Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didácticas Aplicadas
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica da Expresión Corporal
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos que nos propoñemos lograr atenden tanto á adquisición de coñecementos básicos sobre a disciplina, como á práctica de destrezas relacionadas cos devanditos coñecementos e á adquisición de certas disposicións valorativas. Consideramos prioritario que os/as alumnos/as cheguen a:
OBXECTIVOS XERAIS
1. Afondar no concepto, teorías e características do xogo.
2. Comprender a importancia de adquirir habilidades e coñecementos a través do xogo.
3. Recoñecer e valorar a importancia do xogo no proceso educativo e a súa importancia na formación íntegra.
4. Deseñar e implementar proxectos de intervención lúdicos, integrados en contextos formais e informais, que favorezan o desenvolvemento global dos nenos e nenas.
5. Determinar técnicas e instrumentos de observación aplicábeis a situacións lúdicas e educativas, para obter información do neno ou nena e do seu proceso de desenvolvemento.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
1. Aprender a utilizar a socialización a través do xogo.
2. Coñecer as teorías do xogo e o xogo como ensinanza e aprendizaxe.
3. Pór en práctica actividades lúdico motrices, aplicando a metodoloxía didáctica.
4. Afondar no concepto de xoguete como elemento lúdico e didáctico.
5. Programar actuacións a través da metodoloxía lúdica.
A materia Xogo Infantil analiza a evolución do xogo durante o desenvolvemento infantil e a súa importancia como eixe metodolóxico da intervención educativa. O xogo no neno de 0 a 12 anos é imprescindíbel, non só pola súa evidente función lúdica, senón tamén pola súa contribución ao desenvolvemento normal do neno e á ensinanza de conceptos, tanto primarios como secundarios, propios da educación da etapa infantil e primaria. No xogo, os nenos atopan un medio de comunicación, tanto cos seus iguais como cos adultos, o que fai que o seu dominio e coñecemento sexa imprescindíbel para os profesionais que van interactuar con esta poboación, converténdose nun importante medio de acceso ao pensamento real do neno.
Nesta materia o alumnado poderá afondar en todas as vertentes do xogo infantil, dotándose das habilidades e coñecementos necesarios para promover e implementar situacións de xogo como eixe da actividade e do desenvolvemento infantil.
Os descritores da materia, segundo constan nas Memorias dos Títulos dos Graos en Mestra e Mestre en Educación Infantil e Primaria, concrétanse nos seguintes contidos:
Tema 1. Natureza e importancia do xogo na infancia
- Aproximacións ao concepto de xogo
- Características do xogo
- Diferentes teorías sobre o xogo a través da historia
- Evolución do xogo infantil e a súa importancia no desenvolvemento
- Contribucións do xogo ao desenvolvemento cognitivo, social, afectivo-emocional e motriz
Tema 2. A que xogamos? Os xogos, clasificación e funcións
- Tipoloxía do xogo infantil
- Funcións do xogo: xogar para aprender e aprender a xogar
- O xoguete
Tema 3. O xogo na escola: os procesos de Ensinanza-Aprendizaxe
- Importancia do xogo no marco da Educación Escolar
- Xogo e aprendizaxe escolar.
- Papel do xogo como eixe metodolóxico
Tema 4. O educador no seu día a día: programación da actividade lúdica
- A intervención do educador/educadora no xogo dos nenos e nenas
- Elaboración de obxectivos: os piares da intervención
- Metodoloxía e estratexias motivadoras
- Deseño, estruturación e organización de espazos e tempos de xogo: programar unha sesión, programar unha actividade
- Recursos e materiais para o xogo
- Observación e avaliación da actividade lúdica
- Xogo e atención á diversidade
Bibliografía básica
- De Puig, I. e Sátiro, A. (2011). Jugar a pensar con niños de 4 a 5 años. Octaedro.
- Delgado, I. (2011). El Juego infantil y su metodología. Ed. Paraninfo.
- García, A. V. e Peñalba, J. L. (2009). El Juego infantil y su metodología. Editex.
Bibliografía complementaria
- Álava, S. (2021). El arte de educar jugando. JDEJ Editores.
- Bañeres, D., Bishop, A. J., Cardona, M. C., Comas, O. et al. (2008). El Juego como estrategia didáctica. Graó.
- Batllori, J. (2000). Juegos para entrenar el cerebro. Desarrollo de habilidades cognitivas y sociales. Narcea.
- Bernabeu, N. (2009). Creatividad y aprendizaje: el juego como herramienta pedagógica. Narcea.
- Cortizas, A. (2013). Tastarabás: Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza. Edicións Xerais de Galicia, S.A.
- Decroly, O. e Monchamp, E. (1998). El juego educativo. Iniciación a la actividad intelectual y motriz. Morata.
- Delval, J. (1996). El juego. En J. Delval (Ed.), El desarrollo humano (pp. 283-308). Siglo Veintiuno de España Editores.
- Garaigordobil, M. (2005). Las aportaciones de la teoría del egocentrismo de Piaget a la investigación del juego infantil. Revista Infancia, 91, 4-9.
- Garfella, P. R. e López, R. (1999). El juego como recurso educativo (Guía antológica). Tirant lo Blanch.
- Huizinga, J. (2012). Homo ludens. Alianza Editorial.
- López González, X. e García Fernández, J.M. (2014). Xoguetes naturais: argalladas dos pícaros. Primavera-Verán. Ouvirmos.
- López González, X. e García Fernández, J.M. (2014). Xoguetes naturais: argalladas dos pícaros. Outono-Inverno. Ouvirmos.
- Lytle, D. E. (Ed.) (2003). Play and educational theory and practice. Praeger.
- Marín, I. (2018). ¿Jugamos?: Como el aprendizaje lúdico puede transformar la educación. Paidós Educación.
- Martínez, G. (1999). El juego y el desarrollo infantil. Octaedro.
- Moyles, J. R. (1990). El Juego en la educación infantil y primaria. Morata.
- Navarro, V. (2002). El afán de jugar. Teoría y práctica de los juegos motores. INDE.
- Ortega. R. (1992). El juego infantil y la construcción social del conocimiento. Alfar.
- Pecci, M. C., Herrero, T., López, M. e Mozos, A. (2010). El Juego infantil y su metodología. McGraw-Hill.
- Pineda, J. e VV. AA. (1997). Fichero de juegos: I, II, III, IV, V. Wanceulen.
- Romero, V. e Gómez, M. (2003). El Juego infantil y su metodología. Altamar.
- Ruiz de Velasco Gálvez, A. e Abad Molina, J. (2011). El juego simbólico. Graó.
- Saracho, O. e Spodek, B. (Eds.) (2003). Contemporary perspectives in play in early childhood education. Information Age Publishing.
- Veiga, P. (2001). O libro dos xogos populares galegos: catálogo descritivo e educativo. Sotelo Blanco Edicións.
- Veiga, P. (2001). Xogo popular galego, educación e identificación cultural. Sotelo Blanco Edicións.
- Vygotski, L. (2003). El papel del juego en el desarrollo del niño. En A M. Cole, V. John-Steiner, S. Scribner e E. Souberman (Eds.), El desarrollo de los procesos psicológicos superiores (pp. 141-158). Edit. Crítica.
- Wolfgang, C. H. (2004). Child guidance through play: Teaching positive social behaviors (ages 2-7). Pearson.
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
1. G5. Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira, segunda e terceira infancia.
2. G10. Actuar como orientador de pais e nais en relación coa educación familiar no período 0-12 e dominar habilidades sociais no trato e relación coa familia de cada estudante e co conxunto das familias.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA
1. E2. Coñecer os cambios psicolóxicos na infancia nos períodos 0-3, 3-6 e 6-12.
2. E5. Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e heurístico.
3. E21. Saber traballar en equipo con outros profesionais do dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades dos períodos 0-3, 3-6 e 6-12.
4. E55. Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS COMPLEMENTARIAS DA MATERIA
1. EC23. Tomar conciencia da importancia do xogo como actividade vital para o desenvolvemento humano.
2. EC24. Fomentar a creatividade a través de actividades lúdicas.
3. EC25. Ter coñecemento da evolución e características do concepto de xogar.
A proposta metodolóxica a empregar pretende conxugar o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, así como o traballo autónomo e a autoaprendizaxe. As actividades presenciais terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, dar unha visión global dos contidos e relacionar coñecementos para facilitar a significatividade das aprendizaxes, polo que a exposición se acompañará, cando sexa pertinente, de organizadores previos, definicións, cadros sinópticos, esquemas, etc. O apoio de material visual e recursos en rede empregaranse para clarexar os contidos tratados e servir de referencia e punto de partida para os traballos e actividades de carácter grupal.
Co traballo en seminarios, ademais de afondar máis pormenorizadamente en contidos específicos, preténdese dotar ao alumnado das ferramentas necesarias para a realización dun traballo autónomo (busca e manexo de diferentes fontes de información, elaboración de comparacións a nivel teórico-explicativo, establecemento de relacións conceptuais, propiciar a transferencia da teoría á práctica, aprender a elaborar e presentar informes, confrontación de diferentes puntos de vista e capacidade para construír significados compartidos axudados da labor mediadora do docente). A concreción das tarefas requiridas e os materiais necesarios serán presentados ao alumnado nas correspondentes sesións de clase.
Nas sesións interactivas realizaranse diferentes actividades de carácter práctico que se especificarán na Guía docente de cada un dos temas. Os resultados do traballo, habitualmente realizado en grupo, deberán ser defendidos, nalgúns casos, oralmente ante os compañeiros e posteriormente debatidos.
Para cada un dos temas proporcionaranse as diapositivas empregadas nas exposicións, ao que se lle poderá engadir materiais de estudo especificos para cada tema tratado (lecturas obrigatorias...). A totalidade do material das clases expositivas e interactivas será obxecto de estudo básico para o exame da materia e estará a disposición no campus virtual da materia.
As titorías individuais e/ou de grupo, a demanda do alumnado, servirán para aclarar ou comentar aspectos do traballo realizado nas clases expositivas e interactivas. Faranse nos horarios sinalados, mediante a ferramenta Microsoft Teams ou de forma presencial no despacho do profesorado.
En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
A cualificación global do estudante na materia procederá:
- Un 40% da cualificación dos resultados nunha proba (exame) sobre os contidos dos temas tratados nas clases expositivas e interactivas e nas lecturas obrigatorias. É preceptivo ter aprobado este exame para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final da materia.
- Un 60% da cualificación do traballo realizado nas sesións interactivas. É preceptivo ter aprobados todos os traballos realizados nas sesións interactivas para sumar a cualificación obtida na proba (exame).
Os criterios de avaliación destas actividades de seminario poderán variar para cada unha delas. Entre os aspectos xerais que se considerarán están, ademais da asistencia obrigatoria e a participación nas clases interactivas, a propia calidade dos contidos, o grao de axuste ás directrices dadas, a competencia expositiva, a orixinalidade e as achegas críticas, e a evidencia de traballo en grupo e non a suma de respostas individuais.
Para poder ser avaliado na materia, o/a estudante deberá ter participado, realizado e presentado, alomenos un 80% das actividades requiridas nas sesións interactivas. A non realización do exame ou das actividades propostas nas sesións interactivas levará consigo unha cualificación de NON PRESENTADO (Atención! “corre convocatoria”). Cando non se supere, xa sexa o exame xa sexan as actividades propostas nas sesións interactivas, a cualificación que figurará en actas será a de SUSPENSO, co valor numérico máis próxima ao 5 obtido nun ou noutro apartado de avaliación.
Os estudantes que non asistan ás sesións interactivas por riba dun 80% NON poderán aprobar a materia na convocatoria de Xaneiro. En sucesivas convocatorias poderán facelo realizando, ademais dunha proba teórico-conceptual, outra de corte práctico-aplicado, que avaliará as competencias procedimentais.
Os estudantes que non superen a proba pero teñan aprobadas as actividades realizadas nas sesións interactivas poderán presentarse ao exame oficial de Xullo sen necesidade de facer traballos ou probas adicionais. Os estudantes que non teñan superada algunha das actividades realizadas nas sesións interactivas pero si o exame, en Xullo poderán avaliarse unicamente daquelas actividades-procedementos non superados.
Nos casos que se contemplan na normativa da Facultade, os estudantes que teñan solicitada e concedida a exención de docencia ou a dispensa de asistencia deberán presentar ao profesorado a devandita certificación ao principio de curso e realizarán esta proba práctico-aplicada en tódalas convocatorias ás que concorran. Nos devanditos casos, o alumnado debe poñerse en contacto co profesorado para, de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e a superación da materia. A proba teórico-conceptual terá un peso do 40% e a proba práctico-aplicada, do 60%.
Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
É importante que o alumnado se implique activamente dende o inicio na dinámica e funcionamento da materia para lograr superala con éxito. Recoméndase unha abordaxe comprensiva e significativa dos contidos teóricos e prácticos da materia.
En función da situación sanitaria, as recomendacións para o estudo da materia poden sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
PLAN DE CONTINXENCIA. ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA NOS TRES ESCENARIOS POSIBLES.
A) Metodoloxía da ensinanza.
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos poderán ser traballados de maneira autónoma polo/a estudante, o que será debidamente informado a través do Campus Virtual da materia.
Escenario 1: normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física).
• Toda a docencia (expositiva e interactiva) desenvolverase de xeito presencial. Combinaranse asimismo titorías presenciais e telemáticas.
• O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais necesarios para o seguemento da materia.
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade).
• A docencia expositiva desenvolverase de xeito virtual, a través de actividades síncronas (empregando a plataforma Teams) e asíncronas (empregando o Campus Virtual).
• A docencia nos grupos interactivos combinará docencia presencial (en grupos reducidos) e virtual, a través de actividades síncronas (empregando a plataforma Teams) e asíncronas (empregando o Campus Virtual), potenciando traballos que fomenten a autonomía do alumnado, a través da combinación de tarefas individuais e grupais.
• O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais necesarios para o seguemento da materia.
• A organización temporal da docencia no escenario 2 seguirá as directrices establecidas pola Facultade de Ciencias da Educación. As titorías se desenvolverán por vía telemática.
Escenario 3: peche das instalacións.
• A docencia (expositiva, interactiva e titorías) desenvolveranse de xeito virtual a través de actividades síncronas (empregando a plataforma Teams) e asíncronas (empregando o Campus Virtual), potenciando traballos que fomenten a autonomía do alumnado, a través da combinación de tarefas individuais e grupais.
• O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais necesarios para o seguemento da materia.
B) Sistema de avaliación da aprendizaxe.
• O sistema de avaliación será o mesmo nos escenarios 1, 2 e 3. Tal e como se especifica no apartado de avaliación, realizarase unha proba sobre os conceptos teóricos da materia (exame, cunha valoración do 40% do total da nota final) e valorarase a parte das clases interactivas cun total do 60% do total da nota final.
• Esta ponderación das partes teórica e práctica, será a mesma nos escenarios 1, 2 e 3.
• A proba final (exame) desenvolverase de forma presencial nos escenarios 1 e 2, e de forma telemática no escenario 3.
• Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos, aínda que serán traballados na materia, poderán non ser obxecto de avaliación, o que será debidamente informado con tempo suficiente a través do Campus Virtual da materia.
* NORMATIVA DE AVALIACION: Dado que a avaliación da materia require de realización de exame, compre sinalar que, dependendo das circunstancias sanitarias, a proba poderá realizarse de xeito telemático; para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
* RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
* PERSPECTIVA DE XÉNERO
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
* Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
* Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
* Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
* Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
* ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Cando as condicións e requisitos da materia, a valoración e coordinación co alumnado ou os orzamentos do centro o permitan, poderanse desenvolver saídas didácticas, experiencias de Aprendizaxe-Servizo (ApS) ou mesmo desenvolver sesións fóra das instalacións da facultade, podendo empregar espazos naturais ou mesmo instalacións deportivas municipais.
* ASISTENCIA A CLASE: O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES:
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia ou dispensa de asistencia. Nestes casos, o alumnado debe poñerse en contacto co profesorado para, de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e superación da materia.
* PROTECCIÓN DE DATOS: Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos da USC: https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
María Adelina Guisande Couñago
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813919
- Correo electrónico
- mariaadelina.guisande [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Silvia Basanta Camiño
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Correo electrónico
- s.basanta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 Primaria (A - Z) + Dobre Grao | Galego | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 Infantil (A - La) | Galego | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
Venres | |||
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_03 Infantil (Le - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - XIMNASIO |
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 Infantil + Primaria + Dobre Grao | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
19.01.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 Infantil + Primaria + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
19.01.2022 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 Infantil + Primaria + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
20.06.2022 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 Infantil + Primaria + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |