Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer e comprender de forma crítica os desequilibrios, desigualdades sociais e de poder, que xeran os mecanismos de discriminación e opresión derivados das relacións étnicas e culturais, incorporando os valores propios dunha cultura da paz e da democracia.
- Ser capaz de detectar os mecanismos de exclusión e discriminación no acceso das persoas migrantes á protección social e suscitar fórmulas para corrixilos.
- Coñecer e comprender as diferentes perspectivas teóricas e metodolóxicas con persoas migrantes.
- Coñecer o marco normativo de referencia dos procesos migratorios.
- Ser capaz de formular, implementar e avaliar programas sociais para persoas migrantes e coñecer o desempeño das funcións dos traballadores e traballadoras sociais na súa xestión.
- Ser capaz de aplicar estratexias de resolución de conflitos interculturais por medio da negociación e da mediación.
Tema I: Procesos migratorios.
I.1.- Conceptos básicos.
I.2.- Historia das migracións: causas e contextos.
I.3.- Movementos migratorios.
Tema II: Políticas migratorias.
II.1. - Introdución ás políticas migratorias.
II.2. - As políticas migratorias en España.
II.3. - Estruturas administrativas: nivel estatal e autonómico.
II.4. - Plans de acción.
Tema III: Marco xurídico: Estranxeiría aplicada ao Traballo Social.
III.1. - A entrada en territorio español.
III.2. - Documentos das persoas inmigrantes e outros.
III.3. - Réxime xeral: autorizacións.
III.4. - Réxime comunitario.
III.5. - Legalización de documentos.
III.6. - Infraccións á Lei de Estranxeiría.
III.7. - Nacionalidade.
III.8. - Dereitos e liberdades das persoas estranxeiras en España.
Tema IV: Intervención con persoas inmigrantes dende o Traballo Social.
IV.1. - Contextualización.
IV.2. - Aspectos a ter en conta na intervención social con persoas inmigrantes: modelos e ferramentas
IV.3. - Aspectos psicosociais da poboación migrante.
Tema V: Intervención con persoas migrantes en situación de maior vulnerabilidade
V.1. - Intervención con persoas en prostitución e/ou trata con fins de explotación sexual.
V.2. - Intervención con menores non acompañados.
V.3. - Intervención con mulleres que sofren ou sufriron violencia de xénero.
V.4. - Intervención con persoas migrantes con problemas de saúde, diversidade funcional, etc.
V.5. - Intervención con persoas refuxiadas no contexto actual.
Tema VI: A práctica do traballo social intercultural: diversidade cultural, interculturalidade e mediación intercultural.
VI.1. - Conceptos.
VI.2. - Modelos de xestión.
VI.3. - Diversidade cultural dende un marco interpretativo feminista.
VI.4. - Principios e premisas da práctica do traballo social intercultural.
VI.5. - Traballo social comunitario no eido das migracións e da interculturalidade.
VI.6. - Mediación intercultural.
BÁSICA:
Achotegui, J. (2020). El Síndrome de Ulises: Contra la deshumanización de la migración. Ned.
Bauman, Z. (2016). Extraños llamando a la puerta. Paidós.
Essombra, M. A. (2012). Inmigración e interculturalidad en la ciudad: principios ámbitos y condiciones para una acción comunitaria intercultural en perspectiva europea. Graó.
Fundación ANAFE-CITE. (2008). La intervención social con poblaciones inmigradas: Manual para profesionales de Servicios Sociales. http://www.navarra.es/NR/rdonlyres/0C35C220-5BE4-45F0-8FA5-8BA5743EFF94…
Galvín, I. e Franco, P. (1996). Propuesta Metodológica para el Trabajo Social con Inmigrantes. Siglo XXI.
Ley Orgánica 4/2000, de 11 de enero, sobre derechos y libertades de los extranjeros en España y su integración social. Boletín Oficial del Estado, 10, sec. I, 1139 a 1150.
Malagón, J. L. e Sarasola, J. L. (Coord.). (2005). Manual de atención social al inmigrante. Almuzara.
Malgesini, G. e Giménez, C. (2000). Guía de conceptos sobre migraciones, racismo e interculturalidad (2ª ed.). Catarata.
Raya, E.E. (2006). La práctica del trabajo social con población inmigrante en España: responsabilidad ético-política, limitaciones de la perspectiva metodologicista y aportaciones de los modelos de intervención en medio pluriétnico. Acciones e investigaciones sociales, Extra 1(22), 85-105.
Sánchez, J. e Franco, F. (2011). Guía para Orientación Legal en Inmigración. Lex Nova.
Salazar, O. (2017). Autonomía, género y diversidad: itinerarios feministas para una democracia intercultural. Tirant humanidades.
Sue, D. W. (2013). La práctica del trabajo social multicultural. Limusa.
Vidal, F. e Charaf, M. (2011). Los aeronautas: exclusión extrema e inmigración. UNE.
COMPLEMENTARIA:
Abarca, A. P., Alonso-Olea, B., La Cruz, J. M., Martín, I. e Vargas, M. (2011). Inmigración y Extranjería: régimen jurídico básico (5ª ed.). Codex.
Accem. (2008). Análisis de las Migraciones: España como “Emisor” y “Receptor de Inmigrantes” . Accem.
Achotegui, J. (2002). La Depresión de los Inmigrantes: Una Perspectiva Transcultural. Mayo.
Castro, A. (2011). Sos… Soy Inmigrante: el síndrome de Ulises. Pirámide.
Catala, M. (Coord.). (2009). Miradas y Voces de la Inmigración. Montesinos.
Escarbajal, A. (2009). Educadores, Trabajadores Sociales e Interculturalidad. Dykinson.
Escarbajal, A. (2010). Interculturalidad, Mediación y Trabajo Colaborativo. Narcea.
Izquierdo, A. (2010). Del suelo al arraigo: La inmigración en España durante la primera década del S. XXI. Universidad de A Coruña.
Izquierdo, A. e Wayne, A. C. (2012). Política de Control Migratorio: Estudio Comparado de España y EE.UU. Bellaterra.
Livi, M. (2012). Breve Historia de las Migraciones. Alianza Editorial.
Marchioni, M. e Morín, M. L. (2014). El Proyecto de Intervención Comunitaria Intercultural (ICI): Una experiencia avanzada en el terreno comunitario. http://quadernsanimacio.net/ANTERIORES/veinte/index_htm_files/intervenc…
Nahïr, S. (2016). Refugiados frente a la catástrofe humanitaria: una solución real. Crítica.
Solanes, A. e Spina, La, E. (Eds.). (2014). Políticas migratorias, Asilo y Derechos Humanos. Tirant lo Blanch.
Veronesi, S. (2019). Salvar vidas en el mediterráneo. Un planfleto íntimo contra el racismo. Anagrama.
COMPETENCIAS XENÉRICAS:
- Posuír e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
- Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que incumben ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
- Establecer relacións profesionais ao obxecto de identificar a forma máis adecuada de intervención.
- Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas achega das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
- Saber responder a situacións de crises valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
- Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguimiento con regularidad dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
- Desenvolver aptitudes para saber apoiar o desenvolvemento de redes para facer fronte ás necesidades e traballar a favor dos resultados planificados examinando coas persoas as redes de apoio ás que poidan acceder e desenvolver.
- Coñecer e utilizar a mediación como estratexia de intervención destinada á resolución alternativa e complementaria de conflitos en diversos ámbitos, tales como o familiar, escolar, comunitario e intercultural.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de comunicación oral e escrita.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Capacidade para as relacións interpersoais.
- Capacidade de recoñecemento á diversidade e a multiculturalidade.
- Capacidade de razoamento crítico.
- Capacidade de compromiso ético.
- Capacidade de aprendizaxe autónoma.
- Capacidade de motivación pola calidade.
A metodoloxía utilizada combina a docencia de clases expositivas, interactivas, titoría en grupo reducido e o traballo persoal. Preténdese que o alumnado, individual e/ou en equipo, desenvolva actividades de participación activa: traballo con textos e/ou datos, estudo de casos, aplicación de teorías, técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, análise de vídeos, entre outras.
A finalidade das clases expositivas é a explicación dos aspectos básicos de cada tema establecidos no programa, proporcionando a información necesaria que permita ao alumnado a aprendizaxe autónoma e colectiva.
A docencia interactiva pretende que o alumnado, individual e/ou de forma grupal, desenvolva actividades de participación activa, como as sinaladas no primeiro parágrafo deste apartado.
Nas titorías presenciais en grupo reducido, dinamízase, orienta e supervísase o traballo autónomo do alumnado, á vez que permite facer un seguimento e orientación de tarefas e actividades de desenvolvemento individual e/ou colectivo da docencia expositiva e interactiva.
A través das titorías individuais asesórase ao alumnado para o desenvolvemento das actividades propostas e, ademais, é un espazo de encontro no que se poden clarificar dúbidas, facer achegas, entre outros aspectos.
Preténdese que o alumnado, individual e colectivamente, participe de forma activa na construción de coñecementos. Para iso levaranse a cabo metodoloxías participativas. Estas descríbense como un proceso vivo, dinámico, que se desenvolve en interacción, para xerar reflexión compartida sobre o que se fai, se busca, aspira e desexa desde unha visión colectiva. Implican intercambio e relación integral entre a práctica e a teoría.
Implican un esforzo permanente e sistemático de análise, estudo, reflexión da realidade, dos proxectos e prácticas de intervención que se levan a cabo. Por tanto, implican recoller feitos, situacións, contidos, conceptos, valores, traballar coas emocións; así como coa realidade nos seus diversos aspectos, e/ou interpretacións. Para iso, levaranse a cabo actividades participativas (visuais, auditivas, corporais, vivenciais, de descubrimento individual e colectivo), vinculas ao contexto, a casos, experiencias, aplicando técnicas, destrezas, habilidades, entre outras. Ademais, combinarase o anterior co uso e análise de material audiovisual e bibliográfico.
Poderán producirse cambios na metodoloxía da materia cando así sexa acordado entre a profesora e o alumnado e sempre que supoña unha mellora para a aprendizaxe.
A avaliación da materia realízase mediante avaliación continua e a superación de exames.
A avaliación mediante exames ten un peso do 60% sobre a cualificación global, polo que o peso da avaliación continua é do 40%.
É necesario alcanzar unha puntuación igual ou superior a 2,0 sobre 4,0 puntos, na avaliación continua, para poder sumarlle a puntuación do exame ou exames.
CONTIDO DA AVALIACIÓN CONTINUA E PUNTUACIÓN MÁXIMA: (4 PTOS)
- Actividades de construción teórica do coñecemento a partir de dinámicas en clases expositivas e participación nestas: 1,4 puntos.
- Actividades interactivas e/ou vinculadas a estas: 1,40 puntos.
- Outros traballos en equipo e/ou individuais: 1,20 puntos.
As puntuacións das actividades de avaliación continua poderán verse modificadas, previo acordo co alumnado, sempre que se valore que contribúe a unha distribución máis equitativa nas puntuacións destas. Na Guía da Materia que se entrega ao comezo das clases especificaranse as actividades previstas a realizar, as pautas e a puntuación para cada unha delas, contemplando, de ser o caso, as modificacións en relación co programa.
PERSOAS CON DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que teña concedida dispénsaa de asistencia seguirá a seguinte modalidade de avaliación:
- Exame: 60%.
- Avaliación continua: 40%.
As actividades de dispensa de asistencia colgaranse na web da EUTS (www.euts.es), no apartado da materia de Traballo Social e Xénero, en concreto, no espazo destinado a dispensa de asistencia. Neste espazo tamén se colgarán as pautas de entrega de traballos, as puntuacións e os prazos estipulados para a entrega das tarefas.
Do mesmo xeito que na modalidade presencial, só se sumará a nota do exame á avaliación continua, cando nesta última se acade unha puntuación igual ou superior a 2 puntos.
O alumnado con dispensa de asistencia terá que contactar coa docente, por correo electrónico (lorena.anon [at] usc.es (lorena[dot]anon[at]usc[dot]es) ou lorena [at] euts.es (lorena[at]euts[dot]es)) nun prazo non superior a cinco días hábiles desde a data de publicación da acta na que figura a resolución favorable de dispensa de asistencia.
SISTEMA DE CONTROL DE ASISTENCIA
O sistema de control de asistencia é o establecido polo centro.
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
No caso de non asistir á clases nas que se realizan tarefas con puntuación e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, pódense compensar estas, coa elaboración de traballos e exercicios encomendados pola profesora. nha vez se teña confirmación da xustificación da/ s falta/s de asistencia, o/o alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora, a través de correo electrónico (lorena.anon [at] usc.es (lorena[dot]anon[at]usc[dot]es) ou lorena [at] euts.es (lorena[at]euts[dot]es)) nun prazo máximo de cinco días hábiles, a contar desde a data da resolución favorable da falta ou faltas xustificadas.
Para a entrega de traballos derivados de faltas xustificadas establécese un prazo de entrega, en concreto, cinco días hábiles desde que a persoa alumna recibe a tarefa ou tarefas por parte da docente. Fóra deste prazo non se procederá á súa revisión e, por tanto, non se puntuarán.
SISTEMA DE RECUPERACIÓN
- A recuperación do exame realizarase nas datas oficialmente establecidas.
- Os traballos realizados nas clases só se poderán recuperar cando se teña unha resolución favorable da falta xustificada.
- As persoas que non entreguen as actividades programadas nos prazos estipulados, salvo causas debidamente xustificadas e acreditadas, non poderán recuperalas na primeira convocatoria.
- A puntuación das actividades realizadas nas clases interactivas, salvo que a falta estea xustificada, non se poderá recuperar na segunda convocatoria.
- Poderase solicitar que se garden as notas alcanzadas durante dous cursos académicos. Para iso, o alumnado debe solicitalo por escrito, mediante correo electrónico á docente (lorena.anon [at] usc.es (lorena[dot]anon[at]usc[dot]es) ou lorena [at] euts.es (lorena[at]euts[dot]es)). O prazo máximo estipulado para esta solicitude é o último día de setembro do curso académico seguinte.
Traballo persoal do alumnado:
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas.
- Exercicios: 15 horas.
- Lectura de textos: 10 horas.
- Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas.
- Outras tarefas propostas: 4 horas.
- TOTAL: 99 horas.
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para que o alumnado senta a maior vinculación cos contextos profesionais.
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder afondar nos aspectos de maior interese.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e de revisión de cualificacións.
Recoméndase ler a guía da materia que se facilita ao alumnado o primeiro día de clase, nela amplíanse os contidos do programa, en canto a planificación, datas importantes, actividades, puntuacións de estas, pautas de entrega de traballos, bibliografía, entre outros aspectos.
Paula Frieiro Padín
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Categoría
- Non Aplicable
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 3 |
11.01.2023 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
05.07.2023 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |