Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia, de carácter optativo, considérase imprescindible na formación do mestre, xa que inflúe de xeito determinante en situacións que, no seu desempeño profesional, vai ter que enfrontar e tamén dá sentido ás decisións que terá que ir tomando e que atinxen aos alumnos, as súas familias, o centro escolar e a comunidade.
O propósito xeral desta materia é que os alumnos adquiran as competencias necesarias (coñecementos teórico-prácticos, habilidades e actitudes) para poder planificar, desenvolver e avaliar programas de Orientación Educativa e de Titoría.
Preténdese tamén propiciar a apertura do futuro mestre á comunidade (familias, contorna social e natural) para apoiarse, aproveitarse e tentar coordinar os diferentes influxos conformadores que, entre todos, provocan sobre os nenos cos que se convive.
Igualmente, pretende sentar as bases que favorezan e posibiliten a súa futura sensibilización fronte á diversidade e a actuación profesional neste campo con formulacións emprendedoras, críticas e participativas.
Especificamente, os obxectivos a adquirir e/ou mellorar traballando nesta materia son:
1. Valorar a importancia da orientación escolar e da acción titorial no proceso educativo.
2. Coñecer os fundamentos básicos da orientación escolar e acción titorial.
3. Descubrir a función de axuda do mestre titor nas súas relacións co alumno, pais e profesores.
4. Planificar as accións do Departamento de Orientación.
5. Aprender a utilizar os instrumentos máis adecuados na Orientación por parte do Profesor-Titor.
1. Fundamentos e modelos da Orientación en Educación.
2. Diagnóstico de necesidades orientadoras e titoriais.
3. Deseño, desenvolvemento e avaliación de programas orientadores en centros de educación primaria.
4. Principios e modalidades de titoría educativa.
5. Estratexias e técnicas de acción orientadora e titorial en Educación Primaria.
6. Atención orientadora e titorial ás familias do alumnado.
7. Plans e programas orientadores e de acción titorial en Educación Primaria.
8. Desenvolvemento da convivencia escolar nos contextos de aula e fóra dela.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Ainscow, M; Booth, T. (2015): Guía para la educación inclusiva. Desarrollando el aprendizaje y la participación ciudadana en los centros escolares. Madrid. OEI – FUHEM. Recuperado de: https://dds.cepal.org/redesoc/publicacion?id=4160
Consejería de Educación de la Junta de Andalucía (2007): Guía para la elaboración del Plan de Orientación y Acción Tutorial. Junta de Andalucía. Recuperado de: https://triniblog.files.wordpress.com/2012/06/guia-para-la-elaboracion-…
Gamboa Vera, S.; Sainea Moreno, C. (2017): Orientación educativa: una mirada a las representaciones sociales del oritentador y su práctica en la escuela. Revista Cambios y Permanencias. VOl. 8, nº 2, pp. 337-378. Recuperado de: https://revistas.uis.edu.co/index.php/revistacyp/article/view/7787/7965
Hernando Calvo, A. (2015): Viaje a la escuela del siglo XXI. Madrid. Fundación Telefónica. Recuperado de: https://www.fundaciontelefonica.com/noticias/record-descargas-viaje-esc…
Hernando Calvo, A. (2018): Escuelas innovadoras y familias creativas. Madrid. Fad. Recuperado de: https://accionmagistral.org/escuelas-innovadoras-y-familias-creativas/
Sanchiz Ruíz, M.L. (2009): Modelos de orientación e intervención psicopedagógica. Valencia. Publicación Universitat Jaume I. Recuperado de: http://repositori.uji.es/xmlui/bitstream/handle/10234/23882/s4.pdf?sequ…
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
ALVAREZ GÓNZÁLEZ, M.; BISQUERRA ALZINA, R. (1998). Manual de orientación y tutoría. Barcelona: Praxis.
ALVAREZ HERNÁNDEZ, J. (2002). Guía de Orientación y tutoría. Málaga: Aljibe
ANGULA VARGAS, A. (2009): La tutoría en la educación primaria: manual de ayuda. Madrid: Wolters Kluwer.
ARNAIZ, P. e ISUS, S. (1995). La tutoría, organización y tareas. Barcelona: Graó
BISQUERRA ALZINA, R. (1998). Modelos de orientación e intervención psicopedagógica. Barcelona: Editorial Praxis.
BISQUERRA ALZINA, R. (2012). Orientación, tutoría y educación emocional. Madrid: Síntesis.
BLASCO, P., PÉREZ, A., FOSSATI, R. (2003). Orientación Profesional e Inserción Laboral: Casos prácticos de desarrollo profesional. Valencia: Nau Llibres.
CIDE (2008). Orientación educativa: fundamentos teóricos, modelos institucionales y nuevas perspectivas.
CUENCA ESTEBAN, F (1994): Las técnicas de estudio en la Educación Primaria. Madrid: Escuela Española
FERNANDEZ TORRES, P. (1991). La función tutorial. Madrid: Castalia-MEC
GALVE MANZANO y GARCIA PEREZ. (1992): La acción tutorial en la enseñanza no universitaria. Madrid: CEPE
GARCIA GOMEZ, A. (1991). Experiencias sobre mejora del autoconcepto en el aula. Madrid: MEC
LONGAS, J. Y MOLLÁ , N. (2007). La escuela orientadora. Madrid: Narcea.
MAÑU,J. M (2007). Manual de tutorias. Madrid: Narcea.
MONGE CRESPO, C. (2009). Tutoría y orientación educativa. Nuevas competencias .Madrid: Wolters Kluwer
MORA, J.A (1998). Acción tutorial y orientación educativa. Madrid: Narcea.
MEC (1992). Orientación y tutoría. Primaria. Madrid: Secretaría de Estado de Educación.
ORTEGA, M.A. (1990). Cuaderno del tutor. Madrid: Popular.
PAREJO, J.L.; PINTO, J.M. (Coord) (2015): La orientación y la tutoría escolar con familias: teoría y práctica. Barcelona: UOC.
RAMIREZ GARCÍA, A. (Coord.)(2013): Orientación en educación primaria: doce meses, doce casos. Madrid: Pirámide.
SANTANA VEGA, L. (2015): Orientación educativa e intervención psicopedagógica: cambian los tiempos, cambian las responsabilidades profes
1 - COMPETENCIAS XERAIS:
G.4.- Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües. Fomentar a lectura e o comentario crítico de textos dos diversos dominios científicos e culturais contidos no currículo escolar. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos.
G.5.-Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G.7.-Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos
estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
E.1.- Orientar ás familias.
E.2.- Realizar a acción titorial.
COMPETENCIAS BÁSICAS:
B.1.- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo.
B.3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A metodoloxía que levará a cabo nesta materia constará de:
1. Sesións de exposición dos fundamentos teóricos de conceptualización e procesos sobre a orientación educativa. Estas exposicións realizaranse para todo o grupo de alumnos da materia e corresponden aos créditos teóricos. Os procedementos utilizados para traballar os bloques dentro destas sesións serán os seguintes:
- Exposición dos contidos nunha dinámica que permita a relación entre as propostas conceptuais, os avances das investigacións, os problemas da práctica e a reconstrución da experiencia persoal dos alumnos
- Dossiers bibliográficos: son unha selección de documentos representativos do contido preparados polo profesor. Serven de complemento e afondamento sobre os contidos expostos nas clases, é dicir, permiten a lectura e estudo individualizado sobre un tema.
2. Sesións de traballo nas sesións interactivas. As actividades son propostas amplas de acción onde converxen aprendizaxes, contidos, intencións, e os coparticipantes achegan á actividade as súas experiencias previas, a súa contorna social e cultural, e as súas características individuais . Nelas propiciarase a implicación do alumnado en:
• Estudo de casos e posterior análise
• Xogos de rol que escenifiquen situacións habituais en centros educativos
• Procura de información, interpretación e posta en común posterior
• Realización e exposición de traballos prácticos
• Investigación e deseño de propostas
• Debates
• Coñecemento de persoas e experiencias relacionadas coa materia de relevancia verificada a través de charlas e coloquios que poden ser presenciais ou por vídeoconferencia.
Todo isto, no marco dun Plan de Orientación e dun Plan de Acción Titorial.
PARTICULARIDADES NA METODOLOXÍA EN FUNCIÓN DOS ESCENARIOS:
ESCENARIO 1:
A) Os dous tipos de sesións descritos con anterioridade (expositivos e interactivos) procurarán a realización de actividades síncronas, o que non está en desacordo coa organización de tarefas asíncronas cando o aconselle a temporalización e ou o escenario de presencialidade da materia (Escenarios 2 e 3).
B) A combinación destas experiencias de aprendizaxe conducirá ao alumnado a estar en condicións de emprender, en pequeno grupo, o traballo académico (tarefa asíncrona que se desenvolverá desde o segundo mes do cuatrimestre). Produto que se materializará nunha investigación / deseño didáctico en relación cos contidos e obxectivos desta materia. Este traballo convértese, por tanto, nunha liña transversal que optimizará a dedicación individual e en equipo. O seguimento da elaboración do mesmo será causa de titorías programadas que contribuirán á avaliación continua.
C) Ao longo de todo o cuadrimestre, as tarefas, documentos para revisión e entregas documentais serán realizadas a través da Aula creada no Campus Virtual da USC, plataforma de traballo que ten unha importancia radical no seguimento da materia en calquera dos escenarios posibles de docencia.
D) As titorías, igual que as tarefas programadas para a superación da materia, serán presenciais e/ou telemáticas, adaptándose ás circunstancias que as posibilidades de presencialidade permitan.
ADAPTACIÓNS NO ESCENARIO 2 E NO ESCENARIO 3:
En caso de que a presencialidade estea comprometida e teñamos que recorrer á docencia telemática, os apartados B), C) e D) non sufrirán modificacións, realizándose a través de plataformas telemáticas (Teams e Campus Virtual).
O apartado A) será, na medida do posible, de xeito presencial (ESCENARIO2), no caso de que non sexa posible a asistencia á Facultade (ESCENARIO 3), pasará a desenvolverse, integramente, a través de plataformas telemáticas (Teams e Campus Virtual).
Teranse en conta obrigatoriamente os intervalos da porcentaxe que se establece na ficha de cada materia no plan de estudos. En todo caso, a avaliación será continua, estando influenciada, por tanto, aos seguintes elementos e indicadores:
1 - ALUMNADO ASISTENTE
A- Participación na aula, cun peso do 10%.
Instrumentos de avaliación: Control de asistencia, rexistro de participación e observación.
Indicadores/orientacións para a avaliación: A puntuación total deste apartado será alcanzada por aqueles alumnos que asistan asiduamente a clase e que participen de forma activa, coa actitude adecuada, nas dinámicas que se propoñan.
Controlarase a asistencia nas sesións presenciais obrigatorias, que así se marquen. O alumnado debe ter, polo menos, o 80% das asistencias para considerarse a súa cualificación neste apartado.
B- Probas específicas, cun peso do 50%.
Instrumentos de avaliación: traballo académico final.
Indicadores/orientacións para a avaliación: un traballo académico negociado co alumnado a inicio do cuadrimestre.
Para aprobar a materia, será preciso alcanzar en este apartado un mínimo do 30% (3 puntos)
C- Informe escrito e outras producións, cun peso do 30%.
Instrumentos de avaliación: Portafolios de actividades prácticas.
Indicadores/orientacións para a avaliación: Serán explicados pola Profesora a inicio das sesións da materia.
Para aprobar a materia, será preciso alcanzar neste apartado un mínimo del 15% (1,5 puntos)
D- Presentacións orais, cun peso do 10%.
Instrumentos de avaliación: Exposicións de lecturas e traballos.
Indicadores/orientacións para a avaliación: neste punto serán valoradas as exposicións que se soliciten ao alumnado.
2- ALUMNADO NON ASISTENTE
O alumnado que, polas razóns que sexa, non alcance un mínimo do 50% nas sesións presenciais obrigatorias non poderá presentar traballos nin participar nas presentacións orais. Os alumnos que se atopen nesta situación deberán acudir ao exame final da materia.
Particularidades para os Escenarios 2 e 3 que afectan a todo o alumnado:
Se nalgún momento a presencialidade estivese comprometida, as actuacións serán como seguen:
• Participación nas tarefas que teñan que desenvolverse de xeito virtual, con pegadas cuantificables, a través dos diferentes sistemas (rexistros persoais, foros de participación, uso das Conversas na Aula virtual...) sumada á heteroavaliación dos compañeiros que estará circunscrita a aquelas tarefas que sexan en grupo.
• Probas específicas, o traballo académico final ten un seguimento mediante as titorías para garantir a súa mellora e, como non, a avaliación continua. De non ser presencial este seguimento, desenvolverase mediante as plataformas de comunicación corporativas mencionadas.
• Producións derivadas das prácticas que non se podan desenvolver de xeito presencial, terán que ser elaboradas e entregadas a través da Aula Virtual. Esta elaboración, en equipos de traballo, estará apoiada en ferramentas de colaboración e comunicación elixida polo alumnado.
• As presentacións orais que non se podan realizar en aula por parte do alumnado pasarán a ser por medios telemáticos (Teams), podendo ser, tamén, a través de vídeo que se subirá ao espazo creado a cada efecto na Aula Virtual da materia.
3- ALUMNADO CON DISPENSA DE DOCENCIA
O alumnado con exención de clases teóricas respectará as datas de entregas dos traballos e demais requisitos establecidos, mantendo contacto coa profesora.
A- No prazo máximo dunha semana desde a concesión de dispensa pola Xunta de Facultade, deberá poñerse en contacto coa profesora responsable da materia. Non facelo así, pode supor o non poder participar dun sistema de avaliación alternativo.
B- Deberá asistir a aquelas sesións da materia que, polo seu contido e/ou metodoloxía, non poden ser traballadas de maneira autónoma. Indicaráselle na primeira toma de contacto cales son esas sesións.
C- Proporcionaráselle un Plan de Traballo alternativo diferenciado do alumnado non asistente. Concretarase nesa primeira semana unha vez concedida dispensa.
D- O exame obrigatorio será diferente ao dos alumnos asistentes, aínda que manterá o mesmo peso na avaliación final. No caso de que o exame sexa substituído por un traballo académico de fin de cuatrimestre, este, obrigatoriamente, será individual.
Nos Escenarios 2 e 3, os apartados A), B) e C) non sufrirán modificacións. No apartado D), caso de que se estableza a avaliación a través de exame, este será telemático, se se mantén o traballo académico, este será entregado a través da Aula Virtual, tal e como se solicita como norma xeral.
4. POSIBILIDADES DE RECUPERACIÓN
O alumnado que non supere a materia no período ordinario pode atoparse nunha das seguintes circunstancias na oportunidade de xullo:
A. Se no período ordinario asistiu ao 80% das sesións presenciais e ten cualificación nos catro apartados da avaliación, debe presentar unicamente o traballo académico final en xullo. Neste caso, manteranse as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade.
B. Se no período ordinario, non se obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, participará da mesma proba final de xullo que o alumnado que se sitúa no caso anterior, pero a súa cualificación será, como máximo de 7 puntos, e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia. Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o alumno/a puidese ter realizado durante o curso, nin se admitirán outro tipo de traballos.
C. No caso de que un alumno/a suspenda a materia na oportunidade de xullo, nas convocatorias de anos sucesivos ten a opción de ser avaliado segundo as condicións que se establecen no apartado A ou no apartado B. En calquera caso, esta decisión comunicarase ao docente na primeira quincena do cuatrimestre.
Outras cuestións relacionadas co sistema de avaliación serán comentadas e aclaradas co alumnado nos primeiros días de clase.
ALUMNADO REPETIDOR
Para o alumnado repetidor, a inicio de cuatrimestre e nunha titoría, negociarase o sistema de avaliación, sempre partindo dos criterios que se expoñen nesta guía, pero, tamén, considerando a posibilidade de levar a cabo unha avaliación final da materia na que se contemple a opción de conservar a cualificación naqueles traballos superados con anterioridade.
CONSIDERACIÓN AO RESPECTO DA AVALIACIÓN: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Actividades en gran grupo: Expositivas 18 horas.
Actividades en grupo mediano: Interactivas 18 horas.
Titoría: 2,25 horas.
Actividades e traballo autónomo do alumno/a: 74,25 horas.
HORAS TOTAIS: 112,5 horas.
- Asistencia regular ás sesións de clase, que asegura ao alumno a orientación no seu estudo por parte da profesora e a guía necesaria para abordar os bloques de contido. Tamén constitúe un espazo importante para a negociación das actividades en grupo.
- Seguimento e adicación en todas as sesións interactivas. Velar pola calidade dos informes finais que se entregan.
- Colaboración e participación equilibrada no equipo de traballo. Planificación adecuada das tarefas de grupo (distribución de tempos, esforzos e diálogo constante cos profesores).
- Uso adecuado das titorías ao longo do semestre (revisión e seguimento de prácticas, apoio ao estudo individual).
É interesante que se traballe, fundamentalmente, en e coa bibliografía proposta.
O alumnado con exención de clases teóricas respectará as datas de entrega dos traballos e demais requisitos establecidos, mantendo contacto co profesorado.
O seguimento da materia é, evidentemente, presencial. En caso de que esta presencialidade non se poda garantir, trasladarase o traballo ao Campus Virtual, mantendo os mesmos prazos programados, polo que se recomenda a todo o alumnado familiarizarse co manexo de ferramentas de traballo colaborativo en rede, coa contorna de aprendizaxe virtual e coas tecnoloxías de comunicación telemática. As titorías serán periódicas en calquera dos escenarios de presencialidade que se dean.
A USC é unha Universidade presencial, polo que, tal como queda reflectido no sistema de avaliación, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase. Os alumnos e alumnas que por algún motivo non poidan asistir á clase de forma continuada deberán contar cunha dispensa de asistencia que terá que ser aprobada pola Xunta de Facultade. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen na avaliación en relación coa asistencia a clases.
O alumnado con Necesidades Educativas Específicas deberá de ser avaliado polo servizo correspondente (SEPIU) co obxecto de poder coñecer con maior fundamento a súa problemática e garantir a igualdade de trato.
Plan de continxencia:
As adaptación metodolóxicas, de vivir condicións de presencialidade extraordinarias, serán as que seguen:
• O escenario 2: A docencia presencial convivirá coa virtual, de aí que as sesións que non podan desenvolverse en aula, pasarán, exactamente, a desenvolverse mediante plataformas telemáticas (Teams e Campus Virtual).
• O escenario 3: A docencia será completamente de carácter virtual. Todas as sesións (expositivas e interactivas, así como as titorías) pasarán a desenvolverse mediante plataformas telemáticas (Teams, Campus Virtual, correo electrónico).
Concretamente, podemos establecer que, na medida en que se poda virtualizar a docencia, a avaliación seguirá a ser continua, centrada en:
• Participación nas tarefas que teñan que desenvolverse de xeito virtual, con pegadas cuantificables, a través dos diferentes sistemas (rexistros persoais, foros de participación, uso das Conversas na Aula virtual...) sumada á heteroavaliación dos compañeiros que estará circunscrita a aquelas tarefas que sexan en grupo.
• Probas específicas, o traballo académico final ten un seguimento mediante as titorías para garantir a súa mellora e, como non, a avaliación continua. De non ser presencial este seguimento, desenvolverase mediante as plataformas de comunicación corporativas mencionadas.
• Producións derivadas das prácticas que non se podan desenvolver de xeito presencial, terán que ser elaboradas e entregadas a través da Aula Virtual. Esta elaboración, en equipos de traballo, estará apoiada en ferramentas de colaboración e comunicación elixida polo alumnado.
• As presentacións orais que non se podan realizar en aula por parte do alumnado pasarán a ser por medios telemáticos (Teams), podendo ser, tamén, a través de vídeo que se subirá ao espazo creado a cada efecto na Aula Virtual da materia.
Alumnado con Necesidades Educativas Específicas:
O alumnado con Necesidades Educativas Específicas deberá de ser avaliado polo servizo correspondente (SEPIU) co obxecto de poder coñecer con maior fundamento a súa problemática e garantir a igualdade de trato.
Responsabilidade medioambiental:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
No desenvolvemento das clases e na realización das diferentes actividades, respectaranse os criterios de igualdade de xénero.
A información que a USC recolle a este respecto pode ampliarse neste enlace.
https://www.usc.gal/es/servizos/oix/modules/news/news_0009.html
Teresa Susana Vázquez Regueiro
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- teresasusana.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 24 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 24 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 24 |
Venres | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
03.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
06.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 23 |