Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos que nos propoñemos acadar atender tanto á adquisición de coñecementos básicos sobre a disciplina, coma á práctica de destrezas relacionadas cos devanditos coñecementos e a adquisición de certas disposicións valorativas. Consideramos prioritario que os alumnos/as cheguen a:
1. Coñecer o obxecto de estudo da disciplina, a súa definición e método.
2. Coñecer os procesos de cambio intra e interpersoais que teñen lugar ao longo do ciclo vital.
3. Reflexionar sobre a aplicabilidade dos coñecementos sobre os procesos evolutivos en prol de optimizar o desenvolvemento.
4. Aprender a analizar con sentido crítico e a sintetizar a literatura científica relevante para a disciplina.
5. Adquirir inquietudes éticas en relación ás implicacións dos coñecementos adquiridos, con miras ao exercicio profesional.
A materia Psicoloxía do Desenvolvemento aborda o estudio da Psicoloxía do Desenvolvemento que é a rama da Psicoloxía que describe, explica, intervén e optimiza os procesos de cambio psicolóxico que os seres humanos experimentan ao longo da súa vida. Axuda a coñecer os cambios psicolóxicos, as diferenzas individuais, sociais e culturais producidos nos seres humanos.
Os descritores da materia, segundo constan na Memoria do Título de Grao en Pedagoxía, concrétanse nos seguintes contidos:
TEMA I. DELIMITACIÓN CONCEPTUAL E APROXIMACIÓN HISTÓRICA E METODOLÓXICA Á PSICOLOXÍA DO DESENVOLVEMENTO.
1.1. O desenvolvemento psicolóxico ao longo da vida. Contextos e diversidade no desenvolvemento.
1.2. Perspectivas teóricas sobre o desenvolvemento psicolóxico: obxectivos, enfoques e límites.
1.3. Métodos de investigación. Preguntas sobre o desenvolvemento. Estratexias de investigación. Investigación e deontoloxía.
TEMA II. DESENVOLVEMENTO PSICOLÓXICO NA PRIMEIRA INFANCIA: ASPECTOS NORMATIVOS E DETERMINANTES.
2.1. Xenética e desenvolvemento prenatal.
2.2. O nacemento e o recén nacido.
2.3. Primeira infancia. Desenvolvemento físico, cognitivo, social e persoal.
TEMA III. DESENVOLVEMENTO PSICOLÓXICO NA SEGUNDA E TERCEIRA INFANCIA.
3.1. Desenvolvemento físico e psicomotor.
3.2. Desenvolvemento cognitivo. Contextos de aprendizaxe, escola, familia, sociedade.
3.3. Desenvolvemento social e persoal.
TEMA IV. DESENVOLVEMENTO PSICOLÓXICO DURANTE A ADOLESCENCIA. TRANSICIÓN, PAUTAS NORMATIVAS E FONTES DE INFLUENCIA.
4.1. Maduración física e saúde.
4.2. Desenvolvemento cognitivo e escolarización
4.3. Desenvolvemento social e persoal. Identidade, relacións familiares e de amizade.
TEMA V. DESENVOLVEMENTO PSICOLÓXICO NA ADULTEZ. CAMBIOS, CRISE E ACONTECEMENTOS VITAIS.
5.1. Mantemento físico e saúde.
5.2. Desenvolvemento cognitivo, educación e profesionalización
5.3. Desenvolvemento social e persoal. Relacións persoais. Traballo. Implicación social.
TEMAVI. DESENVOLVEMENTO PSICOLÓXICO NA VELLEZ. ENVELLECEMENTO ACTIVO. CAMBIOS, ADAPTACIÓN, OPTIMIZACIÓN.
6.1. Cambios físicos e saúde.
6.2. Cambios cognitivos. Atención, memoria, intelixencia e sabedoría.
6.3. Desenvolvemento social e persoal. Xubilación. Relacións persoais. Implicación social.
6.4. O final da vida. Coidaos, morte e duelo.
Bibliografía básica:
- Berger, K.S. (2016). Psicología del desarrollo, infancia y adolescencia, 6ª edición. Editorial Panamericana.
- Triadó, C., Celdrán, M., e Villar, F. (2019). Desarrollo adulto y envejecimiento, 2ª edición. Alianza editorial.
Bibliografía complementaria:
- Arnett, J.J. (2008). Adolescencia y adultez emergente: enfoque cultural. Pearson Educación.
- Baltes, P.B. (1981). Métodos de investigación en psicología evolutiva : enfoque del ciclo vital. Madrid : Morata.- Carretero, M., Palacios, J. e Marchesi, A. (Comps.) (1998). Psicología evolutiva: Vol 3. Adolescencia, madurez y senectud (3ª ed.) Alianza.
- Craig, G. J. e Baucum, D. (2009). Desarrollo psicológico. Pearson Educación.
- Feldman, R. S. (2007). Desarrollo psicológico a través de la vida. Pearson Educación.
- Palacios, J., Marchesi, A. e Coll, C. (Comps.) (2001). Desarrollo psicológico y educación: Vol. 1 Psicología evolutiva (2ª ed.). Alianza editorial.
- Perez Blasco, J. (2013). Aprender de los grandes cambios vitales. Valencia: Universitat de València.
- Owens, R.E. (2003). Desarrollo del lenguaje. Madrid: Prentice Hall.- Papalia, D. E., Feldman, R. D. e Martorell, G. (2012). Desarrollo Humano. McGraw-Hill.
- Pinazo, S. (2005). Gerontología: actualización, innovación y propuestas. Pearson Prentice Hall.
- Santrock, J. W. (2006). Psicología del desarrollo, el ciclo vital. McGraw-Hill.
- Schaie, K. W. e Willis, S. L. (2003). Psicología de la edad adulta y la vejez. Pearson.
- Shaffer, D.R. e Kipp, K. (2007). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia. Thomson.
BÁSICAS E XERAIS
CB1- Que os alumnos teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e sóese atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG1- Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar criticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención da Pedagoxía.
CG3- Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
CG5 - Promover e desenvolver accións de asesoramento educativo con diferentes persoas e/ou grupos mediante a utilización de medios e recursos axeitados.
TRANSVERSAIS
CT1. Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos lingüísticos, materiais e tecnolóxicos
CT2. Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais
CT3. Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.
ESPECIFICAS
CE 5.1 - Asesoramento a persoas e/ou grupos nos procesos educativos e formativos.
A proposta metodolóxica a empregar pretende conxugar o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, así como o traballo autónomo e a autoaprendizaxe. As actividades expositivas terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, dar unha visión global dos contidos e relacionar coñecementos para facilitar a significatividade das aprendizaxes, polo que a exposición se acompañará, cando sexa pertinente, de organizadores previos, definicións, cadros sinópticos, esquemas, etc. O apoio de material visual e recursos en rede empregaranse para clarexar os contidos tratados e servir de referencia e punto de partida para os traballos e actividades de carácter grupal e estará dispoñible a través do Campus Virtual.
Co traballo en seminarios preténdese profundizar en aspectos concretos das clases teóricas; as actividades a realizar incluirán a lectura e comentario de documentos, respostas a preguntas, análise de situacións prácticas, visionado de vídeos, estudo de casos, debates e realización de traballos. Con eles, preténdese que o alumnado aprenda a manexar diferentes fontes de información, propicie a transferencia da teoría á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construír significados compartidos axudado da labor mediadora do docente. A concreción das tarefas requiridas serán presentados ó alumnado nas correspondentes sesións interactivas, e os materiais requeridos estarán dispoñibles a través do Campur Virtual.
Nas sesións interactivas realizaranse diferentes actividades de carácter práctico que se especificarán na Guía docente de cada un dos temas. Os resultados do traballo, habitualmente realizado en grupo, deberán ser defendidos, nalgúns casos, oralmente ante os compañeiros e posteriormente debatidos.
Para cada uns dos temas proporcionaranse as diapositivas empregadas nas exposicións, ao que se lle poderá engadir materiais de estudio especificamente para cada tema tratado. A totalidade do material das clases expositivas e interactivas será obxecto de estudio básico para os exames da materia e estará a disposición no Campus Virtual.
As titorías individuais e ou de grupo, a demanda do alumnado, servirán para aclarar ou comentar aspectos do traballo realizado nas clases expositivas e interactivas. Faranse nos horarios sinalados e no despacho do profesorado.
As tarefas desta materia poderían estar vinculadas a proxectos ApS.
A calificación global do estudiante na materia procederá:
-Un 60% da cualificación dos resultados na proba final sobre os contidos dos temas tratados nas clases expositivas e interactivas e nas lecturas obrigatorias. É preceptivo ter aprobado esta proba para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final da asignatura.
-O outro 40% da cualificación do traballo realizado nas sesións interactivas e participación nas distintas actividades propostas. Os criterios de avaliación destas actividades de seminario poderán variar para cada unha delas. Entre os aspectos xerais que se considerarán están, ademais da asistencia obrigatoria dentro das medidas tomadas pola facultade e participación nas clases interactivas, a propia calidade dos contidos, o grao de axuste ás directrices dadas, a competencia expositiva, a orixinalidade e as achegas críticas, e a evidencia de traballo en grupo e non a suma de respostas individuais.
Para aprobar a materia será preciso ter superado tanto a proba final (nota de 2,5 sobre 6) como os traballos realizados nas sesións interactiva. Os estudantes que non superen a proba final pero teñan superadas as actividades realizadas nas sesións interactivas poderán presentarse a proba final na segunda oportunidade sen necesidade de facer traballos ou probas adicionais. Os estudantes que non teñan superada algunha das actividades realizadas nas sesións interactivas, pero si os exames, na data oficial poderán avaliarse unicamente daquelas actividades-procedementos non superados. A non realización do exame ou das actividades propostas nas sesións interactivas conlevará unha cualificación de non presentado. Cando non se supere, xa sexa o exame xa sexan as actividades propostas nas sesións interactivas, a calificación que figurará en actas será a de suspendo, co valor numérico máis próxima ao 5 obtido nun ou noutro apartado de avaliación.
Nos casos que se contemplan na normativa da facultade, os estudantes que teñan solicitada e concedida a exención de docencia deberán comunicalo en tempo e forma ao profesor da materia. O sistema de avaliación da aprendizaxe para o devandito alumnado será o mesmo que para o resto do alumnado matriculado na materia. Este alumnado debe porse en contacto co profesorado para, de ser necesario, coñacer as directrices concretas para o cumprimento do programa e superación da materia nas condicións de exención de docencia ou dispensa.
A situación de exención de docencia ás clases expositivas obriga a acudir ás interactivas traballando en grupo ou individualmente segundo o caso. Nas situacións de exención de docencia a todas as sesións si así se determina e de dispensa de asistencia desenvolverase un plan de titorización (presencial e/ou virtual a través de medios online institucionais: Campus virtual da USC, Microsoft Teams) e avaliación personalizada realizando individualmente as tarefas especificadas no programa.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE:
Estudo: 39 hs.
Elaboración de traballos: 30 hs.
Lecturas: 27 hs.
Total horas: 96
1. Implicación activa na dinámica de clase.
2. Realización puntual dos traballos obrigatorios.
3. Seguimento continuado da materia.
4. Integración da información manexada nas distintas actividades presenciais e non presenciais.
5. Busca de claridade e organización dos coñecementos obtidos na materia.
COORDINADOR:
- NOME: David Facal Mayo
DESPACHO: nº 33. Módulo A. Facultade de Psicoloxía
CORREO ELECTRÓNICO: David.facal [at] usc.es (David[dot]facal[at]usc[dot]es)
TELÉFONO: 881 813695
HORARIO DE TITORÍAS: O horario de titorías se comunicará ó inicio do cuatrimestre presencialmente e a través do Campus Virtual.
ASISTENCIA A CLASE:
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente más participativa. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar a EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA e/ou DISPENSA A CLASE (Instrución 1/2017) As situacións son tres: 1. Exención de docencia ás clases expositivas, 2. Exención de docencia a todas as sesións si así se determina, 3. Dispensa de asistencia (todas as sesións) .
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade de aforro de tinta.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
CALIDADE FORMAL DOS TRABALLOS:
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA(http://www.apastyle.org).
E-MAIL E FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS DA USC:
Os estudantes deben empregar necesariamente o correo electrónico da USC (@ rai.usc.es) na súa comunicación cos profesores.
Os estudantes deben usar necesariamente Campus Virtual, Microsoft Office 365 incluído OneCloud e outras ferramentas proporcionadas polo profesorado e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc.).
USO DO TELÉFONO MÓBIL E PROTECCIÓN DE DATOS: Non se pode usar o teléfono móbil, excepto cando se usa como ferramenta de traballo seguindo as instrucións dadas polo profesor, responsabilizando aos estudantes das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse do seu uso inadecuado.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdese privado como un proceso de comunicación e intercambio entre o profesor e os alumnos matriculados na materia. Cumprimento obrigatorio da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
David Facal Mayo
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813695
- Correo electrónico
- david.facal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lucia Perez Blanco
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813949
- Correo electrónico
- luciaperez.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 (Fej - Pérez L) | Galego, Castelán | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Fei) | Galego, Castelán | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_03 (Pérez M - Z) | Castelán, Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
24.05.2023 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
30.06.2023 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |