Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral que se persigue con esta disciplina é dar ó alumno nocións fundamentais sobre a organización e administración dos recursos humanos.
Cun nivel maior de concreción podemos sinalar os seguintes obxectivos específicos:
* Adquisición e dominio básico de elementos terminolóxicos e conceptuais dos recursos humanos nas organizacións sociais e laborais en relación co exercicio e xestión das mesmas.
* Análise teórica-comprensiva dos modelos de organización e recursos humanos ata a actualidade.
* Desenvolvemento da capacidade de análise e conciencia crítica respecto dos círculos de calidade e das relacións establecidas entre o sistema educativo e o sistema social.
* Potencia-lo desenvolvemento das capacidades de reflexión e síntese, a nivel individual e colectivo, ante o modelo de calidade total no ámbito educativo.
Conforme ós obxectivos sinalados, os principais contidos que configuran os bloques temáticos desta materia son os seguintes:
I. O concepto de organización e recursos humáns. Que son as organizacións. A estructura, eixe crítico da organización. Organización base cero. O comportamento organizacional.
II. Modelos de organización de recursos humáns. A participación do persoal. Responsabilidades mútuas. A dirección participativa. Novos enfoques de xestión dos recursos humáns. Métodos da xestión dos recursos humáns.
III. Círculos de calidade. A avaliación de rendemento. O proceso de avaliación do rendemento: medición do rendemento e xestión do rendemento.
IV. Calidade total na actualidade. A cultura da calidade total e a súa definición. A xestión da calidade aplicada a educación. A calidade total como reto educativo.
V. O coaching en educación. O coaching educativo e a súa aplicación. O coach e as súas técnicas.
ÁLVAREZ, M. (1998): El liderazgo de la calidad total. Editorial escuela española, Madrid.
BAYÓN MARINÉ, F. (2002): Organizaciones y recursos humanos. Madrid, Síntesis.
BOADI I GRAU, J. (2001): Capital humano; 52 casos prácticas: manual de supuestos prácticos sobre recursos humanos y procesos organizacionales. Barcenola, Granica.
BUTTERISS, M. (2001): Reinventando recursos humano: cambiando los roles para crear la organización de alto rendimiento. Barcelona, Gestión 2000.
CARDONA, P. (2002): Las claves del talento: la influencia del liderazgo en el desarrollo del capital humano. Barcelona, Empresa Activa.
COLOM, A. y SARRAMONA, J. (1997): Estrategías de formación en la empresa. Narcea, Madrid.
FERNÁNDEZ, A. (2000): Organización y gestión de empresas. A Coruña, Servicio de publicaciones de la Universidad da Coruña.
FERNÁNDEZ AGUADO, J. (2002): Dirigir y motivar equipos. Barcelona, Ariel.
FERNÁNDEZ RÍOS, M. SÁNCHEZ, J.C. (1997): Eficacia organizacional. Concepto, desarrollo y evaluación. Díaz de Santos, Madrid.
FERREIRO DE BABOT, P e ALCÁZAR GARCÍA, M. (2002): Gobierno de personas en las empresas. Barcelona, Ariel.
FULLAN, M. (2002): Liderar en una cultura de cambio. Barcelona, Octaedro.
FUNDACIÓN DE LAS CAJAS DE LAS CAJAS DE AHORROS (2000): Capital humano y bienestar económico. Fundación Caja de Ahorro, Madrid.l
JAMARDO SUÁREZ, B. (2003): “Cómo dirigir con eficacia equipos multiculturales” Indice, nº24, pp. 41-42.
LÓPEZ CABARCOS, A. (2001): “La importancia de la motivación en la gestión empresarial”, Alta dirección. Nº 218, pp. 275-281.
LORENZO SERRANO y otros (2005): La geografía del capital humano en España: niveles educativos de los municipios, provincias y comunidades autónomas. Instituto Valenciano de Investigaciones económicas, Valencia.
MARAÑÓN RODRÍGUEZ, E. (2003): “Una reflexión necesaria del empresario de hoy: la formación de los recursos humanos como factor estratégico para la flexibiidad empresarial”; Balance, mercantil y empresarial. Nº 36, pp. 8-11.
PALOM IZQUIERDO, F.J. (1987): Círculos de calidad. Teoría y práctica. Marcombo, Barcelona.
PALOM IZQUIERDO, F.J. y TORT RAVENTOS, LL. (1991): Management en organizaciones al servicio del progreso humano. Espasa-Calpe, Madrid.
PEREDA MARIN, S. (2001): Técnicas de gestión de recursos humanos por competencias. Madrid, Centro de Estudios Ramón Areces.
PINEDA, P. (Coord.) (2002): Gestión de la formación en las organizaciones. Barcelona, Ariel.
PIZZORUSSO, A. (2001) Las genraciones de derechos. Anuario Iberoamericano de Justicia Constitucional, 5. Madrid, Centro de Estudios Políticos y Constitucionales.
QUINTANILLA PARDO, I. (2002): Empresas y personas: gestiónd el conocimiento y capital humano. Madrid, Díaz de Santos.
RAMONET, I. (2002) Mundo S.A., Voces contra la globalización. Barcelona, Ediciones la Tempestad.
SALGADO VELO, J.F. (1997): Comportamiento organizacional. Escuela de Negocios Caixavigo, Vigo.
SÁNCHEZ PÉREZ, J. (2001): Procesos básicos de gestión de recursos humanos. Cadiz, Servicio de publicaciones de la universidad de Cadiz.
SARRAMONA, J. (2002): La formación continua laboral. Madrid, Biblioteca Nueva.
VALERO MATAS, A.; FERNÁNDEZ ACEBO, J. e MATEO RODRÍGUEZ, M. (2002): Casos de recursos humanos y relaciones laborales. Madrid, Pirámide.
VAZQUEZ, G. (2001): Educación y calidad de vida. Madrid, Ministerio de Educación e C.I.D.E.
As competencias están relacionadas cos obxectivos da materia:
a) Competencias Básicas e Xenerais
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CG3 - Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas
CG5 - Promover e desenvolver accións de asesoramento educativo con diferentes persoas e/ou grupos mediante a utilización de medios e recursos adecuados.
CG6 - Promover e desenvolver accións de orientación laboral en distintos contextos formativos, así como no asesoramento,
deseño, implementación e avaliación das iniciativas nas que interveñan
b) Competencias Transversais
CT2 - Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros
profesionais
CT6 - Manter unha permanente actitude de formación e actualización respecto da súa desempeño profesional, así como das
realidades afectadas pola súa práctica
c) Competencias Específicas
CE6.2 - Orientar a adecuación entre o perfil profesional das persoas e as ofertas laborais dispoñibles
CE 1. Comprender e valorar os Recursos Humanos.
CE 2. Explicar o valor dos Recursos Humanos en Educación.
CE 3. Entender a importancia dos Recursos Humanos no desenvolvemento da formación e da educación
Os contidos que conforman o temario desta materia serán elaborados e presentados de maneira expositiva ó grupo de clase pola profesora e os alumnos. A profesora centrará a súa exposición, preferentemente, nos aspectos nucleares de cada unidade didáctica, procurando ofrecer de maneira condensada a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica ou de síntese de cada tema, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e imbricándose cos demais do programa a fin de lograr unha integración dos módulos de contido e dos aspectos estructurais que conforman o corpus cognitivo da materia.
O alumnado pola súa banda, coa oportuna orientación da profesora, afondarán en cuestións concretas que non foran abordadas máis que dun xeito moi xenérico na exposición deste e que sexan susceptibles de tratamento de estudio recorrindo ós soportes documentais e bibliográficos pertinentes.
Óptase por un proceso metodolóxico que teña en conta os principios de participación, actividade e aprendizaxe experiencial, primando o desenvolvemento da capacidade comprensiva sobre a erudición que poida acadarse na materia.
Durante o cuadrimestre realizaranse, entre outras, as seguintes actividades:OBRIGATORIAS
a) Asistencia regular e participación directa nas actividades teóricas e prácticas que se programen, executando as tarefas recomendadas en cada caso. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realiza-las accións preparatorias sobre as que se sustentará a dinámica grupal na clase. Sendo así, a participación require o estudio, que como tarefa persoal a de proceder e suceder ó traballo na aula, orientándose ó dominio dos contidos que integran o temario da asignatura, por medio dos cales se poderán acada-los obxectivos formulados, o que se faran patente a través das oportunas probas de control.
b) Canda o estudio e a asistencia e participación nas actividades de aula, cada alumno individualmente e cada equipo de traballo terán que realizar de maneira obrigatoria e por escrito sínteses críticas dos documentos que se entreguen na aula e responder ás preguntas que se formulen, salientando os aspectos máis importantes.
c) Elaboración dun traballo monográfico acerca dalgún epígrafe do temario ou dalgún problema específico con el relacionado. A profesora facilitara as orientacións bibliográficas oportunas e supervisará a execusión do traballo en cada unha das súas etapas. As monografías serán executadas en grupos de 3-4 alumnos. Trala súa conclusión difundiranse polo medio sinalado.
Concédeselle moita importancia ó desenvolvemento de bos hábitos de traballo e estudio, á utilización correcta do vocabulario e linguaxe pedagóxicas, á participación activa nos debates de clase, ó traballo feito a conciencia, á capacidade investigadora e creativa dos alumnos e alumnas ó estudia-los procesos educativos da escola, á reflexión que produce o seu estudio, á análise do seu papel como futuro profesor. Todas estas consideracións primarán sobre outras na avaliación final.
En correpondencia coas actividades programadas e co plan de traballo proposto, e en harmonía cos obxectivos, os contidos, e a metodoloxía consignados e cos recursos dispoñibles, a avaliación dos estudiantes estará baseada nas calificacións que obteñan nas contribucións escritas que realicen, na súa asistencia, participación e calidade das aportacións nas sesións de clases teóricas e prácticas que se programen e nos traballos opcionais que voluntariamente presenten.
No se aceptará ningún traballo do que nos se teña constancia de elaboración e seguimento.
Haberá unha proba escrita.
As prácticas de aula
Traballo monográfico
Lecturas obrigatorias
O alumnado exento de docencia realizará as mesmas actividades que o alumnado de avaliación continua
Sempre que a asistencia sexa igual ou superior ao 80% das sesións.
a) Para obtener unha valoración positiva na materia, será preciso tener realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas.
b) Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Cualquer traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
c) A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
d) A titorización do alumnado só se efectuará durante as horas de atención que figuran detalladas na secretaria virtual e na porta do despacho da profesora e neste programa. En consecuencia, pregáselles que se absteñan de realizar calquer tipo de consulta fóra do horario indicado, agás se teñen concertado previamente a oportuna entrevista.
e) En ningún caso se aceptarán traballos dos que a profesora non teña constancia por escrito da súa realización e que non fose seguido por ela ó longo do proceso de elaboración a través de entrevistas periódicas.
f) As datas de entrega dos traballos obrigatorios informaranse oportunamente.
g) Calquer tipo de circunstancia persoal que poida alterar o normal seguimento da asignatura por parte dos alumnos deberá ser comunicado á profesora á maior brevidade, pois de non facelo repercutirá na avaliación continua do rendemento académico.
i) Durante o curso facilitaranse outras orientacións puntuais que complementen ou maticen as que aquí figuran enunciadas dun xeito xenérico.
Enténdese que o estudio debe ser contínuo o que podería equivaler a un 40% do tempo adicado a materia.
En canto a realización dos traballos podería equivaler ó 80% dos créditos prácticos
Asistencia regular ás clases.
- Estudo dos documentos entregados e da bibliografía fundamental recomendada.
- Participación e discusión activa nos foros establecidos.
- Estudo regular da materia
Recoméndase consultar a Guía Práctica do Estudantado, que conten referencias ás programacións, avaliacións, etc. accesibles na páxina
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/goberno/vrestudantes/descarga…
- A necesidade de que o alumnado emplee necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado.
- A necesidade de atende ás normas dictadas na instrucción num. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias.
Nas primeiras sesións de clase atendendo a calendarización de realización e entrega de traballos establecéranse as datas limite para a recollida das tarefas indicadas.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA: "Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo".
METODOLOXÍA:
A metodoloxía que se expón aplicaríase no caso dos escenarios 1 e 2. No escenario 2, poderíanse impartir as clases interactivas en grupos pequenos de xeito presencial e as clases expositivas de xeito virtual a través das diferentes plataformas que ten habilitadas a universidade (Teams, Campus Virtual, Zoom, etcétera). Neste escenario as titorías poderían ser tanto presenciais como virtuais.
No escenario 3, a docencia desenvolverase de maneira virtual, facendo uso das ferramentas dispoñibles (Teams e Campus Virtual) e facendo un seguimento continuado do traballo do alumnado. As titorías serán de carácter virtual. Tanto o exame ou proba final como as actividades prácticas desenvolveríanse de maneira virtual síncrona e asíncrona.
AVALIACIÓN:
En todos os escenarios seguiríase mantendo o proposto neste programa. A única diferenza sería que no caso do escenario 3 a proba final realizaríase a través dun test síncrono no campus virtual.
Maria Esther Olveira Olveira
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813763
- Correo electrónico
- Mariaesther.olveira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
31.05.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
14.07.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |