Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer as achegas das distintas teorías psicolóxicas acerca do comportamento humano.
- Coñecer os procesos psicolóxicos básicos e elementos fundamentais que configuran o comportamento humano.
- Comprender a dimensión social dos procesos subxectivos e de formación de identidades persoais.
- Coñecer e ser capaz de analizar os procesos de interacción interpersoal.
- Identificar os procesos de formación, desenvolvemento e interacción dos grupos e comunidades.
I. Introdución á Psicoloxía como ciencia.
II. Bases biolóxicas da conducta.
III. Procesos psicolóxicos básicos.
III.1. Sensación e Percepción.
III.2. Motivación e Emoción.
III.3 Atención e Memoria
IV Intelixencia e Aprendizaxe.
V. Personalidade.
VI. Psicoloxía social.
VI.1. Estereotipos, prexuizos e discriminación.
VI.2. Influencia, conformidade e obediencia.
VI.3. Agresión e violencia.
BÁSICA
Delgado, M. L. (Coord.). (2015). Fundamentos de Psicología para ciencias sociales y de la salud. Editorial Médica Panamericana.
Sabucedo, J. M. e Morales, J. F. (Coords.). (2015). Psicología social. Editorial Médica Panamericana.
COMPLEMENTARIA
Aguado, L. (2018). Emoción, afecto y motivación. Alianza.
Chance, P. (2001). Aprendizaje y conducta. Manual Moderno.
Domja, M. (2019). Fundamentos del condicionamiento y el aprendizaje. Manual moderno.
Gaviria, E., Lòez-Sáez, M. e Cuadrado, M. I. (2019). Introducción a la psicología social. UNED.
Goldstein, E. B. (1999). Sensación y percepción. Thomson.
Greenwood, J. D. (2009). Historia de la Psicología: Un enfoque conceptual. McGraw Hill.
Gross, R. D. (2004). Psicología: La ciencia de la mente y la conducta. Manual Moderno.
Hogg, M. (2010). Psicología Social. Panamericana.
Marín, M. e Martínez, R. (2012). Introducción a la psicología social. Pirámide.
Morris, C. G. e Maisto, A. A. (2011). Introducción a la Psicología. Pearson.
Myers, D. (2011). Psicología. Editorial Médica Panamericana.
Nevid, J. S. (2009). Psicología: Concepto y aplicaciones. Cengage.
Palmero, F. e Martínez, F. (Coords.). (2008). Motivación y emoción. McGraw Hill.
Pons, X. (2022). El marco teórico de la psicología social. Prensas de la Universidad de Zaragoza.
Smith, E. E., Nolen-Hoeksema, S., Fredrickson, B. e Loftus, G. (2003). Introducción a la Psicología. Thomson Learning.
Wade, C. e Tabriz, C. (2003). Psicología. Pearson.
XENÉRICAS
Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais no campo da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
ESPECÍFICAS
Coñecer a realidade social, as teorías sociais, así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.
TRANSVERSAIS
Capacidade de análise e síntese
Capacidade de comunicación oral e escrita
Capacidade de razoamento crítico
Capacidade de aprendizaxe autónoma
Capacidade de motivación pola calidade
A proposta metodolóxica pretende conxugar o formato maxistral das clases expositivas coas metodoloxías activas e participativas das clases interactivas e co traballo autónomo e o autoaprendizaxe por parte do estudantado.
Preténdese que o estudantado participe activamente na construcción do coñecemento a través do manexo da bibliografía e da resolución de casos ós que deberá aplicar destrezas de observación, análise e interpretación da información.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia empléase a web propia do centro, na que cada materia ten seu espazo propio, ó que o estudantado accede coa chave.
A avaliación da asignatura realizarase mediante un examen final que supondrá o 60% da nota e mediante a avaliación continua, sendo esta o 40% restante. Soamente se sumará a puntuación obtida na avaliación continua se no exame alcanzanse a cualificación de Apto.
No contido da avaliación continua cualificaranse as tarefas prácticas que se poidan realizar tanto nas clases expositivas como nas clases interactivas e fóra da clase.
A guía da materia que se entrega ao comezo das clases especifica o desenvolvemento da ensinanza, as indicacións e puntuacións de cada exercicio así como a puntuación de asistencia a clase.
No caso de non asistir ás clases nas que realízanse tareas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas da asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados pola profesora. Unha vez confirmada a xustificación das faltas de asistencia, o/a estudante ten que poñerse en contacto coa profesora para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que se proceda a realización dunha actividade puntuable. Ó efecto, unha vez publicada a acta na que conste a xustificación da/s falta/s de asistencia, o/a estudante ten un prazo de 5 días hábiles, para solicitar á profesora a tarefa para compensar a puntuación correspondente.
A puntuación obtida nas actividades da avaliación continua poderá conservarse en cursos posteriores non sendo que algunhas destas actividades sexa eliminadas e/ou sexa incorporada algunha nova; neste caso deberá realizarse para poder obter a puntuación correspondente. Por outra parte, se cambia a valoración de cada unha das actividades, a puntuación obtida no su momento, modificaráse pola equivalente actual. O/a estudante que non supere a materia, e desexe conservar a puntuación obtida no curso anterior debe comunicalo a través dun correo electrónico dirixido á profesora da materia durante o primeiro mes de clase.
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e master da USC (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de novembro de 2024).
DISPENSA DE ASISTENCIA
O/a estudante que xustifique a imposibilidade de asistir as clases e teña concedida a dispensa de asistencia, deberá realizar as tarefas por dispensa de asistencia que serán comunicadas ao estudantado por correo electrónico unha vez se poñan en contacto coa profesora da materia, nun prazo non superior os 5 días hábiles dende a data de publicación do acta na que se recoñece dita concesión.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
"Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou provas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendimento académico dos/das estudantes e de revisión de calificacions"
Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Exercicios: 15 horas
Lectura de textos: 10 horas
Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
Outras tarefas: 4 horas
TOTAL: 99 horas
Dado o carácter básico da materia e a súa ubicación no plan de estudos, non se indican requisitos previos para a superación da mesma.
É importante que o estudantado se implique activamente dende o comenzo na dinámica e funcionamiento da materia para poder superala con éxito.
A participación nas clases é fundamental para a integración dos cooñecementos teóricos e prácticos, e para posicionar ao estudantado nos contextos profesionais.
Recoméndase, durante el desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder coñecer as parcelas de maior interese.
Respecto a la bibliografía recoméndase tamén consultar a que se presenta na Guía da materia, e revisar periódicamente a web da materia donde subiránse contidos recentes (novas ou artigos recentes).
Xiana Vilas Castro
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- xianavilas.castro [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Venres | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 1 |
16.12.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
02.06.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
09.07.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |