Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
- Coñecer e comprender de forma crítica os desequilibrios, desigualdades sociais e de poder, que xeran os mecanismos de discriminación e opresión derivados das relacións étnicas e culturais, incorporando os valores propios dunha cultura da paz e da democracia.
- Ser capaz de detectar os mecanismos de exclusión e discriminación no acceso das persoas migrantes á protección social e suscitar fórmulas para corrixilos.
- Coñecer e comprender as diferentes perspectivas teóricas e metodolóxicas con persoas migrantes.
- Coñecer o marco normativo de referencia dos procesos migratorios.
- Ser capaz de formular, implementar e avaliar programas sociais para persoas migrantes e coñecer o desempeño das funcións dos traballadores e traballadoras sociais na súa xestión.
- Ser capaz de aplicar estratexias de resolución de conflitos interculturais por medio da negociación e da mediación.
1. Procesos migratorios.
2. Políticas migratorias.
3. Marco xurídico: Estranxeiría aplicada ao Traballo Social.
4. Intervención con persoas inmigrantes desde o Traballo Social.
5. A práctica do traballo social intercultural: diversidade cultural, interculturalidad e mediación intercultural.
BÁSICA:
Achotegui, J. (2020). El Síndrome de Ulises: Contra la deshumanización de la migración. Ned.
Alonso, J.M. e Alemán, C. (2020). El Sistema de Servicios Sociales. Nuevas tendencias en España. Tirant lo Blanch.
Bauman, Z. (2016). Extraños llamando a la puerta. Paidós.
Essombra, M. A. (2012). Inmigración e interculturalidad en la ciudad: principios ámbitos y condiciones para una acción comunitaria intercultural en perspectiva europea. Graó.
Fundación ANAFE-CITE. (2008). La intervención social con poblaciones inmigradas: Manual para profesionales de Servicios Sociales. http://www.navarra.es/NR/rdonlyres/0C35C220-5BE4-45F0-8FA5-8BA5743EFF94…
Ley Orgánica 4/2000, de 11 de enero, sobre derechos y libertades de los extranjeros en España y su integración social. Boletín Oficial del Estado, 10, sec. I, 1139 a 1150.
Malagón, J. L. e Sarasola, J. L. (Coord.). (2005). Manual de atención social al inmigrante. Almuzara.
Malgesini, G. e Giménez, C. (2000). Guía de conceptos sobre migraciones, racismo e interculturalidad (2ª ed.). Catarata.
Raya, E.E. (2006). La práctica del trabajo social con población inmigrante en España: responsabilidad ético-política, limitaciones de la perspectiva metodologicista y aportaciones de los modelos de intervención en medio pluriétnico. Acciones e investigaciones sociales, Extra 1(22), 85-105.
Sánchez, J. e Franco, F. (2011). Guía para Orientación Legal en Inmigración. Lex Nova.
Salazar, O. (2017). Autonomía, género y diversidad: itinerarios feministas para una democracia intercultural. Tirant lo Blanch.
Sue, D. W. (2013). La práctica del trabajo social multicultural. Limusa.
Vidal, F. e Charaf, M. (2011). Los aeronautas: exclusión extrema e inmigración. UNE.
Verde Diego, C., Vázquez Silva, I., e González-Rodríguez, R. (2024). Trabajo social e intervención social con personas migrantes (1.ª ed.). Aranzadi / La Ley.
COMPLEMENTARIA:
Abarca, A. P., Alonso-Olea, B., La Cruz, J. M., Martín, I. e Vargas, M. (2011). Inmigración y Extranjería: régimen jurídico básico (5ª ed.). Codex.
Accem. (2008). Análisis de las Migraciones: España como “Emisor” y “Receptor de Inmigrantes” . Accem.
Achotegui, J. (2002). La Depresión de los Inmigrantes: Una Perspectiva Transcultural. Mayo.
Castro, A. (2011). Sos… Soy Inmigrante: el síndrome de Ulises. Pirámide.
Catala, M. (Coord.). (2009). Miradas y Voces de la Inmigración. Montesinos.
Escarbajal, A. (2009). Educadores, Trabajadores Sociales e Interculturalidad. Dykinson.
Escarbajal, A. (2010). Interculturalidad, Mediación y Trabajo Colaborativo. Narcea.
Izquierdo, A. (2010). Del suelo al arraigo: La inmigración en España durante la primera década del S. XXI. Universidad de A Coruña.
Izquierdo, A. e Wayne, A. C. (2012). Política de Control Migratorio: Estudio Comparado de España y EE.UU. Bellaterra.
Livi, M. (2012). Breve Historia de las Migraciones. Alianza Editorial.
Marchioni, M. e Morín, M. L. (2014). El Proyecto de Intervención Comunitaria Intercultural (ICI): Una experiencia avanzada en el terreno comunitario. http://quadernsanimacio.net/ANTERIORES/veinte/index_htm_files/intervenc…
Nahïr, S. (2016). Refugiados frente a la catástrofe humanitaria: una solución real. Crítica.
COMPETENCIAS XENÉRICAS:
- Posuír e comprender os coñecementos que definen ao Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
- Saber aplicar eses coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que incumben ao Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
- Establecer relacións profesionais ao obxecto de identificar a forma máis adecuada de intervención.
- Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas achega das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
- Saber responder a situacións de crises valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
- Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio da utilización dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguimiento con regularidad dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
- Desenvolver aptitudes para saber apoiar o desenvolvemento de redes para facer fronte ás necesidades e traballar a favor dos resultados planificados examinando coas persoas as redes de apoio ás que poidan acceder e desenvolver.
- Coñecer e utilizar a mediación como estratexia de intervención destinada á resolución alternativa e complementaria de conflitos en diversos ámbitos, tales como o familiar, escolar, comunitario e intercultural.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de comunicación oral e escrita.
- Capacidade de traballo en equipo.
- Capacidade para as relacións interpersoais.
- Capacidade de recoñecemento á diversidade e a multiculturalidade.
- Capacidade de razoamento crítico.
- Capacidade de compromiso ético.
- Capacidade de aprendizaxe autónoma.
- Capacidade de motivación pola calidade.
A metodoloxía utilizada combina o ensino mediante clases expositivas e interactivas, titorías en grupo reducido e traballo persoal. Preténdese que o estudantado, de forma individual ou grupal, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos, traballo con textos ou datos, aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, entre outras.
A finalidade das clases expositivas é explicar os aspectos básicos de cada tema establecidos no programa, proporcionando a información necesaria para favorecer a aprendizaxe autónoma e colectivo do estudantado.
A docencia interactiva busca que o estudantado participe activamente, de forma individual ou en grupo, a través das actividades mencionadas no primeiro parágrafo.
Nas titorías de grupo reducido desenvólvense actividades orientadas a reforzar contidos, resolver dúbidas e apoiar a aprendizaxe autónoma.
A través das titorías se asesora ao estudantado para o desenvolvemento das actividades propostas de realización autónoma polo estudantado, que supoñen un proceso de autoaprendizaje.
Como aula virtual, utilízase a propia web do centro, na que cada materia conta co seu propio espazo, accesible mediante clave. Tamén poden empregarse outras ferramentas dispoñibles no sitio web da USC.
A avaliación da materia realízase mediante avaliación continua e a superación de exames.
A avaliación mediante exames ten un peso do 60% sobre a cualificación global, polo que o peso da avaliación continua é do 40%.
Na avaliación continua inclúese a puntuación pola realización de exercicios individuais e grupais.
É necesario conseguir a puntuación mínima de apto no exame para poder sumar a puntuación obtida na avaliación continua.
Na guía da materia que se entrega ao comezo das clases especifícase o desenvolvemento da docencia, o contido e puntuación correspondente a cada tarefa de avaliación continua.
No caso de non asistir ás clases nas que se realicen tarefas puntuables, e se as ausencias están xustificadas, estas tarefas poderán ser compensadas coa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados pola profesora. Unha vez confirmada a ausencia de asistencia, o estudantado deberá contactar coa profesora para a asignación da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable. Para iso, unha vez publicada a resolución no que conste a xustificación da(s) ausencia(s), o estudantado dispón dun prazo de 5 días hábiles para solicitar á profesora a tarefa para compensar a puntuación correspondente.
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos no Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e master da USC (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de novembro de 2024).
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua conservarase no curso posterior a non ser que algunhas destas actividades sexan eliminadas e/o incorporadas outras novas. Neste último caso deberán realizarse de novo para obter a puntuación correspondente. Por tanto, o estudantado que non supere a materia, e desexe conservar a puntuación obtida no curso anterior debe solicitalo a el/a docente da materia a través dun correo electrónico durante o primeiro mes de clase.
PERSOAS CON DISPENSA DE ASISTENCIA
O estudantado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases, e teña concedida dispénsa de asistencia, poderá compensar as faltas coa realización das tarefas, prácticos ou traballos establecidos pola profesora da materia. Por tanto, o estudantado deberá poñerse en contacto a través do correo electrónico coa profesora nun prazo de 5 días hábiles, desde a data de publicación da acta na que na que figura a resolución favorable de dispénsaa de asistencia.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Traballo persoal do estudantado:
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas.
- Exercicios: 15 horas.
- Lectura de textos: 10 horas.
- Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas.
- Outras tarefas propostas: 4 horas.
- TOTAL: 99 horas.
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para que o estudantado senta a maior vinculación cos contextos profesionais.
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder afondar nos aspectos de maior interese.
Leidi Viviana Moreno Parra
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- lviviana.moreno [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable