Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá, Didácticas Aplicadas
Áreas: Filoloxía Inglesa, Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Xerais
Proporcionar coñecementos e recursos, e desenvolver destrezas que contribúan á capacitación do alumnado para levar a cabo a súa actividade profesional no eido do ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras. A devandita capacitación implica a combinación do adestramento específico na lingua estranxeira obxecto de especialización coa adquisición de coñecementos teóricos e adestramento práctico nas técnicas e recursos didácticos máis axeitados para o seu ensino.
2. ESPECÍFICOS
Os obxectivos específicos da asignatura comprenden o desenvolvemento das competencias específicas mencionadas no apartado de competencias. Nesta asignatura vanse traballar dous tipos de contidos: lingüísticos e didácticos. Con respecto aos primeiros, o alumnado consolidará e actualizará os seus coñecementos do idioma estranxeiro por medio do estudo da gramática, a adquisición de vocabulario e a práctica das catro destrezas comunicativas (listening, speaking, reading e writing), consolidando o nivel de competencia intermedio e encamiñándose a acadar o nivel intermedio alto ao final do cuadrimestre. En canto aos contidos didácticos, procurarase que o alumnado adquira coñecementos e destrezas básicas sobre aspectos relativos ao ensino da lingua inglesa na educación primaria (ver apartado seguinte).
1. Contidos relativos á lingua inglesa (conceptuais, procedimentais, actitudinais):
Procurarase o desenvolvemento integral da competencia comunicativa do alumnado. En canto a contidos conceptuais, prestarase atención á introdución, revisión e consolidación de estruturas e nocións gramaticais básicas (tempos verbais, adverbios de frecuencia, cláusulas de relativo, preguntas, voz pasiva, estilo indirecto, condicionais, etc.) co fin de capacitar ao alumnado para facer cousas coa lingua dentro do nivel requerido (describir e narrar, pedir e transmitir información, expresar opinións e preferencias etc.). Asimesmo, procurarase incrementar o vocabulario introducindo variados campos semánticos (turismo e tiempo libre, traballo e educación, relacións humanas, etc.). Traballarase tamén a adquisición de fórmulas para a interacción cotiá e de estratexias para favorecer a comunicación verbal e non verbal, e o alumnado aprenderá a construír e conectar o seu discurso oral e escrito de xeito coherente e organizado. Con respecto aos contidos procedimentais ou destrezas, o alumnado desenvolverá tanto as destrezas productivas (escribir e falar) como receptivas (ler e escoitar) dun xeito integrado, co fin de acadar o nivel previsto de competencia comunicativa. Para rematar, en canto aos contidos actitudinais, o alumnado desenvolverá a capacidade para apreciar a diversidade lingüística de xeito tolerante e respetuoso, confiar nas súas posibilidades de autoaprendizaxe, e aprender dos seus erros.
2. Contidos relativos á didáctica da lingua inglesa:
- Enfoques e métodos para o ensino da lingua inglesa
- O manexo da aula: organización e interacción
- O ensino das catro destrezas
- Materiais e recursos didácticos (con especial atención a recursos virtuais e TIC)
- Programación anual, unidades didácticas e avaliación
O alumnado terá acceso aos materiais básicos para o estudo da materia a través do Campus Virtual ou da plataforma Teams. A seguinte listaxe inclúe referencias complementarias.
1. Bloque lingüístico
Eastwood, J. (2006). Oxford Practice Grammar (Intermediate) with Key and CD Rom. Oxford: O.U.P.
Heyderman, E., & May, P. (2019). Complete Preliminary B1: For the Revised Exam from 2020: English for Spanish Speakers. Student's Book with Answers. Cambridge: CUP.
Murphy, R. (2004). English Grammar in Use (with Answers and CD Rom). Cambridge: C.U.P.
Redman, S. (1997). English Vocabulary in Use (Pre-intermediate and Intermediate). Cambridge: C.U.P.
Swan, M. & Walter, C. (1997). How English Works. A Grammar Practice Book with Answers. Oxford: O.U.P.
2. Bloque didáctico
Council of Europe (2018). Common European Framework of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Companion volume with new descriptors. [https://rm.coe.int/cefr-companion-volume-with-new-descriptors-2018/1680…].
Council of Europe (2001). The Common European framework for the Teaching and Learning of Languages. Cambridge: Cambridge University Press. [http://rm.coe.int/1680459f97]
Enever, J. (2016). Primary ELT. In The Routledge Handbook of English Language Teaching. Oxford: Routledge, 353-366.
Ellis, R., Skehan, P., Li, S., Shintani, N., & Lambert, C. (2020). Task-based language teaching: Theory and practice. Cambridge: C.U.P.
Larsen-Freeman, D. & Anderson, M. (2011). Techniques and principles in language teaching. Oxford: OUP.
Slattery, M. & Willis, J. (2001). English for Primary Teachers. A Handbook of Activities and Classroom Language. Oxford: OUP.
Ur, P. (2012). A course in English language teaching. Cambridge: C.U.P.
Walsh, S. (2013). Classroom discourse and teacher development. Edinburgh: EUP.
Woodward, T. (2001). Planning lessons and courses: Designing sequences of work for the language classroom. Cambridge: CUP.
Phillips, S. (1994). Young Learners. Oxford: OUP.
Vale, D. & Feunteun, A. (1995). Teaching children English: A training course for teachers of English to children. Cambridge: C.U.P.
3. Recursos electrónicos
3.1.Bloque lingüístico:
https://www.englishclub.com/
http://www.mansioningles.com/
http://www.esl-lab.com
http://elllo.org/
https://www.learnenglish.de/englishchat.htm
https://learnenglish.britishcouncil.org/
https://dictionary.cambridge.org
https://www.thefreedictionary.com
https://www.wordreference.com
3.2.Bloque didáctico:
https://www.teachingenglish.org.uk/
https://www.bbc.co.uk/learningenglish/
https://www.onestopenglish.com/
https://learnenglishkids.britishcouncil.org/
https://www.coe.int/en/web/language-policy
XERAIS
G.1. Capacidade para amosar coñecementos sobre as áreas curriculares da Educación Primaria, as súas relacións, criterios de avaliación, e didáctica do seu ensino e aprendizaxe.
G.2. Capacidade para deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, individualmente ou en equipo.
G.3. Capacidade para abordar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e plurilingües.
G.4. Capacidade para deseñar e manexar espazos de aprendizaxe baixo os principios de igualdade e respecto á diversidade.
G.11. Capacidade para coñecer, seleccionar e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación.
ESPECÍFICAS
E.52. Competencia lingüística: capacidade para expresarse, oralmente e por escrito, nunha lingua estranxeira.
E.53. Competencia didáctica: capacidade para desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e fomentar as competencias correspondentes nos estudantes.
BÁSICAS
B.1. Capacidade para amosar adquisición e comprensión de coñecementos, especialmente relativos á área de estudo.
B.2. Capacidade para a aplicación dos coñecementos adquiridos ao eido profesional, cc fin de elaborar argumentos e resolver problemas.
B.3. Capacidade para recoller, interpretar e valorar información, especialmente relativa á área de estudo.
B.4. Capacidade para transmitir información en eidos especializados e non especializados.
B.5. Capacidade para levar a cabo a aprendizaxe autónoma.
TRANSVERSAIS
T.1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e a comunicación
As clases impartiranse na lingua estranxeira. Polo que respecta aos agrupamentos para a realización de actividades presenciais, contémplase a realización de actividades en gran grupo, en grupo mediano e en grupo pequeno o individuais. As sesións expositivas (en gran grupo) estarán adicadas, por unha parte, ao desenvolvemento das competencias relacionadas co proceso de adquisición e aprendizaxe da lingua estranxeira na etapa da educación primaria, esencialmente por medio da exposición de contidos por parte do profesor, o comentario e debate de textos escritos (ou orais), e a realización de presentacións orais polo alumnado. Por outra banda, procurarase o desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado e a adquisición de contidos de tipo léxico e morfosintáctico: isto levarase a cabo por medio de actividades de distintos formatos (exercicios de repetición ou drills, exercicios de elección múltiple, de verdadeiro-falso, de reescritura, de encher ocos, etc.). As sesións interactivas (en grupo mediano) destinaranse tamén ao desenvolvemento da competencia comunicativa do alumnado, fundamentalmente en canto ás destrezas de comprensión e expresión oral, mediante a realización, por exemplo, de actividades para a explotación de textos orais, debates e role-plays, ou dictados. Asimesmo, levaranse a cabo tarefas prácticas relacionadas coa expresión escrita, corrección de exercicios, e actividades de aprendizaxe cooperativa. Nas actividades de avaliación (tanto grupal como individual) verificaranse tanto a adquisición de coñecementos de tipo lingüístico e didáctico como o grao de desenvolvemento das competencias traballadas durante as sesións. As titorías (en grupo pequeno ou individuais) prantexaranse como sesións de orientación encamiñadas á resolución de problemas e á supervisión e asesoramento do alumnado para a potenciación do traballo autónomo. Para rematar, as actividades non presenciais orientaranse cara ao desenvolvemento tanto das destrezas comunicativas como das didácticas. Nas devanditas actividades o alumnado aplicará e consolidará os coñecementos adquiridos nas sesións presenciais, e exercitará a aprendizaxe autónoma
Esta metodoloxía será de aplicación no "Escenario 1: Normalidade adaptada", según se recolle nas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura: Curso 2020/2021” (Consello de Goberno da USC, 19 xuño 2020). En caso de cambio de escenario, a metodoloxía será modificada segundo se indica na sección "Observacións: Plan de Continxencia".
-Exame/proxecto final: 50% da cualificación final.
-Participación e tarefas encomendadas: 35% da cualificación final.
-Elaboración e presentación dunha proposta didáctica: 15% da cualificación final
Convocatoria extraordinaria de xullo: as tarefas e presentación preparadas durante o semestre contarán de novo un 50% da nota final. O alumnado que non preparou estas tarefas durante o curso perderá a porcentaxe correspondente da nota final.
Alumnado dispensado de asistencia e repetidor será avaliado cun exame cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final.
Este sistema de avaliación será de aplicación no "Escenario 1". En caso de cambio de escenario, a avaliación será modificada segundo se indica na sección "Observacións: Plan de Continxencia".
Como figura na Memoria da titulación, para o correcto desenvolvemento desta asignatura está previsto que o alumnado adique un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula, e 99 a traballo autónomo e preparatorio. Para máis información sobre o traballo do alumnado, ver os apartados “Avaliación” e "Recomendacións para o estudo da asignatura".
Non existen prerrequisitos oficiais para esta asignatura, aínda que é recomendable posuír un nivel inicial de competencia comunicativa na lengua extranxeira B1 do MCER (nivel intermedio, ou PET de Cambridge). Asimesmo, é aconsellable ter un dominio instrumental avanzado da L1 (castelán/galego), así como coñecementos avanzados da gramática da L1.
Co fin de aproveitar ao máximo a asignatura, é aconsellable que os alumnos asistan regularmente ás clases e ás titorías grupais e individuais, de xeito que o profesor poida monitorizar o seu traballo e solventar posibles problemas. Tamén se recomenda levar a cabo puntualmente todas as tarefas propostas dentro e fora da aula, planificar o traballo autónomo e distribuír o estudo e as tarefas de xeito continuado ao longo do curso, consultar a bibliografía proporcionada para revisar, consolidar ou ampliar coñecementos, empregar os recursos de aprendizaxe do Centro, e participar activa e razoadamente nas actividades da aula.
1) PLAN DE CONTINXENCIA
1.1 METODOLOXÍA
En caso de que as autoridades pertinentes decretaran os escenarios 2 ou 3 a metodoloxía será adaptada ás directrices establecidas pola USC e aos parámetros acordados polo centro, de maneira que as actividades docentes que non poidan executarse de modo presencial desenvolveranse de modo virtual recurrindo ás ferramentas institucionais postas a disposición pola USC, utillizando actividades orais e/ou escritas de carácter síncrono (principalmente a través da plataforma TEAMS) e/ou asíncrono (principalmente a través de TEAMS ou Moodle) dependendo do tipo de actividade.
1.2. AVALIACIÓN
Na modalidade de docencia semipresencial (escenario 2) manterase, sempre que sexa posible, o mesmo sistema de avaliación que no escenario 1. En caso de non ser posible, e, obviamente, no caso do escenario 3, as probas presenciais serán substituídas por probas telemáticas (síncronas e/ou asíncronas, orais e/ou escritas) utilizando as ferramentas institucionais”.
2) O respecto ao medioambiente é unha das principais preocupacións de hoxe en día. Desta forma, nós como seres humanos debemos mostrar responsabilidade neste sentido co fin de reducir o noso impacto no medioambiente e preservar os nosos recursos naturais.
3) Asumindo que a violencia de xénero é unha violación dos dereitos humanos, debemos loitar con forza para detela, entendendo que unha boa educación sobre o tema a unha temperá idade debería ser fundamental para evitala.
Fatima Maria Faya Cerqueiro
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- fatima.faya [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Noemí Pereira Ares
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- noemi.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Indira Yadira Ariana Garcia Varela
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Vanesa Roldan Romero
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_02 (Com - López Pe) | Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
Mércores | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_01 (A - Col) + Dobre Grao | Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
12:30-14:00 | Grupo /CLIL_04 (Pes - Z) | Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |
12:30-14:00 | Grupo /CLIL_03 (López Pi - Per) | Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
24.05.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
07.07.2021 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |