Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 17 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ao rematar a materia o alumno será capaz de:
- Coñecer as principais tecnoloxías empregadas nas industrias intelixentes.
- Coñecer as aplicacións das novas ferramentas de automatización de procesos en industrias intelixentes.
- Utiliza ferramentas de software para modelar e optimizar procesos orientados a industrias intelixentes.
- Coñecer e aplicar as diferentes técnicas de dixitalización.
PARTE PRIMEIRA: INTRODUCIÓN Á INDUSTRIA INTELIXENTE
- Que é a industria intelixente. Principais obxectivos e exemplos de aplicación.
PARTE SEGUNDA: AS TECNOLOXÍAS HABILITADORAS DA INDUSTRIA INTELIXENTE
- Impresión 3D
- Realidade virtual, aumentada e mixta
- Computación na nube
- Tecnoloxías sen fíos
- Internet das cousas
- Robótica industrial
- Minaría de procesos
- Intelixencia artificial
- Xemelgos dixitais
PARTE TERCEIRA: DIXITALIZACIÓN
- Claves para entender o cambio
- As dimensións da dixitalización
- Execución e liderado
Bibliografía básica
- Industria 4.0: Conceptos, tecnologías habilitadoras y retos. Enrique Rodal Montero.
- INDUSTRIA 4.0: Tecnologías y Gestión en la Transformación Digital de la Industria. Mario Fernández.
Bibliografía complementaria
- Digitalízate o desaparece: Claves para transformarse y competir en la nueva era.
Adolfo Ramirez Morales
- Nuevas tecnologías y derecho : retos y oportunidades planteados por la inteligencia
artificial y la robótica. Mª Yolanda Sánchez-Urán Azaña, Mª Amparo Grau Ruiz,
Bruno César Lorencini, José Carlos Francisco
- Internet de las cosas. Moisés Barrio Andrés
Competencias básicas e xerais
CG3 - Aprender a planificar e implantar novas tecnoloxías que axuden a mellorar a competitividade das empresas.
CG7 - Coñecer e utilizar correctamente as ferramentas informáticas e as novas tecnoloxías relacionadas coa xestión empresarial.
CB1 - O alumnado demostrou posesión e comprensión de coñecementos nunha área de estudo baseada na educación secundaria xeral, e que adoita atoparse nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos desde a vangarda o seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre cuestións relevantes de carácter social, científico ou ético.
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolveran aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais
CT1 - Pensar de forma integrada e crítica, e abordar os problemas desde diferentes perspectivas.
CT5 - Capacidade para resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á práctica.
CT6 - Traballar en equipo, compartindo coñecementos e sabendo comunicalo ao resto do equipo e á organización.
CT9 - Capacidade de aprendizaxe autónoma e de autoavaliación.
CT10 - Capacidade para utilizar ferramentas de cálculo e tecnoloxías da información e da comunicación (TIC)
Específicas
CE19 - Coñecer tecnoloxías e servizos web, móbiles, distribuídos e na nube, e ser capaz de valorar as súas capacidades e idoneidade para crear novos servizos ou modelos de negocio ou industriais.
CE5 - Coñecer o papel integrador da tecnoloxía e coñecer os principais produtos tecnolóxicos e tendencias tecnolóxicas asociadas ás distintas áreas da xestión empresarial.
CE6 - Desenvolver a análise estratéxica da empresa e do seu contorno para tomar decisións estratéxicas e tácticas nas diferentes áreas funcionais, e ser capaz de formular unha estratexia tecnolóxica que sustente un negocio.
CE10 - Deseñar e xestionar a estratexia operativa e loxística integrando as ferramentas tecnolóxicas máis adecuadas.
Os contidos da materia impartiranse de forma presencial, repartido en aulas expositivas e interactivas.
- Clases expositivas: sesións semanais de 1 hora na que se explicarán os contidos do programa. O material de apoio de ditas presentacións será compartido co alumnado no Campus Virtual.
- Clases interactivas: sesións semanais de 2 horas nas que se realizarán exercicios prácticos sobre os contidos vistos en clase expositiva. Algúns destes exercicios serán entregables (de xeito individual ou por parellas).
As últimas sesións interactivas estarán adicadas á exposición por parte do alumnado dun traballo relacionado cos contidos vistos na materia.
A metodoloxía seguida utiliza o Campus Virtual da USC como plataforma básica. Na aula virtual da materia o alumnado disporá de toda a información (material teórico, exposicións en clase, guións prácticos, etc.). Tamén será a canle utilizada para a entrega e avaliación dos exercicios prácticos propostos.
A avaliación consta de dúas partes individuais separadas, a teoría e a práctica.
Parte teórica:
- Exame final: 50% da nota final. É preciso obter unha calificación igual ou superior a 5 sobre 10 para superar a materia.
Parte práctica:
- Exercicios prácticos propostos nas sesións interactivas: 20% da nota final. É preciso entregar todos os exercicios e obter unha calificación igual ou superior a 5 sobre 10 en cada un deles para superar a materia.
- Traballo en grupo: 30% da nota final. É preciso obter unha calificación igual ou superior a 5 sobre 10 para superar a materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
No caso de estudantes con dispensa de asistencia homologada pola Facultade, a súa calificación será a derivada unicamente do exame final. Para tal fin, deberán comunicalo ao profesor dentro da semana seguinte á resolución oficial.
A materia ten unha carga de 4,5 crécditos ECTS, o que supón 112,5 horas de traballo. Esta carga repártese do seguinte modo:
Traballo presencial: 40 horas
- Sesións expositivas: 14 horas (14 sesións de 1 hora).
- Sesións interactivas (prácticas de laboratorio): 22 horas (11 sesións de 2 horas).
- Titorías: 2 horas.
- Actividades de avaliación: 2 horas.
Traballo autónomo do alumnado: 72,5 horas
- Estudo individual ou en grupo: 30 horas.
- Resolución de exercicios prácticos: 25 horas.
- Elaboración de traballo en grupo: 17,5 horas.
Marcos Fernandez Pichel
Coordinador/a- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Correo electrónico
- marcosfernandez.pichel [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Marta Nuñez Garcia
- Departamento
- Electrónica e Computación
- Área
- Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
- Correo electrónico
- martanunez.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Distinguido/a
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:45-11:45 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 8 |
31.05.2024 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 1 |
31.05.2024 09:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 2 |
08.07.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 1 |
08.07.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Informática 2 |