Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer e analizar as tendencias históricas, os fundamentos teórico-conceptuais e o marco de intervención da Orientación Profesional.
- Identificar e comprender as necesidades, bases, modelos e funcións da Orientación en contextos formativos e profesionais.
- Acceder ao coñecemento da realidade dos servizos de Orientación Profesional en escenarios educativos e profesionais.
- Coñecer e aplicar estratexias, técnicas e recursos de orientación.
- Adquirir os coñecementos, estratexias, técnicas e habilidades necesarias para deseñar, aplicar e avaliar intervencións no campo da Orientación Profesional.
O desenvolvemento da materia concreta os seus contidos nos seguintes bloques temáticos:
Bloque Temático 1. Bases conceptuais da Orientación Profesional: concepto, desenvolvemento histórico, enfoques e perspectivas teóricas, principios de actuación, modelos de intervención, funcións e ámbitos de intervención.
Bloque Temático 2. Organización e funcionamento dos Servizos de Orientación Profesional en contextos formativos e sociolaborais.
Bloque Temático 3. Mercado laboral actual: Características e papel da Orientación Profesional.
Bloque Temático 4. Técnicas e recursos de Orientación Profesional.
Bloque Temático 5. Deseño, implementación e avaliación de Programas de Orientación Profesional.
No que atinxe aos contidos a abordar, independentemente dos escenarios de docencia que poidan producirse, estes serán garantidos en calquera das modalidades establecidas.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Manzanares, A. e Sanz, C. (dirs.) (2016). Orientación Profesional. Fundamentos y estrategias. Universidad de Castilla La Mancha y Wolters Kluwer.
- Sánchez, Mª. F. (2012). Bases teóricas de la Orientación Profesional. (recurso electrónico). UNED.
- Sánchez, Mª. F. (coord.) (2017). Orientación para el desarrollo profesional. UNED.
- Sobrado, L. M. e Cortés, A. (coords.) (2009). Orientación Profesional. Nuevos escenarios y perspectivas. Biblioteca Nueva.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Caballero, M. A. (2005). Claves de la orientación profesional. Estructura, planificación, diagnóstico e intervención. Editorial CCS.
- Izquierdo, T. (coord.) (2010). Los nuevos retos del mercado laboral: una perspectiva desde la orientación profesional. Amarantos.
- Martínez, P. (2008). Orientación Profesional para la transición. En Echeverría, B. (coord.), Isus, S., Martínez, M.P. y Sarasola, L. Orientación Profesional. UOC, pp. 223-299.
- OIT (2007). Tendencias mundiales del empleo. Informe breve. http://www.ilo.org/public/english/employment/strat/download/getb07sp.pdf
- Planas, J. A (coord.) (2012). La orientación profesional y la búsqueda de empleo: experiencias innovadoras y técnicas de intervención que facilitan la inserción laboral. Graó.
- Sánchez, Mª. F. (2017). Orientación profesional y personal (recuso electrónico). UNED.
- Sebastián, A. (Coord.) (2003). Orientación profesional. Un proceso a lo largo de la vida. Dykinson.
- Sobrado, L. e Ceinos, C. (2011). Tecnologías de la Información y Comunicación. Uso en Orientación Profesional y en la Formación. Biblioteca Nueva.
Revistas:
Revista Española de Orientación y Psicopedagogía
http://revistas.uned.es/index.php/reop
Revista de Investigación Educativa
https://www.uv.es/aidipe/
No que atinxe á bibliografía, apúntase que esta, así como o material teórico, práctico de apoio para abordar os diferentes contidos e bloques temáticos da materia estará dispoñible na aula virtual, así como na biblioteca universitaria e/ou internet (en aceso libre). Non obstante, esta poderá sufrir algunha modificación en función das circunstancias excepcionais que poidan producirse e, en caso necesario, a docente da materia realizará as adaptacións oportunas para garantir o cumprimento dos obxectivos, bloques temáticos e contidos establecidos no programa, de xeito que a bibliografía necesaria estará dispoñible cos enlaces correspondentes para o seu acceso virtual.
A) Competencias da Titulación ás que contribúe a materia:
Competencias Básicas e Xerais:
CB1- Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral , e soe atoparse nun nivel que, si ben se apoia en libros de texto avanzado, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG3- Coñecer, comprender e analizar de xeito integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
CG5- Promover e desenvolver accións de asesoramento educativo con diferentes persoas e/ou grupos mediante o emprego de medios e recursos axeitados.
CG6- Promover e desenvolver accións de orientación laboral en distintos contextos formativos, así coma no asesoramento, deseño, implementación e avaliación das iniciativas nas que se interveña.
Competencias Transversais:
CT2- Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
CT7- Demostrar profesionalidade integrando teoría e práctica.
Competencias Específicas:
CE6.1- Axudar a empregar as estratexias idóneas na busca de emprego.
CE6.2- Orientar a adecuación entre o perfil profesional das persoas e as ofertas laborais.
CE6.3- Deseñar, desenvolver e avaliar programas orientadores de inserción laboral.
CE6.4- Orientar no deseño de proxectos profesionais.
Na configuración dos graos destaca a importancia do papel axente e activo do alumnado nos procesos de aprendizaxe, así coma o rol de facilitador e mediador que asume o profesorado. Neste marco e dende unha valorización dos principios de contextualización, participación e actividade, establécense diversos procesos metodolóxico-didácticos que se concretan en:
- Sesións Expositivas: Dirixidas a todo o grupo de alumnos/as, nas que se presentarán e serán expostos os contidos da materia. En ditas sesións, serán tamén presentadas as fontes bibliográficas e documentais necesarias para o estudo autónomo do alumno/a.
- Sesións Interactivas: Levaranse a cabo diferentes actividades individuais e/o grupais con carácter práctico e aplicado, co propósito de promover o ensino a partir do diálogo e o traballo cooperativo en grupos heteroxéneos. Ó longo das diferentes sesións, profundarase na aplicación dos contidos presentados nas clases expositivas, optimizando a aprendizaxe académica e a participación do alumnado nas clases.
Complementariamente, cómpre apuntar que o uso da Aula Virtual na materia será de especial relevancia, debendo ser entendida como ferramenta de apoio, a cal proporcionará un entorno virtual cos recursos necesarios para favorecer os procesos de ensino-aprendizaxe e unha boa integración da docencia. Deste xeito, a documentación empregada para o tratamento dos diversas temas e contidos estará a disposición dos alumnos/as na aula virtual. Así mesmo, acontecerá con calquera material complementario presentado na aula ou que se considere necesario para o desenvolvemento dos contidos.
As titorías terán un carácter fundamentalmente personalizado ou en pequenos grupos e serán desenvoltas no horario especificamente destinado a tal fin pola profesora da materia. Estas sesións posibilitarán o desenvolvemento teórico-práctico da materia e a orientación dos traballos que se leven a cabo durante o curso. O horario de titorías será especificado a comezos de curso, tendo lugar no mesmo a atención persoal e on-line (a través do correo electrónico ou a través da plataforma Teams con cita previa) das dúbidas e consultas formuladas polos/as estudantes no que atinxe aos contidos abordados na materia.
No que atinxe ás cuestións que o alumnado formule á docente da materia mediante o correo electrónico, o estudantado deberá empregar a conta de correo electrónico da USC (@rai.usc.es)
A avaliación terá un carácter integral e continuo abarcando as seguintes actividades individuais e colectivas:
1.- Realización dunha proba escrita final sobre os contidos desenvoltos nas sesións de clase, coincidindo coa data que se estableza no calendario oficial de exames da Facultade. Representará o 50% da cualificación global, sendo imprescindible acadar unha nota mínima nesta proba de 2,5 puntos para tomar en consideración os outros compoñentes da avaliación.
2.- Actividades prácticas de aula orientadas ao desenvolvemento dos contidos teóricos e prácticos. Terán unha formulación diferenciada segundo a temática que se aborde. O seu peso porcentual será do 50% da cualificación final. Para poder ser avaliados, o alumnado deberá entregalas no prazo establecido pola docente da materia.
As características dos traballos recollidos neste programa poden sufrir modificacións en función das necesidades formativas observadas no desenvolvemento da materia, así como dos axustes necesarios como consecuencia dun escenario de non presencialidade na aula.
Para obter unha valoración positiva na materia será necesario ter realizado e entregado en prazo a totalidade das actividades de avaliación especificadas anteriormente, así como superar cada unha das dimensións de avaliación establecidas; é dicir ter entregado en prazo as actividades solicitadas (cualificación mínima de 2,5 sobre 5), así como ter superado a proba individual (mínimo 2,5 sobre 5 puntos). Aquelas entregadas fora dos prazos establecidos non serán tomadas en consideración nin avaliadas.
O carácter presencial da materia implica a asistencia asidua ás sesións de clase (mínimo 80%), salvo nos supostos oficialmente contemplados (exención de docencia) e, por suposto, nas circunstancias excepcionais que poidan producirse. No que atinxe á dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, atenderase ás normas ditadas na instrución núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC. En ambos supostos, os alumnos/as realizarán as prácticas (50%) de xeito individual dentro do prazo establecido pola profesora da materia, así coma o exame na data oficialmente establecida, a cal terá un peso do 50% da cualificación.
As prácticas entregadas na convocatoria ordinaria que obtivesen unha cualificación positiva manterán dita cualificación para a convocatoria de Xullo. Sen embargo, aqueles/as que alcanzasen unha cualificación de suspenso nas mesmas serán avaliados, na convocatoria de Xullo, a través dunha proba escrita que representará o 100% da avaliación.
As cualificacións obtidas das diferentes dimensións que constitúen a avaliación no presente curso académico, non se manteñen en cursos posteriores.
Os/as alumnos/as repetidores ou non presentados en convocatorias anteriores serán avaliados segundo os criterios establecidos para o presente curso académico.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado para varias materias, salvo que se programase de forma coordinada.
Nota de interese: recórdase que nos casos onde se detecte a realización fraudulenta de exercicios ou probas plaxiadas, será de aplicación inmediata o recollido na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Actividades presenciais (50 horas):
- Clases expositivas (presentación, explicación de temas): 18h
- Prácticas de seminario (análises de medios): 10h
- Prácticas de seminario: manexo de programas e recursos: 12h
- Titorías de traballo de curso: 6h
- Avaliación: 4h
Traballo persoal do alumnado (100 horas):
- Estudo: 40h
- Selección de medios: 20h
- Elaboración e adaptación de programas e recursos: 34h
- Titorías de traballo de curso: 4h
- Avaliación: 2h
A complexidade conceptual, teórica e aplicada da materia, aconsella un traballo continuado, procurando, dende o inicio, unha implicación e participación activa nas actividades que se desenvolvan e que están dirixidas á avaliación continua.
No referido coas actividades prácticas ou traballos a desenvolverse de xeito individual e/ou grupal, deberán realizarse e presentarse nos prazos que se determinen para a entrega das diferentes actividades.
É recomendable, a un tempo, a consulta e lectura de bibliografía básica e complementaria de cara a favorecer a comprensión dos contidos abordados en clase, así coma a facer uso das titorías, o que favorece unha mellora significativa do proceso de aprendizaxe do alumnado.
Complementariamente, apúntase a idoneidade de que o alumnado conte con acceso a un equipo informático de uso individual, con cámara e micrófono, así como a posibilidade de acceso a Internet, o que facilitará o proceso de ensino-aprendizaxe e o desenvolvemento do traballo virtual síncrono e asíncrono que poida derivarse do establecemento dun novo escenario formativo (concretamente, 2 e 3).
PROFESORADO DA MATERIA:
Cristina Ceinos Sanz. Despacho Nº 18, 1ª planta, Módulo A.
Teléfono: 8818 13823 Email: cristina.ceinos [at] usc.es (cristina[dot]ceinos[at]usc[dot]es)
REALIZACIÓN DE TRABALLOS: Os traballos e actividades encomendadas deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado en varias materias, salvo que fosen programados de xeito conxunto e coordinado.
Así mesmo, na realización dos traballos / prácticas seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019-, que poden consultarse no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
ASISTENCIA A CLASE:
A USC é unha Universidade presencial, polo que asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…). Nesta se expoñen os beneficios de asistencia a clase, entre eles o referido a facilitar “unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade de unha metodoloxía docente-discente máis participativa”.
No referido á dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, atenderanse as normas ditadas na instrución núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC. Pode consultarse a información correspondente no seguinte enlace:
https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias-educacion/SitePage…
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia: https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias-educacion/SitePage…
Nestes casos, no prazo de 10 días a partir da concesión da mesma, o alumnado debe poñerse en contacto coa profesora para fixar individualmente os criterios xerais de desenvolvemento da materia e da súa avaliación.
PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS: Seguirase a normativa de privacidade e protección de datos persoais dispoñibles en https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL: No que atinxe aos traballos persoais e/ou de grupo que se realicen no desenvolvemento desta materia, deben considerarse as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico u outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvoltos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista tanto no traballo diario de aula coma nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no seguinte enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Queda restrinxido o emprego do teléfono móbil na aula á súa utilización como instrumento de traballo, seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dunha utilización non axeitada do mesmo.
OBRIGATORIEDADE DO USO DA CONTA DE CORREO RAI: O alumnado debe empregar necesariamente o correo electrónico da USC (conta rai) na súa comunicación coa profesora responsable da materia.
OBRIGATORIEDADE DO EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade (Lifesize, etc.).
PRIVACIDADE DO ENSINO-APRENDIZAXE (clases/ titorías), entendendo privado como proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
PLAN DE CONTINXENCIA PARA O DESENVOLVEMENTO DA DOCENCIA NO CURSO 2021-2022, aprobado en Consello de Goberno o 30 de abril de 2021.
Se por razóns de seguridade (directrices da USC e protocolo establecido pola Facultade de Ciencias da Educación) ao longo do curso non é posible o desenvolvemento do presente programa concibido para unha docencia 100% presencial (escenario 1 de normalidade adaptada), contémplanse os seguintes axustes na Metodoloxía da Ensinanza e Sistema de Avaliación da Aprendizaxe da materia:
ADAPTACIÓN AO ESCENARIO 2. Distanciamento (restricións parciais á presencialidade física).
- A docencia expositiva poderá realizarse total ou parcialmente de xeito virtual, neste último caso con preferencia polos mecanismos síncronos. A Facultade definirá a distribución da docencia presencial e virtual para a titulación de Grao.
- Na docencia interactiva, poderá combinarse a presencialidade física e telemática, en todo caso garantindo para a primeira un mínimo do 50% das horas prácticas da materia.
- Haberá unha rotación máis curta nos grupos de prácticas, co obxectivo de que todos os grupos teñan garantida a impartición do mínimo esencial.
- Os horarios programados mantéñense independentemente da modalidade de docencia.
-Priorizaranse as titorías por vía telemática (a través de MS Teams ou correo electrónico).
Metodoloxía de Ensino:
1. A docente informará a través do Campus Virtual da distribución das sesións de clase presenciais e virtuais, indicando nestas últimas, cales se desenvolverán de xeito síncrono e asíncrono.
2. As actividades que se desenvolvan “en remoto” realizaranse a través das ferramentas do Campus Virtual.
3. O seguimento das actividades farase a través da programación de entrega das tarefas.
Sistema de Avaliación da Aprendizaxe:
1. As tarefas de avaliación e a súa ponderación serán as contempladas no apartado correspondente deste programa, cos axustes necesarios respecto ao desenvolvemento e seguimento das actividades presenciais e virtuais.
2. A proba final (porcentaxe máxima na cualificación final: 50%) é complementaria ás tarefas de avaliación continua (traballos e prácticas -porcentaxe máxima na cualificación final: 50%-).
3. A proba final poderá ser presencial ou telemática, dependendo da situación sanitaria, aínda que con preferencia pola primeira opción.
ADAPTACIÓN AO ESCENARIO 3. Peche das instalacións
- A docencia, tanto expositiva como interactiva, desenvolverase completamente de xeito virtual, con preferencia polos mecanismos síncronos.
- A Facultade adaptará a impartición das prácticas a unha modalidade completamente virtual. Os horarios programados manteranse, independentemente da modalidade de docencia.
- A programación das titorías será exclusivamente por vía telemática (a través de MS Teams ou correo electrónico).
Metodoloxía da Ensinanza:
1. A docente informará a través do Campus Virtual da distribución das sesións virtuais síncronas e asíncronas.
2. As actividades realizaranse a través das ferramentas do Campus Virtual.
3. O seguimento das actividades realizarase a través da programación de entrega das tarefas.
Sistema de Avaliación da Aprendizaxe:
1. As tarefas de avaliación e a súa ponderación serán contempladas no apartado correspondente deste programa, cos axustes necesarios respecto ao desenvolvemento e seguimento das actividades presenciais e virtuais.
2. A proba final (porcentaxe máxima na cualificación final: 50%) é complementaria ás tarefas de avaliación continua (traballos e prácticas -porcentaxe máxima na cualificación final: 50%-).
3. A proba final será exclusivamente telemática.
Maria Cristina Ceinos Sanz
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813823
- Correo electrónico
- cristina.ceinos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Venres | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Z) | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
09.12.2021 12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
28.06.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |