Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
- Coñecer e comprender o obxecto e os mecanismos de actuación e xeitos de provisión dos Servizos Sociais no ámbito español e europeo, así como a estrutura xeral e a organización.
- Coñecer e comprender o obxecto e os mecanismos de actuación e xeitos de provisión dos subsistemas de benestar social (saúde, educación, garantía de ingresos, vivenda, etc.) no ámbito español e europeo, así como a súa estrutura xeral e a súa organización.
- Coñecer e comprender o obxecto e os mecanismos de actuación da cooperación ao desenvolvemento.
I.- Política social e sistemas de benestar no marco do desenvolvemento da actividade profesional de Traballo Social. O obxecto e os mecanismos de actuación e formas de provisión desde unha perspectiva histórica.
II.- Estrutura xeral e organización estatal en relación aos sistemas de benestar.
III.- Política social e Educación.
IV.- Política social e Sanidade.
V.- Política social e Vivenda.
VI.- Política social e Emprego.
VII.- Política social e Seguridade Social.
VIII.- Política social e Servizos Sociais.
IX.- Estrutura dos sistemas de benestar nunha perspectiva europea.
X.- A cooperación ao desenvolvemento e as Administracións Públicas.
.- Abellán, J. (2012). Política. Conceptos políticos fundamentales. Alianza.
.- Alemán, C. e Garcés, J. (Coord.). (1998). Política Social. McGraw-Hill.
.- Alemán, C. e Garcés, J. (1999). Fundamentos de bienestar social. Ed.Tirant lo Blanch.
..- Borrajo, E. (2011). Introducción al derecho del trabajo. Tecnos.
.- Colom, D. (2008). El trabajo social sanitario. Siglo XXI.
.- Fernández, T. e De la Fuente, Y.Mª. (Coords.). (2009). Política social y Trabajo Social. Alianza Editorial.
.- Martín, C. (2004). El empleo en España. Su evolución desde 1996 a 2003 y los efectos de las reformas laborales. Confederación Sindical de Comisiones Obreras.
.- Martorell, M. e Juliá, S. (2022). Manual de Historia política y social de España (1808-2018). Alianza.
.- Mira-Perceval, M.T., De Alfonseti, N. e Giménez, V. (2007). Servicios Sociales: estructura dinámica, políticas y estrategias en España y la Comunidad Valenciana. Ed. Universidad de Alicante.
.- Montagut, T. (2000). Política Social. Editorial Ariel.
.- Navarro, V. (Coord.).(2004). El Estado de Bienestar en España. Tecnos.
.- Navarro, V. (2002). Bienestar insuficiente, democracia incompleta. Anagrama.
.- Navarro, V. e Torres, J. (2013). Lo que debes saber para que no te roben la pensión. Espasa.
Na Memoria do Título de Grao en Traballo Social sinálase que esta materia contribúe a acadar as seguintes competencias, vinculadas cos obxectivos propostos para a titulación:
Competencias xenéricas:
.-Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
Competencias específicas:
.- Ter a capacidade para traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as súas necesidades e circunstancias, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión:
-Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.
Competencias transversais:
.- Capacidade de análise e síntese.
.- Capacidade de comunicación oral e escrita.
.- Capacidade de razoamento crítico.
.- Capacidade de aprendizaxe autónoma.
.- Capacidade de motivación pola calidade.
A metodoloxía utilizada combina a docencia de clases expositivas, interactivas, titorías en grupo reducido e o traballo persoal.
As sesións de aula nas aulas expositivas teñen como finalidade a explicación dos aspectos básicos de cada tema establecido no programa, proporcionando a información necesaria que permita ao estudantado o aprendizaxe autónomo.
A docencia interactiva, de 18 horas distribuídas no cuadrimestre, pretende que o estudantado, individualmente ou en grupo, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos, traballo con textos ou datos, aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
No último período do cuadrimestre realizaránse sesións de titorías en grupos reducidos nos que se desenvolverán actividades orientadas á realización do exame final.
A través das titorías asesórase ao estudantado para o desenvolvemento das actividades propostas de realización autónoma polo/a estudante, que supoñen un proceso de autoaprendizaxe.
Haberá un exame final tipo test, correspondente ás convocatorias oficiais (tanto para a primeira como para a segunda oportunidade), que é necesario superar para aprobar a materia.
O exame final liberará o 70% da nota final.
O 30% restante da nota final se corresponderá coa avaliación continua.
Na Guía da Materia, que se entrega ao comezo das aulas, especifícase o contido e a puntuación correspondente a cada tarefa da avaliación continua.
No caso de non asistir ás aulas nas que se realizan tarefas puntuábeis, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas, coa elaboración de traballos e exercicios encomendados polo profesor. Unha vez se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a estudante ten que poñerse en contacto co profesor para o encargo da tarefa compensatoria, no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable. Ao efecto, unha vez publicada o acta na que conste a xustificación da/s falta/s de asistencia, o estudantado ten un prazo de 5 días hábiles, para solicitar ao profesor a tarefa para compensar a puntuación correspondiente.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua pódese conservar para cursos posteriores, non sendo que algunhas destas actividades sexa eliminada e/ou sea incorporada algunha nova; neste caso deberá realizarse para poder obter a puntuación correspondente. Por outra parte, se cambia a valoración de cada unha das actividades, a puntuación obtida no seu momento, modificarase pola equivalente actual. O/l estudante que non supere a materia, e desexe conservar a puntuación obtida no curso anterior debe comunicalo a través dun correo electrónico dirixido ao profesor da materia (bascuas [at] euts.es (bascuas[at]euts[dot]es)).
O sistema de control de asistencia é o establecido polo Centro. O prazo e as causas polas que se pode xustificar a non asistencia a clase son as contempladas na Regulación que para tal efecto aprobou a USC e as normas propias do Centro.
DISPENSA DE ASISTENCIA
O estudantado que xustifique a imposibilidade de asistir ás aulas y que teña concedida a dispensa de asistencia, poderá compensar as faltas coa realización de exercicios ou traballos que deberá entregar por escrito, despois de acordalo co profesor nunha titoría.
O estudantado que teña concedida a dispensa de asistencia, ten que poñerse en contacto co profesor, preferentemente por correo electrónico, nun prazo non superior a cinco días hábiles dende a data de publicación da acta na que se recoñece dita concesión.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O tempo de estudo e traballo persoal do estudantado estímase en 99 horas distribuídas como segue:
.-Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas.
.-Exercicios: 15 horas.
.-Lectura de textos: 15 horas.
.-Elaboración de traballos, visualización de material: 15 horas.
.-Preparación de exposicións orais: 4 horas.
Non hai recomendacións específicas, para alén do contacto periódico co profesor e a participación nas aulas interactivas.
Xoán Carlos Bascuas Jardón
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- xoancarlos.bascuas [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable