Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Revisión dos conceptos craves da comunicación organizacional, comunicación corporativa e a súa relación coa mercadotecnia. Revisión dos modelos de comunicación interna e externa nas organizacións. Coñecemento das técnicas de comunicación online e offline para definir identidade, proxectar imaxe e xerar reputación. Coñecemento do proceso de elaboración e implementación dun plan de comunicación. Coñecemento de técnicas e ferramentas de publicity para deseñar e implementar accións e produtos para lograr presenza no temario informativo, en redes sociais e en medios propios da organización. Identificación e análise das tendencias actuais en comunicación organizacional, especialmente procesos de aplicación de intelixencia artificial e o seu impacto na automatización de funcións e no manexo das relacións cos públicos.
Análise dos modelos de xestión, análise, difusión e control da comunicación interna e externa nas organizacións. Estudo e análise do papel e das funcións dos gabinetes de comunicación nas organizacións e o seu papel na construción da imaxe, a identidade corporativa e a reputación corporativa.
A materia revisa as claves para xestionar e avaliar a xestión da comunicación en calquera organización de modo que os alumnos adquiran as competencias necesarias para incorporarse ás dinámicas laborais dos gabinetes de comunicación e dos gabinetes de prensa ou, desde as redaccións dos medios, saber como foron xestionadas as propostas que se lle achegan como información para converter en noticia.
Revisión dos conceptos claves de comunicación organizacional, comunicación corporativa e mercadotecnia, diferenciando o peso que a información xornalística ten en cada unha delas. Revisión e relación dos conceptos, marca, identidade corporativa e imaxe cos contidos informativos dos medios. Revisión dos modelos lineais e circulares, ascendentes e descendentes, horizontais e verticais, da comunicación interna e externa nas organizacións. Coñecemento das técnicas de comunicación utilizadas polas organizacións e da estrutura e funcionamento dos gabinetes de comunicación como instrumento estratéxico para lograr a presenza no temario informativo.
Aprendizaxe das dinámicas de difusión online e do impacto da intelixencia artificial na xestión das comunicación organizacional.
TEMARIO:
TEMA 1. A comunicación nas organizacións. Modelos. Perspectivas. Escolas. Fluxos. Tipos de comunicación: comercial, empresarial, institucional. Comunicación formal e informal, directa ou mediada. Comunicación asertiva e comunicación apreciativa.
TEMA 2. A comunicación en contornas virtuais. Redes sociais convencionais e alternativas. O empoderamento das/os usuarios: estratexias de interactividade e de co-creación. Oportunidades e condicionantes dos escenarios e das canles online. Os novos aliados da comunicación organizacional: xeolocalización, movilidad e datamining.
TEMA 3. Tendencias na xestión da Comunicación Organizacional: O impacto da intelixencia artificial. O metaverso: ferramentas, formatos e relación cos públicos. Stakeholders e comunidades. Tipos de público. Formas e criterios de segmentación.
TEMA 4. Comunicación integral. Imaxe e identidade. Reputación e responsabilidade social corporativa. Marqueting, publicidade, relacións públicas, información: definición, funcións e modelos. Departamentos, asesorías de comunicación, e gabinetes de prensa. Modalidades. Funcións. Ubicación no organigrama. Dircom.
TEMA 5. Comunicación interna. Teoría da cultura organizativa e da comunicación interna. Tipos de comunicación interna nas organizacións. O plan de comunicación interna. Ferramentas da comunicación interna. Avaliación da comunicación interna.
TEMA 6. Comunicación externa. O plan de comunicación externa. Fluxos, accións, soportes e ferramentas de comunicación externa.
TEMA 7. As relacións informativas. A comunicación das organizacións a través dos medios de comunicación social. Rutinas produtivas dos gabinetes e dos medios no Free press ou publicity. Planificación estratéxica e elaboración das notas de prensa. O video como producto na comunicación organizacional. Autopromoción televisiva como estrategia de creación de imagen.
BIBLIOGRAFIA BÁSICA
García Santamaría, José Vicente (2020). Las nuevas fronteras de la comunicación corporativa. UOC Comunicación 2020
Grunig J. & Hunt, T. Dirección de relaciones públicas. Gestión 2000. Barcelona, 2003
Kotler, p et al. (2018) Marketing 4.0. Transforma tu estrategia para atraer al consumidor digital. Editorial LID
Kotler, P. Kartajaya H. & Setiawan I. Marketing 3.0. Madrid: Colección Acción Editorial (LID). Madrid 2011.
Kreps, G.L. Organizational communication, Northern Illinois University, 1990.
Lucas Marín, A. La comunicación en la empresa y en las organizaciones. Bosch comunicación. Barcelona,1997.
Romero-Rodríguez, Luis M (2020) Manual de Gestión de la Comunicación Corporativa. Madrid: Tecnos
Túñez-López, M.(2016). Perspectivas de la gestión de la comunicación en el siglo XXI. En CL Andrade Scroferneker y L. Ramírez de Amorín, (Re) leituras contemporâneas sobre comunicação organizacional e relações públicas Editora Universitária da PUCRS, Pontifícia Universidade Católica do Rio Grande do Sul (BRASIL)
Túñez-López, KP Valarezo-González, MI Punín-Larrea (2018) Generation Co. Tendencies of XXI Century's Communication Management. Communication: Innovation & Quality, Springer. 365-379
Túñez, M. La gestión de la comunicación en las organizaciones. Editorial Comunicación Social. Zamora/Sevilla. 201Túñez-López, J. M (2021). Tendencias e impacto de la inteligencia artificial en comunicación: Cobotización, gig economy, co-creación y gobernanza. Fonseca, Journal of Communication, 22, 2021, pp. 5-22
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
Míguez-González, M. I., Costa-Sánchez, C. y Túñez-López, M. (2019). Radiografía de las agencias que ofrecen servicios externos de comunicación estratégica y relaciones públicas en regiones periféricas: el caso gallego. Palabra Clave 22(1), 92-116. DOI: 10.5294/pacla.2019.22.1.5
Jimenes, A: Employer ...qué? Employer Branding. La gestión de las marcas para atraer y retener el talento. Almuzara, Córdoba.2009
Kotler, P.; Keller, K.L.; Cámara, D.; y Mollá, A. Dirección de Marketing. Madrid: Pearson. Decimosegunda edición. 2009
Losada Díaz, J.C. Gestión de la comunicación en las organizaciones. Ariel. Barcelona 2004.
Matilla, K. Conceptos fundamentales en la planificacion estratégica de las relaciones públicas. Editorial UOC. Barcelona, 2009
Túñez-López, M., Costa-Sánchez, C. y Valdiviezo, C. (Eds.), (2018). Comunicación Organizacional en entornos online. Gestión, actores y recursos. Cuadernos Artesanos de Comunicación, nº 149. La Laguna (Tenerife): Latina
Meerman Scott, D. As novas regras do Marketing e Relaçoes Públicas. Ideas de ler. Porto. 2008
Míguez, M. Los públicos en las relaciones públicas. Editorial UOC. Barcelona, 2010.
Túñez-López, J. M., Fieiras Ceide, C., & Vaz-Álvarez, M. (2021). Impact of Artificial Intelligence on Journalism: transformations in the company, products, contents and professional profile. Communication & Society,34(1), pp. 177-193.
Xifra, J. Técnicas de las relaciones públicas. Editorial UOC. Barcelona, 2007.
BÁSICAS e XERAIS
CB2 - Que los estudantes sepan aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e teñan as competencias que acostuman a demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da sua área de estudio
CB3 - Que los estudantes teñan capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que los estudantes podan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que los estudantes teñan desenvuelto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grado de autonomía
CG1 - Competencia contextual básica de orden transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espíritu emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
ESPECÍFICAS
CE09 - Coñecer os mecanismos de produción de información que existen nos medios de comunicación de masas.
CE10 - Capacitar para a xestión das empresas de medios de comunicación.
CE11 - Capacitar para a elaboración de informes no ámbito da comunicación.
CE12 - Coñecer os mecanismos e as técnicas necesarias para unha adecuada organización da información.
Partindo da revisión teórica das claves para xestionar comunicación nas organizacións desenvolveranse supostos prácticos de creación, dotación e simulación de actividade dun departamento de comunicación en organizacións de diversos campos.
A avaliación será continua.
Ata un 50% da materia valorarase nun exame final e/ou a través dos exercicios que se programen durante o curso. A cualificación completarase coa avaliación das prácticas. A nota final será a nota media de teoría e práctica sempre que ambas estean aprobadas. Para superar a materia en calquera das convocatorias será necesario ter feitas as prácticas e aprobadas tanto a parte teórica como todas as prácticas desenvolvidos durante o curso.
O exame desenvolverase a través dun cuestionario con preguntas de avaliación obxectiva no que suman os acertos e penalizan as respostas erradas. Os contidos avaliables inclúen a teoría e a lectura dos textos recomendados.
O alumnado poderá participar na elaboración do exame a través do exercicio colectivo que se programa. So poderán concorrer ó exame colaborativo as/os alumnos que participen desa practica (opcional).
Nas primeiras aulas prácticas darase a coñecer o calendario de traballos a desenvolver e as datas de presentación e entrega. Os traballos finais en grupo presentanse nunha sesión práctica obrigatoria.
Non se admitirán traballos fora de prazo polo que se recomenda axustarse ás datas.
A planificación estratéxica das notas de prensa como ferramenta de comunicación nas relacións da organización a través de medios alleos abordarase a través das aulas prácticas con exercicios individuais de elaboración de notas de prensa que deben ser necesariamente superados polo alumnado para optar a aprobar a asignatura.
O diagnóstico da comunicación dunha organización abordarase nas aulas prácticas con exercicios e tarefas grupais de análise e valoración dos distintos factores determinantes na comunicación das organizacións. Este traballo práctico debe ser superado tamén para poder optar a aprobar a asignatura
A avaliación negativa dos traballos prácticos require da súa repetición antes da seguinte convocatoria para optar a superar a materia.
As clases prácticas son de asistencia obrigatoria e non recuperables.
Segunda oportunidade. Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
No caso de dispensa, elaborarase un plan personalizado para o alumnado. En todo caso, a parte teórica avaliarase cun exame (50%) e as prácticas personalizadas implicarán o restante 50% da nota final. Débense aprobar ambas partes da materia (teoría e práctica) para poder facer media e aprobar a materia.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para o estudiantado de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Clases expositivas: 20 horas
Traballos con textos: 4 horas
Prácticas: 20 horas
Exame final: 1 horas
Titorias de traballos: 1,5 horas
Actividades de avaliación: 1,5 horas
Estudo autónomo individual ou en grupo: 40 horas
Lecturas recomendadas: 12 horas
Planificación, búsqueda, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.): 50 horas
A materia aborda todas as formas de comunicación das organizacións coa sociedade a través do estudio dos modelos, ferramentas e estratexias de xestión da comunicación.
Recolle conceptos xa abordados en ‘Produción da información’, ‘Comunicación interpersoal’ e en ‘Publicidade e relacións públicas’
Jose Miguel Tuñez Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816547
- Correo electrónico
- miguel.tunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Carlos Garcia-Verdugo Peralta
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- carlos.garcia-verdugo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
César Fieiras Ceide
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- cesar.fieiras.ceide [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 3 |
17.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 7 |
17.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 8 |
19.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |