Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Conceptuais (saber):
- Comprender o desenvolvemento psicolóxico, os seus procesos, dimensións e fases.
- Analizar e comprender as principais teorías e modelos explicativos do desenvolvemento nas idades de 6 a 12 anos, acadando unha comprensión funcional das mesmas que permitan adecuar a práctica docente ao nivel de maduración do alumnado e ás súas características.
- Coñecer as implicacións educativas que se derivan dos procesos de cambio evolutivo do alumnado e reflexionar sobre as súas aplicacións para optimizar o desenvolvemento.
- Coñecer a metodoloxía de investigación en psicoloxía do desenvolvemento e a súa aplicación ao ámbito escolar
Procedimentais (saber facer):
- Manexar diferentes fontes de información relacionadas coa psicoloxía do desenvolvemento.
- Observar, analizar e interpretar condutas representativas das principais dimensións do desenvolvemento do escolar.
- Adquirir habilidades para a prevención e resolución pacífica de conflitos e saber convivir coas diferenzas entre culturas e persoas.
- Familiarizarse cos procedementos estimuladores da actividade didáctica, coas técnicas de motivación e coas estratexias para aprender a pensar e a estudar.
Actitudinais (saber ser):
- Desenvolver unha actitude crítica, reflexiva e creativa fronte aos problemas psicoeducativos.
- Cultivar hábitos de traballo favorecedores da participación e da observación que inciten a manter unha actitude de permanente actualización na profesión.
- Adoptar unha disposición favorábel cara ao traballo en equipo, á colaboración cos compañeiros e compañeiras e promover valores de respecto, tolerancia, compromiso ético e apertura, tanto no período de formación como na conduta profesional posterior.
Bloque 1: Introdución á Psicoloxía do Desenvolvemento
Tema 1. Aproximación conceptual. Principais teorías descritivo-explicativas do desenvolvemento.
Tema 2. Introdución aos métodos de investigación en Psicoloxía do desenvolvemento.
Bloque 2: O desenvolvemento de 6 a 12 anos.
Tema 3. O desenvolvemento físico e perceptivo-motor.
Tema 4. O desenvolvemento cognitivo.
Tema 5. O desenvolvemento da linguaxe.
Tema 6. O desenvolvemento socioafectivo, persoal e moral.
BIBLIOGRAFIA BÁSICA
- Berger, K.S. (2016). Psicología del desarrollo: infancia y adolescencia. Madrid: Médica Panamericana.
- Feldman, R.S. (2008). Desarrollo en la infancia. Méjico: Prentice Hall.
- Papalia, D.E., Feldman, R.D. e Martorell, G. (2012). Desarrollo humano. Méjico: McGraw-Hill.
- Bermudez, M.P. e Bermudez, A.M. (Coords.). (2004). Manual de psicología infantil. Aspectos evolutivos e intervención psicopedagógica. Madrid: Biblioteca Nueva.
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
- Barajas, C., Morena, De la, M.L., Fuentes, M.J. e González, A.M. (2007). Perspectivas sobre el desarrollo psicológico: teoría y prácticas. Madrid: Pirámide.
- Berk, L.E. (2004). Desarrollo del niño y del adolescente. Madrid: Prentice-Hall.
- Córdoba, A.I., Descals, A. e Gil, M.D. (2007). Psicología del desarrollo en la edad escolar. Madrid: Psicología Pirámide.
- Craig, G.J. e Baucum, D. (2009). Desarrollo psicológico. Méjico: Prentice-Hall.
- Hoffman, L., Paris, S. e Hull, E. (1995). Psicología del desarrollo hoy. Madrid: McGraw Hill.
- Palacios, J., Marchesi, A. e Carretero, M. (2004). Psicología evolutiva (vol. I, II). Madrid: Alianza.
- Papalia, D.E., Olds, S.W. e Feldman, R.D. (2009). Psicología del desarrollo: de la infancia a la adolescencia. Bogotá: McGraw-Hill.
- Santrock, J.W. (2007). Psicología del desarrollo en la infancia. Madrid: McGraw Hill.
- Shaffer, D.R. (2007). Psicología del desarrollo: infancia y adolescencia. Méjico: Internacional Thomson.
Soporte digital:
- Brioso, A. (2005). Psicología del desarrollo y de la educación. Vol. I. Psicología del desarrollo. Madrid: UNED.
- García, J.A. (2019). Psicología del desarrollo I. Madrid: UNED.
- Gutiérrez, F. e Vila, J.O. (2015). Psicología del desarrollo II. Madrid: UNED.
- Muñoz, V. (2014). Manual de psicología del desarrollo aplicada a la educación. Madrid: Pirámide.
- Palacios, J., Marchesi, A. e Carretero, M. (2004). Desarrollo psicológico y educación. Vol. I. Psicología evolutiva. Madrid: Alianza.
WEBGRAFIA
- http://www.ite.educacion.es/
- http://www.profes.net/
- http://www.educared.net/
Xerais:
G5- Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G8- Manter una relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
G10- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes.
G11- Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa as aprendizaxes, a formación cívica e a riqueza cultural.
Básicas:
CB2- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse coa elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica e ética.
CB4- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Específicas:
E2- Coñecer as características destes estudantes así como as características dos seus contextos motivacionais e sociais.
E3- Dominar os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento da personalidade dos estudantes e identificar disfuncións.
Transversais:
T1- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T2- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3- Coñecemento instrumental de tecnoloxías da información e da comunicación.
A proposta metodolóxica que se vai empregar pretende conxugar o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, así como o traballo autónomo e a autoaprendizaxe.
As actividades presenciais co grupo de clase expositivo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, orientar e guiar a realización de traballos, dar unha visión global dos contidos dos diferentes bloques e relacionar coñecementos para facilitar a significatividade das aprendizaxes, polo que a exposición se acompañará, cando sexa pertinente, de organizadores previos, definicións, cadros sinópticos, esquemas … O apoio de material visual e recursos en rede empregarase para clarexar os contidos tratados e servir de referencia e punto de partida para os traballos e actividades de carácter grupal.
Co traballo en seminarios (clases interactivas) preténdese profundar en aspectos concretos das clases teóricas; as actividades que se realicen incluirán a lectura e comentario de documentos, respostas a preguntas, análise de situacións prácticas, visualización de vídeos, estudo de casos, debates e realización de traballos. Con eles, preténdese que o alumnado aprenda a manexar diferentes fontes de información, propicie a transferencia da teoría á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construír significados compartidos axudado da labor mediadora da docente.
A concreción das tarefas requiridas e os materiais necesarios presentaránselle o alumnado nas correspondentes sesións de clase e nas guías de cada tema utilizando o Campus Virtual e os recursos que este ofrece.
Na atención titorial, atenderanse as necesidades específicas de cada alumno/a e realizaranse as orientacións pertinentes para guiar o seu proceso de ensinanza-aprendizaje.
En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que permitan a súa adaptación a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
A avaliación da materia realizarase tendo en conta o nivel de logro ponderado:
-50% da cualificación procederá dos resultados dunha proba (exame) sobre os contidos tratados nas clases expositivas e interactivas; é necesario superar esta proba (obter 3 puntos sobre 5 puntos) para aprobar a materia e para que se consideren as puntuacións obtidas na interactividade, nas exposicións e na asistencia e participación na dinámica da aula. No caso de non presentarse a esta proba a cualificación será de “suspenso” na materia.
-35% da cualificación procederá da entrega de informes escritos e outras producións (individuais e grupais) demandadas o alumnado. Valorarase a precisión conceptual, o axuste as directrices dadas, a orixinalidade e a reflexión crítica.
- 5% da cualificación procederá de presentacións orais. Valorarase a precisión conceptual e a competencia expositiva.
-10% da cualificación corresponderá a participación activa na dinámica da aula.
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter superado o exame, ter asistido a lo menos o 80% das sesións interactivas e ter entregadas nos prazos acordados todas as actividades (individuais e grupais) solicitadas.
Os traballos individuais ou de grupo que realicen os estudantes deben ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta (plaxio e uso de tecnoloxías) de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Nos casos contemplados na normativa da Facultade os alumnos poderán solicitar exención de docencia. Esta situación debe ser notificada á profesora ó inicio do cuadrimestre e presentar, no momento no que se obteña, a certificación que así o acredite. Todo isto será necesario para establecer as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e a superación da materia. A avaliación da materia realizarase tendo en conta o nivel de logro ponderado:
-50% da cualificación procederá dos resultados dunha proba (exame) sobre os contidos tratados; é necesario superar esta proba (obter 3 puntos sobre 5 puntos) para aprobar a materia e para que se consideren as puntuacións obtidas nos informes e outras producións demandadas.
-50% da cualificación procederá da entrega de informes escritos e outras producións demandadas o alumnado. Valorarase a precisión conceptual, o axuste as directrices dadas, a orixinalidade e a reflexión crítica.
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que permitan a súa adaptación a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
A materia ten un total de 51 horas de clases presenciais, distribuídas en clases expositivas co grupo de clase completo, actividades de grupo en seminarios, estudo de casos, guías e orientación de traballos e titorías.
Estímase que o alumnado deberá dedicar unhas 99 horas ao traballo autónomo para poder superar a materia. Destas, aproximadamente 35 horas estarán centradas en tarefas de estudo, preparación de materiais, busca de información e análise de documentos; en torno a 45 horas dedicaraas ás lecturas e elaboración de traballos, esquemas, mapas conceptuais, busca de información complementaria ou preparación de presentación orais e unhas 19 horas para o traballo en lecturas recomendadas, á aprendizaxe autónoma, á resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos. O tempo dedicado ao exame será sobre dúas horas.
Ver Observacións.
Dado o carácter básico da materia e a súa ubicación no plano de estudos non se indican requisitos previos; será recomendábel que o alumno/a estableza relacións cos contidos propios das materias de Psicoloxía da Educación e de Dificultades de Aprendizaxe e Trastornos do Desenvolvemento.
É importante que o alumado se implique activamente desde o inicio na dinámica e funcionamento da materia para lograr superala con éxito; recoméndase tamén unha abordaxe comprensiva e significativa da mesma.
Ver Observacións.
PLAN DE CONTINXENCIA
Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, e en previsión de non poder levar a cabo unha docencia presencial, contémplanse varios escenarios: Normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física), Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física) e Peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física).
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
1. Normalidade adaptada: A docencia será presencial, tal e como figura na programación anteriormente descrita, adoptando as medidas de prevención e autoproteción da poboación (mascaras faciais, uso de xeles desinfectantes, etc.) e seguindo os criterios que no seu momento estableza a Facultade de Ciencias da Educación. As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, se ben se poderán programar titorías por vía telemática.
2. Distanciamento: A docencia tanto expositiva como interactiva neste escenario será mixta combinando a presencialidade e a non presencialidade. Os recursos telemáticos poderán ser síncronos (Teams) –con caracter preferente- ou asíncronos (aula virtual da materia). O organización temporal da materia seguirá os criterios establecidos pola Facultade de Ciencias da Educación. Na realización das titorías, darase prioridade a súa programación vía telemática utilizando como recursos o correo electrónico, foros, Skype Profesional ou Teams.
Para a preparación dos contidos teóricos a docente achegará presentacións en Power Point, documentos, artigos, vídeos, cuestionarios de autoavaliación, entre outros, a través do Campus Virtual. A proposta metodolóxica inclúe traballos en grupo e individuais, a concreción das tarefas requiridas así coma os materiais e recursos necesarios presentaránselle ao alumnado nas guías de cada tema a través do Campus Virtual.
3. Peche das instalacións: Tanto a docencia expositiva como a interactiva desenvolveranse completamente de xeito virtual, ben con mecanismos síncronos (Teams), –cun caracter preferente-, ben con asíncronos (aula virtual da materia). A programación das titorías será exclusivamente por vía telemática utilizando como recursos o correo electrónico, foros, Skype Profesional ou Teams.
Para a preparación dos contidos teóricos a docente achegará presentacións narradas, documentos, artigos, vídeos, cuestionarios de autoavaliación, entre outros, a través do Campus Virtual. A proposta metodolóxica inclúe traballos en grupo e individuais, a concreción das tarefas requiridas así coma os materiais necesarios presentaránselle ao alumnado nas guías de cada tema a través do Campus Virtual.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
1. Normalidade adaptada: A avaliación desenvolverase tal e como figura na programación anteriormente descrita. A proba final terá carácter presencial adoptando as medidas de prevención e autoprotección da poboación (máscaras faciais, uso de xeles desinfectantes, etc.).
2. Distanciamento: O sistema de avaliación combina a avaliación continua cunha proba final. O peso da avaliación continua será do 80% distribuído do seguinte xeito: traballos en grupo 35%, traballos individuais 35% e asistencia e participación nas sesións presenciais na aula 10%. A proba final terá un carácter preferentemente presencial e o seu peso será dun 20%, os medios para levala a cabo especificaranse no momento oportuno. Para superar a materia será necesario ter entregadas, en tempo e forma, e superadas tanto as actividades individuais como as grupais e aprobada a proba final.
3. Peche das instalacións: O sistema de avaliación combina a avaliación continua cunha proba final. O peso da avaliación continua será do 80% distribuído do seguinte xeito: traballos en grupo 35%, traballos individuais 35% e participación 10%. Neste último caso poderán utilizarse diferentes fórmulas para o seu control: rexistro de asistencia, entrega de tarefas en prazo, participación no foro da materia, etc. A proba final terá un carácter preferentemente telemático e o seu peso será dun 20%, os medios para levala a cabo especificaranse no momento oportuno. Para superar a materia será necesario ter entregadas, en tempo e forma, e superadas tanto as actividades individuais como as grupais e aprobada a proba final.
Nos escenarios 2 e 3 o alumnado que non supere a materia na Primeira oportunidade (Período ordinario) deberá poñerse en contacto ca docente para establecer un plan de recuperación. Para os casos de realización fraudulenta (plaxio e uso indebido de tecnoloxías) de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA
En función da situación sanitaria as recomendacións para o estudio da materia poden sufrir cambios para facilitar a adaptación os escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade. Estes iranse indicando, no momento oportuno, a través das guías de estudio dos diferentes temas que se incorporarán a aula virtual da materia.
- ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha "mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
- RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos
- PERSPECTIVA DE XÉNERO
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/descar…
- OBRIGATORIEDADE DE USO DA CONTA DE CORREO RAI.
- OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
- NON SE PODERÁ EMPREGAR O DE TELÉFONO MÓVIL, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- TER EN CONTA QUE O ENSINO-APRENDIZAXE (CLASES / TITORÍAS) É UN PROCESO PRIVADO, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
- OBRIGATORIEDADE DO CUMPRIMENTO DA NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Eva María Taboada Ares
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813892
- Correo electrónico
- evamaria.taboada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 (A - Ferq) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - L) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
Martes | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 (Ferr - L) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
16:00-17:30 | Grupo /CLE_02 (M - Z) + Dobre Grao 1º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_03 - Dobre Grao 1º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_05 (R - Z) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
Venres | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_04 (M - Q) | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
02.06.2022 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - L) | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
02.06.2022 09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 (M - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
02.06.2022 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - L) | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
02.06.2022 09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 (M - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
08.07.2022 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - L) | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
08.07.2022 09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 (M - Z) + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |