Créditos ECTS Créditos ECTS: 24
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 598 Clase Interactiva: 2 Total: 600
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticum Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Filoloxía Inglesa e Alemá, Didácticas Aplicadas, Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Filoloxía Inglesa, Didáctica da Expresión Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Lingua e a Literatura, Didáctica da Matemática, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Sociais, Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Neste último practicum trátase de resaltar o perfil de mestra e mestre reflexivo, investigador e innovador, centrando o traballo nos procesos de investigación-acción da propia mención e nas propostas de mellora de proxectos de aula e centro.
Obxectivos conceptuais (“saber”)
- Coñecer o marco normativo do centro escolar e a interacción co seu contexto.
- Coñecer o currículo da Educación Primaria.
- Coñecer as características do alumnado, as súas particularidades, intereses e necesidades educativas.
- Coñecer as posibilidades e limitacións dos materiais e recursos susceptibles de emprego innovador na aula de educación primaria.
- Coñecer pautas para o deseño, desenvolvemento e avaliación de proxectos novidosos e eficaces de centro e aula.
Obxectivos procedimentais (“saber facer”)
- Analizar os documentos que emprega o centro para a súa organización e xestión e para a participación das familias.
- Analizar os documentos impresos que emprega a docente para a planificación e o desenvolvemento das súas tarefas na aula: programación anual, unidades didácticas, proxectos, adaptacións curriculares, libros de texto, fichas, etc.
- Analizar o uso das TIC e recursos electrónicos na aula de Educación Primaria, se fose o caso.
- Analizar a utilización doutros recursos e actividades no centro e fóra del: conmemoracións, visitas, excursións, etc.
- Deseñar, desenvolver e avaliar proxectos novidosos de centro e de aula referidos aos contidos da mención e a outras áreas do currículo de Primaria.
- Adquirir e empregar estratexias para a resolución de conflitos nas aulas.
Obxectivos actitudinais (“saber ser”)
- Cooperar co titor/a naquelas propostas que sexan de interese para o alumnado da aula.
- Crear un clima de confianza coa titora ou titor correspondente que permita un bo traballo en equipo e contribúa á construción dun adecuado clima de aula.
- Valorar e asumir a responsabilidade que, como alumnado en prácticas, vaise adquirindo respecto ao alumnado, ao profesorado, ás familias e aqueles outros axentes que interveñan no centro educativo.
- Esforzarse por adquirir e potenciar algunhas das características que son necesarias para desenvolver adecuadamente a función docente: autocontrol, paciencia, interese, actitude reflexiva e crítica, curiosidade intelectual e desexos de innovación e mellora.
- Amosar valores e actitudes de compromiso coa defensa da democracia e os dereitos humanos, de forma que se traduzan en comportamentos apropiados cara ao alumnado, o profesorado do centro e os restantes membros da comunidade educativa.
Sobre a aula: proxectos e acción docente do alumnado en prácticas:
· Modelos didácticos, e desenvolvemento da docencia polo futuro profesor de Educación Primaria: desexos e realidades.
· Planificación de unidades didácticas e proxectos adaptados ás características do alumnado e contexto.
· Problemas e dilemas na posta en práctica de proxectos, unidades didácticas e actividades polos futuros profesores de Educación Primaria.
Sobre os Procesos de innovación e mellora na aula e no centro:
-Práctica cotiá, innovación e mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe nas aulas de Educación Primaria: unidades didácticas, proxectos educativos, etc.
-Diarios e outras estratexias de investigación do profesorado.
-A mellora da convivencia nas aulas de Educación Primaria.
-Participación, se fose o caso, en procesos de mellora no centro.
-A mellora do centro, clima, cultura, compromiso da comunidade educativa, colaboración co territorio e proxectos comunitarios.
-Indagación sobre os condicionantes, problemas e resistencias nos procesos de innovación no centro e na aula.
-Proxecto de mellora da competencia docente centrado nas necesidades e/ou intereses detectados no centro educativo onde se leve a cabo a fase de estadía.
Sobre as mencións:
Nas guías docentes concretaranse os contidos a traballar en cada unha das mencións. Redactaranse e colgaranse no Campus virtual da materia PII as guías docentes correspondentes a:
• Mención en Lingua Estranxeira: Inglés
• Mención en Dirección e Xestión de Centros
• Mención en Educación Física
• Mención en Audición e Linguaxe
• Prácticum II sen mención
Bibliografía básica
ABELLÓ, Lola et al. (2007): El desarrollo de competencias docentes en la formación del profesorado. Madrid: Instituto Superior de Formación del Profesorado, D.L.
ARENAS, Gloria (coord.) (1999): El crisol de la participación. Investigación sobre la participación en consejos escolares de centro. Málaga: Aljibe.
ARNAIZ, Pere & Sofía ISÚS (1997): La tutoría, organización y tareas. Barcelona: Graó.
CELA, Jaume & Juli PALOU (2005): Carta a los nuevos maestros. Barcelona: Paidós.
DÍEZ, Carmen (1999): Un diario de clase no del todo pedagógico. Madrid: Eds. de la Torre.
FERRY, Gilles (1991). El trayecto de la formación. La enseñanza entre la teoría y la práctica. Barcelona: Paidós.
GIMENO, José (coord.) (2001): Los retos de la enseñanza pública. Madrid: Akal.
IMBERMÓN, Francisco (coord.) (2005): Vivencias de maestras y maestros. Compartir desde la práctica educativa. Barcelona: Graó.
MARCHESI, Álvaro (2004): Qué será de nosotros, los malos alumnos. Madrid: Alianza.
MARTÍN, Xus et al. (2008): Tutoría: técnicas, recursos y actividades. Madrid: Alianza.
PENNAC, Daniel (2008): Mal de escola. Vigo: Xerais.
PERONA, Carmen (2010): Preguntas y respuestas del profesorado de la enseñanza pública no universitaria. Madrid: Wolters Kluwer.
PORLÁN, Rafael & José MARTÍN (1998): El diario del profesor. Un recurso para la investigación en el aula. Sevilla: Díada.
TORREGO, Juan (coord.) (2006): Modelo integrado de mejora de la convivencia. Estrategias de mediación y tratamiento de conflictos. Barcelona: Graó.
VAELLO, Juan (2007): Como dar clase a los que no quieren. Madrid: Santillana.
ZAVALLONI, Gianfranco (2011): La pedagogía del caracol. Por una escuela lenta y no violenta. Barcelona: Graó.
Bibliografía específica sobre innovación docente
ALONSO, José I., Andrés ESCARBAJAL e Rosa NORTES (eds.)(2012): Experiencias de innovación en Educación Infantil y Educación Primaria. Murcia: Universidad de Murcia.
BARRIO MAESTRE, José María (2013): La innovación educativa pendiente: formar personas, Barcelona: Erasmus.
GARCÍA CORREA, Antonio et al. (coords.) (2012): Investigación e Innovación en Educación Infantil y Educación Primaria. Monográfico da Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación do Profesorado. n. 40, vol. 15, abril de 2012.
JAKKU-SHIVONEN, RITVA e Hannele NIEMI (eds.) (2011): Aprender de Finlandia: la apuesta por un profesorado investigador. Madrid: Kaleida Forma.
PAREDES LABRA, Joaquín & Agustín de la HERRÁN GASCÓN (coords.): La práctica de la innovación educativa. Madrid: Sintesis .
RIVAS NAVARRO, Manuel (2010): Innovación educativa: teoría, procesos y estrategias. Madrid: Síntesis.
SAURA PÉREZ, Ángeles (2011): Innovación educativa con TIC en educación artística, plástica y visual: líneas de investigación y estudios de casos. Alcalá de Guadaira: MAD.
Recursos dixitais
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/13316 - Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia
https://sede.educacion.gob.es/publiventa/descarga.action?f_codigo_agc=1… -Transatlántica de educación nº 20 y 21. Educación para innovar; innovación para educar.
www.ceapa.es - Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres de Alumnos.
www.edu.xunta.es - Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia.
www.educacion.gob.es - Ministerio de Educación, Gobierno de España.
www.edugaliza.org - O ensino galego na rede.
Con independencia de que esta materia debe contribuír, en maior ou menor medida, ao desenvolvemento de todas as competencias asociadas á titulación, algunhas posúen unha especial relevancia para este Prácticum II, estas son as que se citan a continuación:
Competencias xerais (especialmente G6, G10 e G12)
G1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente coma en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G3. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar.
G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G5. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G6. Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desenvolver as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos mesmos. Asumir que o exercicio da función docente irá perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G7. Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do ámbito social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
G8. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
G9. Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sostible.
G10. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantado.
G11. Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
G12. Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
Competencias específicas (especialmente E65, E66 e E67)
E62. Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión desta.
E63. Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula e dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima de aula que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
E64. Controlar e facer o seguimento do proceso educativo e en particular o de ensino-aprendizaxe mediante o dominio das técnicas e estratexias necesarias.
E65. Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
E66. Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando dende a práctica.
E67. Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan estableceren un centro.
E68. Regular os procesos de interacción e comunicación en grupos de estudantes 6-12 anos.
E69. Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do ámbito social.
Competencias básicas
B1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5. Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias transversais
T1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4. Competencia informacional.
No desenvolvemento da materia diferénciase entre actividades presenciais na Facultade, dirixidas polo profesorado supervisor:
En pequeno grupo –só co alumnado asignado: preparación da estadía e reflexión do traballado nela.
Todo o alumnado será supervisado por dous/dúas docentes: no caso de facer mención, un/unha docente da mención e outra/o doutra área; o resto do alumnado, por dous/dúas docentes de distintas áreas.
En gran grupo, a través de conferencias e/ou coloquios, para a formación sobre diversas cuestións de relevancia para os contidos deste Prácticum.
Actividades presenciais no centro escolar:
O traballo desenvolvido na aula ou aulas de educación primaria e baixo a guía das mestras e mestres titores correspondentes: o alumnado que curse mención terá un/unha titora da especialidade correspondente e unha/un mestre titor de aula. O resto do alumnado terá unha única titorización.
Naqueles casos nos que as e os docentes desta materia participen do proxecto Competente(S) da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade, co perfil de castelán/galego, o profesorado desenvolverá a docencia da materia en lingua castelá/galega, á marxe de que parte dos textos escritos que o alumnado deberá ler puideran estar redactados noutra lingua.
ACTIVIDADES NO CENTRO UNIVERSITARIO
Desenvolveranse nas seguintes fases: organización, preparación, seguimento e reflexión.
Estrutura organizativa e temporal
1. Fase de organización: adscrición do alumnado aos centros, asignación das supervisións.
2. Fase de preparación: explicación da guía docente e do traballo a desenvolver nos centros.
3. Fase de seguimento: tempo de estadía nos centros por parte do alumnado e seguimento por parte da supervisión.
4. Fase de reflexión: análise da propia práctica, coñecemento de propostas innovadoras sobre o proceso de ensino-aprendizaxe a través de encontros con profesionais en exercicio. Nesta fase desenvolveranse tanto actividades expositivas coma estudo de casos e incidentes críticos, debate, actividades de traballo autónomo (lectura e análise de documentos, etc.).
1. Fase organizativa:
-A data para a elección de centro indicarase na páxina web do Prácticum e a través do campus virtual da materia.
-A listaxe dos centros educativos ofertados dende a Facultade poderá consultarse na páxina web do Prácticum e no taboleiro de 4º curso.
-O alumnado que escolla desenvolver as prácticas nun centro non ofertado pola Facultade deberá entregar a ficha cos datos e a aceptación da dirección do centro pertinente na data que se indique.
-Posteriormente informarase –a través da páxina web do Prácticum e no taboleiro de 4º curso- sobre a supervisión correspondente a cada alumna e alumno.
-Paralelamente será enviada unha carta a cada centro educativo na que se informará dos datos do alumnado que desenvolverá a fase de estadía nel. Isto facilitará a organización do propio centro e legalizará o desenvolvemento da fase de estadía do alumnado notificado.
-A semana previa ao inicio da fase de estadía, terá lugar a última reunión organizativa na que a coordinadora xeral comunicará ao alumnado as normas básicas e imprescindibles de actuación nos centros educativos e entregará os documentos que o alumnado deberá presentar no centro (dirección e titoría) o primeiro día da citada fase.
Baixo ningunha circunstancia o alumnado poderá iniciar a fase de estadía nun centro sen que este teña recibido a notificación pertinente por parte da coordinación xeral do Prácticum. Incumprir esta norma suporá o cese inmediato do desenvolvemento desta fase e a non superación da mesma por parte da alumna ou alumno implicado.
Así mesmo, ninguén poderá acudir ao centro de prácticas sen dispoñer da documentación pertinente.
2. Fase de preparación:
-Desenvolverase na semana do 1 de febreiro de 2021. As datas concretas indicaranse na guía docente.
-As sesións serán presenciais.
-Desenvolveranse coas supervisoras/es correspondentes.
Abordarase a presentación detallada dos contidos en relación co itinerario formativo que os futuros mestres e mestras deberán desenvolver no centro de prácticas, recordando e integrando as experiencias do Practicum I, así como as aprendizaxes adquiridas no conxunto das materias da carreira.
-Ofreceranse pautas e exemplos concretos para o desenvolvemento das actividades, seguindo a guía que o alumnado lerá previamente nas horas de traballo autónomo. Proporcionaranse instrumentos, orientacións e información detallada para continuar desenvolvendo as competencias e contidos do Practicum I, incorporando agora os contidos máis directamente relacionados coa mención e cos procesos de innovación e mellora de aula e centro. Nesta fase desenvolveranse actividades expositivas, estudo de casos, incidentes críticos, debates, prácticas guiadas, etc.; o alumnado, durante as horas de traballo autónomo, levará a cabo lecturas e análise de documentos.
-As actividades citadas terán un valor importante para o desenvolvemento da competencia E.65 centrada en potenciar que o alumnado sexa capaz de "relacionar teoría e práctica coa realidade da aula" e favorecer a "reflexión sobre a práctica" á que fai referencia a competencia E.66. e sobre todo a E.67 para poder participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nun centro.
-O traballado nestas sesións será recollido polo alumnado e incorporado no documento final ou Memoria.
3. Sesión de seguimento:
-Durante a fase de estadía, que durará 13 semanas, terá lugar unha sesión de seguimento na semana do 22 de marzo de 2021.
-Desenvolveranse coas supervisoras/es correspondentes.
-Orientarase cara á análise reflexiva e compartida do vivido durante a primeira parte da fase de estadía.
-Con estas actividades de seguimento preténdese potenciar a actividade reflexiva en torno ao desenvolvemento das competencias anteriores e da competencia E.65 relacionando teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
4. Fase final e de reflexión:
- As sesións desta fase desenvolveranse os días 13 e 14 de maio de 2021.
-Abordarase a análise do vivenciado e aprendido nos centros de prácticas, orientarase sobre a elaboración da memoria final.
-A/o supervisor orientará no proceso de reflexión e concreción do informe final, favorecendo fundamentalmente o desenvolvemento das competencias E.65 e E.67, abordando cuestións sobre o desenvolvemento profesional e organizativo permanentes, así como a análise da adquisición do conxunto de competencias pertinentes para o axeitado desempeño profesional como docente.
-Durante esta fase terán lugar algunhas actividades complementarias en gran grupo relacionadas coa formación e a práctica profesional. Concretaranse na guía docente.
-A asistencia ás citadas actividades é obrigatoria e, sobre os contidos presentados nas mesmas, o alumnado elaborará un informe reflexivo que, como o resto de documentos, será incluído no Informe Final.
ACTIVIDADES NOS CENTROS DE PRÁCTICAS
-A fase de estadía nos centros desenvolverase en centros públicos ou privados durante toda a xornada escolar do alumnado. A duración da estadía será de 13 semanas (dende o luns 8 de febreiro ata o mércores 12 de maio de 2021).
-As actividades durante esta fase orientaranse cara á implementación, posta en práctica e avaliación de algún elemento de programación do proceso de ensino-aprendizaxe (unidades didácticas, proxectos) correspondentes aos contidos da mención correspondente e doutras áreas do currículo de Primaria.
- Paralelamente analizaranse os procesos de innovación e mellora que se desenvolven no centro educativo e, se fose o caso, participarase neles para adquirir un mellor coñecemento da proposta. Así mesmo o alumnado desenvolverá teoricamente propostas docentes innovadoras orientadas á mellora do proceso de ensino-ap rendizaxe de aula ou de centro.
- O alumnado de mención realizará as actividades indicadas en cada caso.
- As actividades desta fase son fundamentais para o desenvolvemento das competencias ligadas ao Practicum II, con especial énfase nas E.65 e E.67, á vez que se pretende un maior nivel de elaboración de conclusións en torno ás posibilidades de relacionar a teoría e a práctica coa realidade da aula e do centro (E.65) e afondar no desenvolvemento das demais competencias ligadas ao Prácticum.
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
Todo o alumnado deberá elaborar e presentar un informe final do Prácticum II que adoptará o formato indicado polas supervisoras e/ou supervisores. Nel o alumnado recollerá as aprendizaxes que vaia acadando.
A data límite para a entrega do informe será o luns 24 de maio de 2021 en primeira oportunidade e o 21 de xuño en segunda.
Na guía docente da materia concretaranse as cuestións formais en relación ao informe final e ampliarase a información relativa a este apartado. Así mesmo, especificaranse posibles adaptacións en relación ao traballo a desenvolver por parte do alumnado nos centros de prácticas, e a consecuente elaboración do informe final, en función das restricións que poidan impoñer os escenarios 2 e 3.
Criterios e aspectos considerados na avaliación
Seguindo os criterios establecidos na ficha da materia Prácticum II que se recolle no plan de estudos do grao, na avaliación consideraranse os seguintes aspectos:
1. Participación nas actividades de preparación, seguimento e reflexión (10%, 1 punto). Obterase mediante as valoracións realizadas polas ou polos supervisores/as sobre cada alumna ou alumno en canto a: asistencia, puntualidade, comportamento académico, implicación, realización puntual de tarefas encargadas e das xestións burocráticas das prácticas, participación activa e esforzo demostrados, intervencións orais, capacidade de escoita e respecto nas intervencións. Nesta valoración teranse en conta ademais os datos sobre os contidos expostos e traballados nelas, que quedarán recollidos no documento final, nun apartado específico co epígrafe de: “Sesións presenciais”.
As sesións presenciais, tanto as que teñan lugar en pequeno grupo como as conferencias, serán de asistencia obrigatoria, e pasarase lista.
2. Realización adecuada das actividades e tarefas na aula de prácticas (40%, 4 puntos). Esta valoración acadarase a partir da ficha ou informe de avaliación que os titores e/ou titoras do centro educativo elaborarán e remitirán á Facultade, tamén a partir das informacións recollidas durante as visitas aos centros educativos onde o alumnado realiza as prácticas. Así mesmo, para a avaliación deste apartado teranse en conta todas aquelas actuacións do alumnado que amosen irresponsabilidade durante a estadía no centro educativo. Estas situacións serán presentadas, analizadas e resoltas na Comisión do Prácticum e Traballo de Fin de Grao sexa por petición da supervisión, da coordinación xeral de Prácticum –no caso de ter que dar voz aos centros educativos–, ou do alumnado.
3. Informes escritos (50%, 5 puntos). Avaliaranse todos os traballos, tanto o informe final de prácticas, como outros documentos que se fosen realizando ao longo do semestre. Valorarase a calidade deste traballo conforme as indicacións de calidade lingüística, tanto a nivel de contido como de presentación (gramaticalidade, cohesión, coherencia, adecuación e formato), que xa foron explicados na sesión de formación na competencia de comunicación escrita de 1º curso.
Requisitos para superar a materia
- Asistir e participar activamente en todas as actividades organizadas na Facultade durante as fases de organización, preparación, seguimento e reflexión.
- Obter unha valoración positiva por parte das/dos supervisores da Facultade, sobre as actividades realizadas nas fases de preparación, seguimento e reflexión.
- Entregar en tempo e forma a memoria ou informe final, e calquera outro traballo que se solicite por parte das/dos supervisores da Facultade, e obter unha valoración positiva dos citados traballos.
- Asistir ao centro de prácticas durante todo o período establecido para o Prácticum II, cumprir rigorosamente o horario, respectar as singularidades ou especificidades do centro e participar activamente en todas as actividades propostas polo titor ou titora. Así mesmo acadar unha valoración positiva desta fase de estadía.
- Segundo indica a normativa da USC, é condición necesaria para superar as materias a asistencia a un mínimo do 80% das sesións presenciais na Facultade; polo tanto, non cumprir este requisito suporá a non superación da materia na primeira oportunidade. Para superala na seguinte oportunidade deberá realizar os traballos indicados pola supervisora ou supervisor correspondente.
-Durante a fase de estadía nos centros educativos non se aceptarán faltas de asistencia, excepto en casos debidamente xustificados. A xustificación entregarase á supervisora ou supervisor e á titora ou titor do centro educativo.
-As actuacións inadecuadas durante a fase de estadía suporán o cese inmediato do desenvolvemento desta fase e a non superación da mesma por parte da alumna ou alumno implicado. Así e todo o titor/titora do centro poderá, se o entende pertinente, valorar o traballo observado ata esa data. Se a alumna/o sancionado o considera oportuno poderá seguir asistindo ás sesións presenciais na Facultade.
Observacións sobre a avaliación
. Os traballos que elabore o alumnado deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado supoñerá o suspenso automático da materia. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
. A memoria ou informe de prácticas debe seguir expresamente os criterios establecidos para a súa elaboración que se concretarán na guía docente da materia, tanto en contido coma en forma.
. O informe final entregarase por defecto na data e hora que figure no calendario oficial de exames. En calquera caso, o devandito informe poderá ser entregado con antelación á data oficial coa conformidade do supervisor/a correspondente.
Concesión das matrículas de honra
A concesión da mención de matrícula de honra dependerá da decisión consensuada do profesorado supervisor de cada Prácticum. Polo tanto, para que o alumnado poida optar á citada mención deberá ter acadado a máxima puntuación e, ademais, ser proposto para matrícula polas supervisoras e/ou supervisores correspondentes.
Na guía docente concretarase o procedemento para a concesión das matrículas de honra.
Observacións sobre a recuperación
. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade por non ser avaliado positivamente no apartado do informe final, poderá entregar este documento na seguinte oportunidade de avaliación, segundo a data oficial.
. O alumnado que non supere a materia por obter unha avaliación negativa da titora ou titor do centro non poderá presentarse á seguinte oportunidade de avaliación, posto que non será posible a repetición da estadía ata o curso seguinte.
. Recoméndase ao alumnado que non supere a materia que acuda a revisión para coñecer os aspectos que debe mellorar na seguinte oportunidade de avaliación.
. Nas guías docentes concretaranse posibles reponderacións das partes que compoñen o sistema de avaliación no caso de que os escenarios 2 e 3 impliquen restricións na fase de estadía do alumnado nos centros de prácticas.
Para o correcto desenvolvemento desta materia está previsto que o alumnado dedique:
• 325h de traballo presencial no centro educativo durante a fase de estadía.
• 40h de traballo presencial na Facultade durante as sesións de organización, preparación, seguimento e reflexión.
• 400h de traballo autónomo.
Durante a etapa de estadía no centro:
1. Respectar e cumprir as normas do centro e de aula.
2. Permanecer coa mente aberta e en disposición de mellora construtiva para admitir orientacións e suxestións dos mestres e das mestras do colexio, especialmente no que se refire á colaboración nos quefaceres docentes que lle encargue o titor ou titora correspondente e á participación nos diferentes órganos e reunións que se celebren no centro, no caso de existir ofrecemento por parte dos responsables en cada caso.
3. Establecer e manter relacións cordiais con todos os compoñentes da comunidade educativa.
4. Cumprir coa máxima puntualidade os horarios do colexio e permanecer nel cando menos o tempo completo das clases do alumnado.
5. Ante calquera problema co colexio, cada alumno/a en prácticas deberá poñelo en coñecemento do seu titor ou titora do colexio e, de ser necesario, do seu supervisor ou supervisora da facultade.
PRÁCTICUM II REDUCIDO para o alumnado da 1ª edición dos Graos
O Prácticum II reducido refírese a aquel que se curse posteriormente a outro PII mais dunha mención distinta.
Normas:
• En cada curso académico só é posible desenvolver un Prácticum II.
• O alumnado que se matricule e curse un Prácticum II reducido, desenvolverá a fase de estadía dentro da temporalidade da estadía do Prácticum II ordinario.
• A duración da fase de estadía do Prácticum II reducido comprenderá exactamente 160 horas.
• A Memoria ou Informe Final do PII reducido implicará unha redución con respecto ao número de páxinas da memoria ordinaria, mais manterá os mesmos epígrafes.
• O alumnado que curse o PII reducido deberá asistir as fases de preparación, seguimento e reflexión establecidas para o Prácticum II ordinario.
• Todo o regulado no programa e na guía docente das materias Prácticum II de cada mención, agás as excepcións citadas anteriormente, rexeran o desenvolvemento dos Prácticum reducidos.
As titorizacións ofrecidas polo profesorado ao alumnado supervisado estarán incluídas no horario de titorías de cada docente.
Para cursar esta materia será requisito ter superados polo menos 48 créditos de terceiro curso.
Todas as actividades desenvolvidas na materia de Prácticum son de asistencia obrigatoria; polo que esta materia non se verá afectada pola “Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias”.
O alumnado que necesite algún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero unicamente se terán en conta para tales efectos aqueles casos que fosen valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria), http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu.
Plan de continxencia
Metodoloxía de ensinanza.
Nas guías docentes do Prácticum II de cada mención completarase a información en relación ao traballo a desenvolver polo alumnado nos centros de prácticas, e a consecuente redacción do informe final, así como sobre as adaptacións que se puideran precisar en función dos escenarios 2 e 3.
Sistema de avaliación da aprendizaxe.
Nas guías docentes concretaranse posibles reponderacións das partes que compoñen o sistema de avaliación no caso de que os escenarios 2 e 3 impliquen restricións na fase de estadía do alumnado nos centros de prácticas.
Andres Dominguez Almansa
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 982821024
- Correo electrónico
- andres.dominguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Paula Lopez Rua
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 982821063
- Correo electrónico
- paula.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Dolores Rodríguez Vivero
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Teléfono
- 982821046
- Correo electrónico
- dolores.rodriguez.vivero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Pedro Josue Neira Martin
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821062
- Correo electrónico
- pedrojosue.neira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Pablo Gonzalez Sequeiros
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Teléfono
- 982821040
- Correo electrónico
- pablo.gonzalez.sequeiros [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Silvia Lopez Gomez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- silvialopez.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Miguel Cons Ferreiro
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821062
- Correo electrónico
- miguel.cons [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Carlos Dosil Diaz
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 982821021
- Correo electrónico
- carlos.dosil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Cristina Martinez Tejero
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 982821049
- Correo electrónico
- cristina.martinez [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
José Agustín Candisano Mera
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 982821042
- Correo electrónico
- joseagustin.candisano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Aixa Permuy Martinez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- aixa.permuy.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Luis Aladino Llaneza Rodriguez
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Pablo Garcia Marin
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821037
- Correo electrónico
- pablo.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Carmen Santos Gonzalez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821026
- Correo electrónico
- mcarmen.santos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
24.05.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Despachos do profesorado |
21.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Despachos do profesorado |