Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Coñecer a evolución e desenvolvemento histórico dos distintos estilos de arquitectura
Comprender a evolución das cidades desde o punto de vista histórico-artístico, tendo en conta a interacción dos cambios na morfoloxía e imaxe urbanas
Iniciarse na utilidade das tipoloxías arquitectónicas como ferramenta para estudiar a historia da arquitectura e do urbanismo
Familiarizarse cos medios gráficos -planos históricos e actuais, fotografías e realidade virtual- que poden utilizarse para o estudio da arquitectura e do urbanismo
PRIMEIRO BLOQUE. ARQUITECTURA (Temas 1 a 3)
Tema 1. Introducción á arquitectura. Principios: función, espacio e formas. Aspectos técnicos: elementos sustentantes e sustentados. Aspectos visuais e psicolóxicos.
Tema 2. A arquitectura no seu desenvolvemento histórico. Estilos e épocas: Grecia, Roma, Bizancio, Prerrománico, Románico, Gótico, Renacemento, Barroco, Neoclasicismo, Historicismos, Eclecticismo, Modernismo, Vangardas, Movemento Moderno, Posmodernidade.
Tema 3. Tipoloxías arquitectónicas. Definición de tipo. Tipoloxías espaciais (estructuras arquitectónicas). Tipoloxías funcionais (temas arquitectónicos).
SEGUNDO BLOQUE. URBANISMO (Temas 4 a 6)
Tema 4. Introducción ao urbanismo. A cidade como obra de arte. Tipos de cidades. A relación tipoloxía-forma urbana. Dos espacios aos lugares.
Tema 5. Evolución da forma urbana. Urbanismo antigo. Urbanismo medieval. Urbanismo renacentista. Urbanismo barroco. Urbanismo neoclásico. Urbanismo do século XIX. Urbanismo do Movemento Moderno. Urbanismo posmoderno.
Tema 6. A imaxe da cidade. Compoñentes: sendas, bordes, barrios, nodos e fitos. Estética urbana. Ler e interpretar as cidades.
Bibliografía básica (márcanse con * as obras que, en caso necesario, servirían como manuais):
*Delfante, Ch., Gran historia de la ciudad: de Mesopotamia a Estados Unidos, Abada, Madrid, 2006.
Glaeser, E., El triunfo de la ciudad, Taurus, Madrid, 2011.
*Morris, A.E.J., Historia de la forma urbana. Desde sus orígenes hasta la revolución industrial, GG, Barcelona, 1991.
Müller, W. y Vogel, G., Atlas de Arquitectura, 2 vols, Alianza Editorial, Madrid, 1995.
*Roth, L.M., Entender la arquitectura. Sus elementos, historia y significado, GG, Barcelona, 2003.
Koepf, H., La arquitectura en sus planos, Cátedra, Madrid, 1999.
Lynch, K., La imagen de la ciudad, GG, Barcelona, 1998.
Hopkins, O., Leer la arquitectura. Diccionario visual, Blume, Barcelona, 2012.
*Pevsner, N., Historia de las tipologías arquitectónicas, GG, Barcelona, 1980.
Unwin, S., Análisis de la arquitectura, GG, Barcelona, 2003.
Bibliografía complementaria:
Baker, G.H., Análisis de la forma, GG, Barcelona, 1998.
Benévolo, L., Historia de la arquitectura moderna, GG, Barcelona, 1974.
Cano Forrat, J., Introducción a la historia del urbanismo, UPV, Valencia, 2003.
Ching, F.D.K., Arquitectura: forma, espacio y orden, GG, Barcelona, 1993.
Cullen, G. El paisaje urbano: tratado de estética urbanística, Blume, Barcelona, 1981.
Scruton, La estética de la arquitectura, Alianza Editorial, Madrid, 1985.
Frampton, K., Historia crítica de la arquitectura moderna, GG, Barcelona, 1993.
Gravagnuolo, B., Historia del urbanismo en Europa: 1750-1960, Akal, Madrid, 1998.
Gympel, J., Historia de la arquitectura: de la antigüedad a nuestros días, Könemann, Colonia, 1996.
Kostof, S., Historia de la arquitectura, Alianza Editorial, Madrid, 1988.
Martí Arís, C., Las variaciones de la identidad. Ensayo sobre el tipo en arquitectura, Eds. del Serbal, Barcelona, 1993.
Mitre, E., La ciudad cristiana del occidente medieval (c. 400-1500), Actas, Madrid, 2010.
Pevsner, N., Breve historia de la arquitectura europea, Alianza Editorial, Madrid, 1994.
Pinol, J.-L., Historia de la Europa Urbana. I. Edad Antigua, PUV, 2010.
Summerson, J., El lenguaje clásico de la arquitectura: de L.B. Alberti a Le Corbusier, GG, Barcelona, 1979.
VV.AA., Historia del Urbanismo, Instituto de Estudios de Administración Local, Madrid, 1981-1985.
Watkin, D., Historia de la arquitectura occidental, Könemann, Colonia, 2001.
Choay, F., El urbanismo, utopías y realidades, Lumen, Barcelona, 1976.
Competencias xenéricas:
Capacidade para interpretar espacial e formalmente os planos dun edificio
Capacidade para interpretar espacial e morfolóxicamente os planos dunha cidade
Manexo dos contenidos e recursos sobre arquitectura e urbanismo no entorno WebCT da USC Virtual
Familiarización cunha nova ferramenta de aprendizaxe: as WebQuest aplicadas á historia da arquitectura e do urbanismo
Competencias específicas:
Manexar correctamente a terminoloxía histórico-artística referida aos elementos que integran a arquitectura e o urbanismo
Docencia expositiva ou teórica:
Desenvolvemento do programa de contidos teóricos a través, principalmente, da metodoloxía de clase expositiva e participativa (30 horas).
Docencia interactiva ou práctica:
Clases prácticas presenciais en grupos de interactivas, baseadas na análise de diferentes exemplos de historia da arquitectura e do urbanismo; a través de planos, fotografías, vistas aereas e realidade virtual se aplicarán e validarán as pautas de análise explicadas nas clases teóricas. Unha parte das clases interactivas consistirá na realización de comentarios personais de arquitectura, tipoloxías e casos de urbanismo.
As últimas clases interactivas do calendario consistirán na exposición e posta en común dun e-portfolio individual no que se realizará un doble exercicio de análise arquitectónico e urbanístico:
a) Analizar desde o punto de vista estilístico e tipolóxico planos e fotografías de cinco edificios seleccionados libremente entre os incluidos nalgún dos sectores das cidades anteriormente comentadas
b) Analizar desde o punto de vista morfolóxico fotografías aéreas ou planos de cinco cidades seleccionadas libremente entre todas as épocas abarcadas no temario
Titorías presenciais:
Titorías personalizadas para solucionar dúbidas relacionadas coas explicacións teóricas ou cos exemplos analizados nas prácticas; tamén será o momento para abordar os posibles problemas relacionados coa realización do traballo persoal dos e-portfolios.
Docencia virtual
Acceso aos recursos e ferramentas de comunicación da asignatura dispostas na USC Virtual. Acceso ás imaxes explicadas nas clases expositivas insertadas na USC Virtual. Acceso aos e-portfolios elaborados por todos os alumnos da asignatura colgados na USC Virtual.
Visita de campo
Visitas a conxuntos históricos de Galicia para analizar a evolución da morfoloxía urbana e unha serie de edificios representativos dos principais estilos arquitectónicos (5 horas, decembro)
Avaliación continua combinada con proba de exame, para obter unha calificación final baseada en varios indicadores complementarios:
-Participación e aportacións ao comentario dos casos analizados nas clases expositivas e interactivas, xunto coa realización dos comentarios e traballo individual final: 50% da nota final. En caso necesario se substituirá a porcentaxe de participación en vivo por outros rexistros de participación nas actividades previstas para as modalidades síncronas de docencia non presencial.
-Exame da asignatura: 50% da nota final. Comentarios de exemplos de arquitectura e urbanismo.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas con impacto na calificación será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Dispensa de asistencia:
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cunha proba final específica que suporá o 100% da cualificación
Sistema de recuperación:
No caso de que algún estudiante non poidera cumplir na primeira oportunidade cos requisitos fixados para a avaliación continua, previa xustificación das razóns que o imposibilitaron, se fixará un procedemento singularizado para cubrir esa parte da valoración final, a traves de traballos individuais ou lecturas que o profesor indicará e que terán que entregarse con antelación para proceder a corrección, alomenos 15 días antes da data do exame.
Tempo de estudio total: 100 horas
- Tempo de estudio da materia teórica: 50 horas
- Tempo adicado á preparación das clases interactivas: 30 horas
- Tempo adicado á preparación do traballo de curso (e-portfolio): 15 horas
- Outras actividades en relación coa docencia interactiva e visita de campo: 5 horas
Asistencia e participación nas clases expositivas e interactivas. Realización das diferentes prácticas semanais. Realización do traballo de curso (e-portfolio). Consulta da bibliografía. Acceso e consulta aos contenidos docentes na páxina web da USC Virtual. Consultas nos horarios de titorías presenciais e a través de titoría virtual dentro da USC Virtual.
PLAN DE CONTINXENCIA PARA ESCENARIO DE DISTANCIAMENTO (Escenario 2)
Mantense o conxunto da programación excepto nos seguintes puntos:
Metodoloxía do ensino
- Clases expositivas realizaranse tentando combinar as modalidades sincrónica (para todos os alumnos ao mesmo tempo e en horario de clase -videoconferencia, chats-) e asíncrona (clases gravadas en vídeo, materiais de estudo en powerpoint, pdf, etc.) en función do desenvolvemento da docencia.
Para iso utilizaranse as seguintes canles: correo electrónico institucional, aula virtual da USC e Teams, fundamentalmente.
PLAN DE CONTINXENCIA ESCENARIO DE PECHE (Escenario 3)
Mantense o conxunto da programación excepto nos seguintes puntos:
Metodoloxía do ensino
- Clases expositivas e interactivas realizaranse tentando combinar as modalidades sincrónica (para todos os alumnos ao mesmo tempo e en horario de clase -videoconferencia, chats-) e asíncrona (clases gravadas en vídeo, materiais de estudo en pdf, powerpoint, etc.) en función do desenvolvemento da docencia e adaptaranse aos horarios das clases.
Para iso utilizaranse as seguintes canles: correo electrónico institucional, aula virtual da USC e Teams, fundamentalmente.
Jesus Angel Sanchez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812597
- Correo electrónico
- jesusangel.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Julio Vazquez Castro
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812714
- Correo electrónico
- julio.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 05 |
Xoves | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 14 |
11.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |
11.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
02.07.2021 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |