Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Introducción teórica e práctica á publicidade e ás relacións públicas e as súas estruturas organizativas.
Os obxectivos da materia establécense a partir dunha comprensión holística dos procesos de comunicación das organizacións. Ao mesmo tempo, dotar o alumnado do coñecemento da metodoloxía de análise e das rutinas profesionais características da comunicación na publicidade e nas relacións públicas en todas as súas fases, facéndolo dende a comprensión das estruturas organizadas que teñen necesidade de comunicar. Outro obxectivo sitúase en dotar o alumnado da comprensión da concepción estratéxica da publicidade e as relacións públicas; entender como as distintas ferramentas están sometidas a requirimentos previos que mediatizan a concepción e posta en marcha dos distintos procesos. Finalmente, o alumnado debe coñecer e manexar todas as ferramentas para o análise e a elaboración das mensaxes publicitarias nos distintos medios e soportes. Dende a concepción, creación, produción, control e seguimento, ata a súa evolución tanto previa como a posteriori.
O coñecemento, comprensión e capacidade de análise das mensaxes publicitarias, independientemente da canle a través da que se transmitan, tanto dende o punto de vista de contido global, como da parcelación nos seus aspectos icónicos e/ou textuais.
2.1 Contidos teóricos:
2.1.1. MARKETING E MARCA
O plan de marketing nos obxectivos empresariais. Empresa e organización. Definición de marketing e dos elementos que o conforman. As catro “Ps”. Producto. Precio. Promoción. Distribución. Desenvolvemento dun plan de marketing. Marketing e a súa importancia nos procesos de comunicación publicitaria.
2.1.2. ASPECTOS BÁSICOS DA COMUNICACIÓN
Fundamentos epistemolóxicos: conceptos básicos de emisor, canle e receptor do proceso, achegamento aos modelos clásicos e comprensión destes, estruturas básicas de todos os participantes no proceso de comunicación publicitaria, organizacións, medios de comunicación e outras canles e, finalmente, o receptor.
2.1.3 A ESPECIFICIDADE DA COMUNICACIÓN PUBLICITARIA
A especificidade da comunicación na publicidade e nas relacións públicas. Os obxectivos, a súa fixación e a tutela do seu cumprimento. A publicidade no contexto do márketing empresarial e institucional.
2.1.4.CANLES DE COMUNICACIÓN
A necesidade de comunicar e as ferramentas axeitadas para cada conxuntura: os seus códigos, repertorio formal e procesos de produción. As canles da comunicación publicitaria: medios e soportes convencionais (prensa, radio, televisión, publicidade exterior...) non convencionais (below, web e interactivos) e novas morfoloxías publicitarias axeitadas aos novos escenarios de emisión e recepción.
2.1.5. A ESTRATEXIA NA COMUNICACIÓN PUBLICITARIA
A formulación estratéxica en publicidade: estratexia publicitaria (posicionamento, eixes de comunicación e valores de comunicación), Narrativas e marcos comunicativos, o ecosistema da marca, estratexia creativa e planificación de medios. Análise e elaboración da mensaxe publicitaria en función dos diversos medios e soportes. A
investigación na publicidade e nas relacións públicas: conceptos básicos e técnicas específicas.
2.1.6 PRODUCIÓN EN PUBLICIDADE
A imaxe no mensaxe publicitario. O relato visual. O deseño como elemento esencial. Imaxe en movemento: edición e postprodución. Produción sonora: edición e postprodución. Produción multimedia: recursos e linguaxe. A construción da mensaxe: procesos e metodoloxía.
2.2 Contidos prácticos:
2.2.1.O EMISOR: aplicación de modelos prácticos no mundo da empresa e das organizacións.
2.2.2.- AS CANLES. Determinación, selección e planificación dos mesmos.
2.2.3.- OS CONTIDOS: Estratexía e Creatividade, desenvolvemento de eixe aos distintos medios e canles.
BIBLIOGRAFIA BÁSICA E COMPLEMENTARIA.
3.1. Bibliografía básica:
Manual:
LOBO, Mª Ángeles (1994): Curso de publicidad, Madrid, Eresma & Celeste.
LINDSTROM, Martín (2010). Buyology. Barcelona. Gestión 2000
HERNÁNDEZ MARTINEZ, Caridad (2004). Manual de creatividad publicitaria. Madrid. Síntesis.
SANAGUSTIN, Eva (2013). Marketing de contenidos. Madrid. Anaya
SOLANA, Daniel (2012). Postpublicidad. Barcelona. Editorial Postpublicidad.
LOBO, Mª Ángeles (1994): Curso de publicidad, Madrid, Eresma & Celeste.
MOLINÉ, Marcal (1988): La comunicación activa, Bilbao, Deusto.
GURREA, Álvaro (1999): Los anuncios por dentro, Bilbao, SPIC Universidad del País Vasco.
CUESTA CAMBRA, U. (editor, 2012): "Planificación estratégica y creatividad". ESIC Editorial. Madrid, España.
VARIOS AUTORES (2011). " El negocio publicitario en el contexto digital". Departament de Ciències de la Comunicació, Universitat Jaume I.
GUILERA, LLORENÇ (2011) " Anatomia de la Creatividad". FUNDIT - Escola Superior de Disseny ESDi
URLS
http://www.kantarmedia.es
http://www.adforum.es
http://www.portalcomunicacion.com/index.asp?lng=esp
http://adsoftheworld.com/
http://www.neuronilla.com/desarrolla-tu-creatividad/tecnicas-de-creativ…
http://www.canneslions.com/
http://www.postpublicidad.es
3.2. Bibliografía complementaria:
SALMON, Christian (2008) Storytelling. Barcelona. Ediciones Península.
COSTA, Joan (1995): Comunicación Corporativa, Ediciones Ciencias Sociales, Madrid.
RICARTE, José M.(1998): Creatividad y comunicación persuasiva, Servei de Publicacións Universitat Autónoma de Barcelona, Barcelona.
MOLINÉ, Marçal (2000): La fuerza de la publicidad. Saber hacer buena publicidad, saber administrar su fuerza, Madrid.
SURMANEK, Jim (1982): Planificación de medios, Editorial Eresma, Madrid.
GONZÁLEZ MARTÍN, Juan Antonio (1996): Teoría general de la publicidad, Madrid, FCE.
SOLANA, D.(2012). Postpublicidad. Barcelona. Editorial Postpublicidad.
PEREZ LATRE, F.J.. (2011). La publicidad y los medios.. Ediciones Universidad de Navarra. Navarra
Coñecer os sistemas internos de creación de políticas comercias y de marketing nas organzacións. Analizar os recursos que fan da comunicación publicitaria un proceso eficaz e preciso. Coñecemento das ferramentas e da metodoloxía capaz de axudar a entender procesos complexos. Capacidade creativa á hora de afrontar a elaboración dunha mensaxe publicitaria e de superar as normas expresivas establecidas. Capacidade analítica das mensaxes publicitarias, das campañas e de todo tipo de accións publicitarias e de relacións públicas.
Competencias básicas e xerais:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
Transversais:
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
Específicas:
CE22 - Capacitar para a creación de estratexias efectivas de comunicación en produtos audiovisuais.
CE23 - Adquirir a formación necesaria para o desenvolvemento profesional en calquera das competencias necesarias para a creación de publicidade audiovisual integrada en acción multimedia.
A materia posúe unha maior carga práctica sempre vencellada ás explicacións teóricas. De aí que todos os contidos expostos e analizados nas clases teóricas teñan o seu referente nas clases prácticas, onde se desenvolverán actividades grupais, debatiranse e elaboraranse exercicios prácticos relacionados cos contidos explicados a nivel teórico. Asimesmo, será imprescindible lectura por parte do alumno do blog creado para o seguemento de aspectos de actualidade da materia.
De cara aos escenario 2 e 3, contémplase as actividades en remoto a través da plataforma Microsoft Teams, alternando o xeito síncrono e asíncrono, determinado polo contido específico da sesión. Combinaráse tarefas individuais e en grupo, así como un aprendizaxe autónomo do alumno.
A avaliación do alumnado determinarase por medio dunha proba escrita ó final do curso (complementaria á avaliación continúa), ademáis da avaliación das actividades correspondentes ás prácticas grupais. En calquer caso, para aprobar a materia o alumno deberá obrigatoriamente aprobar tanto a proba como as prácticas grupais. A nota de prácticas terá validez únicamente en primeira e en segunda oportunidade do curso. Estas prácticas estarían integradas por: tres traballos en grupo que corresponden ás tres áreas centrales da materia: o marketing e a marca como elemento estratéxico da comunicación, o análise dun caso, e, finalmente, o desenvolvemento dunha campaña integral que responda a un briefing técnico.
Aprobar as prácticas supón o 70% da nota e a proba un 30%, sendo requisito para aprobar superar un cinco nas dúas áreas.
En caso de dispensa de asistencia a clase, estableceráse un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas 20
Estudo autónomo individual ou en grupo 40
Traballos con documentos: análise, síntese e discusión 4
Lecturas recomendadas 12
Prácticas 20
Preparación de presentacións orais, debates, etc
Titorías de traballos de curso 1,5
Busca, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc. ) Planificación e execución da práctica 50
Actividades de avaliación 1,5
Proba final 2
Total horas de traballo presencial do alumno 51
Total de horas traballo persoal do alumno 102
Lectura e visionado de todos aqueles textos impresos, sonoros, audiovisuais e multimedia con finalidade persuasiva analizados ou recomendados durante o desenvolvemento da materia que estarán aloxados na grupo de Microsoft Teams da asignatura. Interese pola actualidade publicitaria en todos os medio se soportes. Interese pola actualidade informativa e artística en todos os ámbitos: cine, literatura, televisión, arte...
PLAN DE CONTINXENCIA
De cara a establecer fórmulas para escenarios posibles por causas sanitarias, escenarios 2 e 3, ábrese a alternativa como sistema de avaliación dun formato continuo a través de traballos prácticos realizados en grup, a desenvolver ao longo do curso como elemento que ponderé un 75% da nota da asignatura. Realízaráse, en calquera caso, unha proba online final, tamén de contido práctico, individual, para verificar os coñecementos adquiridos e súa plasmación escrita no analisé dun caso. Esta proba contará un 25% da nota final. Deberá aprobarse a parte práctica, mínimo dun 5, e na proba final será como mínimo dun 3.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Manuel Alejandro Vázquez Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816533
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Auditorio |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Auditorio |
Venres | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Auditorio |
01.06.2022 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
01.06.2022 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
06.07.2022 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |