Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Os principais obxectivos da materia son: O estudo da xénese histórica, función e aplicación da foto nos medios de comunicación. O coñecemento e posta en práctica dos xéneros e propostas narrativas no fotoxornalismo.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2022-2023 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
1. A foto como foto para a prensa: ben público, mediación técnica e conquista da instantánea. O "efecto-verdade" e as regras do discurso xornalístico. Punto de vista e toma de posición: da fotografía de documentación social e da foto documental. As imaxes de Ruth Matilda Anderson e o proxecto da Farm Security Administration.
1.1. Pequena historia da foto publicada na prensa "dende onde o mundo se chama Galicia"
2. A xeración da Leica e os inicios da fotoxornalismo. O discurso realista en prensa e a obxectividade fotográfica. A foto de acontecimento, o retrato das persoas e do territorio, a foto-reportaxe. Da candid-photo e da Fotomontaxe como variacións: Paul Strand, John Heartfiel e Aleksander Rodschenko.
2.1. Dos procesos de connotación na fotografía de prensa, segundo Roland Barthes
2.2. O sentido da "posta en páxina". Os novos modelos: AIZ e Berliner Illustrierte Zeitung.De Europa a América: VU, Life.
3. Fotoxornalismo e conflitos: a guerra como acontecemento. A creba do século: a foto na guerra civil española e na II Guerra Mundial. O "efecto-Vietnam". Censura e guerras "non declaradas". I e II Guerra do Golfo: A frente fotográfica. Foto de guerra contra xornalismo.
3.1. Robert Capa e Gerda Taro na Guerra de 1936-1939
3.2 Gervasio Sánchez nos Balcáns
3.3. As fotos do 11S e a réplica de Gillles Peres e James Natchwey: "Unha democracia de fotografías"
4.De profesión "reporter": a fundación de Magnum e a liña de autor na fotoxornalismo. Eugene Smith:o ensaio fotográfico. Henri Cartier-Bresson: o instante decisivo. O proxecto "The Family of Man, epílogo da fotografía humanista. A Beat Generation e "The Americans" de Robert Frank
4.1. William Klein como modelo
4.2. A xeración "Aixelà": Xavier Miserach e Ricard Terré
5. A crise da fotoxornalismo. Fotografos contra editores: "Droit du Regard". O novo documentalismo e a politica dos autores: a foto como reflexión e como expresión. O documentalismo contemporáneo e as técnicas ficcionais. Sobre a política de representación e a fotografía feminista: Jane Evelyn Atwood.
5.1. Ética, política, estética: elementos para un debate, a partir de Paul Virilio.
5.2. Fred Ritchin: reflexións en torno á fotografía do invisible
6. A Foto como inscripción na cultura visual contemporánea: retrato de grupo, a partir de "Pueblos expuestos, pueblos figurantes" de Georges Didi-Huberman.
6.1. Ollar o mundo e facer fotografías: Sebastiao Salgado
6.2. Foto e performance: Sophie Calle
Bibliografía básica:
Baeza, P. Por una función crítica de la fotografía de prensa. Barcelona, Gustavo Gili, 2001.
Freund, G. La fotografía como documento social. Barcelona, Gustavo Gili, 1976.
Easterby, J. 150 proyectos de fotografía: técnicas esenciales, ejercicios y proyectos. Barcelona, Blume, 2010.
Kobré, K.Fotoperiodismo: el manual del reportero gráfico. Barcelona, Omega, 2006.
Ledo, M. Documentalismo fotográfico. Madrid, Cátedra, 1998.
Ledo, M. Foto-xoc e xornalismo de crise. Sada-A Coruña, Do Castro, 1988.
Varios autores. Fotoperiodismo y edición. Madrid, Editorial Universitas, 2006.
Bibliografía complementaria:
Barthes, R. A cámara clara. Reflexión sobre a fotografía. Santiago de Compostela, Laiovento, 2003.
Benjamin,W. Discursos interrumpidos. Madrid, Taurus,1973
Bourdieu, P. Un arte medio: ensayo sobre los usos sociales de la fotografía. Barcelona, Gustavo Gili, 2003.
Didi-Huberman, G. Pûeblos expuestos, pueblos figurantes. Buenos Aires, Manantial, 2014.
Fontcuberta, J. La cámara de Pandora. Barcelona, Gustavo Gili, 2010.
García de Cortázar, F. Las fotos que hicieron historia. 1900-2011. Madrid, JdeJ Editores, 2010.
Golden, R. Fotoperiodismo. Los fotógrafos de noticias más importantes del mundo. Madrid, Libsa, 2011.
Jeffrey, I. La fotografía. Barcelona, Destino, 1999.
Lebrun, B., Lefebre, M. Robert Capa. Las huellas de una leyenda. Barcelona, Lunwerg, 2011.
Pastoriza, F. Qué es la fotografía. Barcelona, Lunwerg, 2014.
Payne, S. Imágenes inéditas de la Guerra Civil (1936-1939). Las mejores fotos de la Agencia EFE. Madrid, Agencia EFE, 2005.
Pogue, D. Fotografía digital. Madrid, Anaya Multimedia, 2009.
Salked, R. Cómo leer una fotografía. Barcelona, Gustavo Gili, 2014.
Sontag S. Olhando o sofrimento dos outros. Algés, Gótica, 2003.
Sousa, J.P. Uma história crítica do fotojornalismo ocidental. Chapecó, Grifos, 2000.
Yapp, N., Hopkinson, A. 150 years of photo journalism. The Hulton Deutsch Collection. Köneman, 1995.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE04 - Coñecer as técnicas para a correcta redacción de textos en medios de comunicación
CE05 - Coñecer os mecanismos para transmitir mensaxes informativas a través dos medios de comunicación audiovisuais.
CE06 - Coñecer os modelos de creación de información nos medios de comunicación de masas.
CE07 - Coñecer as técnicas para a creación de produtos multimedia
CE08 - Aprender as técnicas narrativas do fotoxornalismo o e do documental
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia dende o curso 2022-2023 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
Ao ser una materia en extinción, utilizarase como ferramentade de traballo o Campus Virtual, onde se disporá de textos para o estudio da materia.
Aínda que sexa unha materia sen docencia, o estudante pode solicitar titorías, unicamente para aclarar eventuais dúbidas xurdidas na preparación do exame final. As titorías poden ser presenciais ou telemáticas por medio de MSTeams.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2022-2023 por estar extinguida a asignatura. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2021-2022.
A avaliación constará dun exame final e dun traballo fotográfico práctico, ambos entregados na data do exame cun valor do 50% cada un.
Para os casos de avaliación fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. A USC no artigo 16 da normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (Consello de Goberno 15-06-2011 BOE 21-07-2011) establece que “a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
O traballo continuado sobre os materiais do Campus Virtual, a lectura da bibliografía recomendada e a exploración de exposicións, actividades e eventos fotográficos facilitará moito a adquisición de competencias. Do mesmo xeito, recoméndase o visionado de documentais sobre fotoxornalismo, a análise da foto de prensa, o seguimento en redes sociais de fotógrafos en activo.
Maria Soliña Barreiro Gonzalez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- mariasolina.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
27.05.2024 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 5 |
01.07.2024 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 3 |