Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Fomentar o uso dos métodos contemporáneos do estudo da historia a través dos recursos documentais que achegan o xornalismo e a comunicación audiovisual. Uso da información como fonte para comprender a secuencia histórica e fomentar a análise do contexto real.
A materia permitirá aos alumnos/as:
- Analisar as realidades do mundo contemporáneo nas súas dimensións política, económica e social.
- Coñecer o contexto actual do mundo dende a perspectiva histórica a partir da análise da documentación audiovisual e impresa aportada polas fontes de índole informativa e xornalística.
- Acadar unha visión histórica dos acontecementos e análise dos diversos contextos, referencias, tendencias e posicionamentos dos axentes e das fontes xornalísticas.
- Adquirir unha visión global das transformacións estruturais acontecidas no século XX, especialmente na segunda metade, e comezos do
século XXI.
- Coñecer os principais debates historiográficos segundo os contextos, temas e períodos co fin de que reflexionen de xeito crítico sobre a
historia do tempo presente.
- Esculcar a historia do mundo actual desde unha perspectiva comparada e diferentes enfoques (xeopolíticos, económicos, sociais) que lles
permitan vincular pasado e presente.
- Analisar as tendencias actuais da realidade global dende a perspectiva do coñecemento histórico.
1. AS CONSECUENCIAS DA II GUERRA MUNDIAL E A NOVA ORDE INTERNACIONAL: A GUERRA FRÍA (1945-1989)
2. EUROPA APÓS 1945: DEMOCRACIAS OCCIDENTAIS, DEMOCRACIAS POPULARES E ESTADOS
DITATORIAIS.
3. DESCOLONIZACIÓN, TERCEIRO MUNDO E NOVAS POTENCIAS EMERXENTES: DA AMÉRICA LATINA A CHINA.
4. MOVEMENTOS SOCIAIS E SOCIEDADE CIVIL: ACCIÓN COLECTIVA, NOVOS E VELLOS SUXEITOS
5. RETOS E PERSPECTIVAS NA ERA DA GLOBALIZACIÓN (1990-2019)
MANUAIS E OBRAS BÁSICAS:
Aracil, R., Olier, J., e Segura, A., El Mundo Actual. De la II Guerra Mundial a nuestros días, Barcelona: Universitat de Barcelona, 1995.
Artola, M., e Pérez Ledesma, M., Contemporánea: la historia desde 1776, Madrid: Alianza, 2005.
Ash, T. G., Historia del presente: Ensayos, retratos y crónicas de la Europa de los 90, Barcelona: Tusquets, 2000.
Calvocoressi, P. Historia política del mundo contemporáneo, de 1945 a nuestros días, Madrid, Akal, 1987.
Díez Espinosa, J. R., et al., Historia del Mundo Actual (Desde 1945 hasta nuestros días), Valladolid: Universidad de Valladolid, 2006 [3ª ed.].
Fontana, J., Por el bien del Imperio. Una historia del mundo desde 1945. Barcelona: Pasado y Presente, 2011.
Gaddis, J. L., La Guerra Fría, Barcelona: RBA, 2008.
Judt, T., Posguerra. Una Historia de Europa desde 1945, Madrid, Taurus, 2006.
Núñez Seixas, X. M., Las utopías pendientes. Una breve historia del mundo desde 1945, Barcelona: Crítica, 2018 [2ª ed.].
Veiga, F., El desequilibrio como orden. Una historia de la postguerra fría, 1990-2008, Madrid: Alianza, 2009.
Veiga, F., E. Ucelay-Da Cal e A. Duarte, La paz simulada. Una historia de la Guerra Fría, 1941-1991, Madrid: Alianza, 2006 [2ª ed.].
Villares, R., e Bahamonde, A., El mundo contemporáneo. Siglos XIX y XX, Madrid: Taurus, 2001.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Aldcroft, D. H., Historia de la Economía europea, 1914-2000, Barcelona, Crítica, 2002.
Anderson, P., El nuevo viejo mundo, Madrid, Akal, 2012.
Bauman, Z., Miedo líquido. La sociedad contemporánea y sus temores, Barcelona: Paidós, 2007.
Briggs, A., e P. Clavin, Historia Contemporánea de Europa (1789-1989), Barcelona: Crítica, 2000.
Castells, M., La sociedad-red, Madrid: Alianza, 2006.
Dahrendorf, R., El recomienzo de la historia. De la caída del muro a la guerra de Irak, Buenos Aires: Katz, 2006.
Eley, G., Historia de la izquierda en Europa 1850-2000, Barcelona: Crítica, 2003.
Frieden, J., Capitalismo Global. El trasfondo económico de la historia del siglo XX, Barcelona: Crítica, 2002.
Hobsbawm, E. H., Historia del siglo XX, Barcelona, Crítica, 1997.
Huband, M., África después de la Guerra Fría, Barcelona: Paidós, 2004.
Huntington, S., La tercera ola. La democratización a finales del siglo XX, Barcelona: Paidós, 1994.
Leffler, M. P., La guerra después de la guerra: Estados Unidos, la Unión Soviética y la Guerra Fría, Barcelona: Crítica, 2008.
Mattelart, A., La mundialización de la comunicación, Barcelona: Paidós, 2007.
Núñez Seixas, X. M., Movimientos nacionalistas en la Europa del siglo XX, Madrid: Síntesis, 2004 [2ª ed.].
Oya, C., e A. Santamaría (eds.), Economía política del desarrollo en África,Madrid: Akal, 2007.
Patterson, J. T., El gigante inquieto. Estados Unidos, de Nixon a G. W. Bush, Barcelona: Crítica, 2005.
BÁSICAS E XERAIS
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación.
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as
competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan trasmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado.
CB5 - Que os estudantes teñan desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónomo
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
ESPECÍFICAS
CE23 - Comprender o contexto socioeconómico e político no que se desenvolve o xornalismo e a comunicación na actualidade
CE24 - Capacitar para a comprensión de informes e datos estatísticos para a súa interpretación nos medios de comunicación.
CE25 - Adquirir os coñecementos necesarios para comprender a dimensión da comunicación de masas.
Nas clases expositivas o profesor explicará o programa da materia co apoio de diferentes materiais didácticos e o uso das TIC.
-As clases interactivas serán teórico-prácticas e permitirán completar os contidos da materia mediante a lectura e interpretación de textos históricos, gráficos, táboas e mapas, con aplicación a estudos de casos.
-A tutoría individualizada, ou en grupos moi reducidos, permitirá aos profesores prestar atención aos alumnos para discutir cuestións concretas en relación coas tarefas asignadas, despexar dúbidas ou ampliar a explicación sobre aspectos concretos.
A avaliación será continua e terase en conta a participación dos/as alumnos/as nas actividades propostas ao longo do cuadrimestre.
A nota final obterase do seguinte modo:
Farase un exame final na data que sinale o calendario oficial elaborado pola Secretaría da Facultade, no que o alumno deberá responder as preguntas relacionadas cos temas do programa desenvolvido nas clases expositivas e interactivas, computando o 50% da cualificación final. Para que esta nota sexa tida en conta, o alumno terá que obter no exame unha cualificación mínima de 5 sobre 10.
O 50% restante obterase polas cualificacións obtidas nos controis escritos, non fixados no calendario, lecturas e recensión, actitude e participación na aula, ademais doutras actividades. Para poder facer media coa cualificación do exame, o alumno ten que entregar todos os traballos requiridos, sen excepción, e obter unha cualificación media global de 5 sobre 10.
Aqueles alumnos que non alcancen a nota mínima esixida terán que examinarse da parte práctica na segunda oportunidade.
Os alumnos con dispensa concedida terán que facer o exame final da materia, na data oficial, e deberán de realizar unha serie de traballos de carácter individual que lle serán indicados polo profesor da materia ao comezar o curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Traballo presencial:
Actividades en grupo completo (de exposición teórica): 24 horas
Actividades en grupo reducido (aulas interactivas): 24 horas
Tutorías en grupo muy reducido (personalizado): 3 horas
Evaluación: 3 horas
Subtotal: 50 horas
Traballo persoal:
Estudio: 40 horas
Redacción de traballos: 30 horas
Preparación de actividades en grupo reducido: 30 horas
Subtotal: 100 horas
Total: 150 horas.
-A recomendación básica é a lectura da bibliografía xeral ou especializada que proporciona o profesor co programa, pero tamén aquela máis específica que se fornece con cada tema para obter unha visión máis completa que a que é posible ofrecer nas clases expositivas.
- É conveniente, así mesmo, a realización persoal de comentarios de texto, cadros, gráficas, táboas estatísticas, etc., para obter un dominio nesas materias e unha mellor comprensión do contido da materia.
- Lectura de prensa de calidade e de revistas históricas.
- Consulta de atlas históricos e dicionarios de termos históricos.
- A asistencia regular a clase considérase imprescindible para conseguir un bo resultado para unha avaliación positiva.
- Aclarar con preguntas na clase, ou nas tutorías, as dúbidas que poidan xurdir durante o período de aprendizaxe ou no transcurso da resolución dos casos prácticos anteriormente mencionados.
Eduardo Rico Boquete
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812735
- Correo electrónico
- eduardo.rico [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Jorge Leira Castiñeira
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- franciscojorge.leira [at] rai.usc.es
- Categoría
- Posdoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 1 |
12.01.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
12.01.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
14.06.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |