Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Ser capaz de aplicar os métodos de valoración das necesidades e as opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
- Ser capaz de deseñar, implementar e evaluar plans de intervención coas persoas atendidas e outros profesionais negociando o uso de servizos e revisar a eficacia de devanditos plans.
- Ser capaz de usar a tecnoloxía xeral da xestión de proxectos de intervención social: análise, diagnóstico, planificación, execución e avaliación.
- Ser capaz de detectar e afrontar situacións de crises valorando a súa urxencia, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
1. Aspectos xerais do proceso de planificación.
2. Niveis de planificación: plan, programa e proxecto.
3. Modelos de proxectos de intervención social.
4. Deseño de proxectos sociais
5. Deseño da avaliación de proxectos sociais
6. Execución e redacción do informe final de avaliación
Bibliografía básica
García Herrero, G. e Ramírez Navarro, J.L (1996). Diseño y evaluación de proyectos sociales. Certeza.
Bibliografía complementaria
Aguilar, M. J. e Ander-Egg, E. (1986). Administración y ejecución de programas de Trabajo Social. Humanitas.
Aguilar, M. J. e Ander-Egg, E. (1990). Administración de programas de Acción Social. Servicio Central de Publicaciones del Gobierno Vasco.
Aguilar, M. J. e Ander-Egg, E. (1992). Evaluación de Servicios y Programas Sociales. Siglo XXI.
Aguilar, M. J. (2013). Trabajo Social. Concepto y metodología. Paraninfo.
Amezcua,C. e Jiménez, A. (1996). Evaluación de Programas Sociales. Díaz de Santos.
Ander-Egg, E. (1991). Introducción a la Planificación (13ª ed.). Siglo XXI.
Ander-Egg, E. (2009). Metodologías de acción social. Lumen-Humanitas.
Beaudelux, E. (1992). Guía metodológica de apoyo a proyectos y acciones para el desarrollo. De la identificación a la evaluación. IEPALA.
Callejo, J. e Viedma, A. (2006). Proyectos y estrategias de Investigación Social: la perspectiva de la intervención. McGraw-Hill.
Cohen, E. e Franco, R. (1993). Evaluación de Proyectos Sociales. Siglo XXI.
Conde, R. (1998). Trabajo Social Experimental. Tirant Lo Blanch.
Diéguez, A. J. (1987). Planificación y Trabajo Social. Humanitas.
Diéguez, A. J. (Coord.). (2002). Diseño y Evaluación de Proyectos de intervención socioeducactiva y Trabajo Social comunitario. Espacio Editorial.
Espinoza, M. (1983). Evaluación de Proyectos Sociales. Humanitas.
Espinoza, M. (1984). Programación. Humanitas.
Fernández, T. e Ares, A. (Coords.). (2002). Servicios Sociales: Dirección, gestión y planificación. Alianza Editorial.
Fernández-García, T. e Ponce, L. (Dirs.). (2016). Elaboración, gestión y evaluación de proyectos sociales. Intervención social y programación. Pirámide.
García-Herrero, G. e Ramírez-Navarro, J.M. (2006). Manual práctico para elaborar proyectos sociales. Siglo XXI.
Pérez–Llantada, M.C. e López de la Llave, A. (1999). Evaluación de programas de Salud y Servicios Sociales: Metodología y ejemplo. Dykinson.
Pérez-Serrano, G. (2016). Diseño de proyectos sociales. Aplicaciones prácticas, para su planificación, gestión y evaluación. Narcea.
Raya, E. (2011). Herramientas para el diseño de proyectos sociales. Universidad de la Rioja.
Rossi, P. H., Lipsey, M. W., e Henry, G. T. (2019). Evaluation: A systematic approach. Sage publications.
Rozas, M. (1998). Una perspectiva teórica metodológica de la intervención en Trabajo Social. Espacio Editorial.
Rueda, J. M. (1993). Programar, Implementar proyectos y Evaluar. Instrumentos para la acción. Certeza.
Sales, A. (2017). Proyectos sociales. Tirant lo Blanch.
Sarasola, J.L., Malagón, J.L. e Barrera, E. (2010). Mediación: Elaboración de proyectos. Tecnos.
COMPETENCIAS XENÉRICAS:
- Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que incumben ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
- Desenvolver as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación e aprendizaxe no ámbito do Traballo Social cun alto grado de autonomía.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
-Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
- Preparar, producir, implementar e evaluar os plans de intervención co sistema cliente e os colegas profesionais negociando o suministro de servizos que deben ser empregados e revisando a eficacia dos plans de intervención coas persoas implicadas ao obxecto de adaptalos ás necesidades e circunstancias cambiantes.
-Deseñar, implementar e evaluar proxectos de intervención social.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
- Capacidade de análise e síntese
- Capacidade de comunicación oral e escrita
- Capacidade de toma de decisións
- Capacidade de razoamento crítico
- Capacidade de aprendizaxe autónoma
- Capacidade de creatividade
- Capacidade de motivación pola calidade
A metodoloxía utilizada combina o ensino mediante clases expositivas e interactivas, titorías en grupo reducido e traballo persoal. Preténdese que o estudantado, de forma individual ou grupal, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos, traballo con textos ou datos, aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, entre outras.
A finalidade das clases expositivas é explicar os aspectos básicos de cada tema establecidos no programa, proporcionando a información necesaria para favorecer a aprendizaxe autónoma e colectivo do estudantado.
A docencia interactiva busca que o estudantado participe activamente, de forma individual ou en grupo, a través das actividades mencionadas no primeiro parágrafo.
Nas titorías de grupo reducido desenvólvense actividades orientadas a reforzar contidos, resolver dúbidas e apoiar a aprendizaxe autónoma.
A través das titorías se asesora ao estudantado para o desenvolvemento das actividades propostas de realización autónoma polo estudantado, que supoñen un proceso de autoaprendizaje.
Como aula virtual, utilízase a propia web do centro, na que cada materia conta co seu propio espazo, accesible mediante clave. Tamén poden empregarse outras ferramentas dispoñibles no sitio web da USC.
A avaliación da materia realízase mediante avaliación continua e a superación de exames.
A avaliación mediante exames ten un peso do 60% sobre a cualificación global, polo que o peso da avaliación continua é do 40%. Na avaliación continua inclúese a puntuación pola realización de exercicios individuais e grupais.
É necesario conseguir a puntuación mínima de apto no exame para poder sumar a puntuación obtida na avaliación continua.
Na guía da materia que se entrega ao comezo das clases especifícase o desenvolvemento da docencia, o contido e puntuación correspondente a cada tarefa de avaliación continua.
No caso de non asistir ás clases nas que se realicen tarefas puntuables, e se as ausencias están xustificadas, estas tarefas poderán ser compensadas coa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados pola profesora. Unha vez confirmada a ausencia de asistencia, ao estudantado deberá contactar coa profesora para a asignación da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable. Para iso, unha vez publicada a resolución no que conste a xustificación da(s) ausencia(s), ao estudantado dispón dun prazo de 5 días hábiles para solicitar á profesora a tarefa para compensar a puntuación correspondente.
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos no Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e master da USC (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de novembro de 2024).
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua conservarase no curso posterior a non ser que algunhas destas actividades sexan eliminadas e/o incorporadas outras novas. Neste último caso deberán realizarse de novo para obter a puntuación correspondente. Por tanto, o estudantado que non supere a materia, e desexe conservar a puntuación obtida no curso anterior debe solicitalo a el/a docente da materia a través dun correo electrónico durante o primeiro mes de clase.
PERSOAS CON DISPENSA DE ASISTENCIA
O estudantado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases, e teña concedida dispénsa de asistencia, poderá compensar as faltas coa realización das tarefas, prácticos ou traballos establecidos pola profesora da materia. Por tanto, ao estudantado deberá poñerse en contacto a través do correo electrónico coa profesora nun prazo de 5 días hábiles, desde a data de publicación da acta na que na que figura a resolución favorable de dispénsa de asistencia.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Exercicios: 15 horas
Lectura de textos: 10 horas
Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
Preparación de exposición: 4 horas
TOTAL: 99 horas
Recomendacións previas: Ter cursada a asignatura de Investigación e Diagnose en Traballo Social.
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para posicionar ao estudantado en contextos profesionais.
Leidi Viviana Moreno Parra
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- lviviana.moreno [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
Martes | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 |
18.12.2025 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 4 |
28.05.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
30.06.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |