Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
- Coñecer o marco normativo, estrutura e funcionamento do sistema educativo.
- Coñecer e comprender de forma crítica as diferentes perspectivas teóricas e metodolóxicas en Traballo Social no ámbito da educación.
- Coñecer e ser capaz de aplicar os métodos específicos para o Traballo Social no ámbito educativo.
- Ser capaz de identificar os comportamentos de risco.
- Ser capaz de aplicar os métodos de valoración das necesidades e as opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
- Ser capaz de desenvolver os principais métodos de apoio individual e familiar.
- Ser capaz de promover redes sociais para facer fronte a necesidades no ámbito da educación.
- Ser capaz de aplicar as estratexias de resolución de conflitos por medio da negociación e a mediación.
- Coñecer e ser capaz de xestionar e avaliar as políticas e os recursos sociais existentes a nivel territorial no ámbito da educación.
Bloque I: Antecedentes do traballo social no ámbito educativo: o sistema educativo a debate.
1. Orixe e evolución do traballo social no ámbito da educación: coñecer e sentir para transformar.
2. O sistema educativo en España a debate: análise e reflexión desde as experiencias.
Bloque II: Intervención do traballo social no ámbito educativo: as metodoloxías participativas.
3. A educación popular feminista e interseccional para transformar a vida. As metodoloxías participativas.
4. Os Equipos de Orientación. A Rede dos Equipos de Orientación Específicos en Galicia. A rede de acompañamento e orientación persoal e familiar de Galicia (RAOGAL).
5. Prevención, detección e intervención desde o traballo social no eido educativo: funcións do Traballo Social, ámbitos e intervención ante realidades diversas (absentismo, fracaso educativo, malos tratos, abuso sexual, TDHA, Bullying, ciberbullying, violencia escolar, discapacidade, diversidade afectivo-sexual, diversidade cultural, desprotección, adiccións, suicidio, entre outras).
Bloque III. O traballo social como ponte de unión entre escola-alumnado-familia-comunidade.
6. Apoio e intervención coa comunidade educativa: exemplos desde a práctica.
7. Coeducación, participación, coordinación e convivencia saudable. A mediación ante situacións de conflito.
Bloque IV. O traballo social educativo na actualidade: visión de futuro.
8. Retos da educación: construción colectiva desde o traballo social.
BÁSICA
- Castro, C. e Pérez, J. (2017). El trabajo social en el entorno educativo español. Revista Castellano-Manchega de Ciencias Sociales, Barataria, 22., 215-226. https://doi.org/10.20932/barataria.v0i22.309
- Colegio Oficial de Diplomados en Trabajo social y Asistentes Sociales de Madrid. (2007). Trabajo Social y Educación. [Monografía]. Revista Trabajo Social Hoy.
- Fernández, D. (2011). Trabajo Social en el campo educativo. Consejo General del Trabajo Social.
- Puyol, B. e Hernández, M. (2009). Trabajo Social en Educación. Revista Qurriculum, 22, 97-117.
COMPLEMENTARIA
- Abarca, F. (2016). La metodología participativa para la intervención social: reflexiones desde la práctica. Revista Ensayo Pedagógico XI (1),87-109.
- Alemany, C. (2019). Por qué necesitamos trabajadores/as sociales en la escuela. https://medium.com/ [at] carrmen.alemany/por-qu%C3%A9-necesitamos-trabajador…
- Allen-Meares, P. (2012). Social Work Services in Schools. Pearson.
- Ara, A. e Huber, B. (2021). Metodologías participativas: procesos grupales. Colectivo de Mujeres de Matagalpa.
- Barudy, J. e Dantagnan, M. (2007). Los buenos tratos a la infancia: Parentalidad, apego y resiliencia. Gedisa.
- Casas, C. (2011). El profesor y la sistémica. Modelo fásico como intervención escolar. Mosaico, Revista de la Federación Española de Asociaciones de Terapia Familiar, 48, 44-55.
- Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. (2018). Protocolo educativo para la prevención, detección y tratamiento del acoso escolar y ciberacoso. http://www.edu.xunta.gal/portal/Educonvives.gal
- Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. (2019). Protocolo de prevención, detección e intervención del riesgo suicida en el ámbito educativo. https://libraria.xunta.gal/es/protocolo-de-prevencion-deteccion-e-inter…
- Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. (2019). Protocolo para a intervención psicoeducativa da dislexia e/ou outras dificultades específicas da aprendizaxe. http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30104
- Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. (2019). Protocolo para a atención educativa ao alumnado con altas capacidades intelectuais. http://www.edu.xunta.gal/portal/node/28890
- Fernández Zurbarán, P. (2018). Guía para profesionales ante chicas adolescentes que sufren violencia de género: saber, mirar, saber acoger, saber acompañar. Instituto Andaluz de la Mujer.
- Ferraz, M. (2006). Trabajo Social y convivencia escolar: Apuntes para una intervención eficaz. Servicios Sociales y Política Social, 76, 87-101.
- Freire, P. (2012). Pedagogía del Oprimido(2ª ed.). Siglo XXI.
- García, N. y Noguerol, V. (2005). Infancia maltratada. Manual de Intervención. EOS.
- Horno, P. (2013). Escuchando mis tripas: Programa de prevención del abuso sexual en educación infantil. Boira.
- JASS Mesoamérica. (s.f). El poder vital transformador desde la educación popular feminista. https://www.justassociates.org/es/publicaciones/aprendizaje-evaluacion
- Jousoro, K. y Aranguren, E. (2019). El trabajo social en el sistema educativo vasco, una apuesta social y política. Zerbitzuan, 68, 25-35.
Xenéricas:
- Posuír e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
- Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que incumben ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
Específicas:
- Establecer relacións profesionais ao obxecto de identificar a forma máis adecuada de intervención.
- Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
- Saber responder a situacións de crises valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
- Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguimento con regularidade dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
- Saber identificar e traballar cos comportamentos que representan un risco para o sistema cliente identificando e avaliando as situacións e circunstancias que configuran devandito comportamento e elaborando estratexias de modificación dos mesmos.
- Coñecer e utilizar a mediación como estratexia de intervención destinada á resolución alternativa e complementaria de conflitos en diversos ámbitos, tales como o familiar, escolar, comunitario e intercultural.
Transversais:
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de comunicación oral e escrita.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Capacidade para as relacións interpersoais.
- Capacidade de razoamento crítico.
- Capacidade de compromiso ético.
- Capacidade de aprendizaxe autónoma.
- Capacidade de motivación pola calidade.
NO CURSO 2023-2024 NON SE OFERTA ESTA MATERIA OPTATIVA, E POLO TANTO NON TEN DOCENCIA.
A metodoloxía utilizada combina a docencia de clases expositivas, interactivas, titoría en grupo reducido e o traballo persoal. Preténdese que o alumnado, individual e/ou en equipo, desenvolva actividades de participación activa: traballo con textos e/ou datos, estudo de casos, aplicación de teorías, técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, análise de vídeos, entre outras.
A finalidade das clases expositivas é a explicación dos aspectos básicos de cada tema establecidos no programa, proporcionando a información necesaria que permita ao alumnado a aprendizaxe autónoma e colectiva.
A docencia interactiva pretende que o alumnado, individual e/ou de forma grupal, desenvolva actividades de participación activa, como as sinaladas no primeiro parágrafo deste apartado.
Nas titorías presenciais en grupo reducido, dinamízase, orienta e supervísase o traballo autónomo do alumnado, á vez que permite facer un seguimento e orientación de tarefas e actividades de desenvolvemento individual e/ou colectivo da docencia expositiva e interactiva.
A través das titorías individuais asesórase ao alumnado para o desenvolvemento das actividades propostas e, ademais, é un espazo de encontro no que se poden clarificar dúbidas, facer achegas, entre outros aspectos.
Preténdese que o alumnado, individual e colectivamente, participe de forma activa na construción de coñecementos. Para iso levaranse a cabo metodoloxías participativas. Estas descríbense como un proceso vivo, dinámico, que se desenvolve en interacción, para xerar reflexión compartida sobre o que se fai, se busca, aspira e desexa desde unha visión colectiva. Implican intercambio e relación integral entre a práctica e a teoría. Implican un esforzo permanente e sistemático de análise, estudo, reflexión da realidade, dos proxectos e prácticas de intervención que se levan a cabo. Por tanto, implican recoller feitos, situacións, contidos, conceptos, valores, traballar coas emocións; así como coa realidade nos seus diversos aspectos, e/ou interpretacións. Para iso, levaranse a cabo actividades participativas (visuais, auditivas, corporais, vivenciais, de descubrimento individual e colectivo), vinculas ao contexto, a casos, experiencias, aplicando técnicas, destrezas, habilidades, entre outras. Ademais, combinarase o anterior co uso e análise de material audiovisual e bibliográfico.
Poderán producirse cambios na metodoloxía da materia cando así sexa acordado entre a profesora e o alumnado e sempre que supoña unha mellora para a aprendizaxe.
NO CURSO 2023-2024 NON SE OFERTA ESTA MATERIA OPTATIVA, E POLO TANTO NON TEN DOCENCIA.
A avaliación da materia realízase mediante avaliación continua e a superación de exames.
A avaliación mediante exames ten un peso do 60% sobre a cualificación global, polo que o peso da avaliación continua é do 40%.
É necesario alcanzar unha puntuación igual ou superior a 2,0 sobre 4,0 puntos, na avaliación continua, para poder sumarlle a puntuación do exame ou exames.
CONTIDO DA AVALIACIÓN CONTINUA E PUNTUACIÓN MÁXIMA: (4 PTOS)
- Actividades de construción teórica do coñecemento a partir de dinámicas en clases expositivas e participación nestas: 1,4 puntos.
- Actividades interactivas e/ou vinculadas a estas: 1,4 puntos.
- Outros traballos en equipo e/ou individuais: 1,2 puntos.
As puntuacións das actividades de avaliación continua poderán verse modificadas, previo acordo co alumnado, sempre que se valore que contribúe a unha distribución máis equitativa nas puntuacións destas. Na Guía da Materia que se entrega ao comezo das clases especificaranse as actividades previstas a realizar, as pautas e a puntuación para cada unha delas, contemplando, de ser o caso, as modificacións en relación co programa.
PERSOAS CON DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que teña concedida dispénsaa de asistencia seguirá a seguinte modalidade de avaliación:
- Exame: 60%.
- Avaliación continua: 40%.
As actividades de dispensa de asistencia colgaranse na web da EUTS (www.euts.es), no apartado da materia de Traballo Social e Xénero, en concreto, no espazo destinado a dispensa de asistencia. Neste espazo tamén se colgarán as pautas de entrega de traballos, as puntuacións e os prazos estipulados para a entrega das tarefas.
Do mesmo xeito que na modalidade presencial, só se sumará a nota do exame á avaliación continua, cando nesta última se acade unha puntuación igual ou superior a 2 puntos.
O alumnado con dispensa de asistencia terá que contactar coa docente, por correo electrónico nun prazo non superior a cinco días hábiles desde a data de publicación da acta na que figura a resolución favorable de dispensa de asistencia.
SISTEMA DE CONTROL DE ASISTENCIA
O sistema de control de asistencia é o establecido polo centro.
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nos ensinos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
No caso de non asistir á clases nas que se realizan tarefas con puntuación e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, pódense compensar estas, coa elaboración de traballos e exercicios encomendados pola profesora. nha vez se teña confirmación da xustificación da/ s falta/s de asistencia, o/o alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora, nun prazo máximo de cinco días hábiles, a contar desde a data da resolución favorable da falta ou faltas xustificadas.
Para a entrega de traballos derivados de faltas xustificadas establécese un prazo de entrega, en concreto, cinco días hábiles desde que a persoa alumna recibe a tarefa ou tarefas por parte da docente. Fóra deste prazo non se procederá á súa revisión e, por tanto, non se puntuarán.
SISTEMA DE RECUPERACIÓN
- A recuperación do exame realizarase nas datas oficialmente establecidas.
- Os traballos realizados nas clases só se poderán recuperar cando se teña unha resolución favorable da falta xustificada.
- As persoas que non entreguen as actividades programadas nos prazos estipulados, salvo causas debidamente xustificadas e acreditadas, non poderán recuperalas na primeira convocatoria.
- A puntuación das actividades realizadas nas clases interactivas, salvo que a falta estea xustificada, non se poderá recuperar na segunda convocatoria.
- Poderase solicitar que se garden as notas alcanzadas durante dous cursos académicos. Para iso, o alumnado debe solicitalo por escrito, mediante correo electrónico á docente . O prazo máximo estipulado para esta solicitude é o último día de setembro do curso académico seguinte.
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
- Exercicios: 15 horas
- Lectura de textos: 10 horas
- Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
- Preparacións de exposicións e debates: 4 horas
TOTAL: 99 horas
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para que o alumnado senta a maior vinculación cos contextos profesionais.
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder afondar nos aspectos de maior interese.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e de revisión de cualificacións.
Recoméndase ler a guía da materia que se facilita ao alumnado o primeiro día de clase, nela amplíanse os contidos do programa, en canto a planificación, datas importantes, actividades, puntuacións de estas, pautas de entrega de traballos, bibliografía, entre outros aspectos.
Paula Frieiro Padín
- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Categoría
- Non Aplicable
21.12.2023 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 2 |
19.06.2024 12:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 3 |