Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Como competencias específicas, no que concirne aos coñecementos, o alumnado debe caracterizar o proceso de produción da voz, así como identificar e diferenciar os segmentos fónicos e elementos suprasegmentais do galego; debe coñecer as normas ortográficas, os mecanismos de composición de textos e as fontes de referencia sobre aspectos descritivos e normativos da fonética, gramática e léxico do galego. En relación coas habilidades, o alumnado debe adquirir unha expresión correcta e fluída en diversos rexistros e estilos informativos. Por último, no que atinxe ás actitudes, o alumnado debe saber avaliar e analizar textos informativos, tanto orais como escritos, dende unha perspectiva crítica.
Descritor da materia: Estudo da lingua galega e dos seus estándares con especial fincapé no seu uso na produción de información xornalística e audiovisual, tanto na súa forma oral como escrita. Análise da terminoloxía para a expresión de ideas e contidos. Estudo da lingua en prácticas, contextos e técnicas xornalísticas e audiovisuais.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. A variación lingüística
TEMA 2. Lingua escrita e lingua oral
TEMA 3. Estándar escrito e estándar oral
TEMA 4. Aspectos básicos de fonética articulatoria do galego
TEMA 5. Aspectos básicos de morfoloxía do galego
TEMA 6. Aspectos básicos de sintaxe do galego
TEMA 7. Aspectos básicos do léxico do galego
TEMA 8. Composición de textos escritos, ortografía e puntuación
CONTIDOS PRÁCTICOS
Análise e composición de textos xornalísticos, orais e escritos
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
González Rei, B. (2004). Ortografía da lingua galega. Galinova.
Hermida Gulías, C. (2004). Gramática práctica (morfosintaxe). Sotelo Blanco.
RAG (1997). Dicionario da Real Academia Galega. RAG. https://academia.gal/dicionario
ILG / RAG (2003). Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. ILG / RAG. https://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/252/248/152
Regueira Fernández, X. L. (coord.). (1998). Os sons da lingua. Edicións Xerais.
Regueira, X. L. (2010). Dicionario de pronuncia da lingua galega. ILG/RAG. http://ilg.usc.gal/pronuncia/
Santamarina, A. & González, M. (coord.). (2004). Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa). RAG/ILG. https://2012.academia.gal/recursos-volg
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Álvarez, R. & Xove, X. (2002). Gramática da lingua galega. Galaxia.
Carballeira Anllo, X. M. (coord.) (2010). Gran dicionario Xerais da lingua. Xerais.
Castro Macías, L. (2007). Dicionario Xerais de sinónimos e antónimos. Xerais.
Feixó Cid, X. (coord.). (2007). Dicionario fraseolóxico século 21 castelán-galego e de correspondencias galego-castelán. Cumio/Xerais.
Fernández Salgado, B. (dir.). (2004). Dicionario Galaxia de uso e dificultades da lingua galega. Galaxia.
Freixeiro Mato, X. R. (1998-2003). Gramática da Lingua Galega I, II, III e IV. Edicións A Nosa Terra.
Freixeiro Mato, X. R. (2013). Estilística da lingua galega. Xerais.
López Taboada, M. C. / Soto Arias, M. R. (1997). Así falan os galegos. Fraseoloxía da lingua galega. Aplicación didáctica. Galinova.
Martínez Seixo, R. A. (2000). Dicionario fraseolóxico galego. A Nosa Terra.
Navaza Blanco, G. (coord.). (2007). Dicionario Xerais castelán-galego de usos, frases e sinónimos. Xerais.
Pena, X. A. (2001). Diccionario Cumio de expresións e frases feitas: castelán-galego. Edicións do Cumio.
Pena, X. A. (dir.). (2004). Gran dicionario Cumio da lingua galega. Edicións do Cumio.
Santamarina, A. (2006-2013). Dicionario de dicionarios da lingua galega. http://ilg.usc.gal/ddd/
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CX)
CX1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CX2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no ámbito da comunicación.
CX3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre cuestións relevantes de carácter social, científico ou ético.
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o alumnado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT2 - Capacidade de xestión da información.
CT3 - Traballo en equipo.
CT4 - Aprendizaxe autónoma.
CT5 – Creatividade.
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor.
CT7 - Coñecementos básicos da profesión.
CT1 - Capacidade de organización e planificación.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE01 - Técnicas de expresión oral nos medios audiovisuais, incluíndo técnicas de locución e redacción para medios non escritos.
CE02 - Uso correcto da lingua castelá/galega.
1. Sesións expositivas: centraranse na exposición dos contidos teóricos da materia por parte da profesora (leccións maxistrais). Tamén se dedicará un tempo á lectura e interpretación de extractos de textos, así coma á audición e análise de textos orais (gravacións e vídeos) e de textos escritos de diferentes variedades da lingua galega, especialmente dos medios de comunicación.
2. Sesións interactivas: consistirán na realización de actividades que permitan que o alumnado adquira unha boa capacidade na expresión oral e escrita do galego, na detección de erros e na súa corrección. As metodoloxías utilizadas nestas sesións serán a aprendizaxe por proxectos e o estudo de casos.
Empregarase o Campus Virtual da USC para a entrega de tarefas e actividades encargadas pola profesora. Tamén se ofrecerán nese espazo materiais e recursos para o traballo autónomo das/os estudantes.
A avaliación da primeira oportunidade consta de dúas partes:
A) Entrega de actividades, 50% da nota final. Ao longo do curso solicitaranse traballos de diverso tipo, orais ou escritos, que serán puntuados. Cada traballo non presentado no prazo indicado pola profesora cualificarase cun 0.
B) Dúas probas parciais ao longo do curso en datas que se fixarán de acordo co alumnado, 50% da nota final. Para superar esta parte deberase ter unha cualificación mínima de 4 puntos como media das dúas probas e ter como mínimo un 3'5 en cada unha delas.
A nota final será a media das partes A e B. Para aprobar a materia é preciso ter un 5 de media.
Quen non supere a primeira oportunidade, terá que realizar o exame de segunda oportunidade na data oficial marcada polo Centro, no que se examinará do contido de todas as probas da parte B. A nota correspondente ás actividades (A) da primeira oportunidade gárdase para a segunda oportunidade, en que o exame tamén vale o 50% da nota. Non se pode recuperar a cualificación de (A).
• No caso de dispensa de asistencia á clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesorado da materia.
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
• Clases expositivas. Exposición e explicación dos temas: 30 horas (presenciais)
• Traballos con textos: análise, síntese e debate: 15 horas (presenciais)
• Exame final: 3 horas (presenciais)
• Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 horas
• Lecturas recomendadas: 25 horas
• Preparación de exposicións orais, debates etc.: 5 horas
• Busca, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio etc.). Planificación e execución da práctica: 12 horas
Elisa Fernandez Rey
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811788
- Correo electrónico
- elisa.fernandez [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Estela Fidalgo Garra
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- estela.fidalgo.garra [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 0 |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 4 |
10:00-11:00 | Seminario 1 | Galego | Aula 4 |
11:00-12:00 | Seminario 1 | Galego | Aula 4 |
20.12.2022 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
12.06.2023 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |