Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral desta materia é sentar as bases conceptuais e metodolóxicas da orientación educativa, posibilitando que o alumnado adquira aquelas competencias necesarias (coñecementos teórico-prácticos, habilidades e actitudes) que favorezan a súa futura actuación profesional neste campo. Os obxectivos principais da materia son:
- Coñecer os principios, funcións e ámbitos da orientación educativa.
- Coñecer e diferenciar os principais modelos de intervención orientadora.
- Comprender a estrutura organizativa e funcional da orientación educativa en Galicia e tomar contacto coa realidade profesional da orientación.
- Identificar e coñecer as áreas, contextos e procesos da orientación educativa, así como a aplicación dos diferentes recursos para a intervención.
- Introducirse no deseño, implementación e avaliación de programas e recursos de orientación en contextos educativos.
- Coñecer e aplicar estratexias e técnicas de acción titorial.
- Adquirir e desenvolver actitudes que favorezan o desempeño profesional neste campo.
I. Marco conceptual e modelos de intervención da orientación educativa.
1.- Marco conceptual da orientación educativa. Concepto de orientación educativa: desenvolvemento histórico e situación actual. Principios básicos e funcións da orientación educativa
2.- Modelos de intervención orientadora. Concepto de modelo. Diferentes clasificacións de modelos. Os principais modelos de intervención: o modelo clínico, o modelo de programas e o modelo de consulta. Enfoques emerxentes.
II. Institucionalización e organización da orientación educativa.
3.- Organización e funcionamento da orientación educativa. Institucionalización da orientación no sistema educativo.
4.- A orientación en Galicia: O departamento de orientación. Os equipos de orientación específicos. Os plans de orientación académica e profesional.
III. Áreas, contextos, procesos e recursos de intervención da orientación educativa.
5.- A acción titorial. Concepto de titoría, tipos e funcións. Estratexias e técnicas de acción titorial. O Plan de Acción Titorial.
6.- A orientación educativa nos procesos de ensino-aprendizaxe. Áreas da intervención orientadora nos procesos de ensino aprendizaxe (programas para ensinar a pensar, estratexias de aprendizaxe, desenvolvemento de técnicas e hábitos de estudo).
7.- A orientación educativa na atención á diversidade. Obxectivos e contidos da orientación educativa para a atención á diversidade. As medidas e a organización da atención á diversidade. Plans de atención á diversidade.
8.- A orientación académico-profesional para a toma de decisións. Enfoques para a toma de decisións. Programas de toma de decisións.
9.- A orientación educativa para a prevención e o desenvolvemento humano. Áreas e procesos de intervención (educación emocional, habilidades sociais, autoestima, temas transversais).
10.- A orientación educativa e a convivencia escolar. Fundamentación teórica e marco normativo. Plan de convivencia.
11.- Estratexias, técnicas e recursos de intervención da orientación. A e-orientación.
IV. Desenvolvemento profesional da orientación educativa.
12.- Contextos profesionais. Perfís profesionais e a formación do e da profesional da orientación educativa. Ética profesional e códigos deontolóxicos. Asociacionismo e redes de traballo.
Bibliografía básica:
- Decreto 120 de 1998 [Consellería de Educación e Ordenación Universitaria], polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia. 23 de abril de 1998. DOG nº 79. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/1998/19980427/AnuncioB71A_gl.html
- González, A. e Vélaz de Medrano, C. (eds.). (2014). La acción tutorial en el sistema escolar [Recurso electrónico]. UNED.
- Grañeras, M. e Parras, A (2008). Orientación educativa: fundamentos teóricos, modelos institucionales y nuevas perspectivas. Ministerio de Educación, Política Social y Deporte/CIDE. https://diversidad.murciaeduca.es/orientamur/gestion/documentos/inv2008…
- Sobrado, L. M., Fernández, E. e Rodicio, Mª. L. (coords.). (2012). Orientación Educativa: Nuevas perspectivas. Biblioteca Nueva.
Bibliografía complementaria:
- Allueva, P. (coord.) (2022). Orientación educativa y universidad. Octaedro.
- Álvarez, J. e Álvarez, M. (2022). Tutoría y orientación en secundaria. Recursos para la intervención. Pirámide.
- Álvarez, M. e Bisquerra, R. (2012). Orientación educativa: modelos, áreas, estrategias y recursos. Walter Kluwers.
- Bellido-Cala. J. A. (2021). Participación de las familias, acción tutorial y orientación desde la justicia social. Revista Española de Orientación y Psicopedagogía, 32(1), 76-91. https://revistas.uned.es/index.php/reop/article/view/30741
- Cano, R. (2013). Orientación y Tutoría con el alumnado y las familias. Biblioteca Nueva.
- Cobos, A. (2022). Manual de orientación educativa. Teoría y práctica de la Psicopedagogía. Narcea.
Fernández Batanero, Mª J. (2020). Tareas de orientación y aprendizajes transversales. Innovación Educativa, 30, 7-20. https://revistas.usc.gal/index.php/ie/article/view/7062
- Gónzalez, A. e Solano, J. M. (2015). La función de tutoría: carta de navegación para tutores. Narcea.
Navarro, Mª T. (2020). La coordinación de la orientación educativa con otras instituciones: en busca de un marco legal. AOSMA, 29, 95-103. https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/7666022.pdf
- Ramírez, A. (2013). Orientación educativa en educación primaria. Pirámide.
- Sandoval, M. (2019). Educación inclusiva y atención a la diversidad desde la orientación educativa. Síntesis.
- Toscano, M. e Delgado, M. (coords.). (2023). Orientación educativa para el cambio y el liderazgo. Bases conceptuales y experiencias profesionales. Pirámide
Revistas de interese:
- Revista Española de Orientación y Psicopedagogía
http://revistas.uned.es/index.php/reop
- Educar y Orientar. Revista da COPOE.
https://www.copoe.org/revista-copoe-educar-y-orientar
- Revista de Orientación Educativa AOSMA
https://dialnet.unirioja.es/servlet/revista?codigo=19798
- Revista de Investigación Educativa
https://www.uv.es/aidipe
Portais web de interese:
- Portal de Diversidade e Orientación da Xunta de Galicia: http://www.edu.xunta.es/portal/diversidadeorientacion
- Servizo de Recursos Psicopedagóxicos da Facultade: http://srpusc.blogspot.com
- Portal de Convivencia do Ministerio de Educación y Formación Profesional: http://www.educacionyfp.gob.es/mc/sgctie/convivencia-escolar.html
- Confederación de Organizaciones de Psicopedagogía y Orientación de España: https://copoe.org
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
XERAIS
CB1 - Que o alumnado teña demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoite encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG4 - Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
CG5 - Promover e desenvolver accións de asesoramento educativo con diferentes persoas e grupos mediante a utilización de medios e recursos adecuados.
CG6 - Promover e desenvolver accións de orientación en distintos contextos formativos, así como de asesoramento, deseño, implementación e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
ESPECÍFICAS
CE3.2 -Aplicar e desenvolver estratexias e técnicas de orientación en procesos educativos e formativos.
TRANSVERSAIS
CT2 - Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
CT5- Implicarse activamente na toma de decisións.
Os procesos metodolóxico-didácticos concrétanse en:
- Sesións expositivas por parte do profesorado e/ou alumnado sobre os contidos de natureza teórico-conceptual, nas que se traballará a lectura de textos significativos en función da temática de orientación educativa, a análise documental e a revisión de experiencias orientadoras.
- Sesións interactivas nas que, a través de diferentes metodoloxías de traballo individual e/ou grupal (análise e deseño de programas de orientación educativa, resolución de supostos prácticos, manexo de técnicas e instrumentos, discusións grupais, etc.), realizaranse os traballos individuais e/ou en grupo (4) que posibiliten o desenvolvemento teórico-práctico da materia. A proposta de actividades na materia terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento da materia e na coordinación coas materias do semestre.
No desenvolvemento da materia analizarase a posibilidade de participar na realización dunha experiencia de Aprendizaxe-Servizo (ApS). Dita experiencia implicará a un grupo de alumnos/as en función das prazas dispoñibles, que serán eximidos da docencia práctica da materia en función do seu compromiso con dita experiencia.
O Campus Virtual será empregado no desenvolvemento da docencia como contorna de apoio síncrono e/ou asíncrono ao proceso de ensino-aprendizaxe, podendo atopar na aula virtual os seguintes elementos:
- Repositorio de materiais de consulta e de estudo: documentos bibliográficos de apoio, instrucións e recursos de apoio para a elaboración de actividades prácticas e aqueloutros recursos necesarios para o seguimento da materia por parte de todo o alumnado (en réxime ordinario, con exención de docencia ou con dispensa de asistencia).
- Ferramentas de comunicación co alumnado, tanto individual como grupal: empregaranse a mensaxería e os foros, principalmente.
- Espazo de entrega/realización de tarefas programadas para a realización grupal e/ou individual: a entrega/realización de actividades prácticas programadas e aqueloutras actividades que se poidan establecer (exercicios prácticos, actividades de avaliación, etc.), será realizada a través da activación de tarefas a través da aula virtual. Excepcionalmente, podería utilizarse o correo electrónico institucional para a entrega de traballos prácticos.
A avaliación terá un carácter integral e continuo abranguendo todas as actividades individuais e colectivas propostas. Neste senso proponse:
- Realización de traballos e prácticas (4) orientados ao desenvolvemento dos contidos teóricos e prácticos. Terán unha formulación diferenciada segundo a temática que se aborde. O seu peso porcentual será do 50%. Para poder ser avaliadas cada estudante debe ter realizadas como mínimo o 80%, o que implica a asistencia a clase e participación durante a realización. De non ser así non terá superada esta dimensión.
No referido ao alumnado que participe na experiencia de Aprendizaxe-Servizo, estará exento de realizar as dúas últimas prácticas da materia centradas na análise de servizos de orientación e o deseño de accións orientadoras, que serán substituídas pola valoración da experiencia de ApS.
- Realización dunha proba escrita final nas datas que estableza o calendario oficial da Facultade. O peso específico será do 50% da nota final da materia.
No caso de non superar as diferentes actividades de avaliación, na nota final poñerase a correspondente á proba final escrita.
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas.
O alumnado con exención de docencia concedida será avaliado co mesmo sistema de avaliación. Unha vez concedida a exención, o alumno ou a alumna debe poñerse en contacto co profesorado para establecer un plan de traballo individualizado de seguimento das clases expositivas.
O alumnado con dispensa de asistencia a clase concedida (Instrución 1/2007, da Secretaría Xeral) será avaliado co mesmo sistema de avaliación, exceptuando a realización de actividades a desenvolver presencialmente con carácter grupal, as cales serán levadas a cabo de xeito individual. Unha vez concedida a dispensa, o alumno ou a alumna debe poñerse en contacto co profesorado.
Nota:
Os traballos individuais ou grupais das e dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte oportunidade.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Os e as estudantes repetidores ou non presentados avaliaranse seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.
Actividades presenciais:
Clases expositivas (presentación, explicación de temas): 22
Prácticas de seminario (manexo de programas e instrumentos, análise de recursos): 16
Titorías de traballo de curso: 7
Avaliación: 5
Traballo persoal do alumnado:
Estudio: 50
Selección de recursos: 10
Elaboración de recursos e programas: 30
A complexidade conceptual, teórica e aplicada da materia aconsella un traballo continuado, procurando, desde o inicio, unha implicación e participación activa nas actividades que se desenvolven e que están dirixidas á avaliación continua.
COMUNICACIÓN:
Cristina Ceinos Sanz. Teléfono: 881813823 // correo electrónico: cristina.ceinos [at] usc.es (cristina[dot]ceinos[at]usc[dot]es) (coordinadora)
Elena Fernández Rey. Teléfono: 881813696 // correo electrónico: elena.fernandez.rey [at] usc.es (elena[dot]fernandez[dot]rey[at]usc[dot]es)
Horario de titorías: exposto no despacho, na aula virtual e na páxina web da Facultade.
Datas de exames: no calendario oficial.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental: Se as docentes da materia, de ser o caso, solicitan a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregaranse grampas en lugar de encadernacións.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados no traballo.
- Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desca…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é privado, entendendo como tal un proceso de comunicación e intercambio entre as docentes e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
- Asistencia a clase: O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia.
No apartado terceiro de dita Normativa especifícanse as causas xustificadas das faltas de asistencia.
- Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Elena Fernandez Rey
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813696
- Correo electrónico
- elena.fernandez.rey [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Cristina Ceinos Sanz
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813823
- Correo electrónico
- cristina.ceinos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Fern) | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 (Fero - O) | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_03 (P - Z) | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
16.01.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
21.06.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |