Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo central da materia é responder á cuestión ¿Como ensinar Ciencias Naturais en Educación Primaria (EP) de xeito que se favoreza unha aprendizaxe significativa? Este obxectivo pode desglosarse no desenvolvemento destas capacidades:
a) Actualizar e analizar contidos de ciencias da natureza obxecto de aprendizaxe en EP.
b) Aplicar criterios didácticos para a selección e secuenciación de contidos e formulación de obxectivos relacionados cos criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe do currículo de EP.
c) Deseñar actividades para a aprendizaxe de ciencias naturais en EP e o desenvolvemento de actitudes e competencia científica.
d) Formular problemas para traballar en clase contidos de ciencias da natureza mediante un enfoque que integre as dimensións cognitiva, afectiva e o desenvolvemento de pensamento crítico.
e) Utilizar diferentes fenómenos, sucesos, seres vivos ou obxectos naturais da contorna como recurso e motivación para o traballo na aula.
f) Identificar e analizar dificultades na ensinanza e aprendizaxe de ciencias naturais en EP en situacións reais ou simuladas e estratexias didácticas para resolvelas.
g) Analizar criticamente materiais e deseños curriculares, textos e proxectos de ciencias en primaria, e propoñer propostas de mellora para a súa aplicación en aulas de primaria
SESIÓNS EXPOSITIVAS
TEMA 1. Finalidades da Ensinanza das Ciencias da Natureza en Educación Primaria. A educación científica básica e a construción de coñecementos científicos
TEMA 2. As Ciencias da Natureza no Currículo de Educación Primaria. Ideas clave e Desenvolvemento da Competencia Científica
TEMA 3. Ensinanza e Aprendizaxe de Ciencias da Natureza en EP. Análise didáctica de factores que influen na aprendizaxe. Deseño curricular para o desenvolvemento e a avaliación da competencia científica en EP
TEMA 4. Recursos e Innovacións Didácticas para a Ensinanza de Ciencias da Natureza en EP
SESIÓNS INTERACTIVAS
As sesións interactivas incluen o desenvolvemento de actividades variadas que pretenden servir de exemplo sobre como promover a aprendizaxe de Ciencias da Natureza e o desenvolvemento das competencias científicas en EP en distintos contextos.
Realizaranse actividades de corte experimental, de lapis e papel, análise e lectura crítica de textos, etc., sobre contidos traballados nas clases expositivas ou como complemento dos mesmos. Poderán realizarse unha ou máis saídas de campo.
Preténdese complementar, xunto co traballado na materia EACI de 2º curso, as ideas clave de Ciencias do currículo de Educación Primaria.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- Cañal, P.; García-Carmona, A.; Cruz-Guzmán, M. (2016). Didáctica de las Ciencias Experimentales en Educación Primaria. Madrid: Ediciones Paraninfo.
- González Garcia, F. (Coord.). (2015). Didáctica de las Ciencias para Educación Primaria. II Ciencias de la Vida. Madrid: Pirámide.
- Martí, J. (2012). Aprender Ciencias en la Educación Primaria. Barcelona: Graó.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Garrido Romero, J. M.; Perales Palacios, F. J.; Galdón Delgado, M. (2008). Ciencia para Educadores. Pearson Education.
- Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na comunidade autónoma de GAlicia. Diario Oficial de GAlicia. Santiago de Compostela, 9 de setmbro de 2014, num. 171, pp.37406-38087.
- Jiménez Aleixandre M.P. (1996). Dubidar para aprender. Xerais, Vigo.
- Jiménez Aleixandre, M. P. (2010). 10 Ideas clave: Competencias en argumentación y uso de pruebas. Barcelona: Graó.
- Jiménez Aleixandre M.P., Caamaño, A. Oñorbe, A., Pedrinaci, E. e de Pro, A. (2003). Enseñar Ciencias. Barcelona: Graó
- Martín del Pozo, R. (2007). Aprender para enseñar ciencias en primaria. Sevilla: Diada
- Osborne R. e Freyberg P. (1991). El aprendizaje de las Ciencias. Las implicaciones de la Ciencia de los alumnos. Madrid, Narcea.
- Pedrinaci, E. et al. (2012.). 11 ideas clave. El desarrollo de la competencia científica. Barcelona: Graó.
- Pujol, R. M. (2003) Didáctica de las Ciencias en la Educación Primaria. Madrid: Síntesis
- Sanmartí, N. (2007). Evaluar para aprender. Barcelona: Graó
- Revistas en castelán e galego: Alambique, Aula de Innovación Educativa, Boletín ENCIGA, Investigación en la Escuela, Enseñanza de las Ciencias, Eureka.
- Revistas en inglés: Journal of Biological Education; International Journal of Science Education; International Journal of Learning Sciences; Science Education, Research in Science Education; International Journal of Designs for Learning.
Competencias Xerais
G.1.- Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
G.2.- Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G.8.- Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
G.9.- Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sostible.
G.10.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
G.11.- Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
Competencias Específicas
E.25.- Comprender os principios básicos e as leis fundamentais das ciencias experimentais (Bioloxía e Xeoloxía).
E.26.- Coñecer o currículo escolar destas ciencias.
E.27.- Formular e resolver problemas asociados coas ciencias á vida cotiá.
E.28.- Valorar as ciencias como un feito cultural.
E.29.- Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sostible.
E.30.- Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes.
Competencias Básicas
B.1.- Demostrar que se posúen e comprenden os coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2.- Aplicar os coñecementos ao traballo ou vocación dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da área de estudo.
B.3.- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4.- Poder transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5.- Ter desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. Competencias Transversais
T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
ESCENARIO 1: Normalidade adaptada
- A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial. Tanto nas sesións expositivas como nas interactivas traballaranse de forma integrada os contidos conceptuais e didácticos procurando promover as interaccións entre e co alumnado.
- As clases expositivas consistirán basicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da asignatura por parte do profesorado empregando para isto un enfoque dialóxico. Poderán realizarse actividades nestas sesións que permitan ilustrar e favorecer a comprensión de contidos introducidos, así como a identificación de ideas sobre estes contidos por parte do alumnado.
- As clases interactivas procurarán a implicación activa do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada no estudo de casos, resolución de problemas e experiencias prácticas.
Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, actividades prácticas...) serán orientadas polo profesorado tanto na aula como nas sesións de titoría.
Ademais da aula e do laboratorio, empregarase o Campus Virtual como ferramenta de comunicación entre o alumnado e os docentes, así como para programar e realizar determinadas actividades.
- As titorías realizaranse de forma presencial, podendo realizarse parcialmente de forma virtual a través da plataforma Teams.
- O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario. No Campus Virtual estarán dispoñibles os materiais, tanto das sesións expositivas como interactivas, así como recursos e enlaces a recursos empregados. Para o correcto funcionamento da materia é imprescindible consultar de forma habitual a información proporcionada na aula virtual.
ESCENARIO 2: Distanciamento
- A docencia expositiva e interactiva de carácter presencial convivirá coa virtual, de acordo co que dispoña a Facultade.
- As titorías realizaranse preferentemente de xeito virtual por medio da plataforma Teams.
- O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario. No Campus Virtual estarán dispoñibles os materiais, tanto das sesións expositivas como interactivas, así como recursos e enlaces a recursos empregados.
ESCENARIO 3: Peche de instalacións
- A docencia (expositiva, interactiva e titorías) será completamente de carácter virtual, utilizando mecanismos síncronos ou asíncronos mediante plataformas institucionais como Campus Virtual e Teams.
- O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario.
Combinarase a avaliación continua (Parte I) coa realización dunha proba final (parte II).
ESCENARIO 1: Normalidade adaptada
Parte I. Avaliación continua (contribución a cualificacion final 50%)
a. Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen na aula, no laboratorio e na saída(s) de campo (10%)
b. Elaboración e presentación de informes u outras producións do alumnado que poidan ser requeridas polo profesorado ao longo do curso, individualmente ou en grupos, que comprendan reflexións sobre os contidos abordados tanto nas sesións expositivas como nas interactivas. (30%)
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás que se programasen de forma coordinada
c. Presentacións orais de traballos realizados nas sesións interactivas. (10%)
Parte II: Proba escrita (contribución á cualificación final 50%)
Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das partes teórica e práctica. A proba final será presencial.
Para obter puntuación na parte I será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 80% das sesións que se celebren de forma presencial. A xustificación das faltas terase en conta para non perder o dereito a avaliación continua, mais non proporcionarán puntuación no apartado de asistencia.
Na primeira e segunda oportunidade da primeira convocatoria é necesario obter como mínimo un 40% (4 sobre 10) na parte 2 (apartado d) para que se lle poda sumar a puntuación da Parte I ( apartados a, b e c). O alumnado que non teña puntuación na parte I, será cualificado unicamente coa nota da parte II, que ao representar este o 50% do total non será superior a 5. Este criterio aplicarase nas dúas oportunidades da primeira convocatoria.

a. Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen na aula, no laboratorio e na saída(s) de campo (10%).

c. Presentacións orais de traballos realizados nas sesións interactivas.(10%)

Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das partes teórica e práctica. A proba final será telemática e realizarase a través da plataforma Teams e da aula virtual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”

Na primeira e segunda oportunidade da primeira convocatoria é necesario obter como mínimo un 40% (4 sobre 10) na parte II para que se lle poda sumar a puntuación da Parte I ( apartados a, b). O alumnado que non teña puntuación na parte I, será cualificado unicamente coa nota da parte II, que ao representar este o 50% do total non será superior a 5. Este criterio aplicarase nas dúas oportunidades da primeira convocatoria.
ESCENARIO 3: Peche das instalacións
Parte I: Avaliación continua (contribución á cualificación final 50%)
a. Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen e programen de forma virtual (5%)
b. Elaboración e presentación de informes u outras producións do alumnado que poidan ser requeridas polo profesorado ao longo do curso, individualmente ou en grupos, que comprendan reflexións sobre os contidos abordados tanto nas sesións expositivas como nas interactivas (45%)

Avaliación do alumnado con Exención de Docencia ás Clases Expositivas: O alumnado con Exención de Docencia ás clases Expositivas será avaliado das Partes I e II de igual modo que o resto do alumnado, agás do apartado a no relativo á asistencia e participación activa nas clases expositivas, que non poderá computarse. Na avaliación do apartado b, requeriranse a entrega de traballos/actividades realizados nas sesións expositivas igualmente, dado que estas actividades, que pretenden servir de aplicación de contidos teóricos, estarán dispoñibles para todo o alumnado na Aula Virtual.
Avaliación do alumnado con Dispensa de Asistencia e/ou Exención de Docencia Completa
O alumnado con Dispensa de Asistencia e/ou Exención de docencia as todas as sesións, se así se determina, será avaliado do mesmo xeito como se indica a continuación.
En cumprimento da instrución 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a execución de asistencia a clase, este alumnado deberá acordar un plan de traballo e avaliación específico que incluirá:
-Un programa de actividades relacionadas coas sesións expositivas e interactivas con prazos de entrega determinados. Isto representará o 30% da puntuación final.
-A realización dunha proba escrita na que amose a adquisición das competencias obxecto de avaliación na materia (60%).
- O 10% restante, relativo á asistencia e participación, non poderá computarse.
No escenario 1, a proba escrita será presencial. Nos escenarios 2 e 3 a proba será telemática.
Avaliación do alumnado de 2ª convocatoria e posteriores
O alumnado de segunda convocatoria e posteriores poderá acollerse a realizar unha proba final na que se demostre o grao de consecución das competencias asociadas a esta materia, sempre e cando teña aprobada a parte I da materia. Para tal fin deberá falar co profesorado en horario de titorías nas dúas primeiras semanas do semestre. No escenario 1 a proba escrita será presencial.
Nos escenarios 2 e 3 a proba será telemática.
O alumnado que non contacte co profesorado dentro do prazo establecido será avaliado igual que o da convocatoria ordinaria.
Esta é unha materia de 6 ECTS (150 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva de 24 horas expositivas, 24 horas interactivas de laboratorio e 3 horas de titorías.
Considérase que as 99 horas restantes deberían ser utilizadas polo alumnado do seguinte xeito:
-Estudo autónomo, lecturas recomendadas e actividades en biblioteca ou similares, preparación de debates e preparación de probas: 35 horas
-Lecturas sobre a parte práctica, programación de traballos prácticos, escritura de traballos e conclusións, e preparación de presentacións orais: 45 horas.
-Preparación individual de probas escritas e de presentacións orais, revisións de probas de avaliación, e orientación e seguimento de traballos prácticos: 19 horas.
A metodoloxía de traballo que se utilizará durante o curso, supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. En consecuencia, recoméndase a asistencia a clase e a participación activa nas actividades propostas.
A análise da problemática de aprendizaxe, así como a análise e a actualización dos contidos científicos, implican a busca de información nas fontes correspondentes e a súa atenta lectura.
- Os contidos abordados nas sesións da materia estarán dispoñibles na aula virtual, para que cada estudante poida elaborar os seus materiais de estudo.
- O programa da materia desenvolverase na Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte, durante o primeiro cuadrimestre.
- As titorías atenderanse no despacho dos profesores na Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte.
- Os correos electrónicos e as extensión telefónicas están consignados nos horarios do profesorado da materia que aparecen no sitio web correspondente da USC.
CAMBIOS DE GRUPO
O alumnado que precise solicitar un cambio de grupo deberá cubrir o formulario oficial que se colgará na aula virtual da materia, acreditar de forma oficial a causa que motiva o cambio e entregar a documentación a través do enlace habilitado para tal fin.
Tal e como se establece na normativa, o alumnado poderá solicitar o cambio de grupo sempre e cando se cumpra algunha das seguintes condicións:
1.Solapamento de horarios con outras materias da titulación
2. Simultaneidade de estudos oficiais debidamente acreditados
3. Conciliación da vida familiar e persoal debidamente acreditada
4. Actividade laboral debidamente acreditada
Os cambios de turno implican tanto a sesión expositiva como a interactiva, non se admitirán cambios parciais, salvo aqueles que se soliciten dentro do mesmo turno (mañá ou tarde) e por cuestións debidamente xustificadas.
O cumprimento das condicións anteriores non garante a concesión do cambio, pois para isto terase en conta o número máximo e mínimo de estudantes por grupo de docencia establecido na normativa de planificación académica anual.
Os docentes recomendan buscar unha permuta con outro alumno ou alumna do turno ao que se precise cambiar, pois é a única forma de garantir o cambio.
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
cado_WEB_USC.pdf
CORREO INSTITUCIONAL: É responsabilidade do alumnado consultar periodicamente as comunicacións que poidan realizarse, ademáis de mediante o uso do Campus Virtual, á súa conta de correo institucional (rai.usc.es)
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA: Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PLAN DE CONTINXENCIA
Metodoloxía
ESCENARIO 1: Normalidade adaptada
- A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial. Tanto nas sesións expositivas como nas interactivas traballaranse de forma integrada os contidos conceptuais e didácticos procurando promover as interaccións entre e co alumnado.
- As clases expositivas consistirán basicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da asignatura por parte do profesorado empregando para isto un enfoque dialóxico. Poderán realizarse actividades nestas sesións que permitan ilustrar e favorecer a comprensión de contidos introducidos, así como a identificación de ideas sobre estes contidos por parte do alumnado.
- As clases interactivas procurarán a implicación activa do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada no estudo de casos, resolución de problemas e experiencias prácticas.
Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, actividades prácticas...) serán orientadas polo profesorado tanto na aula como nas sesións de titoría.
Ademais da aula e do laboratorio, empregarase o Campus Virtual como ferramenta de comunicación entre o alumnado e os docentes, así como para programar e realizar determinadas actividades.
- As titorías realizaranse de forma presencial, podendo realizarse parcialmente de forma virtual a través da plataforma Teams.
- O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario. No Campus Virtual estarán dispoñibles os materiais, tanto das sesións expositivas como interactivas, así como recursos e enlaces a recursos empregados. Para o correcto funcionamento da materia é imprescindible consultar de forma habitual a información proporcionada na aula virtual.
ESCENARIO 2: Distanciamento
- A docencia expositiva e interactiva de carácter presencial convivirá coa virtual, de acordo co que dispoña a Facultade.
- As titorías realizaranse preferentemente de xeito virtual por medio da plataforma Teams.
- O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario. No Campus Virtual estarán dispoñibles os materiais, tanto das sesións expositivas como interactivas, así como recursos e enlaces a recursos empregados.
ESCENARIO 3: Peche de instalacións
- A docencia (expositiva, interactiva e titorías) será completamente de carácter virtual, utilizando mecanismos síncronos ou asíncronos mediante plataformas institucionais como Campus Virtual e Teams.
- O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica de acordo coas condicións do escenario.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Combinarase a avaliación continua (Parte I) coa realización dunha proba final (parte II).
ESCENARIO 1: Normalidade adaptada
Parte I. Avaliación continua (contribución a cualificacion final 50%)
a. Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen na aula, no laboratorio e na saída(s) de campo (10%)
b. Elaboración e presentación de informes u outras producións do alumnado que poidan ser requeridas polo profesorado ao longo do curso, individualmente ou en grupos, que comprendan reflexións sobre os contidos abordados tanto nas sesións expositivas como nas interactivas. (30%)
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás que se programasen de forma coordinada
c. Presentacións orais de traballos realizados nas sesións interactivas. (10%)
Parte II: Proba escrita (contribución á cualificación final 50%)
Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das partes teórica e práctica. A proba final será presencial.
Para obter puntuación na parte I será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 80 % das sesións que se celebren de forma presencial. A xustificación das faltas terase en conta para non perder o dereito a avaliación continua, mais non proporcionarán puntuación no apartado de asistencia.
Na primeira e segunda oportunidade da primeira convocatoria é necesario obter como mínimo un 40% (4 sobre 10) na parte 2 (apartado d) para que se lle poda sumar a puntuación da Parte I ( apartados a, b e c). O alumnado que non teña puntuación na parte I, será cualificado unicamente coa nota da parte II, que ao representar este o 50% do total non será superior a 5. Este criterio aplicarase nas dúas oportunidades da primeira convocatoria.
ESCENARIO 2: Distanciamento
Parte I. Avaliación continua (contribución a cualificacion final 50%)
a. Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen na aula, no laboratorio e na saída(s) de campo (10%).
b. Elaboración e presentación de informes u outras producións do alumnado que poidan ser requeridas polo profesorado ao longo do curso, individualmente ou en grupos, que comprendan reflexións sobre os contidos abordados tanto nas sesións expositivas como nas interactivas. (30%)
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás que se programasen de forma coordinada
c. Presentacións orais de traballos realizados nas sesións interactivas.(10%)
Parte II: Proba escrita (contribución á cualificación final 50%)
Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das partes teórica e práctica. A proba final será telemática e realizarase a través da plataforma Teams e da aula virtual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Para obter puntuación na parte I será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 80% das sesións que se celebren de forma presencial. A xustificación das faltas terase en conta para non perder o dereito a avaliación continua, mais non proporcionarán puntuación no apartado de asistencia.
Na primeira e segunda oportunidade da primeira convocatoria é necesario obter como mínimo un 40% (4 sobre 10) na parte II para que se lle poda sumar a puntuación da Parte I ( apartados a, b). O alumnado que non teña puntuación na parte I, será cualificado unicamente coa nota da parte II, que ao representar este o 50% do total non será superior a 5. Este criterio aplicarase nas dúas oportunidades da primeira convocatoria.
ESCENARIO 3: Peche das instalacións
Parte I: Avaliación continua (contribución á cualificación final 50%)
a. Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen e programen de forma virtual (5%)
b. Elaboración e presentación de informes u outras producións do alumnado que poidan ser requeridas polo profesorado ao longo do curso, individualmente ou en grupos, que comprendan reflexións sobre os contidos abordados tanto nas sesións expositivas como nas interactivas (45%)
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás que se programasen de forma coordinada
Parte II: Proba escrita (contribución á cualificación final 50%)
Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das partes teórica e práctica. A proba final será telemática e realizarase a través da plataforma Teams e da aula virtual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Na primeira e segunda oportunidade da primeira convocatoria é necesario obter como mínimo un 40% (4 sobre 10) na parte II para que se lle poda sumar a puntuación da Parte I ( apartados a, b). O alumnado que non teña puntuación na parte I, será cualificado unicamente coa nota da parte II, que ao representar este o 50% do total non será superior a 5. Este criterio aplicarase nas dúas oportunidades da primeira convocatoria.
Avaliación do alumnado con Exención de Docencia ás Clases Expositivas: O alumnado con Exención de Docencia ás clases Expositivas será avaliado das Partes I e II de igual modo que o resto do alumnado, agás do apartado a no relativo á asistencia e participación activa nas clases expositivas, que non poderá computarse. Na avaliación do apartado b, requeriranse a entrega de traballos/actividades realizados nas sesións expositivas igualmente, dado que estas actividades, que pretenden servir de aplicación de contidos teóricos, estarán dispoñibles para todo o alumnado na Aula Virtual.
Avaliación do alumnado con Dispensa de Asistencia e/ou Exención de Docencia Completa
O alumnado con Dispensa de Asistencia e/ou Exención de docencia as todas as sesións, se así se determina, será avaliado do mesmo xeito como se indica a continuación.
En cumprimento da instrución 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a execución de asistencia a clase, este alumnado deberá acordar un plan de traballo e avaliación específico que incluirá:
-Un programa de actividades relacionadas coas sesións expositivas e interactivas con prazos de entrega determinados. Isto representará o 30% da puntuación final.
-A realización dunha proba escrita na que amose a adquisición das competencias obxecto de avaliación na materia (60%).
- O 10% restante, relativo á asistencia e participación, non poderá computarse.
No escenario 1, a proba escrita será presencial. Nos escenarios 2 e 3 a proba será telemática.
Avaliación do alumnado de 2ª convocatoria e posteriores
O alumnado de segunda convocatoria e posteriores poderá acollerse a realizar unha proba final na que se demostre o grao de consecución das competencias asociadas a esta materia, sempre e cando teña aprobada a parte I da materia. Para tal fin deberá falar co profesorado en horario de titorías nas dúas primeiras semanas do semestre. No escenario 1 a proba escrita será presencial.
Nos escenarios 2 e 3 a proba será telemática.
O alumnado que non contacte co profesorado dentro do prazo establecido será avaliado igual que o da convocatoria ordinaria.
Blanca Puig Mauriz
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 881812112
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Francisco Sóñora Luna
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Correo electrónico
- francisco.sonora [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Ines Mosquera Bargiela
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 982821057
- Correo electrónico
- ines.mosquera.bargiela [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 (A - Ga) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_01 (A - Ba) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 41 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
12:30-14:00 | Grupo /CLIL_02 (Be - Ca) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 41 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_06 (González H - Mo) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 41 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_08 (Roe - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 41 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
Martes | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_03 (Ce - Fernández P) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 41 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
12:30-14:00 | Grupo /CLIL_04 (Fernández Q - Ga) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 41 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
16:00-17:30 | Grupo /CLE_02 (Ge - Z) + Dobre Grao | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_07 (Mu - Rod) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 41 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 (A - Ga) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_01 (A - Ba) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 41 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
12:30-14:00 | Grupo /CLIL_02 (Be - Ca) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 41 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
16:00-17:30 | Grupo /CLE_02 (Ge - Z) + Dobre Grao | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_07 (Mu - Rod) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 41 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_05 (Ge - González G) + Dobre Grao | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 41 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_03 (Ce - Fernández P) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 41 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
12:30-14:00 | Grupo /CLIL_04 (Fernández Q - Ga) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 41 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_06 (González H - Mo) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 41 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_08 (Roe - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 41 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_05 (Ge - González G) + Dobre Grao | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 41 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
20.01.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 (Ge - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
20.01.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Ga) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
20.01.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 (Ge - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
20.01.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Ga) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
21.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 (Ge - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
21.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Ga) | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |