Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia pertence ao cuarto curso do Plano de Estudos do Grao de Pedagoxía da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, Materia Común Grao RD 1393/2007. O traballo nesta materia estará orientado cara a consecución dunha formación científica e unha competencia profesional no campo da dirección de centros educativos. Preténdese posibilitar a formación de futuros directores e directoras que fagan da súa actividade un exercicio continuo de aprendizaxe persoal e profesional. Nesta dirección propóñense como obxectivos:
1. Coñecer os marcos normativos que regulan a dirección centros educativos.
2. Examinar as características específicas do exercicio da dirección en diferentes contextos.
3. Identificar, formular e facer propostas de solución de problemas propios da dirección de centros educativos, mediante a selección e uso das fontes e datos pertinentes.
4. Analizar os significados do liderado no exercicio da dirección.
5. Adquirir habilidades e actitudes facilitadoras desta función: capacidades para o traballo en equipo, saber tomar decisións, habilidades para negociar, análises de conflitos, xestións de reunións, etc.
6. Conseguir un espazo participativo, saudable no contexto galego.
- Teorías e bases conceptuais da dirección e xestión de institucións educativas en sociedades complexas e cambiantes. Políticas e prácticas.
- Marcos normativos e regulación da función directiva no contexto español e galego. Directores/ as e equipos directivos.
- Dimensións da función directiva: xestión administrativa, dinamizador curricular, apoio ao desenvolvemento profesional e a mellora da práctica docente.
- Profesionalización e formación de directores/ as e equipos directivos.
- Modelos, estilos de dirección e liderado educativo. O poder nas institucións educativas. Cambio e innovación.
- Mulleres e cargos: perspectivas de xénero na dirección e xestión de institucións educativas. Estudos e experiencias.
- Xestión de reunións, comunicación, colaboración e resolución de conflitos.
- Perspectivas de estudo sobre a dirección e xestión de institucións educativas. Enfoques e estratexias metodolóxicas.
Básica:
-Gairín, J. (2000). Organización de centros educativos. Praxis.
-Gento, S. (1994). Política en la gestión educativa. Santillana S.A.
-Santos, M.A. (2009) (coord.). Escuelas para la democracia. Cultura, organización y dirección de instituciones educactivas.
-Lexislación actualizada.
Complementaria:
-Armas, M. (1998). Dirección integral de centros educativos. Tórculo.
-Diez, E. J., Terrón, E y Anguita, R. (2006). La cultura de género en las organizaciones escolares. Motivaciones y obstáculos de acceso de la mujer a los puestos de dirección. Octaedro.
-Essomba, M. A. (2006). Liderar Escuelas interculturales e inclusivas. Graó.
-Rosales, C. (2006). Perspectivas de educación para la salud. Tórculo.
-Vera, J. M., Mora, V. y Lapeña, A. (2006). Dirección y gestión de centros docentes: guía práctica para el trabajo diario del equipo directivo. Graó.
REVISTAS
-Cuadernos de Pedagogía.
https://www.cuadernosdepedagogia.com
-Educar
https://educar.uab.cat
-OGE. Revista de Organización y Gestión Educativa.
http://feae.eu/revista/
-EDUGA. Revista Galega do Ensino
http://www.edu.xunta.gal/eduga/
COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
Competencias xerais
CX3. Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes
contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da
Pedagoxía ás mesmas.
CX4.2. Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación,
programación e avaliación de accións formativas en contornas presenciais e virtuais, así como
para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
CX7. Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e
materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na
redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos,
equipamentos e infraestruturas, etc.
Competencias específicas
CE1.2. Comprender os referentes teóricos, históricos, culturais, políticos, ambientais e legais que
conforman as situacións e os programas educativos.
CE1.3. Diagnosticar as necesidades educativas de desenvolvemento educativo das persoas e das
organizacións.
CE2.1. Deseñar plans, programas e accións adaptadas aos distintos niveis do sistema educativo,
nas modalidades presenciais, semipresenciais e virtuais.
CE2.2. Deseñar medios e recursos educativos adaptados e contextualizados ás necesidades
educativas.
CE2.3. Deseñar plans de formación, programas e propostas innovadoras de formación e
desenvolvemento dos profesionais e dos recursos formativos.
CE3.1. Desenvolver estratexias e aplicar técnicas para promover a participación e a dinamización
de grupos en diferentes contextos educativos.
CE3.3. Organizar e xestionar institucións, servizos, medios e recursos educativos e formativos.
CE3.4. Desenvolver modelos e procesos de xestión de calidade da educación e a formación.
CE3.4. Coordinar intervencións educativas con outros profesionais.
CE4.1. Avaliar plans, programas, proxectos, procesos de ensino-aprendizaxe e medios e recursos
educativos e formativos.
CE4.2. Avaliar sistemas e institucións educativas.
CE4.3. Realizar estudos prospectivos e avaliativos sobre características, necesidades e demandas
pedagóxicas
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria, tal como se especifica para os graos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar a exención oficial de docencia. Os alumnos que obteñan a exención de docencia deberán presentar o documento ao/á profesor/a de forma inmediata para poder establecer un plan de traballo alternativo. Este consistirá:
a) alumnado con exención de docencia das clases expositivas: agás das probas establecidas: lectura, resumo das ideas principais e valoración crítica dun manual a determinar polo docente
b) alumnado con exención ou dispensa de asistencia, tanto as clases interactivas como as expositivas:
- Participación nas probas establecidas
- Realización dun rastreo da evolución do marco lexislativo-normativo referido aos centros educativos
- Desenvolvemento dun traballo teórico, a determinar de acordo co docente.
A metodoloxía tratará de favorecer a máxima congruencia posible na explicación e comprensión da materia, nos planos individual e colectivo.
As clases expositivas permitirán a presentación docente das claves informativas e dos contidos básicos en relación cos descritores sinalados, así como prover dunha primeira orientación sobre as posibles liñas de indagación e profundidade a desenvolver polos/as estudantes. Os demais tempos formativos (clases interactivas e a titoría individual) permitirán sintetizar e clarificar a información básica, seleccionar conceptos e tópicos relevantes, responder a preocupacións de formación e contribuír á construción dun coñecemento crítico e comprensivo da organización e xestión dos centros escolares.
As actividades formativas en gran grupo centraranse na adquisición de coñecementos básicos cun peso relevante de actividades expositivas. Desenvolveranse actividades para analizar e valorar a escola como organización nas súas diferentes dimensións, analizar e valorar o marco normativo e aspectos teóricos e experiencias, desenvolvendo as competencias sinaladas anteriormente.
Realizaranse diferentes tipos de clases interactivas: debates, estudos de caso, visualización de vídeos, análise e reflexión en pequenos grupos sobres diversas temáticos educativos, deseño e avaliación de proxectos de centro, xogos de roles sobre situacións da vida do centro etc.
Todas elas requirirán un importante traballo autónomo por parte do alumnado sen presenza do profesor, tanto individual como no marco dos grupos que se formen na aula. Desta maneira, desenvolveranse as diversas competencias anotadas, varias de elas relacionadas co traballo en colaboración nos centros, coa participación, coordinación, animación e xestión de grupos e procesos. As actividades en pequeno grupo e as titorías permitirán orientar ao alumnado de forma máis personalizada, e analizar o traballo realizado, desenvolvendo as competencias citadas.
Farase uso do Campus Virtual (e outras ferramentas como Lifesize, postas o dispor pola Facultade ou a USC para o uso docente) para informar ao alumnado sobre aquelas cuestións que afecten á materia, para aloxar documentación e para calquera outra cuestión que se estime oportuna ou veña derivada do escenario de docencia adoptado pola facultade de CC da Educación.
Todas as actividades propostas, individuais e/ou colectivas, serán avaliadas, de forma que o sistema de avaliación da aprendizaxe poida ser definido en función do seu carácter formativo, continuo, cooperativo e integral. Concédeselle moita importancia ao desenvolvemento de hábitos de estudo e traballo, á utilización correcta do vocabulario, á participación activa, ao traballo feito e á reflexión. Todas estas consideracións serán tidas en conta na valoración final.
En correspondencia coas actividades programadas e co plan de traballo proposto, e en harmonía coas competencias sinaladas, os obxectivos, os contidos e a metodoloxía consignada, a avaliación dos/as estudantes terá como base as cualificacións que obteñan nas contribucións que realicen, na asistencia, participación e calidade das achegas nas sesións de clases expositivas e interactivas , presenciais (síncronas ou asíncronas), que se programen.
O alumnado ao que se lle conceda a exención oficial de docencia terá a obrigación de achegar, no tempo establecido na normativa (20 días a partir da data de concesión), o documento oficial de exención ó docente e de entregar todos os traballos que se lle soliciten no prazo establecido.
A proba final de carácter obrigatorio terá un valor máximo do 40% na nota final é será necesario acadar un 4 sobre 10 para que faga media coas outras cualificacións. O exame ao final do semestre versará sobre o contido do Programa.
Nesta perspectiva, contémplase:
- A elaboración e entrega de traballos escritos que terán unha formulación diversificada, segundo a dinámica de clase que os propicie ou a temática que aborden. Poderán realizarse individualmente e/ou en pequenos grupos.
- A elaboración de outro tipo de traballos como presentacións e exposicións individuais ou grupais con diferentes formatos físicos e temporais
- A elaboración de probas orais ou escritas de carácter individual.
- A participación en actividades desenvolvidas con metodoloxía colaborativa
- Para obter unha valoración positiva na materia (desde aprobado ata matrícula de honra) deberán estar realizadas y entregadas en prazo todas as actividades especificadas, Poderá haber tamén traballos optativos e outros de carácter voluntario. Todos eles concretaranse a principios do curso.
- Os traballos individuais ou en grupo deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá un suspenso e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
- A efectos avaliativos, un mesmo traballo non poderá ser utilizado para varias materias ou asignaturas, agás en aquelas actividades programadas de forma coordinada.
- Como xa se explicou no apartado anterior: farase uso do Campus Virtual (e outras ferramentas como TEAMS, postas o dispor pola Facultade ou a USC para o uso docente) para informar ao alumnado sobre aquelas cuestións que afecten á materia, para aloxar documentación e para calquera outra cuestión que se estime oportuna ou veña derivada do escenario de docencia adoptado pola facultade de CC da Educación.
Actividades presenciais
- Clases expositivas: presentación, explicación de temas na aula: 25 hs
- Prácticas de seminario: incidentes críticos, estudio de casos, análise de materiais, técnicas de grupo, etc. 8 hs.
- Prácticas de laboratorio: Simulación e talleres: 8 hs.
- Tutorías do traballo de curso: 6 hs.
- Avaliación: 3 hs.
Horas de traballo persoal do estudante
Estudo. Busca, selección e análisie de información 35 hs.
Análise e elaboración de casos, informes, etc. 23 hs.
Representación de roles, realización tarefas,… 30 hs.
Seguimento e apoio elaboración traballos 12 hs.
Total de horas presenciais 50
Total de horas de traballo persoal 100
A complexidade terminolóxica, conceptual, teórica e aplicada que caracteriza a materia, en función dos seus obxectivos e contidos, aconsella un traballo continuado na mesma, procurando desde o inicio unha implicación e participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan.
Estímase que, ao ser a clase teórica e práctica, os/as estudantes deberán dedicar un tempo para realizar fóra da clase determinadas tarefas e estudo, para afianzar os coñecementos adquiridos.
Nese sentido, deberán revisar os contidos abordados en la clase para unha comprensión máis profunda dos mesmos e poder seguir puntualmente a secuencia de actividades.
Deberán familiarizarse coa linguaxe normativa (BOE e DOG), consultando as correspondentes disposicións legais. Os cambios importantes que se producen en relación coa organización e xestión dos centros escolares (a nivel estatal e autonómico) esixen estar ao día no desenvolvemento institucional a nivel normativo.
Recoméndase acudir regularmente ás sesións de titoría para resolver e aclarar as dúbidas que se presenten, tanto para o estudo da asignatura como para a realización das actividades propostas, que deberán axustarse aos criterios de redacción e expresión escrita.
En particular, recoméndase:
-Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da asignatura nos seus diversos apartados.
-Realizar e presentar nos prazos que se establezan as actividades asociadas á dinámica de clase, de modo individual e/ou en grupo.
-Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha adecuada organización no tempo, compatibilizando os requirimentos desta asignatura cos das demais.
-Realizar lecturas complementarias de libros e revistas especializadas, recomendadas polo profesorado, que posibiliten unha comprensión globalizada dos contidos da asignatura.
-Facer uso das titorías -a nivel individual ou colectivo, en pequenos grupos- que posibiliten a mellora significativa da aprendizaxe, personalizar as opcións metodolóxicas e pedagóxicas, segundo intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.
USO DO CORREO: É obrigatorio o emprego do correo institucional rai.usc.es
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA: Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
- Existe a obrigatoriedade de empregar as ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade (TEAMS, etc)
-O proceso de ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como un proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia, polo que leva implícita a obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos.
-A entrega dos traballos farase preferentemente a través do Campus Virtual.
Enelina Maria Gerpe Perez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821070
- Correo electrónico
- emaria.gerpe [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Z) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
27.05.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
05.07.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |