Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A asignatura estruturase como unha introducción teórico/práctica aos SIXs, unha ferramenta que axuda a comprender e analizar o territorio. O anterior require de coñecer a natureza dos datos xeográficos, como se poden adquirir e como tratar. O alumnado debe rematar sabendo deseñar un SIX básico, construir a súa propia base de datos, e ser quen de presentar a información de xeito claro e preciso, tanto conceptual como visualmente.
Considerase, pois, preciso que manexen os conceptos máis básicos dos sistemas de información xeográfica: raster, vectorial, sistemas de coordenadas, xeorreferenciación….
Obxectivos:
•Amosar a importancia dos SIX na investigación en Xeografia.
•Coñecer os principios de funcionamento dos Sistemas de Información Xeográfica.
•Desenvolver competencias relacionadas coa adquisición, manipulación e análise de información xeoreferenciada.
•Saber estruturar información xeográfica que poida ser traballada cos SIX.
•Coñecer as bases da arquitectura dun SIX
•Coñecer os formatos de almacenamento raster e vectorial
•Xestionar bases de datos relacionais
•Realizar análises e consultas espaciais
•Manexar software para SIX
Definición e elementos de un SIX. Datos nun SIX: xeográficos e alfanuméricos. Estructuras e modelos de almacenamento: modelos ráster e vectorial. Topoloxía, xeoreferenciación e xeocodificación. Captura, corrección e almacenamiento de datos. Servidores de Mapas. Bases de datos relacionais. Asignación de atributos. Análise e clasificacións espaciais e temáticas. Análise estatístico nun SIX
Estos contidos concrétanse nos seguintes temas:
TEORÍA:
-Potencialidades de aplicación dos SIX: algúns exemplos.
-As diferentes compoñentes dun SIX.
-Estrutura de datos xeográficos e os seus atributos.
-Modelos de datos espaciais: vectorial, raster e tabular.
-Formatos de datos espaciais empregados no ArcGis: Shapefile, Geodatabase, CAD, Raster, taboas.
-Importación da información gráfica e alfanumérica, e consulta de atributos.
-Fontes de datos para os SIX.
-Sistemas de Referencia Espacial.
-Aquisición e estruturación da información xeográfica.
-Métodos de xeorefenciación da información.
-Creación e manipulación dunha Xeodatabase.
-Manipulación das ferramentas de edición de deseño (vectorización a partires dunha imaxe)
-Aquisición e edición de datos tabulares.
-Exploración da información xeográfica.
-Creación dun proxecto en ArcMap.
-Cálculo e análise estatístico de indicadores.
-Operacións básicas dos SIXs; dissolve, clip, merge, overlay, intersept...
-As cuestións lóxicas en SIX e a formulaçión de querys.
-Creación de layouts e impresión do mapa.
PRÁCTICA:
-Xeorreferenciación e dixitalización.
- Análise alfanumérica. O almacenamento de datos temáticos e o modelo de datos relacionais. A procura
información selectiva: consultas SQL e seleccións por localización espacial. Unión e relación de datos,
tema e localización. Creación e xestión de bases de datos temáticas desde ArcCatalog e ArcMap.
-Análise espacial vectorial. Operacións locais. Selección xeográfica, extracción e superposición. reclasificación
información espacial e temática. As ferramentas de xeoprocesamento en ArcMap: xerais (Merge e
Disolver), extracción (Clip e Seleccionar) e Superposición ou superposición (Unión e Intersección). Operacións de proximidade:
Xeración e análise de áreas de influencia ou buffers.
- Análise espacial raster. Modelos Dixitais do Terreo (MDT): Cálculo de orientacións, pendentes e sombreamentos
dixital. Álxebra e reclasificación ráster.
BIBLIOGRAFÍA PRINCIPAL
MORENO JIMÉNEZ, A. (Coord.) (2005): Sistemas y Análisis de la Información Geográfica. Madrid: Ra-Ma.
OLAYA, V. (2013): Sistemas de Información Geográfica. http://volaya.github.io/libro-sig/
ROBINSON, A. H. et alia (1995): Elements of Cartography. New York: Wiley.
SANTOS PRECIADO, J.M. (2004): Sistemas de Información Geográfica. Madrid: UNED.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
BOSQUE, J. (1997): Sistemas de Información Geográfica. Rialp, Madrid.
MITCHELL, A. (2005): The ESRI Guide to GIS Analisys, Vol. 2: Spatial measurements and statistics. Redlands (CA)-USA.
SANTOS PRECIADO, J.M. (2002): El tratamiento informático de la información geográfica. UNED. Madrid.
BIBLIOGRAFÍA ESPECÍFICA
Será propocionada ao alumnado ao comezo de cada bloque temático.
XERAIS
CG1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación. CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana CG4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada CG5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacion CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes CG9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
BÁSICAS
CB1 - Que o alumnado demostrara posuir e comprender coñecementos na súa área de estudo, que parte da base da educación secundaria xeral,e que inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo -CB2 - Que o alumnado sepa aplicar os seus coñecementos ao traballo de forma profesional CB3 - Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica o ética -CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado CB5 - Que o alumnado desenvolva habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grado de autonomía
TRANSVERSAIS
CT4 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais -CT7 - Xestionar a complexidade- CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal CT6 - Xerar acordos en equipos interdisciplinares CT8 - Ordear e sintetizar a información CT9 - Expoñer e transmitir os coñecementos xeográficos
ESPECÍFICAS
CE1 - Realizar análises integradas do territorio CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica CE4 - Expresar información cartográficamente
As clases teóricas teñen por obxeto orientar a adquisición dos coñecementos e resolver aspectos de comprensión complexa. Presentaranse as liñas xerais de cada tema e proporcionaranse os recursos e referencias bibliográficas necesarias para que os/as alumnos/as sexan quen de completar os contidos da asignatura.
As clases interactivas serán adicadas á adquisición de habilidades no desenvolvimento instrumental dos SIX. Contémplase a posibilidade de recibir a expertos na materia tratada.
As titorias centraranse en aclarar conceptos e definir traballos. En suma, en orientar ós/ás alumnos/as no seu ensino/aprendizaxe..
Visitas a empresas. Contemplase una visita a unha empresa que empregue os SIX nos seus traballos.
Usarase a Aula Virtual da USC como ferramenta de comunicación cos/as alumnos/as ofrecéndolles información da programación docente ao longo do curso na aula, e materiais complementarios para o estudo da materia (apuntes do profesor e bibliografía complementaria).
Realizaranse prácticas de campo
Basearase en de dous apartados:
1.- Realizacion dunha proba: 60 % da nota. A avaliación final consistirá nun exame que terán que resolver os discentes empreñando as ferramentas six aprendidas ao longo do curso.
2.- Traballos prácticos de entrega obligatoria: 40% da nota. Neste apartado están incluídas as prácticas, os libros ou artigos de lectura obrigatoria, e a avaliación das prácticas de campo.
Para superar a materia é necesario acadar un 30% da nota en cada unha das partes para poder compensar as cualificacións obtidas no exame e nos exercicios prácticos.
A asistencia as aulas será obrigatoria.
Os alumnos con dispensa académica de asistencia a clase terán que facer os traballos prácticos de entrega obligatoria, e terán dispoñibles na aula virtual os materiais necesarios.
Na segunda oportunidade a avaliación farase do mesmo xeito que na primeira.
En ambas convocatorias, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académicos dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Na USC un crédito ECTS equipárase a 25 horas de traballo do estudante (estas horas contemplan todas as actividades formativas dunha materia: clases maxistrais, clases de seminario e laboratorio, traballo autónomo do estudante, avaliación).
Esta equivalencia está dacordo coa norma estatal (obrigatoria en toda España) que regula o crédito ECTS (Real Decreto 1125/2003 pdf), que permite un rango entre 25 e 30 horas.
• Dedicar de forma continua ao longo do curso un tempo de estudo axeitado aos contidos prácticos.
• Para dúbidas sobre a materia, están dispoñibles as titorías.
• Revisar o Campus Virtual para estar ao día co material e as tarefas asignadas.
• Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual.
• Si se asiste ás aulas con un ordenador portátil, é preciso dispoñer dun rato.
• Realización dos Cursos de Competencias da Biblioteca da Facultade: https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/servizos/competencias.html
Maria De Los Angeles Piñeiro Antelo
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- manxeles.pineiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ruben Boga Gonzalez
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- ruben.boga.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 04 de Informática |
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 17 de informática |
Xoves | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 04 de Informática |
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 17 de informática |
22.05.2023 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 04 de Informática |
22.05.2023 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 17 de informática |
30.06.2023 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |