Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo xeral da materia é achegar ao alumnado aos coñecementos, habilidades e destrezas precisas para iniciarse no desenvolvemento das competencias vinculadas ao ámbito da didáctica e da profesión docente (competencias da materia). Para acadar este obxectivo e conseguir o desenvolvemento das competencias que se establecen no Plan de Estudos para esta materia propóñense os seguintes obxectivos específicos:
Obxectivos referidos ao saber (S):
1) Recoñecer as características da sociedade actual e da educación infantil, comprendendo as súas relacións e influencias.
2) Coñecer os elementos configuradores da profesión docente, atendendo á figura da mestra/e da etapa de Educación Infantil.
3) Comprender como é e como se desenvolve a práctica docente no ensino de infantil.
Obxectivos referidos ao saber facer (SF):
4) Construír un esquema básico da organización, configuración e características da etapa de Educación Infantil no contexto máis inmediato
5) Analizar a figura do mestre/a de Educación Infantil dende a perspectiva da formación e da profesionalización
6) Iniciarse no desenvolvemento daquelas funcións máis destacadas da práctica docente no ensino de infantil (organización, planificación, observación, comunicación)
Obxectivos referidos ao saber ser (SS):
7) Valorar a importancia da Educación Infantil na sociedade actual e, por conseguinte, da profesión de mestre/a nesta etapa
8) Ser consciente do compromiso ético e socioeducativo que supón a profesión de mestre/a na sociedade actual
9) Cooperar cos compañeiros e compañeiras nas distintas tarefas a realizar respecto da labor docente, respectando as diferenzas e responsabilizándose das tarefas e compromisos propostos
Tamén será un obxectivo de grande relevancia nesta materia o de acadar e demostrar, por parte do alumnado, competencia en lingua galega, por formar parte esta materia do proxecto CompetenteS, impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
A continuación establécense os contidos da materia, organizados segundo bloques temáticos:
BLOQUE I: Didáctica na Educación Infantil
- Concepto, enfoques e sentido da educación infantil
- Bases curriculares da educación infantil
- A didáctica (práctica docente) na educación infantil
BLOQUE II: Profesión Docente
- A profesión docente na actualidade
- O desenvolvemento profesional dos mestres/as de educación infantil
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
BLOQUE I: DIDÁCTICA NA EDUCACIÓN INFANTIL
BEREMEJO, BLAS & BALLESTEROS, CRISTÓBAL (Coords.) (2017). Manual de didáctica general para maestros de Educación Infantil y de Primaria. Pirámide.
CASTRO ZUBIZARRETA, ANA, EZQUERRA MUÑOZ, MARÍA PILAR & ARGOS GONZÁLEZ, JAVIER (2017). Fundamentos teóricos de la Educación Infantil. Editorial Universidad de Cantabria.
DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220909/AnuncioG0655-080922-…
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, RAÚL, LÓPEZ GÓMEZ, ERNESTO, & CACHEIRO GONZÁLEZ, MARÍA LUZ (2022). Procesos de enseñanza-aprendizaje en educación infantil. Narcea.
HERNÁNDEZ-LAINA, YOVANA (2023). La escuela de Educación Infantil en España. Universidad Nacional de Educación a Distancia.
REAL DECRETO 95/2022, de 1 de febreiro, polo que se establece a ordenación e as ensinanzas mínimas da Educación Infantil. https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2022-1654
BLOQUE II: PROFESIÓN DOCENTE
MARTÍN, ANA MARÍA, CAMPOS, BLAS & PÉREZ, LOURDES (2021). El desarrollo de la profesión docente. Una visión desde la acción pedagógica. UNED.
SANZ PONCE, ROBERTO, & GIMÉNEZ BEUT, JUAN ANTONIO (Coords.) (2024). Ser docente hoy: competencias y habilidades para la Educación Infantil. Narcea, S.A. de Ediciones.
VALLE LÓPEZ, JAVIER MANUEL, & MANSO AYUSO, JESÚS (Dirs.) (2016). La cuestión docente a debate: nuevas perspectivas. Narcea.
ZABALZA, MIGUEL ÁNGEL & ZABALZA, MARÍA AINOHA. (2011). Profesores y profesión docente: entre el ser y el estar. Narcea.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
BLOQUE I: DIDÁCTICA NA EDUCACIÓN INFANTIL
BASSEDAS, EULALIA, HUGUET, TERESA, & SOLÉ, lSABEL (2006). Aprender y enseñar en educación infantil. Graó.
DÍEZ NAVARRO, CARMEN (2013). La educación infantil: 10 ideas clave. Graó.
GERVILLA, ÁNGELES (2006). Didáctica básica de la educación infantil: conocer y comprender a los más pequeños. Narcea.
MORRISON, GEORGE S. (2004). Educación Infantil. Pearson.
ZABALZA, MIGUEL ÁNGEL (2008). Didáctica de la Educación Infantil. Narcea.
ZABALZA, MIGUEL ÁNGEL (Coord.) (2008). Calidad en la educación infantil. Narcea.
BLOQUE II: PROFESIÓN DOCENTE
FERRERES, VICENTE SEBASTIÁN & IMBERNÓN, FRANCESC (1999). Formación y actualización para la función pedagógica. Síntesis.
LÓPEZ RUPEREZ, FRANCISCO (2014). Fortalecer la profesión docente: un desafío crucial. Narcea.
MARCELO, CARLOS, & VAILLANT, DENISE (2009). Desarrollo profesional docente. ¿Cómo se aprende a enseñar? Narcea.
BIBLIOGRAFÍA PERIÓDICA
Aula de Infantil: https://www.Grao.com/es/aula-infantil
Aula de Innovación Educativa: https://www.Grao.com/revistas/revista-aula/
Cuadernos de Pedagogía: https://www.cuadernosdepedagogia.com/content/Inicio.aspx
Revista Digital de Educación y Formación del Profesorado (e-CO): https://revistaeco.cepcordoba.es/
Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado: https://revistas.um.es/reifop
Revista Latinoamericana de Educación Infantil (RELADEI): https://revistas.usc.gal/index.php/reladei
WEBGRAFÍA
Aulas Galegas: https://aulasgalegas.org
Consellería de Educación: https://educacioneciencia.xunta.gal/portada
Consellería de Política Social: https://politicasocial.xunta.gal/es
Educación 3.0: https://www.educaciontrespuntocero.com/
El País · Educación Infantil: https://elpais.com/noticias/educacion-infantil/
Espazo Abalar: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/es
A) COMPETENCIAS XERAIS
X2 - Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensión cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
X3 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas do estudantado, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
X4 - Fomentar a convivencia na aula e fora dela e abordar a resolución pacífica de conflictos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
X5 - Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto ás demais persoas. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
X9 - Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ten que ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
X11 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónomo e cooperativo e promovelo no estudantado.
B) COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E19 - Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.
E20 - Valorar a importancia da estabilidade e a regularidade no contorno escolar, os horarios e os estados de ánimo do profesorado como factores que contribúen ao progreso harmónico e integral do estudantado.
E21 - Saber traballar en equipo con outros/as profesionais de dentro e fora do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.
E22-Atender as necesidades do estudantado e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto
C) COMPETENCIAS BÁSICAS
CB2 - Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o estudantado teña desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
D) COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A configuración dos novos Graos destaca a importancia do papel do alumnado universitario como axente activo no seu proceso de ensino- aprendizaxe (E-A), así como o rol de facilitador e mediador que debe asumir o profesorado. Tendo en conta isto, esta materia vertébrase arredor dunha serie de principios metodolóxicos (combinación teoría-práctica; aprendizaxe activa, continua e participativa; aprendizaxe baseada en proxectos; aprendizaxe e servizo; motivación e curiosidade; traballo cooperativo; ética e cuestionamento crítico; actualidade) que marcarán as distintas sesións e actividades da materia.
Deste xeito, as distintas actividades formativas repártense entre un horario presencial (correspondente ás sesións expositivas, sesións interactivas e titorías) e un horario non presencial (que implica o traballo autónomo por parte do alumnado).
· ACTIVIDADES FORMATIVAS PRESENCIAIS:
- Sesións expositivas (gran grupo): céntranse no traballo dos contidos de natureza teórico-conceptual. Diríxense á exposición de contidos, actividades de xestión e coordinación da materia, presentación de material audiovisual, charlas con persoas expertas; etc. Tamén poden incorporar tarefas do alumnado (exposición de traballos, planificación, organización de equipos de traballo, etc.) incluíndo tamén aquelas actividades de avaliación de aprendizaxes e ensino en gran grupo.
- Sesións interactivas (grupo mediano) serán de tipo seminario. Nelas o alumnado adquire un maior protagonismo á hora de afondar e poñer en práctica os contidos desenvolvidos nos diferentes temas. Así pois, lévanse a cabo actividades de estudo previo (revisión e análise de materiais docentes antes da sesión por parte do alumnado) combinadas con probas práctico-interactivas con materiais, baseadas no traballo en equipo, na cooperación, no intercambio de experiencias e debates grupais, na posta en común de diversos obxectos de traballo (clips, documentais, textos, prácticas, etc.), que se entregarán ao finalizar a cada sesión.
- Titorías (pequeno grupo/individual): supoñen unha atención máis personalizada entre profesorado e estudantado, tendo por finalidade guiar a aprendizaxe de xeito máis concreto, atendendo ás demandas do alumnado. Estas sesións estarán especialmente encamiñadas á supervisión dos traballos individuais/en grupo e á atención das necesidades de cada estudante, polo que as actividades que se desenvolverán nesta tipoloxía de sesións son a discusión ou comentario de traballos, diálogo sobre cuestións dubidosas ou sobre temáticas de interese, orientacións sobre lecturas e traballos...
· ACTIVIDADES FORMATIVAS NON PRESENCIAIS (TRABALLO AUTÓNOMO)
O traballo autónomo (fóra da aula) está dirixido á realización de actividades non presenciais, tanto de carácter individual como en grupo, que reforzan convenientemente as actividades formuladas en aula. Estas concrétanse en:
- Actividades de estudo previo:
· Revisión e análise de materiais (lectura de documentación, visionado de vídeos, elaboración de informes, preparación de probas, realización de exercicios, elaboración de informes e traballos, elaboración de conclusións escritas de sesións presenciais, buscas bibliográficas, buscas en bases de datos, etc.) antes da sesión presencial co/a docente, que se especificarán para cada tema ou sesión (expositiva/interactiva). Implican a participación activa do alumnado e a súa integración no sistema de avaliación da materia.
· Preparación e ensaio de presentacións de traballos individuais/grupais.
· Preparación da proba final que se inclúe no sistema de avaliación e que implica o estudo significativo e non memorístico dos contidos da materia.
- Proxecto interdisciplinar: correspóndese co traballo xeral da materia para realizar fóra da aula, en pequeno grupo/individualmente. Contempla 2 modalidades, atendendo á metodoloxía que se desenvolve: modalidade A (Aprendizaxe-Servizo ou ApS) ou modalidade B (Aprendizaxe Baseado en Proxectos ou ABPx). Neste PI está implicada, ademais desta, a materia de Socioloxía da Educación (Grao en Mestra/e de Educación Infantil), de aí o seu carácter interdisciplinar. O profesorado proporcionará os materiais e as pautas necesarias para desenvolver de forma axeitada o traballo solicitado, estando a disposición do alumnado na AV da materia. Para o correcto seguimento dos traballos, solicitaranse unhas entregas parciais e se establecerá un horario de titorías obrigatorias. Aquel alumnado que teña 2 ou máis faltas de asistencia sen xustificar a estas titorías deberá continuar o traballo de xeito individual.
- Outras dinámicas: asistencia a conferencias, asistencia a congresos e accións formativas, elaboración de prácticas, etc.
Ademais de todo o anterior, o profesorado da materia sinalará aquelas actividades de realización obrigatoria por parte de todo o alumnado, dadas as súas implicacións na metodoloxía de traballo desta materia.
Igualmente, na medida en que haxa RECURSOS DISPOÑIBLES (financiamento preciso), prevese a organización dalgunha CONFERENCIA con PROFESIONAIS EXTERNOS así como unha PRÁCTICA DE CAMPO.
Esta materia impártese con perfil de lingua galega e castelá (as dúas linguas co-oficiais de Galicia) polo que o profesorado desenvolverá a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela nestas linguas, á marxe de que parte dos materiais escritos puidesen ofrecerse noutros idiomas. O alumnado, pola súa parte, intervirá nas linguas de perfil da materia que prefira, tanto a nivel oral como escrito, nas actividades que se propoñan. En todo caso, fomentarase o emprego e o manexo da lingua galega entre o alumnado.
Finalmente, o alumnado con dispensa de asistencia contará cun 'plan de traballo individualizado' para o seguimento da materia, atendendo ás súas circunstancias excepcionais de non presencialidade. Con carácter xeral, elaborará as actividades e probas de maneira individual. Neste senso, terá á súa disposición os contidos teórico-prácticos (apuntamentos, materiais de traballo, actividades e tarefas demandadas, etc.) na Aula Virtual (AV a partir de este momento).
#AVISO IMPORTANTE: todas as producións do estudantado, tanto individuais como grupais, deben ser orixinais, e as referencias empregadas deben estar debidamente citadas no corpo do texto. Calquera traballo/actividade ou parte deste/a copiado ou elaborado de maneira fraudulenta (independentemente de cal sexa a súa extensión no escrito) suporá a aplicación da 'Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións' que supón o suspenso automático da materia (véxase apartado de ‘Observacións’).
Coa finalidade de comprobar en que Grao se acadaron os obxectivos e as competencias da materia establecidas na Memoria Verificada do Título e, de acordo coa Normativa de Avaliación da USC, o sistema de avaliación proposto ten un carácter integral, continuo e formativo. Seguidamente especifícanse os elementos que se valorarán atendendo ao tipo de alumnado que pode estar matriculado nesta materia.
AVALIACIÓN XERAL DA MATERIA (ALUMNADO ORDINARIO):
Poderá acollerse a este sistema de avaliación continua aquel alumnado que asista a un mínimo do 90% das sesións da materia (agás naqueles casos de dispensa oficial de docencia). Así pois, ao tratarse dunha cuestión de obrigado cumprimento por parte do estudantado (art. 1.1., ‘Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela’), a ASISTENCIA NON será VALORADA no sistema de avaliación da materia pero SI será REXISTRADA dadas as súas implicacións nas actividades formativas e naquelas actividades de realización obrigatoria que estableza o profesorado.
A. PARTICIPACIÓN e IMPLICACIÓN (10% da cualificación final)
Este apartado refírese á participación regular nas sesións de aula, ao traballo continuado e á implicación e aportacións relevantes nas diversas dinámicas que se leven a cabo na materia (tarefas, debates, titorías, etc.).
Para obter PUNTUACIÓN neste apartado será REQUISITO a asistencia a ese mínimo do 90% das sesións da materia. Os criterios de avaliación que se empregarán para a valoración deste apartado (dos que se levará rexistro) detállanse a continuación:
- Actitude positiva, empática e respectuosa que permita, de acordo co 'Estatuto do Estudantado' aprobado no ano 2019, cumprir co dereito do alumnado a recibir unha docencia de calidade e co deber do profesorado de impartir as clases nas condicións que esixe a USC. Se este criterio non se cumpre, non se terán en conta o resto de indicadores (a pesar de que poidan cumprirse) e, polo tanto, NON se obterá PUNTUACIÓN neste apartado da avaliación.
- Intervencións pertinentes e relevantes nas dinámicas da materia e en cantas actividades formativas se desenvolvan (sesións de aula, sesións con profesionais externos), a través de preguntas, comentarios, experiencias, etc.
- Seguimento da materia: manexo dos contidos e da documentación de estudo/traballo da materia (formulación de dúbidas, resposta a preguntas formuladas sobre os contidos que se estean traballando, alusión a contidos xa traballados aportando reflexións, vivencias ou experiencias que enriquezan as sesións presenciais).
- Coñecementos sobre o proceso de elaboración das tarefas grupais e/ou individuais que se poidan realizar (en sesións de titoría/ aula).
- Axuda na organización e desenvolvemento de actividades que se desenvolvan ao longo do semestre, de ser o caso.
B. PROBAS ESPECÍFICAS (40% da cualificación final)
Este apartado está configurado polas seguintes actividades:
- Tarefas de estudo previo (con entrega na sesión presencial de aula).
- Probas práctico-interactivas con materiais (entregaranse ao finalizar a cada sesión).
- Proba escrita (sen materiais) sobre os contidos teórico-conceptuais da materia.
Dentro da porcentaxe deste apartado, as actividades de estudo previo e as probas práctico-interactivas teñen un peso dun 25%. A proba escrita (de carácter individual e sen materiais) será preferentemente unha proba obxectiva que poderá conter preguntas de diversa tipoloxía (opción múltiple, completar, relacionar, de desenvolvemento breve, etc.), tendo un peso do 15%. Realizarase na data oficial do calendario de exames da FFP.
C. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS (40% da cualificación final)
Este apartado inclúe o traballo xeral da materia, o cal se corresponde co Proxecto Interdisciplinar (PI), explicado no apartado de ‘Metodoloxía’ deste Programa.
Para a cualificación do Proxecto Interdisciplinar (PI) teranse en conta o seguimento na elaboración do proxecto e o propio informe do PI (documento escrito). Será necesario ter aprobado este informe para sumar o resto de elementos avaliativos do Proxecto Interdisciplinar e poder superar así esta parte da avaliación da materia.
D. PRESENTACIÓNS OU PROBAS ORAIS ESPECÍFICAS (10% da cualificación final)
Este apartado refírese ás probas orais solicitadas ao alumnado ao longo da materia:
- Presentación e exposición oral do Proxecto Interdisciplinar (PI), de carácter obrigatorio.
- Outras exposicións/probas orais que se poidan solicitar ao alumnado.
O profesorado especificará as pautas necesarias para a realización das presentacións orais que se soliciten.
**ACLARACIÓNS RESPECTO DO SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA:
-. ACTIVIDADES DE REALIZACIÓN OBRIGATORIA: o profesorado da materia establecerá unhas actividades de realización obrigatoria para todo o alumnado, dadas as súas implicacións na metodoloxía de traballo desta materia.
-. CUALIFICACIÓN MÍNIMA: a puntuación mínima para superar o conxunto global da materia é de 5 puntos.
-. O ALUMNADO QUE CUMPRA COA PORCENTAXE DE ASISTENCIA (90%) que exixe o ‘Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela’, superará a materia se acada a puntuación mínima de 5 puntos totais (sobre 10) no conxunto da materia. Para sumar as puntuacións de todos os apartados do sistema de avaliación é imprescindible superar as probas práctico-interactivas e a proba específica [apartado B - probas específicas], así como o Proxecto Interdisciplinar [apartado C - informes escritos e outras producións]. Ao alumnado que non supere a materia constaralles a cualificación da parte suspensa ou, de ser o caso, non presentado (NP).
-. O ALUMNADO CON FALTAS DE ASISTENCIA SEN XUSTIFICAR SUPERIOR AO 10% (‘Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela’), PERDERÁ O DEREITO A AVALIACIÓN CONTINUA e, por tanto, soamente poderá presentarse á proba final de carácter individual (nas datas oficiais de exames da FFP), non recibindo cualificación nos restantes apartados e elementos da avaliación da materia.
-. ENTREGA DE ACTIVIDADES DE ESTUDO PREVIO E PROBAS PRÁCTICO/INTERACTIVAS: de maneira xeral, as actividades/tarefas non entregadas en tempo e forma terán a cualificación de ‘0 puntos’, facendo media coas restantes cualificacións para a ponderación do apartado correspondente. En todo caso, o alumnado pode atoparse nas seguintes situacións:
· Alumnado que asiste pero non trae a tarefa de estudo previa: este alumnado terá unha cualificación de ‘0 puntos’ nesta tarefa e deberá realizar a proba práctico-interactiva de maneira individual.
· Alumnado que non asiste por unha causa xustificada (véxase apartado de ‘Observacións’): poderá entregar a tarefa individual no prazo que estableza o profesorado (dependendo das causas da falta de asistencia), tendo que realizar a proba práctico-interactiva de maneira individual.
· Alumnado que non asiste e non xustifica convenientemente: terá a cualificación de ‘0 puntos’ na tarefa de estudo previa e non poderá entregar a proba práctico-interactiva, recibindo tamén unha cualificación de ‘0 puntos’.
AVALIACIÓN PARA O ALUMNADO CON DISPENSA OFICIAL DE ASISTENCIA:
Entrarán nesta categoría o alumnado que dispoña dunha dispensa de asistencia ás clases concedida de xeito oficial (atendendo ao ‘Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela’). Segundo os Estatutos da Universidade, este alumnado "ten dereito a unha atención e deseño das actividades académicas que faciliten a conciliación dos estudos coa vida persoal, familiar e laboral (art. 33.ñ)" pero tamén "ten o deber da asistencia e participación naquela s actividades formativas que se establezan como obrigatorias na programación docente" (art. 130.2).
A efectos desta materia, o alumnado con dispensa oficial de asistencia a clase contará cun 'plan de traballo individualizado' no que se detallarán as cuestións relativas á materia no seu caso concreto.
A continuación establécense o sistema de avaliación deste tipo de alumnado.
A. PARTICIPACIÓN E SEGUIMENTO DA MATERIA (10% da cualificación final)
Para obter puntuación neste apartado será requisito asistir ao número mínimo de sesións de clase de carácter teórico-práctico que a docente estableza como obrigatorias no 'plan de traballo individualizado' (a disposición do alumnado na AV). Neste senso, será requisito acudir ao mínimo de sesións formativas a cargo de profesionais externos (cuxa temática e data serán comunicadas coa debida antelación a través dos medios oportunos) así como a unha serie de titorías obrigatorias programadas que serán convocadas coa suficiente antelación. Rexistrarase a asistencia do alumnado, nos casos anteriores.
Os indicadores de avaliación que se terán en conta para a valoración deste apartado serán os seguintes:
- Envío en tempo e forma do documento de concesión de dispensa oficial, unha vez o teña o/a alumno/a, a través do correo electrónico institucional da USC.
- Interese e establecemento de contacto coa docente da materia para unha primeira titoría na mesma semana en que se reciba a comunicación oficial da aprobación da dispensa. O obxectivo desta primeira titoría é establecer os primeiros contactos oficiais e concretar o 'plan de traballo individualizado' atendendo á situación do alumno/a.
- Participación nas sesión expositivas/interactivas que se establezan como obrigatorias, formulando os comentarios e resposta a preguntas, entre outras, acaídas aos contidos abordados.
- Participación nas sesións con profesionais externos, con preguntas, comentarios, experiencias, etc. relevantes e acaídas aos contidos abordados.
- Participación nas titorías obrigatorias para o seguimento do proceso de elaboración do PI, demostrando a lectura da documentación relacionada co este proxecto.
- Formulación de dúbidas, demostrando coñecemento da documentación traballo e estudo da materia.
- Envío en tempo e forma das entregas parciais das tarefas que se poidan solicitar dende a materia.
- Seguimento puntual da información que se traslada ao alumnado con dispensa a través da AV e/ou do correo electrónico institucional da use.
- Resposta en tempo e forma ás mensaxes que o/a alumno/a reciba da docente.
B. PROBAS ESPECÍFICAS (40% da cualificación final)
Este apartado contempla a realización dos seguintes elementos:
- Probas práctico-interactivas con materiais (entregaranse segundo o calendario establecido polo profesorado da materia e que constará na AV).
- Proba escrita (sen materiais) sobre os contidos teórico-prácticos da materia, recollidos no conxunto total dos materiais postos á súa disposición na AV. Esta proba será, preferentemente, unha proba teórico-práctica de desenvolvemento escrito que se levará a cabo na data oficial do calendario de exames da use.
Dentro da porcentaxe deste apartado, as probas práctico-interactivas teñen un peso dun 15%. A proba escrita (de carácter individual e sen materiais), pola súa banda, terá un peso do 25%. Realizarase na data oficial do calendario de exames da FFP.
C. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS DO ALUMNADO (40% da cualificación final)
Inclúese neste apartado a realización do Proxecto Interdisciplinar (PI) na súa modalidade B (Aprendizaxe Baseada en Proxectos ou ABPx). En todo caso, as características da modalidade e as pautas para a elaboración do traballo serán determinadas entre o alumnado de dispensa e o profesorado da materia, sendo concretado no seu ‘plan de traballo individualizado’.
Para a cualificación do PI terase en conta o seguimento na elaboración do proxecto e o propio informe do PI (documento escrito). Será necesario ter aprobado este informe para sumar el resto de elementos avaliativos do PI e poder superar así esta parte da avaliación da materia.
D. PRESENTACIÓNS OU PROBAS ORAIS ESPECÍFICAS (10% da cualificación final)
Este apartado refírese ás probas orais solicitadas ao alumnado ao longo da materia. Unha destas exposicións será, de xeito obrigatorio, a presentación e exposición oral do Proxecto Interdisciplinar (PI) elaborado. O profesorado especificará as pautas necesarias para a realización desta presentación oral.
#Para a superación da materia, o alumnado con dispensa de asistencia deberá acadar unha puntuación mínima de 5 puntos totais (sobre 10) na materia. Para sumar as puntuacións de todos os apartados, é imprescindible acadar a puntuación mínima no apartado B (probas específicas) e C (Informes escritos e outras producións). É dicir, a alumna ou o alumno deberá aprobar as probas práctico-interactivas con materiais, a proba escrita e o traballo xeral da materia (Proxecto Interdisciplinar). Quen non supere a materia contaralle na súa Secretaría Virtual a cualificación da parte suspensa ou, de ser o caso, non presentado (NP).
OUTROS ASPECTOS RELACIONADOS CO SISTEMA DE AVALIACIÓN DA MATERIA:
~ RECUPERACIÓN DA MATERIA: aquel alumnado, tanto ordinario como de dispensa, que non superen a materia na 1ª oportunidade, deberá recuperar a parte ou partes suspensas na 2ª oportunidade. Serán obxecto de recuperación os apartados B (probas específicas) e C (informes escritos e outras producións). No que respecta ao apartado C (informes escritos e outras producións), establécese o seguinte:
- Se na 1ª oportunidade optouse pola modalidade A, o alumnado poderá repetir o informe ou realizar un novo Proxecto Interdisciplinar na modalidade B, a decisión do profesorado da materia.
- Se na 1ª oportunidade optouse pola modalidade B, o alumnado continuará na mesma modalidade.
- Se na 1ª oportunidade non se presentou o Proxecto Interdisciplinar baixo ningunha modalidade, o alumnado deberá realizar a modalidade B.
A data límite de entrega correspóndese coa data oficial do exame da 2ª oportunidade.
~ ALUMNADO REPETIDOR (2ª e/ou sucesivas convocatorias): aquel alumnado repetidor que estivese matriculado na materia e que superase o requisito de asistencia conservaránselle as cualificacións superadas obtidas nos seguintes dous cursos académicos posteriores á ter cursado a materia de xeito ordinario (sempre e cando a materia sexa impartida polo profesorado que figura no programa do curso académico vixente). Pasados estes dous cursos, se non supera a parte ou partes pendentes, terá que volver cursar a materia de xeito ordinario.
Aquel alumnado repetidor que estivese matriculado na materia e non superase o requisito de asistencia será avaliado segundo o sistema de avaliación establecido no curso académico en vigor para cada unha das situacións contempladas en relación co alumnado (ordinario ou con dispensa oficial de asistencia).
~ COPIA/REALIZACIÓN FRAUDULENTA DE EXERCICIOS/TAREFAS/PROBAS: para os casos de realización fraudulenta de exercicios, tarefas ou probas será de aplicación o que se recolle na 'Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións' o cal establece que "a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considérase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes". A efectos desta materia, tamén será considerada realización fraudulenta de exercicios e probas dunha materia a utilización da in telixencia artificial (IA) sen o aviso explícito do seu uso na elaboración das actividades e tarefas.
~ COORDINACIÓN ENTRE MATERIAS: a efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás naquelas actividades programadas de forma coordinada entre materias (por exemplo, no noso caso, o Proxecto Interdisciplinar).
Ao tratarse dunha materia de 6 créditos ECTS, ao alumnado correspóndelle 150 horas de traballo, distribuídas do seguinte xeito:
> Tempo dedicado á actividade presencial: 51 horas.
- Aulas expositivas: 23 horas.
- Aulas interactivas: 23 horas.
- Actividades de titoría e supervisión programadas: 3 horas.
- Actividades de avaliación: 2 horas.
> Tempo de traballo autónomo do alumnado fóra da aula: 99 horas.
Esta materia de formación básica de primeiro curso representará, nos máis do casos, o primeiro contacto do alumnado cos contidos propios desta. De aí que se aborden diferentes elementos relacionados tanto coa didáctica como coa profesión docente, desde unha perspectiva crítica pero globalizadora.
O desenvolvemento do programa precisará así unha obrigatoria flexibilidade que permita atender á situación do alumnado, as súas necesidades, coñecementos, características e evolución durante o semestre, así como ás circunstancias que poidan suceder no propio transcurso da materia.
Considerando isto, establécense unha serie de RECOMENDACIÓNS para o aproveitamento da mesma:
~ TITORÍAS: Recoméndase o uso do apoio titorial no horario establecido polo profesorado, pregándose ao alumnado consensuar coa/s docente/s da materia o momento e motivo da demanda titorial, para o seu axuste de horario, lugar de realización e atención académica.
~ ASISTENCIA REGULAR AS AULAS EXPOSITIVAS E INTERACTIVAS, así como a participación nas mesmas e a realización das tarefas propostas, tanto para os tempos de clase presencial como para os momentos de traballo autónomo.
~ TOMA DE APUNTES E NOTAS nas sesións expositivas e interactivas, con independencia da existencia de material teórico-práctico na AV. Isto axudará a unha maior comprensión dos contidos da materia.
~ ÉTICA, RESPONSABILIDADE E COMPROMISO á hora de afrontar o estudo e máis as actividades propostas.
~ CONTACTO E COMUNICACIÓN COAS DOCENTES CANDO SEXA NECESARIO, sobre todo en casos de dúbidas ou preocupacións (sobre todo o alumnado de dispensa ou exención de docencia), mais tamén se son pertinentes suxestións ou peticións.
~ DOMINIO DAS COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS (manexo básico do ordenador e programas de edición de texto, deseño de presentacións, etc.).
~ REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS QUE POIDAN RECOMENDARSE desde a materia ou propostas dende a Facultade ou outros centros universitarios, organismos formativos, etc.
~ CONSULTA DE PUBLICACIÓNS E REVISTAS ESPECIALIZADAS en educación.
~ ASISTENCIA A CLASE: ao tratarse dunha cuestión de obrigado cumprimento por parte do estudantado (art. 1.1., ‘Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela’), e tendo en conta a propia natureza e metodoloxía desta materia (véxanse apartados anteriores deste Programa) a ASISTENCIA nesta materia NON será VALORADA no sistema de avaliación pero SI será REXISTRADA dadas as súas implicacións nas actividades formativas presenciais.
Neste Regulamento sinálase que a asistencia a clase debe considerarse como unha oportunidade para favorecer unha "mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa".
Por outro lado, o 'Estatuto do Estudantado da USC' aprobado en novembro de 2019 di textualmente: "o estudantado deberá cumprir coa asistencia ás clases teóricas e prácticas e a realización das actividades formativas propias de cada materia, de acordo co establecido nas guías docentes e nas memorias verificadas de título".
~ XUSTIFICACIÓN DAS FALTAS DE ASISTENCIA: tendo en conta a normativa universitaria ao respecto, a xustificación das faltas de asistencia deberá realizarse ante o profesorado no prazo máximo de cinco días hábiles desde que remate a causa que impediu a asistencia. Soamente se considerarán situacións susceptibles de xustificación aquelas establecidas no “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de Grao e Máster da universidade de Santiago de Compostela”.
~ NORMATIVA DE CONVIVENCIA DA USC: o profesorado velará polo cumprimento e desenvolvemento dos principios desta normativa. En cumprimento da ‘Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria’, a USC aprobou en marzo de 2023 o ‘Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da USC’, que procura establecer as bases das relacións no ámbito universitario e a resolución dos conflitos que poidan alterar a convivencia ou o normal desenvolvemento da docencia, a investigación e a transferencia do coñecemento (https://www.usc.gal/gl/usc/institucional/convivencia).
Consonte ao artigo 40.‘e’ do mencionado Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da USC, considéranse faltas graves, entre outras:
- Apoderarse indebidamente do contido de probas, exames ou controis de coñecemento.
- Impedir a celebración de actividades de docencia, investigación ou transferencia do coñecemento, exercendo violencia ou provocando graves alteracións nas actividades, sen prexuízo dos dereitos recoñecidos no artigo 3 da Lei de convivencia universitaria.
- Cometer fraude académica, cando non constitúa falta moi grave.
- Utilizar indebidamente contidos ou medios de reprodución e gravación das actividades universitarias suxeitas a dereitos de propiedade intelectual.
No artigo 43 do mencionado regulamento se poden consultar as sancións disciplinarias que corresponden ás faltas leves, graves e moi graves.
~ ADAPTACIÓNS para aquel ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO (NEAE). En relación con isto, todo aquel alumnado que precise dalgún tipo de adaptación deberá solicitalo ao profesorado da materia, tendo en conta que soamente se terán en conta aqueles casos valorados e comunicados polo Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU: httQ:/Lwww.usc.esLglL servizos/sepi u/). Así pois, recoméndase ao alumnado realizar as xestións oportunas con este Servizo á maior brevidade co fin de acordar a realizar as adaptacións curriculares e/ou avaliativas que sexan necesarias para a materia.
~ USO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: todas as persoas implicadas nesta materia (alumnado e profesorado fundamentalmente) terán que facer uso destas ferramentas que a USC pon a disposición da súa comunidade universitaria (e-mail institucional, Campus Virtual, Microsoft 365) así como outras autorizadas como ferramentas institucionais, tanto para a COMUNICACIÓN (uso do correo electrónico oficial da USC como para o TRABALLO ACADÉMICO.
**IMPORTANTE!!: Non se aceptarán medios de comunicación externos exceptuando casos debidamente xustificados.
~ USO DE APARATOS ELECTRÓNICOS NA AULA (smartphone, tablet, ordenador portátil, etc.): queda restrinxido o uso destes dispositivos electrónicos na aula ao seu emprego como instrumento de traballo naquelas actividades indicadas polo equipo docente e sempre con fins académicos. O alumnado será o responsable das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun manexo non axeitado do mesmo.
~ RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL: en base a este principio, recoméndase a entrega dos traballos individuais ou de grupo empregando, esencialmente, o soporte dixital (Aula Virtual ou outros análogos de carácter institucional). Cando se solicite entrega de traballos individuais e/ou grupais en formato impreso, teranse en conta as seguintes indicacións (sempre que sexa posible): evitar tapas de plástico/ envoltorios externos innecesarios; empregar grampas; imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta"; non empregar folios en branca como separadores de capítulos/ partes; evitar anexos innecesarios.
~ IGUALDADE DE XÉNERO: atendendo aos criterios igualdade de xénero no ámbito universitario e máis cumprindo cun principio feminista, recoméndase e foméntase o emprego dunha linguaxe inclusiva e non sexista tanto no traballo cotiá nas aulas expositivas e interactivas, como nos traballos académicos propostos. Pode obterse información ao respecto na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/cultura-institucional/vi…
Así mesmo, en cuestións de igualdade de xénero institucionais da USC, podedes obter información a través da Oficina de Igualdade de Xénero (https://www.usc.gal/gl/servizos/unidades/oficina-igualdade-xenero) e no espazo web de ‘Igualdade’ (https://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade).
~ PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS: nesta materia será obrigatorio o CUMPRIMENTO da normativa de PROTECCIÓN DE DATOS. Pódese consultar máis información na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos
Eva María Barreira Cerqueiras
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821017
- Correo electrónico
- evamaria.barreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Alba Maria Souto Seijo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821006
- Correo electrónico
- albamaria.souto [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula 26 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 26 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Galego | Aula 26 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 21 |
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
19:00-20:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 29 |
23.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
23.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 29 |
22.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 29 |
22.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |