood: “Information Technology for Management: On-Demand Strategies for Performance, Growth and Sustainability.” 978-1-118-89086-8, John Wiley & Sons, 11ª edición, 2018.
- Roland Heidel, Michael Hoffmeister, Martin Hankel, Udo Döbrich: “Industrie 4.0: The Reference Architecture Model RAMI 4.0 and the Industrie 4.0 component.” 978-3-8007-4990-4, DIN Media, 2019.
- Ramesh Sharda, Dursun Delen, Efraim Turban: “Analytics, Data Science, & Artificial Intelligence: Systems for Decision Support.” 978-1-292-34155-2, Pearson Education, 11ª edición, 2021.
- James F. Kurose, Keith W. Ross: “Redes de computadoras: Un enfoque descendente.” Trad.: Vuelapluma S.L., 978-84-9035-528-2, Pearson Educación, 7ª edición, 2017.
CG2: Identificar, reunir, analizar e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial e tecnolóxico.
CG7: Coñecer e utilizar correctamente as ferramentas informáticas e as novas tecnoloxías relacionadas coa xestión negocio.
CB1: Que o alumnado demostre que posúe e comprende coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, tamén inclúe algúns aspectos que implican coñecementos desde a vangarda do seu ámbito de estudo.
CB2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan o competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro a súa área de estudo.
CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de recoller e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre cuestións relevantes de carácter social, científico ou ético.
CB4: Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5: Que os estudantes desenvolveron aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CT1: Pensar de forma integrada e crítica, e abordar os problemas desde diferentes perspectivas.
CT5: Capacidade para resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á práctica.
CT6: Traballar en equipo, compartindo coñecementos e sabendo comunicalo ao resto do equipo e á organización.
CT9: Capacidade de aprendizaxe autónoma e de autoavaliación.
CT10: Capacidade para utilizar ferramentas de cálculo e tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CE14: Coñecer e saber utilizar ferramentas e mecanismos de representación, almacenamento, transformación, análise e comunicación de información de forma fiable e eficiente.
CE15: Coñecer as posibilidades do Big Data e da intelixencia artificial e empresarial para a mellora de procesos empresa e coñecer os requisitos para a súa implantación.
CE17: Propoñer e codirixir a integración de sistemas de información avanzados e coñecer as súas aplicacións en diferentes áreas de xestión da empresa, cumprindo os requisitos de calidade, seguridade e protección da información, facendo uso de criptografía, intelixencia artificial e big data.
CE18: Coñecer o uso e a programación de sistemas informáticos, bases de datos, criptografía e cadeas de bloques para a súa aplicación á xestión e análise da información empresarial e ao deseño e desenvolvemento de produtos, procesos e novos modelos de negocio.
CE19: Coñecer tecnoloxías e servizos web, móbiles, distribuídos e na nube, e ser capaz de avaliar as súas capacidades e adecuación para crear novos servizos ou modelos de negocio ou industriais.
- Docencia teórica: Para o estudo dos contidos teóricos da materia, facilitaranse ao estudantado apuntes e/ou presentacións por vía electrónica, así como gravacións de leccións maxistrais. O docente proporcionará recomendacións sobre o ritmo que debería seguir o alumnado no estudo do material.
- Docencia práctica: Inclúe o desenvolvemento do programa de prácticas da materia. O estudantado traballará de maneira individual ou por parellas para resolver os exercicios e casos prácticos propostos. As sesións presenciais permitirán ao docente monitorizar o progreso realizado polo estudantado nas prácticas e ofrecer axuda personalizada.
- Obradoiros: Tarefas de investigación nas que o estudantado deberá recompilar e sintetizar información sobre temas propostos. Poden involucrar a elaboración de informes, exposición pública ou participación en debates.
- Titorías: As sesións de titorías servirán para resolver as dúbidas do alumnado relacionadas cos contidos da materia e prácticas propostas. Estas titorías poderán levarse a cabo tanto en modalidade presencial como virtualmente a través de correo electrónico, Campus Virtual ou a plataforma Microsoft Teams.
- Recursos electrónicos: Todo o material necesario para o seguimento da materia porase a disposición do alumnado a través do Campus Virtual da USC. A plataforma empregarase tamén como canle de comunicación a través da que se farán chegar anuncios, avisos e información relacionada coa materia ao alumnado.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
Durante o semestre levaranse a cabo as seguintes actividades avaliables:
- Tarefas de investigación (TI): Traballos propostos ao longo do curso nos que o estudantado deberá afondar nos contidos impartidos na materia mediante a busca de información. O alumnado deberá expoñer os seus achados de maneira escrita e/ou oral, seguindo as instrucións marcadas polo docente en cada caso. Cada tarefa levará asociada unha data límite de entrega (e se é pertinente, de exposición) que o alumnado deberá respectar para que o seu traballo poida ser avaliado. A valoración máxima de cada tarefa será variable, e os criterios de avaliación serán especificados para cada caso concreto.
- Prácticas de laboratorio (PL): De forma periódica durante o transcurso da materia, o alumnado, de xeito individual ou por parellas, deberá entregar solucións aos problemas e casos prácticos propostos durante as sesións interactivas. Para cualificar estas entregas valorarase a corrección, calidade, estilo e lexibilidade do código desenvolto, así como a adecuación, calidade de redacción e organización das explicacións textuais que acompañen o código. Cada práctica levará asociada unha data límite de entrega. Permitiranse as entregas atrasadas ata unha data de corte determinada, mais estarán suxeitas a unha penalización na nota que virá indicada na descrición da práctica. Para o cómputo da puntuación total asociada ás prácticas de laboratorio, calcularase a media aritmética das puntuacións obtidas en cada un dos entregables.
- Exames (EX): Probas consistentes de preguntas tipo test e/ou de resposta curta cubrindo os contidos impartidos na materia. Ofrécense dúas modalidades de exame ao estudantado: exames parciais ou exame final.
-> Exames parciais: Realizaranse dúas probas parciais, unha cara a metade do semestre e outra ao final do mesmo, cubrindo cada unha delas aproximadamente a metade dos contidos da materia. A nota de exames resultante será a media aritmética das puntuacións obtidas nas dúas probas.
-> Exame final: Proba que comprende todos os contidos da materia, realizada na data de exame final marcada pola Facultade. Unicamente poderán realizar o exame final aqueles/as estudantes que non se presenten ao segundo exame parcial. No caso do estudantado que se presente ao primeiro exame parcial e posteriormente ao exame final, a puntuación obtida na proba parcial quedaría desbotada.
A nota final en primeira oportunidade computarase da seguinte maneira:
NF = 0,2*TI + 0,4*PL + 0,4*EX
Os seguintes requisitos son indispensables para poder superar a materia en primeira oportunidade:
- Presentar (e, no seu caso, expoñer) todas as tarefas de investigación (TI) dentro dos prazos indicados.
- Acadar unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 nas prácticas de laboratorio (PL).
- Acadar unha puntuación de exame (EX) igual ou superior a 4 puntos sobre 10.
En caso de non cumprirse algunha das condicións anteriores, a puntuación máxima que o estudante poderá acadar será de 4 puntos sobre 10.
A materia considerarase superada en primeira oportunidade se a nota final acadada é igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
De acordo cun dos supostos recollidos no Artigo 1 do “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela”, a asistencia a clase non terá ningunha valoración directa.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Na segunda oportunidade conservaranse as puntuacións das actividades realizadas no período ordinario (TI, PL e EX), e levaranse a cabo as seguintes actividades avaliables de recuperación:
- Recuperación de tarefas de investigación (RTI): En caso de que non se realizasen todas as tarefas de investigación propostas durante o curso, o/a estudante deberá levar a cabo un estudo sobre un tema proposto polo docente. Deberase presentar un informe escrito como resultado, así como realizar unha presentación oral do tema diante do docente na data de exame final designada pola Facultade. Valorarase a calidade dos resultados do estudo e a adecuación das exposicións oral e escrita.
- Recuperación de prácticas de laboratorio (RPL): Proporcionarase a oportunidade de entregar aquelas prácticas de laboratorio que non foran realizadas durante o curso, ou de volver entregar aquelas nas que o/a estudante queira intentar acadar unha puntuación superior. Todas as entregas de prácticas realizadas neste período estarán suxeitas á penalización por entrega fóra de prazo especificada na tarefa.
- Exame extraordinario (EEX): Proba co mesmo formato que o exame final de primeira oportunidade.
A nota final en segunda oportunidade computarase da seguinte maneira:
NF = 0,2*max(TI, RTI) + 0,4*max(PL, RPL) + 0,4*max(EX, EEX)
Os requisitos necesarios para superar a materia en segunda oportunidade serán análogos aos da primeira:
- Presentar (e, no seu caso, expoñer) todas as tarefas de investigación (TI) dentro dos prazos indicados, ou no seu defecto, acadar unha puntuación igual ou superior a 5 puntos sobre 10 no estudo proposto para a recuperación de ditas tarefas (RTI).
- Acadar unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 nas prácticas de laboratorio (PL ou RPL).
- Acadar unha puntuación de exame (EX ou EEX) igual ou superior a 4 puntos sobre 10.
En caso de non cumprirse algunha das condicións anteriores, a puntuación máxima que o estudante poderá acadar será de 4 puntos sobre 10.
A materia considerarase superada en segunda oportunidade se a nota final acadada é igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
DISPENSA DE ASISTENCIA:
Para o alumnado que dispoña de dispensa de asistencia, poderase facilitar a realización de actividades de avaliación presenciais en datas alternativas e/ou por medios telemáticos en caso de ser necesario. Isto comprende os exames (EX e EEX) e aquelas tarefas de investigación (TI) que posúan algún compoñente avaliable presencial (por exemplo, unha presentación). O resto de aspectos da avaliación manteranse inalterados.
ALUMNADO REPETIDOR:
O sistema de avaliación descrito será de igual aplicación para o alumnado repetidor.
VALIDEZ DAS CUALIFICACIÓNS:
As notas das distintas actividades da materia unicamente serán válidas durante o curso no que se obtiveron. Non se gardarán cualificacións de ningunha das partes para cursos posteriores.
REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS OU PROBAS:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da Universidade de Santiago de Compostela, que establece outorgar a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente.
A materia ten fixada unha carga de traballo de 4,5 ECTS. Este dato conduce a unha carga de traballo para a materia situada entre as 112,5 (4,5*25) horas e as 135 (4,5*30) horas.
Indícase a continuación unha planificación aproximada de horas de traballo:
Traballo presencial na aula:
- Presentación de contidos básicos e clases prácticas: 9 horas.
- Titorías: 4 horas.
- Exame e revisión: 3 horas.
TOTAL: 16 horas.
Traballo persoal do alumnado:
- Aprendizaxe virtual, estudo presencial e resolución de casos prácticos/traballos: 58 horas.
- Preparación de traballos: 14 horas.
- Preparación de exames: 24,5 horas.
TOTAL: 96,5 horas.
- Recoméndase que o estudantado traia o seu propio ordenador persoal ás sesións presenciais para levar a cabo as tarefas prácticas propostas da maneira máis cómoda posible.
- Recoméndase encarecidamente utilizar as titorías, tanto presenciais como virtuais, para a resolución das dúbidas relacionadas co contido da materia.
- Os avisos, anuncios e información pertinente da materia publicaranse mediante o “Foro de anuncios” do Campus Virtual. Todos os estudantes deben asegurarse de que reciben notificacións de novas entradas neste foro a través de correo electrónico. Asumirase que o estudantado revisa a súa caixa de correo polo menos unha vez cada día lectivo. Polo tanto, considerarase ao estudantado como informado dos avisos ao final da xornada lectiva seguinte a ser publicados, como moi tarde.
- Idioma principal: a materia impartirase en castelán. Sen embargo, algunhas das lecturas complementarias proporcionaranse en inglés.
Martin Liz Dominguez
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Linguaxes e Sistemas Informáticos
- Teléfono
- 982823207
- Correo electrónico
- martin.liz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Venres | |||
---|---|---|---|
19:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Seminario 2 |
22.01.2026 09:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula Informática 5 |
30.06.2026 09:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula Informática 5 |