Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer o marco normativo, estrutura e funcionamento do sistema sanitario.
- Coñecer e comprender as relacións entre a saúde e a situación social das persoas, o sistema de xénero, a cultura e o ciclo vital.
- Ser capaz de identificar e valorar as necesidades sociais relacionadas cos problemas de saúde e a súa repercusión na vida das persoas afectadas, e as estratexias de atención e apoio pertinentes en cada situación.
- Ser capaz de recoñecer as características dos problemas de saúde que dan lugar a necesidades de atención e apoio social, con especial referencia ás discapacidades, á dependencia, aos problemas de saúde mental e ás adiccións.
- Os determinantes da saúde: contextos e estratexias de intervención, promoción e rehabilitación nos equipos de profesionais.
- Organización xurídica e competencial do Sistema Público de Saúde: atención primaria e atención especializada.
- Orixes e evolución do Traballo Social en saúde.
- O ambiente na saúde: problemas de saúde que dan lugar a necesidades de atención e apoio social.
- Traballo Social e atención en crise: contextualización social en emerxencias e desastres.
- Traballo Social en ámbitos específicos de intervención e situacións de vulnerabilidade: Unidades.
- Atención en procesos de dó.
- A saúde sexual.
Bibliografía básica:
American Psychiatric Association. (2018). DSM-5 Manual Diagnóstico y Estadístico de los Trastornos Mentales. Editorial Médica Panamericana.
Colom, D. (2008). El trabajo social sanitario: atención primaria y especializada, teoría y práctica. Siglo XXI.
Colom, D. (2011). El trabajo social sanitario: Los procedimientos, los protocolos y los procesos. UOC.
Colom, D. (2012). El diagnóstico social sanitario. UOC.
Decreto 389/1994, do 15 de decembro, polo que se regula a saúde mental en Galicia. (1995). DOG, 1, 2 de xaneiro.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/1995/19950102/Anuncio8D42_gl.html
Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde. (2020). Memoria asistencial. Plan de Salud Mental de Galicia Post Covid19 Periodo 2020-2024 . https://www.sergas.es/Asistencia-sanitaria/Documents/1204/CASTELLANO_ME…
Hidalgo, A. e Martín, L. P. (2012). Salud Pública, Dependencia y Trabajo Social. Ediciones Académicas.
Ituarte, A. (1990). Trabajo social en salud, historia, situación actual, perspectivas. Trabajo social y salud, 6, 21-60.
Ituarte, A. (1994). El Trabajo Social en Salud hoy retos y estrategias. Documentos de trabajo social: Revista de trabajo y acción social, 1(1), 31-52
Ituarte, A. (Coord.). (2017). Prácticas del Trabajo Social Clínico. Nau Libres.
Lei 14/1986, do 25 de abril, Xeral de Saúde. (1986). BOE, 102, 29 de abril.
https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2008-14134
Lei 8/2008, do 10 de julio, de saúde de Galicia. (2008). DOG, 143, 21 de agosto.
https://www.boe.es/buscar/pdf/2008/BOE-A-2008-14134-consolidado.pdf
Lorenzo, R. (2007). Discapacidad, sistemas de protección y Trabajo Social. Alianza Editorial.
Martín-Sacristán, J.M., Garrido, M. e Rodríguez, L. (2012). Salud familiar. Fundamentos, evaluación y aplicaciones para el trabajo con familias en riesgo psicosocial. CCS.
Novellas, A. (2000). Trabajo Social en Cuidados Paliativos. Arán.
Palomino, P. A., Grande, M. L. e Linares, M. (2014). La salud y sus determinantes sociales. Revista internacional de sociología, 72(1), 71-91.
Rey, del, J. (1989). Método epidemiológico y salud de la comunidad. Interamericana-MCGraw-Hill.
Sánchez, M., Rubio, A., Sotomayor, L., Aquino, R., Rodríguez, R. P., Gil, J. M. e Gualda, R. (2011). El Trabajador Social como profesional del Sistema Sanitario. MAD.
Trigueros, I. e Mondragón, J. (1999). Manual de prácticas de trabajo social en el campo de la salud. Siglo XXI.
Xunta de Galicia. (2001). Plan de Galicia sobre Drogas. Organización y funcionamiento de la Red Asistencial. https://www.sergas.es/gal/Publicaciones/Docs/Drogodependencias/PDF3-35…
Xunta de Galicia. (2012). O circuito de asistencia sanitaria aos trastornos adictivos en Galicia. Xunta de Galicia.
Bibliografía complementaria:
Abellán, A., Esparza, C. e Pérez, J. (2011). Evolución y estructura de la población en situación de dependencia. Cuadernos de relaciones laborales, 29(1), 43-67.
Álvarez-Dardet, C. (2001). Promoción de la salud. Masson.
Betancor, A. e García, M. (2015). Trabajo social en cuidados paliativos. SECPAL
COMPETENCIAS XENÉRICAS:
- Saber aplicar os coñecementos na súa actividade profesional e saber elaborar e defender argumentos sobre as cuestións que atinxen ó Traballo Social, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade social, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios.
- Ser capaces de transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións relativas ó Traballo Social a un público tanto especializado como non especializado.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
- Establecer relacións profesionais ao obxecto de identificar a forma máis axeitada de intervención.
- Coñecer estratexias para intervir con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas acerca das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos.
- Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
- Saber respostar a situacións de crisis valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados.
- Adquirir habilidades para interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para conseguir cambios, para promocionar o desenvolvemento dos mesmos e para mellorar as súas condicións de vida por medio do emprego dos métodos e modelos de Traballo Social, facendo un seguimento con regularidade dos cambios que se producen ao obxecto de preparar a finalización da intervención.
- Desenvolver aptitudes para saber apoiar o desenvolvemento de redes para facer frente ás necesidades e traballar a favor dos resultados planificados examinando coas persoas as redes de apoio ás que poidan acceder e desenvolver.
- Saber identificar e traballar cos comportamentos que representan un risco para o sistema cliente identificando e avaliando as situacións e circunstancias que configuran este comportamento e elaborando estratexias de modificación dos mesmos.
- Diferenciar e actuar na resolución de situacións de risco previa identificación e definición da natureza das mesmas.
- Desenvolver aptitudes para traballar de xeito eficaz dentro de sistemas, redes e equipos interdisciplinares e multiorganizacionais co propósito de colaborar no establecemento de fins, obxectivos e tempo de duración dos mesmos contribuíndo igualmente a abordar de maneira constructiva os posibles desacordos existentes.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
- Capacidade de análise e síntese
- Capacidade de comunicación oral e escrita
- Capacidade de traballo en equipo
- Capacidade para as relacións interpersonais
- Capacidade de razonamento crítico
- Capacidade de aprendizaxe autónomo
- Capacidade de motivación pola calidade
Preténdese que o estudantado, individual ou de forma grupal, desenvolva actividades de participación activa como: discusión de casos, traballo con textos ou datos, aplicación de instrumentos e técnicas, administración en práctica de habilidades e destrezas nos supostos prácticos entre outras funcións.
A docencia nas clases expositivas terá a finalidade de explicar os fundamentos básicos dos contidos, co obxecto de instruír ao estudiantado na adquisición de destrezas, habilidades e ferramentas para achegar á práctica de rigor e calidade. Nestas clases o estudiantado tamén realizará actividades prácticas.
A docencia nas clases interactivas estará destinada a darlle protagonismo ao desenvolvemento das actividades propostas para o estudiantado, as cales poderán ser realizadas de forma individual e/ou grupal. Para a execución das devanditas actividades será necesario que o estudantado participe activamente. A aprendizaxe estará centrado nas prácticas reflexivas co obxectivo de conseguir as destrezas necesarias para comprender a práctica e a toma de decisións.
As titorías da materia terán como finalidade a información, orientación e asesoramento ao estudantado para a adquisición de habilidades e destrezas co obxectivo de formular un pensamento crítico.
As titorías de grupo reducido estarán dedicadas a fomentar o traballo autónomo, para iso analizarase e supervisarase o traballo nas tarefas encomendadas pola profesora.
Ao longo desta materia, o estudantado debe ademais de lograr o desenvolvemento de competencias e aptitudes para a análise da saúde desde o punto de vista do Traballo Social, producir reflexións únicas, facilitando poder levar a cabo un traballo en equipo e/ou individual onde as súas decisións deberán estar xustificadas polos conceptos centrais da materia.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espazo propio, ao cal o estudantado accede con clave.
A avaliación da materia realizarase tendo en conta os exames e a avaliación continua, desagregándose da seguinte forma:
1. A avaliación mediante exames e/ou probas escritas: 76%.
2. Unha puntuación máxima de avaliación continua de: 24%
No contido da avaliación continua puntuaranse tarefas prácticas que levarán a cabo tanto nas clases expositivas como nas clases interactivas. Na guía da materia que se entrega ao comenzo das clases, especifícase o desenvolvemento da docencia e as indicacións referentes ás tarefas de avaliación continua así como a puntuación de cada unha delas.
No caso que se realice un exame parcial ou varios exames parciais poderán presentarse tamén as persoas en modalidade de dispensa de asistencia. A cualificación final dos exames parciais será a media das notas dos exámenes, sempre que a cualificación mínima en cada un deles sexa Apta.
Será necesario que o estudantado obteña nos exames e/ou nas probas escritas unha cualificación mínima de Apto/a para poder sumar a puntuación da avaliación continua.
Poderanse producir cambios no sistema de avaliación da materia cando así sexa acordado entre a profesora e o estudantado, e sempre que supoña unha mellora da aprendizaxe.
Referente ao sistema de control de asistencia será o establecido polo centro. O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e master da USC (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de novembro de 2024).
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e téñanse xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados pola profesora ou polo profesor.
Unha vez téñase confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a estudante ten que poñerse en contacto coa profesora ou o profesor para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable. Para o efecto, unha vez publicada a acta na que conste a xustificación da/ s falta/ s de asistencia, o estudantado ten un prazo de 5 días hábiles máximo para contactar coa profesora ou profesor.
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua poderase conservar en cursos posteriores, non sendo aplicable no caso de que algunhas destas actividades sexa eliminada e/ou incorporada algunha nova; neste caso deberase realizar para poder obter puntuación correspondente.
Por outra banda, se cambia a valoración de cada unha das actividades, a puntuación obtida no seu momento, modificarase pola equivalente actual. O que non supere a materia e desexe conservar a puntuación obtida no curso anterior debe comunicalo a través dun correo electrónico dirixido á profesora ou ao profesor da materia (asouto [at] euts.es (asouto[at]euts[dot]es)).
DISPENSA DE ASISTENCIA
O estudiantado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases, e teña concedida dispensa de asistencia, poderá compensar as faltas coa realización das tarefas, prácticos ou traballos establecidos polo/a docente da materia, nun prazo de 5 días hábiles, desde a data de publicación da acta na que se recoñece dita concesión a través do correo electrónico (asouto [at] euts.es (asouto[at]euts[dot]es)) (ver tarefas por dispensa de asistencia na web da materia da Escola Universitaria de Traballo Social).
Na Guía académica que se entrega ao comezo das clases, especificarase o contido e a puntuación correspondente a cada unha das tarefas, prácticos e traballos individuais e/ou grupais da avaliación continua.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O tempo de estudo e traballo persoal do estudiantado estímase en 99 horas distribuidas como segue:
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
- Exercicios: 15 horas
- Lectura de textos: 15 horas
- Elaboración de traballos, visualización de materias: 15 horas
- Outras tafeas propostas: 4 horas
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos, prácticos, e para situar ao estudiantado en contextos profesionais.
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder profundar nas parcelas de maior interese.
A materia pertence a "Saúde, dependencia e vulnerabilidade social" dentro do módulo "Procesos e problemas sobre os que actúa o Traballo Social".
Respecto á bibliografía recoméndase tamén consultar a que se presenta na Guía da materia e revisar periodicamente a páxina web da materia onde se subirá o contido.
Recoméndase ter cursadas as materias de Fundamentos de Traballo Social e Ética e Traballo Social.
Ana Isabel Souto Gómez
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- anaisabel.souto.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Venres | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2 |
19.12.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
25.05.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
25.06.2026 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |