Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer o marco normativo de referencia da atención social ás persoas maiores.
- Coñecer os principais métodos e técnicas para interactuar con persoas maiores para promover cambios e mellorar as súas oportunidades vitais.
- Coñecer e ser capaz de aplicar os métodos específicos para intervir con maiores.
- Ser capaz de identificar situacións sociais de risco.
- Ser capaz de aplicar os métodos de valoración das necesidades e as opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención dende o traballo social.
- Ser capaz de promover redes sociais para facer fronte a necesidades das persoas maiores.
- Ser capaz de detectar e afrontar situacións de crise valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
- Coñecer e ser capaz de xestionar e avaliar as políticas e os recursos sociais existentes a nivel territorial no ámbito dos maiores.
- Ser capaz de deseñar e implementar proxectos de intervención dende o Traballo Social con persoas maiores.
I. As persoas maiores: perspectiva histórica; conceptualización; procesos de envellecemento demográfico; roles, mitos e estereotipos.
II. Persoas en situación de dependencia.
III. Alzhéimer e outras demencias.
IV. A valoración das necesidades das persoas maiores.
V. Aspectos básicos da intervención con persoas maiores dende o Traballo Social e a Xerontoloxía Social.
VI. O envellecemento activo.
VII. Recursos e servizos dirixidos a persoas maiores no ámbito territorial de Galicia.
VIII. As situacións de maltrato cara ás persoas maiores.
IX. Procesos de perda e fin da vida.
BÁSICA:
Alemán, C., Alonso, J. M., e Fernández-Santiago, P. (2013). Dependencia y Servicios sociales. Aranzadi.
Castañeda, P. J. (2009). Vejez, dependencia y salud. Pirámide.
Decalmer, P. e Glendenning, F. (2000). El maltrato a las personas mayores. Paidós.
Delicado, M. V. (Coord.). (2011). Sin respiro, Cuidadores familiares: calidad de vida, repercusión de los cuidados y apoyos recibidos. Talasa.
Fernández-Ballesteros, R. (Dir.). (2001). Gerontología Social. Pirámide.
Martín, M. (Ed.). (2003). Trabajo Social en Gerontología. Síntesis.
Martínez, T. (2011). La atención gerontológica centrada en la persona: Guía para profesionales de centros y servicios de atención a personas mayores en situación de fragilidad o dependencia. Departamento de Empleo y Asuntos sociales. Gobierno Vasco.
Moya, A. e Barbero, J . (2005). Malos tratos a personas mayores: Guía de actuación. Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
Organización Mundial de la Salud. (2002). Envejecimiento activo: un marco político. Revista Española de Geriatría y Gerontología, 37 (S2), 74-105.
Pérez, V., Musitu, G. e Moreno, D. (2011). Familiares cuidadores de mayores: Una ardua y silenciosa labor. Dykinson
Pinazo, S. e Sánchez, M. (Dirs.). (2005). Gerontología: Actualización, innovación y propuestas. Pearson.
Sarasola, J. L. (2015). Trabajo social y servicios sociales para personas mayores. Universidad Pablo Olavide.
COMPLEMENTARIA :
Carretero, S., Garcés, J., Ródena, F. e Sanjosé, V. (2006). La sobrecarga de las personas dependientes: Análisis y propuestas de intervención psicosocial. Tirant lo Blanch.
Delgado, A. M., Oliver, R. e De Heredia, I. B. (2010). Vejez, discapacidad y dependencia. Bosch.
Durán, M. Á. (2018). La riqueza invisible del cuidado. Universitat de València.
García Sánchez, E. (2009). La dependencia y los mayores. Altaban.
Giró, J. (Coord.). (2009). Envejecimiento, tiempo libre y gestión del ocio. Universidad de la Rioja.
Goikoetxea, M. J., Zurbanobeaskoetxea, L., Mosquera, A. e Pablos, B. (2015). Código ético para la atención sociosanitaria a las personas mayores. Universidad de Deusto.
Imserso. (2005). Cuidados a las personas mayores en los hogares es pañoles: El entorno familiar. Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
Leturia, M. e Uriarte, A. (1998). Intervención psicosocial en gerontología: Manual práctico. Cáritas.
Leturia, F. J., Yanguas, J. J., Arriola, E. e Uriarte, A. (2001). La valoración de las personas mayores: evaluar para conocer, conocer para intervenir. Cáritas.
Paniagua, R. (2015). La ética del cuidado y mayores: los cuidados a las personas mayores desde un horizonte ético y en la búsqueda de la calidad de vida. Fundación europea para el estudio y reflexión ética.
Segundo o Plan de Estudos do Grao en Traballo Social, as competencias ás que contribúe esta materia son as seguintes:
Competencias xerais:
- Posuir e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluindo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
- Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atinxen ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
Competencias específicas:
- Establecer relacións profesionais co fin de identificar a forma máis axeitada de intervención.
- Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
- Saber responder a situacións de crise valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
- Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguemento con regularidade dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
Competencias transversais:
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de comunicación oral e escrita.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Capacidade para as relacións interpersoais.
- Capacidade de razoamento crítico.
- Capacidade de compromiso ético.
- Capacidade de aprendizaxe autónoma.
- Capacidade de motivación pola calidade.
A proposta metodolóxica pretende combinar o formato maxistral das clases expositivas coas metodoloxías activas e participativas das clases interactivas, titoría en grupo reducido e co traballo autónomo e a autoaprendizaxe por parte do alumnado.
Preténdese que o alumnado participe activamente na construción do coñecemento a través do manexo da bibliografía e da resolución de casos aos que deberá aplicar destrezas de observación, análise e interpretación da información.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espazo propio, ao que o alumnado accede con chave.
A avaliación da materia realizase, nas dúas oportunidades, mediante a avaliación continua formativa combinada con probas finais. A porcentaxe da avaliación continua na calificación final é do 40% (4 ptos.), polo que o peso da proba tipo exame é do 60% (6 ptos.).
Poderán realizarse probas escritas eliminatorias da materia, no caso de non superalas ou non presentarse a elas avaliaranse os contidos correspondentes nas convocatorias finais de exames. As probas parciais e/ou eliminatorias superadas gárdanse para as convocatorias finais do curso, pero non para cursos posteriores.
É necesario acadar a puntuación mínima de apto no exame (3 sobre unha nota máxima de 6 puntos) para poder sumarlle a puntuación pola avaliación continua. Tamén será necesario ter superadas a avaliación continúa da materia (2 sobre unha nota máxima de 4 puntos) para sumarlle a puntuación do exame.
Dita avaliación continua realizarase a través da participación e a realización de traballos grupais que consistirán na elaboración de material divulgativo e material informativo transferibles á comunidade e a entidades que traballen con persoas maiores, tamén se realizarán lecturas e análise de textos, análise de material audiovisual e/ou traballo sobre casos a través de outros medios, etc.
Na Guía da Materia que se entrega ao comezo das clases, especifícase o contido e a puntuación correspondente a cada tarefa da avaliación continua.
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados pola profesora. Unha vez se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable. Ao efecto, unha vez publicada a acta na que conste a xustificación da/s falta/s de asistencia, o alumnado ten un prazo de 5 días hábiles, para solicitar á profesora a tarefa para compensar a puntuación correspondente.
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua, sempre que supere os 2 ptos, poderá conservarse para cursos posteriores. Polo tanto, o/a alumno/a que non supere a materia, e desexe conservar a puntuación obtida no curso anterior debe solicitalo á profesora da materia a través dun correo electrónico.
Dispensa de asistencia
O alumnado que teñan concedida a dispensa de asistencia seguirá un sistema de avaliación alternativo:
-Exame: 60%.
-Actividades prácticas de dispensa: 40%.
As actividades de dispensa de asistencia colgaranse na web da EUTS (www.euts.es), no apartado da materia de Traballo Social con Maiores , en concreto, no apartado destinado á dispensa de asistencia. No espazo de dispensa de asistencia colgaranse tamén as pautas, os prazos de entrega, as puntuacións, etc. As actividades que se entreguen fóra de prazo terán unha penalización se a entrega é posterior a 3 días hábiles, a partir do cuarto día, a actividade non será avaliada nin puntuada. O alumnado poderá optar ao mesmo formato de exame que as persoas que cursan a modalidade presencial, sempre e cando superasen o 40% das actividades de dispensa de asistencia (1,6 puntos).
O alumnado que ten concedida a dispensa de asistencia, ten que poñerse en contacto coa profesora, preferentemente por correo electrónico, nun prazo non superior á 5 días hábiles desde a data de publicación da acta na que se recoñece dita concesión.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Estudio autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Exercicios: 15 horas
Lectura de textos: 10 horas
Elaboración de traballos, visualización de material: 24 horas
Total: 99 horas
Dado o carácter optativo da asignatura e a súa ubicación no plan de estudos, non se indican requisitos previos para a súa superación.
É importante que o alumnado se implique activamente dende o comezo na dinámica e funcionamento da materia para poder superala con éxito.
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para posicionar ao alumnado en contextos profesionais.
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder afondar nas parcelas de maior interese.
Respecto á bibliografía recoméndase tamén consultar a que se presenta na Guía da materia, e revisar periodicamente a web da materia onde se subirán contidos recentes (novas ou artigos recentes).
Paula Frieiro Padín
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Categoría
- Non Aplicable
Venres | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
19.12.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
01.06.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
05.07.2023 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |