Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecer e comprender as relacións entre a situación social das persoas e o sistema de xénero, e adquirir os valores que promoven os principios de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
-Ser capaz de identificar e avaliar as situacións e circunstancias que representan un risco e elaborar estratexias para promover cambios que eviten calquera perigo.
-Ser capaz de traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as necesidades derivadas das situacións de malos tratos.
-Coñecer e comprender as medidas de protección e integración da vítima e os seus mecanismos de defensa, así como o marco xurídico de referencia.
-Coñecer e ser capaz de xestionar e avaliar as políticas e os recursos sociais existentes a nivel territorial dende a perspectiva de xénero.
-Ser capaz de apoiar o desenvolvemento de redes para facer frente ás necesidades.
-Ser capaz de deseñar e implementar proxectos de intervención desde o Traballo Social.
Bloque I: Feminismos e categorías analíticas
Tema 1. Xenealoxía dos feminismos: bases para a análise desde o marco interpretativo feminista en traballo social.
Tema 2. Conceptos clave para o traballo social feminista: perspectiva de xénero e outras categorías para a análise.
Bloque II: Igualdade de oportunidades
Tema 3. Políticas para a igualdade de oportunidades: conceptos básicos.
Bloque III: Violencia contras as mulleres: prevención e intervención social.
Tema 4. Violencia contra as mulleres: conceptualización, marco xurídico e situación actual
Tema 5. Sensibilización, prevención e intervención social en violencia de xénero
Bloque IV: Diversidade afectivo-sexual dende o traballo social: a articulación entre diferentes tipos de desigualdades
Tema 6. Diversidade afectivo-sexual: intervención coas persoas LGTB e coa comunidade.
BÁSICA
- APRAMP. (2020). Guía de intervención con víctimas de trata para ayuntamientos y trabajadores/as sociales. https://apramp.org/download/guia-de-intervencion-con-victimas-de-trata-…
- Castro, O. e Reimóndez, M. (2013). Feminismos. Xerais.
- García e Noguerol, V. (2007). Infancia maltratada: Manual de Intervención. EOS.
- Dominelli, L. e McLeod, E. (1999). Trabajo Social Feminista. Cátedra.
- Fernández Zurbarán, P. (2018). Guía para profesionales ante chicas adolescentes que sufren violencia de género: saber, mirar, saber acoger, saber acompañar. Instituto Andaluz de la Mujer.
- Ley Orgánica 1/2004, de 28 de diciembre, de Medidas de Protección Integral contra la Violencia de Género (2004). Boletín Oficial del Estado, 313, de 29 de diciembre. https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2004-21760
- Ley Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para la igualdad efectiva de mujeres y hombres. (2007). Boletín Oficial del Estado, 71, de 23 de marzo. https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2007-6115
- Ley 11/2007, de 27 de julio, gallega para la prevención y el tratamiento integral de la violencia de género. (2007). Boletín Oficial del Estado, 152, de 7 de agosto. https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2007-16611
- Lei 2/2014, de 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia. (2014). Diario Oficial de Galicia, 79, de 25 de abril.
- Observatorio Galego da Violencia de Xénero. (2018). Protocolo de coordinación e cooperación institucional fronte a violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia. http://igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/protoco…
-Secretaría Xeral de Igualdade. (2007). Guía de actuación ante a violencia de xénero para as = os profesionais dos servizos sociais. Xunta de Galicia.
- Varela, N. (2019). Feminismo para principiantes. Penguin Random House.
- Valero, D. (2019). LGTB para principiantes: 100 preguntas y respuestas para saberlo todo sobre el colectivo. Mueve Tu Lengua.
COMPLEMENTARIA
- Amorós, C. (Ed.). (2000). Feminismos y filosofía. Síntesis.
- Barea, C. (2004). Manual para mujeres maltratadas que quieren dejar de serlo. Océano.
- Bela-Lobedde, D. (2018). Ser mujer negra en España. Penguin Random House.
- Bianchi, G.M., González-Rábago, Y. e Piras, G. (2015). Enfrentando la transnacionalización del cuidado: Abuelas cuidadoras en un contexto de alta migración. Revista Internacional de Estudios Migratorios, 5(1), 31-60.
- Beauvoir, de, S. (2005). El Segundo Sexo. Cátedra.
- Blas, de, A. (2014). La revolución de los cuidados: Tácticas y estrategias. InteRed.
-Bradan, M. (2012). Feminismo en el Islam. Cátedra.
- Butler, J. (2007). El género en disputa: el feminismo y la subversión de la entidad. Paidós.
- Czalbowski, S. (Coord.). (2015). Detrás de la pared: Una mirada multidisciplinar acerca de los niños, niñas y adolescentes expuestos a la violencia de género. Desclée de Brouwer.
-Cobo, R. (2017). La prostitución en el corazón del capitalismo. Catarata.
- Ekis, K. (2017). El ser y la mercancía: Prostitución, vientres de alquiler y disociación. Bellalterra.
- Espinosa, Y., Gómez, D. e Ochoa, K. (Ed.). (2014). Tejiendo de otro modo: Feminismos, epistemología y apuestas descoloniales. Editorial Universidad del Cauca.
- Fraisse, G. (2016). Los excesos del género: Concepto, imagen, desnudez. Cátedra.
- Fraser, N. (2015). Fortunas del feminismo. Instituto de Altos Estudios Nacionales del Ecuador y Traficantes de Sueños.
- Fernández Lamela, I. (2016). As miñas fillas devolvéronme a vida. Concello de Lugo e Casa da Muller.
-Friedan, B. (2016). La Mística de la Feminidad. Cátedra.
- Herrera, C. (2018). Mujeres que ya no sufren por amor: Transformando el mito del amor romántico. Catarata.
-Hooks, B. (2017). El feminismo es para todo el mundo. https://www.traficantes.net/sites/default/files/pdfs/TDS_map47_hooks_we…
-Jabardo, M. (Ed.). (2012). Feminismos negros. Una antología. https://www.traficantes.net/sites/default/files/pdfs/Feminismos%20negro…
- Jacobson, N. e Gottman, J. (2001). Hombres que agreden a sus mujeres: Cómo poner fin a las relaciones abusivas. Paidós.
- Martínez, L. e Corral, A.M. (2010). La trata con fines de explotación sexual. Instituto de la mujer.
- Mateos, A. (2013). Programa socioeducativo para la prevención de la violencia de género en parejas adolescentes. Pirámide.
- Miguel, de, A. (2016). Neoliberalismo sexual: El mito de la libre elección. Ediciones Cátedra.
- Millett, K. (2010). Política sexual. Catedra.
- Missé, M. (2018). A la conquista del cuerpo equivocado (2ª ed.). Egales.
- Moreno-Jiménez, M.P. e Ríos, M. (2012). Sin nosotras el mundo no se mueve: Mujeres inmigrantes en el contexto laboral español. Athenea Digital, 12(2), 3-31.
- Nuño, L. e Miguel, de, A. (Dirs.) (2017). Elementos para una teoría crítica del sistema prostitucional. Comares.
- Ranea, B. (2019). Feminismos. Antología de textos feministas para uso de las generaciones más jóvenes, y de las que no lo son tanto. Catarata.
- Rodríguez Otero, L.M. (2016). El arraigo de las violencias: la violencia intragénero. Grañén Porrúa.
- Romero, I. (Coord.). (2015). Guía de intervención en casos de violencia de género: Una mirada para ver. Síntesis.
-Valcárcel, A. (2008). Feminismo en un mundo global. Cátedra.
- Villar, A. (Dir.) (2010). Mujeres y mercado laboral en España: Cuatro estudios sobre discriminación salarial y la segregación laboral. Fundación BBVA.
- Walker, L. (2012). El síndrome de la mujer maltratada. Desclee de Brouwer.
- Witting, M. (2016). El pensamiento heterosexual y otros ensayos (3ª ed.). Egales.
No Plan de Estudos do Título de Grao en Traballo Social, indícase que as competencias ás que contribúe esta asignatura son as seguintes:
Competencias xerais:
- Posuir e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, indluindo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
- Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atinxen ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
Competencias específicas:
- Establecer relacións profesionais ao obxecto de identificar a forma máis axeitada de intervención.
- Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
- Saber respostar a situacións de crises valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer frente ás mesmas e revisando os seus resultados.
- Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguemento con regularidade dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
- Saber identificar e traballar cos comportamentos que representan un risco para o sistema cliente identificando e avaliando as situacións e circunstancias que configuran dito comportamento e elaborando estratexias de modificación dos mesmos.
Competencias transversais:
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de comunicación oral e escrita.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Capacidade para as relacións interpersoais.
- Capacidade de recoñecemento á diversidade e á multiculturalidade.
- Capacidade de razoamento crítico.
- Capacidade de compromiso ético.
- Capacidade de aprendizaxe autónoma.
- Capacidade de motivación pola calidade.
A metodoloxía utilizada combina a docencia de clases expositivas, interactivas, titoría en grupo reducido e o traballo persoal. Preténdese que o alumnado, individual e/ou en equipo, desenvolva actividades de participación activa: traballo con textos e/ou datos, estudo de casos, aplicación de teorías, técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, análise de vídeos, entre outras.
A finalidade das clases expositivas é a explicación dos aspectos básicos de cada tema establecidos no programa, proporcionando a información necesaria que permita ao alumnado a aprendizaxe autónoma e colectiva.
A docencia interactiva pretende que o alumnado, individual e/ou de forma grupal, desenvolva actividades de participación activa, como as sinaladas no primeiro parágrafo deste apartado.
Nas titorías presenciais en grupo reducido, dinamízase, orienta e supervísase o traballo autónomo do alumnado, á vez que permite facer un seguimento e orientación de tarefas e actividades de desenvolvemento individual e/ou colectivo da docencia expositiva e interactiva.
A través das titorías individuais asesórase ao alumnado para o desenvolvemento das actividades propostas e, ademais, é un espazo de encontro no que se poden clarificar dúbidas, facer achegas, entre outros aspectos.
Preténdese que o alumnado, individual e colectivamente, participe de forma activa na construción de coñecementos. Para iso levaranse a cabo metodoloxías participativas. Estas descríbense como un proceso vivo, dinámico, que se desenvolve en interacción, para xerar reflexión compartida sobre o que se fai, se busca, aspira e desexa desde unha visión colectiva. Implican intercambio e relación integral entre a práctica e a teoría.
Implican un esforzo permanente e sistemático de análise, estudo, reflexión da realidade, dos proxectos e prácticas de intervención que se levan a cabo. Por tanto, implican recoller feitos, situacións, contidos, conceptos, valores, traballar coas emocións; así como coa realidade nos seus diversos aspectos, e/ou interpretacións. Para iso, levaranse a cabo actividades participativas (visuais, auditivas, corporais, vivenciais, de descubrimento individual e colectivo), vinculas ao contexto, a casos, experiencias, aplicando técnicas, destrezas, habilidades, entre outras. Ademais, combinarase o anterior co uso e análise de material audiovisual e bibliográfico.
Poderán producirse cambios na metodoloxía da materia cando así sexa acordado entre a profesora e o alumnado e sempre que supoña unha mellora para a aprendizaxe.
A avaliación da materia realízase mediante avaliación continua e a superación de exames.
A avaliación mediante exames ten un peso do 60% sobre a cualificación global, polo que o peso da avaliación continua é do 40%.
É necesario alcanzar unha puntuación igual ou superior a 2,0 sobre 4,0 puntos, na avaliación continua, para poder sumarlle a puntuación do exame ou exames.
CONTIDO DA AVALIACIÓN CONTINUA E PUNTUACIÓN MÁXIMA: (4 PTOS)
- Actividades de construción teórica do coñecemento a partir de dinámicas en clases expositivas e participación nestas: 1,5 puntos.
- Actividades interactivas e/ou vinculadas a estas: 1,40 puntos.
- Outros traballos en equipo e/ou individuais: 1,10 puntos.
As puntuacións das actividades de avaliación continua poderán verse modificadas, previo acordo co alumnado, sempre que se valore que contribúe a unha distribución máis equitativa nas puntuacións destas. Na Guía da Materia que se entrega ao comezo das clases especificaranse as actividades previstas a realizar, as pautas e a puntuación para cada unha delas, contemplando, de ser o caso, as modificacións en relación co programa.
PERSOAS CON DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que teña concedida dispénsaa de asistencia seguirá a seguinte modalidade de avaliación:
- Exame: 60%.
- Avaliación continua: 40%.
As actividades de dispensa de asistencia colgaranse na web da EUTS (www.euts.es), no apartado da materia de Traballo Social e Xénero, en concreto, no espazo destinado a dispensa de asistencia. Neste espazo tamén se colgarán as pautas de entrega de traballos, as puntuacións e os prazos estipulados para a entrega das tarefas.
Do mesmo xeito que na modalidade presencial, só se sumará a nota do exame á avaliación continua, cando nesta última se acade unha puntuación igual ou superior a 2 puntos.
O alumnado con dispensa de asistencia terá que contactar coa docente, por correo electrónico (lorena.anon [at] usc.es (lorena[dot]anon[at]usc[dot]es) ou lorena [at] euts.es (lorena[at]euts[dot]es)) nun prazo non superior a cinco días hábiles desde a data de publicación da acta na que figura a resolución favorable de dispensa de asistencia.
SISTEMA DE CONTROL DE ASISTENCIA
O sistema de control de asistencia é o establecido polo centro.
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
No caso de non asistir á clases nas que se realizan tarefas con puntuación e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, pódense compensar estas, coa elaboración de traballos e exercicios encomendados pola profesora. nha vez se teña confirmación da xustificación da/ s falta/s de asistencia, o/o alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora, a través de correo electrónico (lorena.anon [at] usc.es (lorena[dot]anon[at]usc[dot]es) ou lorena [at] euts.es (lorena[at]euts[dot]es)) nun prazo máximo de cinco días hábiles, a contar desde a data da resolución favorable da falta ou faltas xustificadas.
Para a entrega de traballos derivados de faltas xustificadas establécese un prazo de entrega, en concreto, cinco días hábiles desde que a persoa alumna recibe a tarefa ou tarefas por parte da docente. Fóra deste prazo non se procederá á súa revisión e, por tanto, non se puntuarán.
SISTEMA DE RECUPERACIÓN
- A recuperación do exame realizarase nas datas oficialmente establecidas.
- Os traballos realizados nas clases só se poderán recuperar cando se teña unha resolución favorable da falta xustificada.
- As persoas que non entreguen as actividades programadas nos prazos estipulados, salvo causas debidamente xustificadas e acreditadas, non poderán recuperalas na primeira convocatoria.
- A puntuación das actividades realizadas nas clases interactivas, salvo que a falta estea xustificada, non se poderá recuperar na segunda convocatoria.
- Poderase solicitar que se garden as notas alcanzadas durante dous cursos académicos. Para iso, o alumnado debe solicitalo por escrito, mediante correo electrónico á docente (lorena.anon [at] usc.es (lorena[dot]anon[at]usc[dot]es) ou lorena [at] euts.es (lorena[at]euts[dot]es)). O prazo máximo estipulado para esta solicitude é o último día de setembro do curso académico seguinte.
Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Exercicios: 15 horas
Lectura de textos: 10 horas
Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
Outras tarefas propostas: 4 horas
Total: 99 horas
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para que o alumnado senta a maior vinculación cos contextos profesionais.
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder afondar nos aspectos de maior interese.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e de revisión de cualificacións.
Recoméndase ler a guía da materia que se facilita ao alumnado o primeiro día de clase, nela amplíanse os contidos do programa, en canto a planificación, datas importantes, actividades, puntuacións de estas, pautas de entrega de traballos, bibliografía, entre outros aspectos.
Diana Morela Escobar Arias
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- dianamorela.escobar.arias [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Venres | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
25.01.2023 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
05.06.2023 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
03.07.2023 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |