Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Social
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A Psicoloxía Social da Educación intenta desenvolver distintos coñecementos que, desde o nivel de análise psicosocial, explican e describen a interacción entre o comportamento e as situacións onde este se manifesta.
Docencia, investigación e alcance profesional conforman este proxecto coas peculiaridades nas que normalmente discorre o traballo universitario:
– comprensión do alcance disciplinar da Psicoloxía social no contexto da Educación;
– adquisición e dominio dos coñecementos teórico/metodolóxicos necesarios para aplicar a análise psicosocial aos eidos da educación;
– utilización e comprensión das bases metodolóxicas de tal xeito que posibiliten a súa aplicación ás realidades obxecto de estudo;
– análise das aplicacións cientificamente constatadas e contrastadas, adaptándoas ás propias da educación.
A estruturación temática desta materia, no que atinxe á Psicoloxía Social da Educación abarca os seguintes contidos:
CONTIDOS TEÓRICOS:
Conceptualización da materia:
–Ideas básicas sobre a análise do comportamento en situacións sociais.
Procesos psicosociais:
–Cognición social.
–Percepción de persoas e atribución causal.
–Actitudes: actitudes e relacións interpersoais; estereotipos, prexuízos e discriminación.
-Normas sociais.
-Valores Sociais.
–influenza social.
CONTIDOS PRÁCTICOS (un total de 12):
– Ensaio (1): Correlación e Causalidade
– Interactiva 2: Percepción e atribución.
– Interactiva 3: Cognición social.
– Interactiva 4: Sentimentos
– Interactiva 5: Ego.
– Interactiva 6: Fracaso.
– Interactiva 7: Empatía & Compaixón.
– Interactiva 8: Aburrir.
– Interactiva 9: Campañas de cambio de atitude.
– Interactiva 10:Recategorización.
– Interactiva 11:Normas sociais.
- Interactiva 12:Valores.
LECTURAS OBRIGATORIAS E OBXECTO DE AVALIACIÓN
• Ovejero Bernal, A., Morales Domínguez, J. F., & Yubero Jiménez, S. (2018). Psicología social de la educación (1ª ed.). Editorial UOC.
• Sabucedo, J.M. y Morales, J. F. (2015). Psicología Social. Madrid: Editorial Médica Panamericana (Disponible en su versión electrónica enhttps://www.medicapanamericana.com/mx/libro/psicologia-social-sabucedo-…)
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS E LECTURAS DE COMPLEMENTO
• Arias Orduña, A. V., et al. (2012). Psicología social aplicada. Médica Panamericana.
• Blanco, A., Horcajo, J., & Sánchez, F. (2017). Cognición social. Pearson.
• Blouet-Chapiro, Ch., & Ferry, G. (1991). El psicosociólogo en la clase. Paidós.
• Cava, M. J., & Musitu, G. (2002). La convivencia en la escuela. Paidós.
• Fàbregues, S. (2016). Técnicas de investigación social y educativa (1.ª ed. en lengua castellana). Universidad Abierta de Cataluña.
• Fernández Sedano, I., Lois, D., Fuster Ruiz De Apodaca, M. J., Vázquez Botana, A., & Fernández Arregui, S. (2023). Psicología social (Vol. 2). Sanz yTorres.
• Forgas, J. P., Crano, W. D., & Fiedler, K. (Eds.). (2020). Applications of social psychology: How social psychology can contribute to the solution of realworld problems (1st ed.). Routledge.
• Gaviria, E., López, M., & Cuadrado, I. (2019). Fundamentos de psicología social. Sanz y Torres.
• Heizen, T., & Goodfriend, W. (2022). Social psychology. SAGE.
• Jiménez Burillo, F. (2022). Escritos sobre psicología social de la ciencia y del conocimiento (A. Blanco & C. M. Alcover, Eds.). Sanz y Torres.
• Morales Domínguez, J. F. (2025). Invitación a la psicología social (1ª ed.). Sanz y Torres.
• Moriano León, J. A., Topa Cantisano, G., Prado Silván Ferrero, M., García Ael, C., & Bustillos López, A. (2023). Psicología social (Vol. 1). Sanz y Torres.
• Sánchez Suricalday, A., & Villajos González, L. (2018). Resolución de conflictos: Habilidades y técnicas para educadores (1.ª ed.). Editorial CCS.
RECURSOS DE INTERESE (formato electrónico e publicacións periódicas)
• Journal of Applied Social Psychology. [Acceso a través da USC]: https://onlinelibrary-wiley-com.ezbusc.usc.gal/journal/10990992
• European Association of Social Psychology (EASP): https://www.easp.eu/
• Sociedad Científica Española de Psicología Social (SCEPS): https://sceps.es/
• Social Psychology Network: https://www.socialpsychology.org/
BÁSICAS E XENERAIS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da
educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén
algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CG2 - Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos/as pedagogos/as, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG5 - Promover e desenvolver accións de asesoramento educativo con diferentes persoas e/ou grupos mediante a utilización de medios e recursos adecuados.
CG7 - Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o
desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
TRANSVERSAIS
CT2 - Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros
profesionais.
CT3 - Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e
labores nos que participan.
ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos.
CE2 - Planificar e programar accións formativas.
En correspondencia cos obxectivos xerais e coas temáticas teórica e práctica, o proceso que haberá que desenvolver pasa pola discusión do programa e das iniciativas suxeridas para a súa aplicación; pola exposición das liñas de traballo que poden ser promovidas desde os contidos teóricos e as clases prácticas. Finalmente, a análise das experiencias aplicadas nos respectivos eidos de intervención.
Para o desenvolvemento de cada módulo –teórico, práctico e aplicado– entregaranse oportunamente os datos contextuais e materiais de traballo previamente especificados.
As actividades de aprendizaxe comprenden os seguintes procesos:
1. Lectura e análise das bases teóricas que delimitan o contido da materia.
2. Elaboración de informes sobre as distintas prácticas realizadas –que intentarán informar ao estudantado da procedencia do coñecemento psicosocial e da tecnoloxía máis recorrida–. Os contidos e datas de entrega serán oportunamente especificados. Finalmente, contemplarase a realización dun traballo sobre contidos teóricos.
Os materiais adicionais para as clases expositivas e as tarefas a realizar nas clases interactivas, estarán expostas na aula virtual coa antelación suficiente para cada unha das clases.
A entrega dos informes das clases interactivas farase a través de medios telemáticos seguindo as normas medioambientais.
A participación nas lecturas e clases prácticas será seguida e titorizada polo profesor/a e conformará a cualificación final individual.
Como criterio obxectivo de avaliación, establécese a realización dun exercicio escrito sobre a temática explicada no desenvolvemento da materia e que terá como base as lecturas obrigatorias da mesma.
A cualificación final do estudantado será ponderada da seguinte maneira:
• 60% do cómputo para o exame (complementaria á avaliación contínua).
• 40% do cómputo para exercicios escritos e informes de prácticas.
Asistencia a clase: o programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024. Seguindo o Artigo 1.2 a), a asistencia valórase como un factor máis na avaliación continua.
No caso do estudantado con dispensa de asistencia e/ou exención de docencia, realizarase un exercicio escrito (exame) sobre a temática especificada no programa e un traballo monográfico sobre temas relacionados coa materia que será acordado e titorizado polo profesor/a da materia. Un 70% a proba escrita (exame) e un 30% o traballo monográfico.
Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas cos criterios de avaliación.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso na materia e a avaliación do estudantado na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado por varias materias, agás nas actividades programadas de xeito coordinado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O estudantado repetidor só terá que realizar a proba escrita (examen) nas datas acordadas pola Facultade.
HORAS PRESENCIAIS:
– Teóricas: As correspondentes á docencia expositiva e interactiva.
– Prácticas: As correspondentes á titorización presencial en grupos reducidos.
HORAS NON PRESENCIAIS:
Semanalmente: 1 hora de teoría.
Preparación do exame: 15 horas.
– Será de moita axuda resumir os distintos temas teóricos, subliñando os principais contidos referidos aos procesos organizativos.
– Intentar, sempre que sexa posible, exemplificar coas propias experiencias aqueles procesos psicolóxicos implicados nas sesións teóricas.
– Preparar as avaliacións tendo en conta os resumos dos principais contidos teórico-práctico.
– O estudantado repetidor ou non presentado avaliarase seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.
ASISTENCIA A CLASE
O programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
Nos casos contemplados na normativa e pola Facultade o estudantado poderá solicitar dispensa de asistencia e/ou exención de docencia.
RECOMENDACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia deberán ser presentados por medios telemáticos a través do campus virtual.
- PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://pro-assetsusc.azureedge.net/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1e…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o estudantado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Mónica Alzate García
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813804
- Correo electrónico
- monica.alzate [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
12.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19.06.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |