Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
En primeiro lugar, que os alumnos/as coñezan os conceptos básicos e os fundamentos teóricos da Xeografía. O lugar que ocupa no conxunto das ciencias. En segundo termo, que se poidan avaliar as principais aportacións de cada unha das grandes etapas de evolución do pensamento xeográfico, relacionándoas coas tendencias xerais da filosofía da ciencia e as teorías do coñecemento. Que os alumnos/as sexan conscientes da tradición científica e cultural na que se inscribe a Xeografía contemporánea.
1. Os conceptos fundamentais da Xeografía
2. A Xeografía como Ciencia Social e o seu contacto coas Ciencias Experimentais
3. O debate sobre a unidade e diversidade do coñecemento xeográfico
4. A Xeografía como disciplina holística: a súa interacción coas restantes disciplinas e a enorme amplitude do seu cometido científico
5. As orixes da Xeografía contemporánea e a súa institucionalización: A. von Humboldt e K. Ritter
6. A Escola Rexional Paisaxística francesa e as aportacións norteamericanas: de P. Vidal de la Blache a W. Davis e C. Sauer
7. A Xeografía analítica e as súas derivacións até o presente
8. A Xeografía e a teoría crítica: as correntes radicais
9. Outros enfoques xeográficos significativos: a percepción, a cronoxeografía ou o xuro cultural das análises territoriais
10. Onde situar á Xeografía: qué utilidades e perfís segue mantendo.
BRUNET, R.; FERRAS, R. e THÉRY, H. (1992); Les Mots de la Géographie, dictionaire critique. Paris: Reclus-La Documentation Française.
CAPEL, H. (1981): Filosofía y Ciencia en la Geografía contemporánea. Barcelona: Barcanova.
CLAVAL, P. (1973): Evolución de la Geografía humana. Vilassar de Mae: Oikos Tau.
GÓMEZ MENDOZA, J.; MUÑOZ JIMÉNEZ, J. e ORTEGA CANTERO, N. (1985): El pensamiento geográfico. Madrid: Alianza.
HOLT-JENSEN, A. (1992): Geografía. Historia y conceptos. Madrid: Vicens Vives.
INKPEN, R. e WILSON, G. (2005). Science, Philosophy and Phisical Geography. Abdingdon: Routledge.
MATTHEWS, J.A, e HERBERT, D. (2004): Unifying Geography. Common Heritage, Shared Future. Abdigdon: Routledge
ORTEGA VALCÁRCEL, J. (2000): Los horizontes de la Geografía. Barcelona: Ariel.
PEET, R. (1998): Modern geographical thought. Oxford: Blackwell.
UNWIN, T. (1995): El lugar de la Geografía. Madrid: Cátedra.
- Coñecer os fundamentos explicativos e conceptuais da Xeografía como Ciencia Social.
- Entender as súas preguntas científicas e problemas clave.
- Identificar as principais etapas da construción do discurso xeográfico contemporáneo.
- Saber e comentar textos de diferentes pensadores centrais da disciplina xeográfica e as distintas escolas nas que se encadraron.
- Aprender a realizar recensións de traballos científicos, neste caso obras emblemáticas da Xeografía.
BÁSICAS E XENERAIS
CG1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CG3 - Relacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
CG4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializado
CG5 - Relacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localización
CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación
CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
CB1 - Que os estudantes demostraran posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e soese toparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT1 - Coñecer a historia e pensamento da disciplina xeográfica
CT2 - Coñecer a diversidade de espazos xeográficos e os aspectos de Xeografía humana, económica e social; Xeografía física e medio ambiente
CT4 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais
CT7 – Xestionar a complexidade
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT8 - Ordenar e sintetizar la información
CT9 - Expor e transmitir os coñecementos xeográficos
ESPECÍFICAS
CE1 - Realizar análises integrados do territorio
CE2 - Coñecer as técnicas de traballo de campo e de captura de datos sobre o terreo
CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica
CE4 - Expresar información cartográficamente
CE5 - Elaborar e interpretar información estatística
O temario desenvolverase da maneira máis equilibrada posible, en función da extensión de cada tema, combinando a docencia expositiva coa interactiva (prácticas de aula e de campo). A parte teórica desenvolverase fundamentalmente na aula.
As prácticas realizaranse de acordo co horario oficial da materia e segundo se fixa na programación da mesma. O alumnado deberá entregar unha memoria escrita desas actividades.
En función da planificación docente e da metodoloxía de ensino-aprendizaxe, a avaliación desagrégase en dúas compoñentes formativas, cos pesos seguintes: entregas de avaliación continua, 50%; e exame, 50%. De acordo coas directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2021-2022, está previsto o seguinte escenario.
1. Escenario «Normalidade adaptada»
1.1. O 50% das entregas de avaliación continua resultará das aulas interactivas previstas. Nesta compoñente terase en conta a participación activa do alumnado nas aulas e mais a memoria reflexiva da saída de campo. En todas as entregas, os plaxios, tanto de autores/as e de Internet coma entre alumnos/as, comportarán suspender.
1.2. O 50% do exame será presencial para todo o alumnado, na data estabelecida pola ETS de Arquitectura da Coruña. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
1.3. Se a media non resultase nunha cualificación por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que esa compoñente tamén será obxecto de avaliación mediante un exame.
1.4. Para o alumnado coa dispensa concedida, a compoñente de avaliación continua será avaliada mediante un exame presencial equivalente.
1.5. Dentro da primeira compoñente, está prevista unha saída de campo. Para aquel alumnado sen a dispensa concedida, trátase dunha actividade de ensino-aprendizaxe regular. Porén, se alguén non puidese asistir, facultarase unha entrega alternativa.
No escenario, o tempo de asistencia ás aulas e de estudo e traballo persoal para superar a materia será aproximadamente o seguinte:
.- Horas presenciais, repartidas entre horas expositivas e interactivas: 42
.- Horas titorías: 5
.- Como media recoméndase 3 horas de traballo autónomo por cada hora de aula.
1) Traballo continuado ao longo do período de aulas
2) Realización inmediata das actividades prácticas que se propoñen.
3) Realización dun exame final da materia
Plano de Continxencia
De acordo ao contemplado no Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22 da USC, contémplanse os seguintes escenarios.
Escenario 1. Normalidade adaptada (sen restricións á presencialidad física)
A docencia expositiva e interactiva (incluídas as prácticas) será presencial. Con todo, e de forma excepcional, co fin de facilitar a compatibilidade coas actividades discentes e a mellora gradual das competencias dixitais do profesorado e o alumnado, a docencia presencial poderase combinar coa docencia virtual ata un máximo do 10% das horas totais da materia.
Escenario 2 (distanciamento)
A docencia expositiva poderá realizarse total ou parcialmente de forma virtual, neste último caso con preferencia polos mecanismos síncronos. Os centros definirán a distribución da docencia presencial e virtual para cada titulación.
Na docencia interactiva, poderase combinar a presencialidad física e telemática, en todo caso garantindo para a primeira un mínimo do 50% das horas prácticas de cada materia.
Escenario 3. Peche das instalacións
A docencia, tanto expositiva como interactiva, desenvolverase completamente de forma virtual, con preferencia polos mecanismos síncronos.
Os centros deberán adaptar a impartición das prácticas a unha modalidade completamente virtual. Os horarios programados deberán manterse independentemente da modalidada de docencia que se utilice.
En todos os escenarios, o sistema de avaliación será o señalado no apartado Sistema de Avaliación da Aprendizaxe.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Rubén Camilo Lois González
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812635
- Correo electrónico
- rubencamilo.lois [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Diego Cidras Fernandez
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- diego.cidras.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Xoves | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 03 |
Venres | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 03 |
14.01.2022 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
23.06.2022 11:30-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |