Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Distinguir e establecer as características concretas e específicas necesarias para a organización e dirección de xogos nos seus diferentes ámbitos de aplicación
- Seleccionar e secuenciar xogos infantís en función de intereses, necesidades e posibilidades do alumnado ao que van dirixidos.
- Coñecer e distinguir os recursos que ofrecen estas actividades no campo da recreación e do lecer escolar.
- Entender e comprender a vinculación que os xogos populares teñen cos intereses culturais e históricos dos pobos e comunidades, os seus desarraigamentos e a susceptibilidade que orixina a súa recuperación na sociedade actual.
BLOQUE TEMÁTICO I. OS XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS
- Tema 1. Os xogos e deportes populares: introdución, conceptos e clasificacións.
- Tema 2. Os xogos populares e tradicionais na educación física escolar.
- Tema 3. Xogos e deportes de lanzamento, locomoción, loita e forza. Propostas prácticas.
- Tema 4. Propostas para a súa aplicación educativa e recreativa.
BLOQUE TEMÁTICO II: A INICIACIÓN DEPORTIVA E O DEPORTE ESCOLAR
- Tema 5. Conceptos básicos. Clasificación dos xogos deportivos.
- Tema 6. Os elementos pedagóxicos do deporte. Os valores na iniciación deportiva. A igualdade de xénero no deporte.
- Tema 7. A iniciación deportiva no contexto escolar.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Blazquez, D. (1982). Iniciación a los deportes de equipo. Martínez Roca.
Blázquez, D. (1995). La iniciación deportiva y el deporte escolar. INDE.
Camerino Foguet, O. (2000). Deporte recreativo. Inde.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Antón García, J. L. (coord.)(1989). El entrenamiento deportivo en la edad escolar. Unispor Andalucía.
Bayer, C. (1992). La enseñanza de los juegos deportivos colectivos. Hispano Europea.
Blanco-García, T. (1993). Para jugar, como jugábamos. Diputación de Salamanca.
Castejón Oliva, F. J. (1995). Fundamentos de iniciación deportiva y actividades físicas organizadas. Dykinson.
Devís Devís, J., y Peiró Velert, C. (1992). Nuevas perspectivas curriculares en Educación Física: la salud y los juegos modificados. Inde.
Graça, A. y Oliveira, J. (1994). O ensino dos jogos desportivos. Universidad de Oporto.
Gruppe, O. (1976). Teoría pedagógica de la Educación Física. INEF Madrid.
Hernández Moreno, J. (1994). Fundamentos del deporte: análisis de las estructuras del juego deportivo. INDE.
Hernández Moreno, J. (2000). La iniciación a los deportes desde su estructura y dinámica. INDE.
Lasierra, G. y Lavega, P. (1993). 1015 juegos y formas jugadas de iniciación a los deportes de equipo. Vol. I, II. Paidotribo.
Navarro-Patón, R., Alvarez-Fernández, M., y Basanta-Camiño, S. (2015). Los juegos y actividades tradicionales como reflejo de la sociedad. Estudio comparativo entre la población adulta y los escolares de educación secundaria obligatoria. EmasF, 6(33), 1-22.
Navarro-Paton, R., Alvarez-Fernández, M., y Basanta-Camiño, S. (2014). O xogo popular tradicional no concello de Xove, unha ollada á realidade lúdica. Revista Galega de Educación, (59), 80-83.
COMPETENCIAS GENERALES
G7- Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa
G2- Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro
G5- Fomentar a conivencia na aula e fora dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB2- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
COMPETENCIAS TRANSVERSALES
T1- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras
T3- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E58- Comprender os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social dende a educación física
E59- Coñecer o currículo escolar da educación física
E60- Adquirir recursos para fomentar a participación ao longo da vida en actividades deportivas dentro e fora da escola.
SESIÓNS EXPOSITIVAS EN GRAN GRUPO
A metodoloxía principal que se empregará será a “aprendizaxe baseada en problemas” mediante equipos de traballo coa finalidade de incentivar a colaboración e cooperación. Esta metodoloxía combinarase coas explicacións do docente para facilitar a comprensión dos conceptos.
SESIÓNS INTERACTIVAS EN GRUPO MEDIANO
Realizaranse no pavillón da Facultade e estrutúranse en tres fases: momento de encontro, de actividade motriz e de despedida. Buscarase que o alumnado adquira competencias inherentes aos procesos de ensinanza-aprendizaxe-avaliación baseados nos xogos populares e regulados a partir da experimentación, a reflexión e o análise. Ademais, o alumnado asumirá o rol docente de educación física dirixindo xogos.
TITORÍAS EN GRUPO PEQUENO
Planificaranse titorías con cada equipo de traballo para orientar e supervisar as actividades formativas.
TRABALLO GRUPAL
Consistirá en inventar un deporte alternativo con enfoque inclusivo.
AULA VIRTUAL
Deseñarase como un espazo de aprendizaxe útil para comunicarse co alumnado, aloxar recursos bibliográficos, completar as actividades formativas, guiar o traballo autónomo e supervisar o proceso de ensino-aprendizaxe.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Os apartados da avaliación-cualificación dividiranse en catro:
1) PARTICIPACIÓN NA AULA (40%): nas sesións expositivas valorarase a contribución individual aos traballos relacionados coa “aprendizaxe baseada en problemas”. Nas sesións interactivas avaliarase a organización e dirección de xogos populares e regulados.
2) INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCCIÓNS (10%): valorarase a través do traballo grupal relacionado coa invención dun deporte alternativo con enfoque inclusivo.
3) PRESENTACIÓNS ORAIS (10%): a cualificación virá da exposición do traballo grupal asumindo o rol de docente.
4) PROBAS ESPECÍFICAS (40%): corresponderase coas cualificacións obtidas nos traballos vinculados a “aprendizaxe baseada en problemas” das sesións expositivas ou co exame final.
Para superar a materia deberanse cumprir tres condicións:
- Asistir ao 80% das clases. Segundo o artigo 1.2 do “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela”, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024, a asistencia considerarase preceptiva para superar a materia. A porcentaxe de asistencia acadado comunicarase antes do exame final. As ausencias debidamente xustificadas non implicarán consecuencias negativas para avaliación e cualificación (artigo 3).
- Obter unha cualificación igual ou superior a 5 puntos (sobre 10) no apartado de proba específica.
- Acadar unha puntuación media de 5 puntos o máis (sobre 10) entre todos os apartados que compoñen a avaliación.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Haberá unha proba global estruturada cos mesmos apartados que configuran a primeira oportunidade (participación na aula, informes escritos e outras producións, presentacións orais e probas específicas). O alumnado terá a posibilidade de decidir as partes ás que presentarse para mellorar a súas cualificacións.
O alumnado que na primeira oportunidade non acade o 80% de asistencia a clase terá que presentar un traballo consistente no deseño dunha proposta didáctica seguindo as características de algún dos seguintes modelos pedagóxicos (modelo de educación deportiva, ensinanza comprensiva do deporte, modelo de responsabilidade persoal e social, ou aprendizaxe cooperativa).
As condicións para superar a materia serán as mesmas que na primeira oportunidade exceptuando o requisito do 80% de asistencia a clase, que se modifica por acadar unha cualificación de APTO na proposta didáctica baseada nun modelo pedagóxico.
SEGUNDA CONVOCATORIA E SUCESIVAS (REPETIDORES)
O alumnado que en convocatorias anteriores acadara o 80% de asistencia a clase poderá optar por unha das seguintes opcións:
- Participar de todas as actividades formativas nas mesmas condicións co alumnado de primeira oportunidade.
- Ser avaliado cunha proba similar á de segunda oportunidade.
Deberase notificar a opción desexada ao docente. No caso de non facelo, a avaliación será mediante a proba global.
O alumnado cunha porcentaxe inferior ao 80% en convocatorias anteriores terá que cursar a materia nas mesmas condicións co alumnado matriculado por primeira vez.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA – PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Teranse en conta as seguintes matizacións nos apartados da avaliación:
1) PARTICIPACIÓN (40%): corresponderase coa cualificación obtida nos traballos relacionados coa “aprendizaxe baseada en problemas”, no que o alumnado con dispensa participará individualmente.
2) INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCCIÓNS (10%): o alumnado con dispensa non estará exento da participación no traballo grupal.
3) PRESENTACIÓN ORAIS (10%): tampouco estará exento da exposición do traballo grupal.
4) PROBA ESPECÍFICA (40%): corresponderase co exame final.
As condicións para superar a materia serás as mesmas cas especificadas para o alumnado sen dispensa exceptuando o requisito do 80% de asistencia a clase.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA – SEGUNDA OPORTUNIDADE
Consistirá nunha proba global estruturada cos mesmos apartados que configuran a primeira oportunidade (participación na aula, informes escritos e outras producións, presentacións orais e probas específicas). O alumnado terá a posibilidade de decidir as partes ás que presentarse para mellorar a súas cualificacións.
As condicións para superar a materia serás as mesmas cas especificadas para o alumnado sen dispensa exceptuando o requisito do 80% de asistencia a clase.
ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECÍFICAS
O alumnado que requira adaptacións para seguir o desenvolvemento da materia deberá solicitalo ao Servizo de Participación e Integración Universitaria e, inmediatamente despois, concertar unha titoría co docente para concretar o seu plan de traballo.
FRAUDE NAS ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”, aprobada polo Consello de Goberno o 5 de abril de 2017.
A materia ten unha carga de 4,5 créditos ECTS (112,5 horas), das cales 38,5 horas son presenciais e distribúense así:
-Expositivas = 18 horas en grupo grande
- Interactivas = 18 horas en grupo mediano
- Titorías = 2,5 horas en grupo pequeno
As 74 horas restantes correspóndense coas actividades de traballo autónomo: estudo, preparación de exames, resolución de problemas, elaboración de informes, ensaio de presentacións ou preparación de materiais.
- Coñecer os obxectivos, os contidos, as metodoloxías e as modalidades e casuísticas da avaliación-cualificación.
- Participar de forma activa, construtiva e constante nas sesións presenciais.
- Seguir as orientacións e recomendacións do docente relativas á temporalización, os traballos, os estudo e as fontes documentais.
- Desenvolver as actividades formativas de forma progresiva ao longo do semestre.
- Cumprir cos prazos de entrega e revisar a calidade lingüística dos traballos.
- Empregar as titorías académicas para resolver dúbidas durante o proceso.
- Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desc…
- A entrega dos traballos académicos realizarase a través das ferramentas tecnológicas institucionais (Campus Virtual, Microsoft Office 365) coa finalidade de aforrar papel.
- A comunicación co docente vía correo electrónico deberá establecerse coa conta @rai proporcionada pola USC.
Pablo Garcia Marin
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821037
- Correo electrónico
- pablo.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Pavillón |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Pavillón |
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 23 |
20.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
17.06.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 21 |