Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Común
Áreas: Dereito Civil
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Coñecemento das normas xurídicas en que se desenvolve o traballo o do xornalista.
- Estudo do ordenamento lexislativo sobre liberdades de información e opinión, en especial as que afectan ao exercicio profesional.
-Fomentar e promover que o estudante sexa de realizar argumentaciones e criticas desde a perspectiva xuridica.
- Dereitos e deberes fundamentais relacionados coa información.
- Análise da distribución do poder e os mecanismos de formación da opinión pública, os seus límites e a súa relación coa comunicación política.
- Fundamentos e prácticas derivadas dos dereitos á información.
- Aplicación do dereito ao exercicio xornalístico e á empresa informativa.
- Reflexión sobre a pegada e relevancia do dereito nos contidos informativos a través da análise dos medios de comunicación tradicionais e os novos medios.
- Estudo dos procedementos legais, xurídicos e procesuais españois e das institucións europeas e internacionais para a elaboración de información e publicación xornalísticas.
- A liberdade de expresión e de información.
- O dereito á propia imaxe e á intimidade.
PARTE I: CONCEPTOS BÁSICOS DE DEREITO:
1. O Dereito e o ordenamento xurídico. A estructura do ordenamento xurídico.
2. As fontes do Dereito: fontes de Dereito europeo, nacional e autonómico. A xurisprudencia.
3. As normas xurídicas: interpretación, aplicación e eficacia.
4. O Poder Xudicial.
5. Os dereitos fundamentais. Concepto e natureza. Elementos e principais características. O exercicio dos dereitos fundamentais e os seus límites. A defensa e protección dos dereitos fundamentais. O Tribunal Constitucional e o recurso de amparo. As figuras do Defensor del Pueblo/ Valedor do Pobo. O procedemento de habeas corpus.
6. A suspensión dos dereitos. Suspensión individual. Suspensión colectiva: os estados de alarma, excepción e sitio.
PARTE II: DEREITO A INFORMACIÓN:
7. O dereito á información. Fundamento e caracteres.
8. A liberdade de expresión. O conflito liberdade de información versus liberdade de expresión.
9. O dereito á información e os dereitos personalísimos (honor, intimidade e propia imaxe).
10. Os delitos de inxurias e calumnias.
11. A responsabilidade profesional.
12. Cláusula de conciencia. Segredo profesional. Censura e secuestro de publicacións.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
• Otero Crespo, M./ Valiño Ces, A./ Pérez Rivas, N. (Dirs.), Manual de Conceptos Jurídicos Básicos, Ed. Colex, 2021.
•García Rubio, M.ª P., Introducción al Derecho Civil, Cálamo, Barcelona, 2002.
•Rogel Vide , C., y ESPÍN ALBA, I., Persona, Reus, Madrid, 2018.
•Rodríguez-Izquierdo Serrano, Miryam; Vázquez Alonso, Víctor Javier. Derecho de la información. información [Recurso electrónico] (2012). Editorial/es: Universidad de Sevilla. Secretariado de Recursos Audiovisuales y Nuevas Tecnologías
•Sanjurjo Rebollo, Beatriz. Manual de derecho de la información: una perspectiva legal para un mundo cada día más mediático. Ed. Dykinson. 2009.
•Urías, Joaquín. Lecciones de derecho de la información. Ed. Tecnos. 2009.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
•Cousido González, María Pilar; Santiago Freda, Manuel de; González Ballesteros, Teodoro. Medios de comunicación, mensajes y derecho a la información. Ed. Colex. 2011.
•Carreras i Serra, Lluís de. Las normas jurídicas de los periodistas. Derecho español de la información. 1ª ed. Ed. UOC. 2008.
A través do Campus virtual facilitaranse outros recursos bibliográficos.
É responsabilidade do estudante o facerse coa bibliografía necesaria ao inicio do curso, sen perxuizo do acceso que poida obter online a determinados materiais vía BUSC.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CX1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CX2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
CT1 - Capacidade de organización e planificación
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE17 - Coñecer o marco xurídico no que se desenvolve o xornalismo na actualidade
CE18 - Comprender e coñecer os organismos de regulación da comunicación e a información
Estudo de casos
Aprendizaxe orientada a proxectos
Lección maxistral
O sistema de avaliación consistirá (nas dúas oportunidades de convocatoria):
1. Exame final tipo test: ata 5 puntos. Será preciso obter un 3 de nota mínima para poder superar a materia.
2. Comentario ensaístico de textos, resolución de casos, elaboración de noticias de corte xurídico, etc: ata 5 puntos.
Advírtese que, de acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a participación en calquera das actividades indicadas será obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que cumprimente algunha delas en ningún caso será a de NON PRESENTADO.
Os alumnos aos que se lles recoñeza exención de docencia serán avaliados no exame final (100% da nota).
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 30 horas
Traballos con textos: análise, síntese e discusión: 15 horas
Exame final: 3 horas
Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 horas
Lecturas recomendadas: 25 horas
Preparación de presentacións orais, debates, etc: 5 horas
Procura, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc. ) Planificación e execución da
práctica:12 horas
- Recoméndase que desde o inicio do semestre o estudante consiga a bibliografía básica e complementaria que se lle facilitou.
- A asistencia ás actividades docentes imponse como o método máis axeitado para o seguimento da materia.
- O tempo de estudo debe ser o máis continuado e estandarizado posible, realizando un seguimento semanal da materia.
- Baixo ningún concepto se debe memorizar contido ningún se non se entendeu previamente. Para iso a realización das prácticas é indispensable, xa que pon de manifesto a comprensión ou non das normas xurídicas.
- No caso de dúbidas, concertar unha titoría coa profesora responsable da materia (presencialmente ou vía Teams).
Plan de Continxencia
Metodoloxía
Escenario 2
A docencia impartirase presencialmente, así como vía Teams (para os supostos de non presencialidade), de acordo cos mecanismos arbitrados polo centro.
Será necesario para o seguimento das clases acceder aos materiais que se facilitarán a través do Campus Virtual.
Escenario 3
A docencia impartirase de modo síncrono a través de Teams, respectándose os horarios de docencia establecidos, tanto expositiva como interactiva.
Será necesario para o seguimento das clases acceder aos materiais que se facilitarán a través do Campus Virtual.
Sistema de avaliación (para as dúas oportunidades de convocatoria)
Escenario 2
O sistema de avaliación corresponderase co seguinte:
- Actividades avaliables realizadas en sistema de avaliación continua, tanto individuais como en grupo, entregables a través do Campus Virtual, realizadas de xeito síncrono ou asíncrono: ata 5 puntos
- Proba final telemática (oral): ata 5 puntos
Para superar a avaliación é necesario obter unha nota mínima de 3 sobre 5 no exame final.
Escenario 3
O sistema de avaliación corresponderase co seguinte:
- Actividades avaliables realizadas en sistema de avaliación continua, tanto individuais como en grupo, entregables a través do Campus Virtual, realizadas de xeito síncrono ou asíncrono: ata 5 puntos
- Proba final telemática (oral): ata 5 puntos
Para superar a avaliación é necesario obter unha nota mínima de 3 sobre 5 no exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Isabel Espin Alba
- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814650
- Correo electrónico
- isabel.espin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marta Otero Crespo
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Común
- Área
- Dereito Civil
- Teléfono
- 881814647
- Correo electrónico
- marta.otero.crespo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Castelán | Auditorio |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Castelán | Auditorio |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Castelán | Auditorio |
20.05.2022 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
20.05.2022 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
05.07.2022 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |